Créditos ECTS Créditos ECTS: 3
Horas ECTS Criterios/Memorias Traballo do Alumno/a ECTS: 51 Horas de Titorías: 3 Clase Expositiva: 9 Clase Interactiva: 12 Total: 75
Linguas de uso Castelán, Galego
Tipo: Materia Ordinaria Máster RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Organización de Empresas e Comercialización
Áreas: Comercialización e Investigación de Mercados
Centro Facultade de Ciencias Económicas e Empresariais
Convocatoria: Segundo semestre
Docencia: Con docencia
Matrícula: Matriculable | 1ro curso (Si)
O programa da materia “Investigación de mercados: análise do turismo urbano” foi deseñado co fin de ofrecerlle ao alumnado unha visión xeral da investigación comercial, o seu contido e os seus obxectivos en relación coa toma de decisións comerciais e cos problemas que hai que resolver, de modo que se alcance a súa iniciación no exercicio da investigación no eido do turismo urbano. En concreto, preténdese que o alumnado que curse esta materia cheguen a coñecer e comprender os seguintes aspectos:
1) O proceso de investigación de mercados e a súa importancia dentro do proceso de toma de decisións no marketing turístico urbano
2) O sector da investigación de mercados
3) Fontes de información utilizadas en investigación comercial
4) Técnicas cualitativas e cuantitativas de investigación e enfoques de investigación.
5) Planificación e desenvolvemento de traballos de campo.
6) Aplicación dun conxunto de técnicas de análise de datos.
Parte I. Introdución á investigación comercial
Tema 1: Concepto e natureza da investigación comercial
Tema 2: O proceso de investigación
Parte II. Técnicas de recollida de información
Tema 3: Investigación cualitativa e cuantitativa
Tema 4: Medición de actitudes
Parte III. Mostraxe e análise de datos
Tema 5: Técnicas de mostraxe
Tema 6: Tratamento de datos e conclusións
Bibliografía básica:
- Trespalacios, J.A.; Vázquez, R.; de la Ballina, F.J.;Bello, L. (2016). Investigación de mercados. Paraninfo
- Elizagárate, V. (2008). Marketing de ciudades, Pirámide.
Bibliografía complementaria:
- Grande, I. y Abascal, E. (2011). Fundamentos y técnicas de investigación comercial. ESIC.
- Hair, J.; Anderson, R.; Tatham, R.; Black, W. (1999). Análisis multivariante. Prentice-Hall.
- Luque, T. (2000). Técnicas de análisis de datos en investigación de mercados (coordinador), Pirámide.
CG1 -Definir o turismo urbano e a xestión de empresas turísticas
CG2 - Aplicar os coñecementos adquiridos á realidade do sector turístico
CG5 - Comunicar información, ideas, problemas e propostas de solución a públicos especializados e non especializados
CT1 - Aplicar a ética á toma de decisións
CT2 - Demostrar razoamento crítico.
CT3 - Analizar e sintetizar a información
CE2 - Aplicar as técnicas de xestión empresarial no sector turístico.
CE15 - Utilizar técnicas de recollida e análise de datos
Para o desenvolvemento teórico da materia, o enfoque docente adoptado recolle diversos recursos metodolóxicos. A lección maxistral combínase con debates sobre aspectos teóricos, comentarios críticos, etc.
As horas prácticas cóbrense con diversos exercicios e, principalmente, coa realizaciónde prácticas de investigación de mercado ao longo do curso, que se desenvolven a medida que o alumnado vai adquirindo os coñecementos teóricos necesarios para a súa realización; para iso, faise necesario utilizar o ordenador (acceso a internet e uso do programa estatístico SPSS).
As prácticas de investigación realízanse, preferentemente, de forma individual.
Unha técnica didáctica de gran relevancia nesta materia é a tutoría, posto que o alumnado plantexa numerosas dúbidas sobre o traballo, especialmente na etapa inicial do proxecto.
A avaliación desta materia farase mediante un exame teórico/práctico. A puntuación final estará determinada pola cualificación obtida no exame (50%) e a valoración tanto das tarefas propostas (20%), como das probas realizadas ao longo do curso (30%).
Resulta imprescindible a asistencia á aula. Considérase que ésta debe ser a lo menos do 80% das horas de docencia.
Os procedimientos e instrumentos de avaliación realizaranse nun escenario de normalidade adaptada.
Para os casos de realización fraudulenta de exercicios ou porbas será de aplicación o recollido na Normativa de avaliación do rendemento académico dos estudantes e de revisión de cualificacións.
O alumnado repetidor será avaliado de igual modo.
O alumnado ao que lle sexa concedida dispensa de asistencia a clase (seguindo a Instrucción Nº 1/2017 da Secretaría Xeral sobre a dispensa de asistencia a clase en determinadas circunstancias), se avaliará cun exame final específico que suporá o 100% da cualificación.
É recomendable complementar as clases teóricas coa consulta dos libros de texto recomendados polo profesor, así como coa preparación de lecturas e temas transversais que poderán ser expostos polo alumnado e debatidos na clase. As clases prácticas esixen un esforzo por parte do alumnado para reunirse co seu grupo de traballo para realizar o estudo de mercado. De modo global, a preparación da materia leva consigo unha dedicación de 75 horas de traballo total do alumnado, das que 27 horas son presenciais e 48 corresponden a horas de traballo non presencial.
É recomendable que o alumnado traballe sobre a materia ao longo do curso, leve ao día os conceptos teóricos e procure a súa aplicación práctica de cara ao estudo de mercado que, ao mesmo tempo, está desenvolvendo. A maiores, resulta conveniente a comunicación co profesor mediante a utilización das titorías persoais.
P
Jose Leandro Benito Torres
- Departamento
- Organización de Empresas e Comercialización
- Área
- Comercialización e Investigación de Mercados
- Teléfono
- 881811652
- Correo electrónico
- ito.benito [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Titular de Universidade
Mércores | |||
---|---|---|---|
16:00-17:30 | Grupo /CLE_01 | Castelán | Aula de Informática 3 |
17:30-19:30 | Grupo /CLIL_01 | Castelán | Aula de Informática 3 |
23.05.2025 17:00-19:00 | Grupo /CLIL_01 | Aula 18 |
23.05.2025 17:00-19:00 | Grupo /CLE_01 | Aula 18 |
09.07.2025 17:00-19:00 | Grupo /CLIL_01 | Aula 18 |
09.07.2025 17:00-19:00 | Grupo /CLE_01 | Aula 18 |