Créditos ECTS Créditos ECTS: 12
Horas ECTS Criterios/Memorias Traballo do Alumno/a ECTS: 288 Horas de Titorías: 9 Clase Interactiva: 3 Total: 300
Linguas de uso Castelán, Galego
Tipo: Traballo Fin de Máster RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Economía Financeira e Contabilidade, Organización de Empresas e Comercialización, Historia da Arte, Xeografía, Electrónica e Computación, Ciencia Política e Socioloxía, Dereito Público Especial e da Empresa, Economía Aplicada
Áreas: Economía Financeira e Contabilidade, Comercialización e Investigación de Mercados, Organización de Empresas, Historia da Arte, Análise Xeográfica Rexional, Xeografía Física, Xeografía Humana, Ciencia da Computación e Intelixencia Artificial, Psicoloxía Organizacional e Xurídico-Forense, Dereito do Traballo e da Seguridade Social, Economía Aplicada
Centro Facultade de Ciencias Económicas e Empresariais
Convocatoria: Traballos Fin de Grao e Máster
Docencia: Con docencia
Matrícula: Matriculable | 1ro curso (Si)
O alumnado debe elaborar e defender un Traballo Fin de Máster no que se demostre que adquiriu as competencias xerais da titulación e é, xa que logo, capaz de aplicar dun modo integrado os coñecementos e habilidades adquiridos nas materias do Máster.
Planificación, realización e defensa dun proxecto orixinal relacionado coas competencias do máster.
A determinar por alumno e director.
Tras cursar esta materia, o alumno será capaz de:
-Aplicar os coñecementos adquiridos á realidade do sector turístico.
-Resolver problemas en contornas novas ou pouco coñecidas.
-Tomar decisións a partir de información incompleta ou limitada.
-Comunicar información, ideas, problemas e propostas de solución a públicos especializados e non especializados.
-Integrar coñecementos que acheguen unha base ou oportunidade de ser orixinais no desenvolvemento e/ou aplicación de ideas.
-Utilizar técnicas de recollida e análise de datos.
-Demostrar de razoamento crítico.
-Analizar e sintetizar a información.
-Formular propostas creativas e emprendedoras
Os traballos fin de máster terán un director ou directora que será o que asista na dirección ao estudante.
A Comisión académica aprobará a asignación definitiva dos traballos fin de máster e directores.
Unha vez realizada a asignación, os alumnos presentarán un anteproxecto ao seu director para que proceda a realizar as correccións e indicacións que considere oportunas.
Todos os Traballos Fin de Máster deben ser orixinais e inéditos.
O proxecto definitivo deberá cumprir a normativa de edición e será entregado de forma telemática a través da Secretaría Virtual do alumnado, considerando as datas establecidas pola Comisión Académica para cada oportunidade.
O Traballo Fin de Máster será presentando e defendido polo alumnado en sesión pública ante un Tribunal nas datas fixadas pola Comisión Académica, nas convocatorias establecidas pola Universidade de Santiago. A Comisión Académica determinará a composición dos tribunais.
A avaliación do Traballo Fin de Máster realizarase atendendo aos seguintes criterios:
(a) Traballo realizado: estructuración adecuada e coherente do traballo, contido e claridade, expresión escrita e gramática, adecuación da bibliografía e fontes de información utilizadas, achegas propias;
(b) Claridade e estructuración da exposición;
(c) Capacidade de resposta do alumno ás preguntas e observacións realizadas polo tribunal evaluador.
O Traballo Fin de Máster será cualificado conforme ao establecido polas normas de Xestión Académica da USC.
O tempo estimado para realizar o traballo e preparar a exposición é 300 horas.
Coa finalidade de maximizar a aprendizaxe, recoméndase que o alumnado traballe de xeito constante e siga as recomendacións e suxestións do seu director ou directora.