Créditos ECTS Créditos ECTS: 3
Horas ECTS Criterios/Memorias Traballo do Alumno/a ECTS: 51 Horas de Titorías: 3 Clase Expositiva: 9 Clase Interactiva: 12 Total: 75
Linguas de uso Castelán, Galego
Tipo: Materia Ordinaria Máster RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Organización de Empresas e Comercialización
Áreas: Organización de Empresas
Centro Facultade de Ciencias Económicas e Empresariais
Convocatoria: Primeiro semestre
Docencia: Con docencia
Matrícula: Matriculable | 1ro curso (Si)
– Realizar un diagnóstico estratéxico externo e interno dunha organización turística.
– Aplicar as principais técnicas e ferramentas de análise estratéxica.
– Identificar e valorar as distintas opcións estratéxicas nos ámbitos corporativo e de negocio.
1.- Introdución á dirección estratéxica
2.- Análise da contorna xeral e competitiva
3.- Análise interna: recursos e capacidades
4.- Vantaxe competitiva e estratexia de negocio
5.- Estratexia corporativa e desenvolvemento da empresa
Bibliografía básica:
CASANUEVA, C.; GALLEGO, M.A. (2019): Dirección estratégica de organizaciones turísticas (2ª edición). Ed. Pirámide.
NAVAS, J.E.; GUERRAS, L.A. (2016): Fundamentos de dirección estratégica de la empresa. (2ª edición) Ed. Civitas.
Bibliografía complementaria:
GRANT, R.M. (2014): Dirección Estratégica. Conceptos, técnicas y aplicaciones. (8ª edición) Ed. Civitas.
GUERRAS, L.A.; NAVAS, J.E. (2015): La dirección estratégica de la empresa. Teoría y aplicaciones. (5ª edición) Ed. Civitas.
HILL, C.W.L.; JONES, G.R.; SCHILLING, M.A. (2015): Administración estratégica: Teoría y casos. Un enfoque integral. (11ª edición) Ed. Cengage Learning.
HITT, M.A.; IRELAND, R.D.; HOSKISSON, R.E. (2008): Administración estratégica: Competitividad y globalización. Conceptos y casos. (7ª edición) Ed. Cengage Learning.
JOHNSON, G.; SCHOLES, K.; WHITTINGTON, R. (2006): Dirección estratégica. (7ª edición) Ed. Pearson.
JOHNSON, G.; SCHOLES, K.; WHITTINGTON, R. (2010): Fundamentos de estrategia. (7ª edición) Ed. Pearson.
O profesorado poderá detallar, ao comezo de cada tema, outra bibliografía adicional.
CG1. Definir o turismo urbano e a xestión de empresas turísticas.
CG2. Aplicar os coñecementos adquiridos á realidade do sector turístico
CG6. Integrar coñecementos que aporten unha base ou oportunidade de ser orixinais no desenvolvemento e/ou aplicación de ideas.
CT1. Aplicar a ética á toma de decisión
CT2. Demostrar razonamento crítico
CT3. Analizar e sintetizar a información
CT4. Traballar e equipos de composición diversa
CT5. Formular propostas creativas e emprendedoras
CE5. Describir as competencias e funcións das áreas de xestión
CE8. Diagnosticar necesidades e oportunidades e identificar potencialidades e ameazas.
CE15. Utilizar técnicas de recollida e análise de datos.
As sesións dedicadas ás clases expositivas servirán para presentar os contidos básicos dos temas que compoñen o programa, facendo fincapé nos aspectos especialmente relevantes e as relacións entre eles.
Nas sesións interactivas trátase de que o alumnado aplique os conceptos teóricos expostos nas sesións expositivas. Para isto, realizaránse estudo de casos, comentaránse lecturas de textos e artigos e debatiránse cuestións plantexadas polo profesorado. Coas lecturas preténdese que o alumnado acceda a fontes de información relevantes, especialmente a xornais de interés, que se familiaricen con autores destacados e coñezan experiencias empresariais de interese para a asignatura e desenvolvan a capacidade de análise, síntese e argumentación.
Ademais, os estudantes deben preparar un traballo en grupo sobre un tema e presentalo oralmente. Con todo isto preténdese estimular o traballo cooperativo e desenvolver habilidades analíticas, de argumentación e comunicación.
O profesorado vixiará a asistencia e participación dos estudantes ás sesións.
As actividades de traballo persoal do alumnado inclúen, ademais do tempo dedicado ao estudo, a lectura do material proporcionado polo profesorado, a procura de información e a elaboración de traballos individuais ou colaborativos. Para as actividades asíncronas e para a entrega de tarefas habilitarase unha caixa de correos na aula virtual coa data e hora límite de entrega.
Nas titorías, os profesores guiarán aos estudantes e axudarán a resolver as dúbidas e problemas cos que se enfrontan no proceso de aprendizaxe. As titorías serán presenciais e virtuais sícronas a través de Teams e asíncronas a través do campus virtual ou correo electrónico.
O desenvolvemento da materia realizarase con apoio da aula virtual docente creada para ese efecto na plataforma Moodle.
O sistema de avaliación será o seguinte:
a. Exame final obrigatorio de carácter presencial: 50% da cualificación.
b. Avaliación continua: 50% da cualificación. Inclúe: (1) Participación na análise de casos, debate de lecturas e resto de actividades a realizar nas sesións interactivas (presenciais ou virtuais en función do escenario) (30%); (2) Realización, presentación e defensa do traballo en grupo (20%).
A avaliación continua recollerá a nota derivada de todas as actividades desenvolvidas polos estudantes (participación activa na análise de casos, debate e comentario de lecturas, artigos ou novas na prensa, presentación e exposición de traballos, e outras actividades propostas polo profesorado).
Para poder sumar a e b, o alumnado deberá obter un mínimo de 2 sobre 5 na proba final. A nota final debe ser igual ou superior a 5 puntos sobre 10 para superar a materia. Para poder superar a materia, é preciso que o alumnado asista como mínimo a un 80% das clases.
Este sistema de avaliación aplicarase tanto na primeira oportunidade como na oportunidade de recuperación.
O alumnado repetidor someterase ao mesmo réxime de avaliación que o alumnado ordinario.
De acordo coa Normativa de Permanencia vixente na USC para os estudos de Grao e Máster (art. 5.2), a mera asistencia e/ou participación en calquera das actividades suxeitas a avaliación supoñerá que a nota final do estudante sexa distinta de NON PRESENTADO.
Os estudantes que reciban unha exención de asistencia a clase (seguindo a Instrución nº 1/2017 da Secretaría Xeral sobre a exención de asistencia a clase en determinadas circunstancias), serán avaliados cun exame final específico que suporá o 100% da nota.
“En caso de realización fraudulenta de exercicios ou probas, aplicarase o disposto no Regulamento para a avaliación do rendemento académico dos estudantes e a revisión das cualificacións”.
A materia é de 3 créditos e cada crédito equivale a 25 horas.
As horas de traballo totais distribúense do seguinte modo:
– Horas de docencia expositiva, docencia interactiva, titorías e avaliación: 24
– Traballo persoal do alumnado: 51
Para maximizar a aprendizaxe, é conveniente que os estudantes realicen todas as actividades propostas polo profesorado, asistan regularmente ás sesións expositivas e interactivas e empreguen as titorías.
Paula Alvarez Gonzalez
Coordinador/a- Departamento
- Organización de Empresas e Comercialización
- Área
- Organización de Empresas
- Teléfono
- 881811599
- Correo electrónico
- p.alvarez.gonzalez [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Profesor Contratado/a Doutor
Mércores | |||
---|---|---|---|
15:30-16:30 | Grupo /CLE_01 | Castelán | Aula 18 |
16:30-17:30 | Grupo /CLIS_01 | Castelán | Aula 18 |
16.12.2024 17:00-19:00 | Grupo /CLIS_01 | Aula 19 |
16.12.2024 17:00-19:00 | Grupo /CLE_01 | Aula 19 |
16.06.2025 17:00-19:00 | Grupo /CLE_01 | Aula 18 |
16.06.2025 17:00-19:00 | Grupo /CLIS_01 | Aula 18 |