Créditos ECTS Créditos ECTS: 3
Horas ECTS Criterios/Memorias Traballo do Alumno/a ECTS: 51 Horas de Titorías: 3 Clase Expositiva: 9 Clase Interactiva: 12 Total: 75
Linguas de uso Castelán, Galego
Tipo: Materia Ordinaria Máster RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Economía Aplicada
Áreas: Economía Aplicada
Centro Facultade de Ciencias Económicas e Empresariais
Convocatoria: Primeiro semestre
Docencia: Con docencia
Matrícula: Matriculable | 1ro curso (Si)
Coa materia "Impacto económico do turismo urbano" preténdese que o alumno coñeza os aspectos básicos que deben terse en conta á hora de analizar un mercado turístico, e máis concretamente un mercado a escala subnacional, como pode ser un destino urbano.
En concreto, é preciso que o alumno domine as ferramentas, coñeza as metodoloxías e identifique as bases de datos existentes, que lle permitan a análise da oferta e a demanda turísticas e que o orienten na estimación dos impactos económicos do turismo. Do mesmo xeito tamén se aspira a que saiba interpretar o contexto no que se desenvolve o sector turístico, analizando os cambios socioeconómicos e turísticos experimentados nos últimos anos e as posibles tendencias e retos de cara ao futuro. Para cumprir cos anteriores obxectivos, adoptarase un enfoque de tipo estrutural, que trata de reunir nun mesmo cadro explicativo global, o conxunto de elementos e interdependencias que operan a nivel do mercado turístico e que permiten entender os cambios que, de forma acelerada, veñen caracterizando a evolución recente desta actividade.
BLOQUE I: ANÁLISE DO MERCADO TURÍSTICO
Tema 1: Análise da demanda turística
Tema 2: Análise da oferta turística
Tema 3: O marco institucional
Tema 4: Análise do entorno: económico, político, sociocultural e competitivo
BLOQUE II: IMPACTO ECONÓMICO DA ACTIVIDADE TURÍSTICA
Tema 5: Impacto turístico: Concepto e tipos
Tema 6: Metodoloxía para a análise dos impactos económicos do turismo
Tema 7: Impacto económico do turismo en niveis subnacionais
BIBLIOGRAFÍA BÁSICA:
Para cada tema os alumnos contarán cos guións, cos gráficos e coas táboas elaboradas polo profesorado da materia para as clases expositivas. Ademais, poderán proporcionarse artigos e/ou textos que servirán para a preparación dos temas.
BIBLIOGRAFÍA COMPLEMENTARIA:
BRENT RITCHIE, J. R.; CHARLES, R. (1994): Travel, tourism, and hospitality research : a handbook for managers and researchers. John Wiley & Sons. New York.
COOPER, C.; FLETCHER, J.; FYALL, A.; GILBERT, D.; WANHILL, S. (2007): El turismo. Teoría y práctica. Ed. Síntesis. Madrid.
DWYER, L.; FORSYTH, P. (Eds.) (2006): International handbook on the economics of tourism. Edward Elgar, cop. Cheltenham
LORENTE DE LAS CASAS, ET AL (2005): Economía y turismo: prácticas. McGraw-Hill. Madrid.
MARTÍNEZ QUINTANA, V. (2006): Ocio y turismo en la sociedad actual: los viajes, el tiempo libre y el entretenimiento en el mundo globalizado. McGraw-Hill. Madrid.
MOCHÓN, F. (2008): Economía y turismo. 2ª Edición. McGraw-Hill. Madrid.
RIVAS GARCÍA, J. (2008): Estructura y economía del mercado turístico. Septem ediciones. Oviedo.
TRIBE, J. (2000): Economía del ocio y del turismo. Ed. Síntesis. Madrid.
1. Competencias da titulación ás que contribúe a materia:
–G2 Aplicar os coñecementos adquiridos á realidade do sector turístico.
–G4 Tomar decisións a partir de información incompleta ou limitada.
–G6 Integrar coñecementos que aporten unha base ou oportunidade de ser orixinais no desenvolvemento e/ou aplicación de ideas.
–E4 Identificar as tendencias e a dinámica dos mercados turísticos.
–E14 Aplicar as técnicas para avaliar o impacto económico do turismo urbano.
–E15 Empregar técnicas de recollida e análise de datos.
2. Competencias transversais:
–T2 Demostrar razoamento crítico.
–T3 Analizar e sintetizar a información.
Nas clases expositivas o profesor explicará, apoiándose en programas como o power-point, ou a folla de cálculo excel, os distintos temas da materia. O obxectivo destas explicacións será que o alumno coñeza o funcionamento dun mercado turístico, así como os distintos tipos de impacto xerados polo turismo. Tamén se presentará a metodoloxía existente para a análise do impacto económico do turismo e reflexionarase sobre as súas dificultades para aplicala en niveis subnacionais.
Nas clases interactivas o alumno realizará exercicios nos que terá que aplicar os coñecementos e técnicas aprendidas nas clases expositivas e terá que realizar unha análise dun mercado turístico concreto.
Para isto un soporte esencial está constituído pola Aula Virtual da materia na que se irá subministrando a información relativa a cada tema. As titorías terán lugar esencialmente de modo presencial, complementadas coa resolución de dúbidas a través do correo electrónico institucional.
Para os casos de realización fraudulenta de exercicios ou probas será de aplicación o recollido na Normativa de avaliación do rendemento académico dos estudantes e de revisión de cualificacións.
O sistema de avaliación consta de dous piares. Por un lado, realizarase unha proba final escrita que consistirá nun exame de tipo test sobre os contidos da materia. Este exame representará o 50% da nota final. Por outro lado, realizarase unha avaliación continua que consistirá na realización e entrega de tarefas por parte dos estudantes, que representarán o outro 50% da nota final. Para poder participar na avaliación continua, os estudantes deberán asistir como mínimo ao 80% das clases interactivas (computando como asistencia as ausencias xustificadas documentalmente).
A puntuación acadada ó longo do curso nestas actividades de avaliación continua manterase, no caso de suspender a oportunidade ordinaria, para a oportunidade extraordinaria da mesma convocatoria.
Os alumnos repetidores poderán optar por este sistema de avaliación, ou por realizar únicamente o exame final, co que poderían obter o 100% da nota final. En cualquera caso, deberán comunicar, dentro do primeiro mes de clase, a elección do sistema polo que desexan ser avaliados.
O alumnado ao que lle sexa concedida dispensa de asistencia a clase (seguindo a Instrucción Nº 1/2017 da Secretaría Xeral sobre a dispensa de asistencia a clase en determinadas circunstancias), será avaliado cun exame final específico que suporá o 100% da cualificación.
A materia equivale a 75 horas de traballo para o alumno, das cales 27 serán de traballo presencial na aula e 48 de traballo persoal.
As horas de traballo persoal distribúense en: estudo autónomo, lecturas, realización de exercicios e traballos, redacción de conclusións e preparación da materia.
Non existen requisitos previos, se ben é recomendable que o alumno repase os coñecementos de análise económica aplicados ao turismo e as principais técnicas de análise estatística. Recoméndase, tamén que teña uns coñecementos mínimos no manexo da folla de cálculo Excel.
Fidel Martinez Roget
Coordinador/a- Departamento
- Economía Aplicada
- Área
- Economía Aplicada
- Teléfono
- 881811651
- Correo electrónico
- fidel.martinez [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Titular de Universidade
Luns | |||
---|---|---|---|
16:00-17:00 | Grupo /CLE_01 | Galego | Aula 18 |
17:00-18:00 | Grupo /CLIS_01 | Galego | Aula 18 |
17.01.2025 17:00-19:00 | Grupo /CLE_01 | Aula 18 |
17.01.2025 17:00-19:00 | Grupo /CLIS_01 | Aula 18 |
24.06.2025 17:00-19:00 | Grupo /CLIS_01 | Aula 18 |
24.06.2025 17:00-19:00 | Grupo /CLE_01 | Aula 18 |