Créditos ECTS Créditos ECTS: 3
Horas ECTS Criterios/Memorias Traballo do Alumno/a ECTS: 51 Horas de Titorías: 3 Clase Expositiva: 9 Clase Interactiva: 12 Total: 75
Linguas de uso Castelán, Galego
Tipo: Materia Ordinaria Máster RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Xeografía
Áreas: Análise Xeográfica Rexional
Centro Facultade de Ciencias Económicas e Empresariais
Convocatoria: Segundo semestre
Docencia: Con docencia
Matrícula: Matriculable | 1ro curso (Si)
É obxectivo desta materia abordar dúas temáticas fundamentais: a cartografía para a planificación e a xestión do turismo por un lado, e a cartografía turística por outro.
1. Explicar axeitadamente os mapas temáticos relacionados co turismo.
2. Analizar a linguaxe e as técnicas necesarias para representar nun mapa as variables relacionadas co turismo dun territorio.
3. Coñecer as principais aportacións das ferramentas informáticas para a elaboración de cartografía turística.
A. Teóricos
1. O mapa como ferramenta de información e planificación do turismo. Tipos de mapas temáticos.
2. A linguaxe cartográfica. Os elementos gráficos e as variables visuais: forma, tamaño, cor e valor.
3. Formas de representación cartográfica.
4. Os Sistemas de Información Xeográfica.
B. Prácticos
1. Elaboración de mapas temáticos onde se representen diversas variables de turismo usando un sistema de información xeográfica.
2. Elaboración dun traballo de materia que integre os contidos, competencias e habilidades adquiridas.
Bibliografía básica
- Alcalá, A. et al. (1995). Diccionario de Cartografía. Madrid: Ediciones de las Ciencias Sociales.
- Athan, T. et al. (2014). Guía de Usuario de Qgis. https://docs.qgis.org/2.14/es/docs/user_manual/
- Bobrowsky, P.T. (2002). Geoenvironmental Mapping. Methods, Theory and Practice. Balkema. Amsterdam.
- de Oliveira, I.; Taboada-de-Zuñiga Romero (2015). Cartografia do turismo em Santiago de Compostela, Espanha. Boletim Goiano de Geografia, 35(3), pp. 397-416. DOI: https://doi.org/10.5216/bgg.v35i3.38831
- Domínguez Mújica, J. (2007). La cartografía en la promoción turística de Canarias (1880-1970). Boletín De La Asociación De Geógrafos Españoles, (44). Recuperado a partir de https://bage.age-geografia.es/ojs/index.php/bage/article/view/618
- Forrest, D., y Castner, H. W. (1985) The Design and Perception of Point Symbols for Tourist Maps, The Cartographic Journal, 22(1), pp. 11-19. DOI: 10.1179/ caj.1985.22.1.11
- Jennings, K. (2021). Un mapa en la cabeza. Barcelona: Ariel.
- Membrado, J.C. (2015). El lenguaje cartográfico en los mapas temáticos. Estudios geográficos, 76(278), pp. 177-201. Recuperado de: https://estudiosgeograficos.revistas.csic.es/index.php/estudiosgeografi…
- Vera Rebollo, F., López Palomeque, F., Marchena, M., Anton Clavé, S. (2011) (Coords.). Análisis territorial del turismo y planificación de destinos turísticos. Valencia: Tirant Lo Blanch.
Bibliografía complementaria
- Andre, A. (1980). L´expression graphique: cartes et diagrammes. Paris: Masson.
- Bertin, J. (2005). Sémiologie graphique : les diagrammes, les réseaux, les cartes. Paris: Éditions EHESS.
- Borden D. Dent (1990). Cartography. Thematic Map Design. W. Browm Publishers.
- Desimini, J. (2016). Cartographic grounds: projecting the landscape imaginary. New York: Princeton Architectural Press.
Competencias básicas
- Aplicar os coñecementos adquiridos á realidade do sector turístico
- Tomar decisións a partir de información incompleta ou limitada
- Integrar coñecementos que aporten unha base ou oportunidade de ser orixinais no desenvolvemento e/ou aplicación de ideas
Competencias Transversais
- Analizar e sintetizar a información
- Demostrar razoamentos críticos
Competencias Específicas
- Aplicar instrumentos de planificación
- Utilizar técnicas de recollida e análise de datos
- Aplicar metodoloxías científicas axeitadas
Nas aulas de tipo expositivo consideraremos os contidos teóricos referentes aos temas previstos. Explicaranse os contidos dos temas que compoñen o programa, destacando os aspectos especialmente relevantes e as relacións entre os distintos contidos, estimulando a participación do alumnado. Utilizarase material de apoio para a explicación dos contidos tales como visores web, mapas en papel, imaxes, folletos turísticos, mapas mentais turísticos.
Nas aulas interactivas analizaranse casos e problemas. Traballarase con datos e cartografía de xeito individual ou en grupo.
As docentes atenderán as dúbidas que podan xurdir durante as horas de clases e nas horas de titorías.
A avaliación para a primeira e a segunda oportunidade desagrégase en dúas compoñentes obrigatorias:
1) Avaliación continua das actividades prácticas interactivas presenciais, que serán de tipo individual e grupal. Computará o 50% da nota final. Nesta compoñente terase en conta a participación activa do alumnado nas clases.
2) Exame: consistirá na entrega e defensa dun traballo final, na data estabelecida polo centro para o exame. Computará o 50% da nota final.
Tódalas actividades serán entregadas a través do Campus Virtual.
Se a media non resulta nunha cualificación por riba de 5, cómpre afrontar a segunda oportunidade de avaliación.
O alumnado ao que se lle concedese a dispensa de asistencia segundo a Instrución Nº 1/2017 da Secretaría Xeral sobre a dispensa de asistencia a clase en determinadas circunstancias será avaliado a través dunha proba específica que supón o 100% da nota.
Para os casos de realización fraudulenta de exercicios ou probas será de aplicación o recollido na Normativa de avaliación do rendemento académico dos estudantes e de revisión de cualificacións.
A materia ten unha carga de traballo persoal de 75 horas (3 ECTS), entre clases presenciais e actividades non presenciais.
• Dedicar de forma continua ao longo do curso un tempo de estudo axeitado aos contidos teóricos.
• Manter unha perspectiva crítica ao longo do estudo da materia.
• Revisar o Campus Virtual para estar ao día co material e as tarefas asignadas.
• Entregar as tarefas en tempo e forma a través do Campus Virtual
Ismael Yrigoy Cadena
Coordinador/a- Departamento
- Xeografía
- Área
- Análise Xeográfica Rexional
- Correo electrónico
- ismael.yrigoy [at] usc.es
- Categoría
- Investigador/a: Ramón y Cajal
Martes | |||
---|---|---|---|
16:00-17:30 | Grupo /CLE_01 | Galego | Aula 18 |
17:30-19:30 | Grupo /CLIL_01 | Galego | Aula 18 |
26.05.2025 17:00-19:00 | Grupo /CLE_01 | Aula 18 |
26.05.2025 17:00-19:00 | Grupo /CLIL_01 | Aula 18 |
10.07.2025 17:00-19:00 | Grupo /CLIL_01 | Aula 18 |
10.07.2025 17:00-19:00 | Grupo /CLE_01 | Aula 18 |