Créditos ECTS Créditos ECTS: 3
Horas ECTS Criterios/Memorias Traballo do Alumno/a ECTS: 51 Horas de Titorías: 3 Clase Expositiva: 6 Clase Interactiva: 12 Total: 72
Linguas de uso Castelán, Galego
Tipo: Materia Ordinaria Máster RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Xeografía
Áreas: Análise Xeográfica Rexional
Centro Facultade de Ciencias Económicas e Empresariais
Convocatoria: Segundo semestre
Docencia: Con docencia
Matrícula: Matriculable | 1ro curso (Si)
1. Achegar aos profesionais cualificados na xestión pública e privada do turismo as normativas que fixan o crecemento e a ordenación da cidade.
2. Entender as repercusións que as Leis do Solo e do Patrimonio teñen na ordenación de destinos turísticos urbanos.
3. Achegarse ás figuras dos Plans Xerais de Organización Municipal (PXOM), Plans Especiais de Protección (PEP) e Plans Parciais.
4. Destacar a importancia dos criterios turísticos no planeamento urbano.
5. Comprender o paralelismo entre as competencias turísticas e urbanísticas no caso galego e español: a importancia dos niveis autonómico e municipal.
6. Introducirse na comprensión da cartografía urbanística dos PXOM e PEP. A súa significación para o turismo.
7. Interpretar os informes urbanísticos e as memorias dos plans.
8. Achegarse á formulación de plans e documentos de temática turística nos espazos urbanos.
1. O urbanismo español: da Lei do Solo de 1956 ás normas autonómicas.
2. Os Plans de ordenación urbanística.
3. Ordenación, planificación e xestión das áreas e dos destinos turísticos. Principios, políticas e modelos de gobernanza.
4. Espazos, problemas e desafíos urbanísticos especialmente sensibles á xestión dos destinos urbanos.
Bibliografía básica
Blanquer Criado, D. (2002). Ordenación y gestión del territorio turístico. Valencia, Tirant lo Blanch.
Fernández, T.R. (2019). Manual de derecho urbanístico. Cizur Menor (Navarra), Civitas Thomson Reuters.
Folch, R. (Coord.) (2003). El territorio como sistema. Conceptos y herramientas de ordenación. Barcelona, Diputaciò de Barcelona.
Lois González, R.C., González Pérez, J.M., Escudero Gómez, L.A. (2012). Los Espacios Urbanos. El estudio geográfico de la ciudad y la Urbanización. Madrid, Biblioteca Nueva.
Manero, M.F., García Cuesta, J.L. (2016). Patrimonio cultural y desarrollo territorial. Cizur Menor (Navarra), Aranzadi
Mazón, T. (1997). Introducción a la planificación urbana. Alicante, Ed. Aguaclara.
Moya González, L. (Ed..) (1994). La práctica del planeamiento urbanístico. Madrid, Ed. Síntesis.
Rivas García, J., Magadán Díaz, M. (2007). Planificación turística y Desarrollo Sostenible. Oviedo, Septem ediciones.
Tarroja, A., Camagni, R. (Coords.) (2006). Una nueva cultura del territorio. Criterios sociais y ambientales en las políticas y el gobierno del territorio. Barcelona, Diputaciò de Barcelona.
Troitiño Viñuesa, M.A. (1992). Cascos antiguos y centros históricos: problemas políticas y dinámicas urbanas. Madrid, MOPT.
Troitiño Vinuesa, M.A. e García Marchante, J.S. (1998). Vivir las Ciudades Históricas. Recuperación Integrada y Dinámica Funcional. Cuenca, Ediciones de la Universidad de Castilla-La Mancha.
Vera Rebollo, F., López Palomeque, F., Marchena, M., Anton Clavé, S. (2011) (Coords.). Análisis territorial del turismo y planificación de destinos turísticos. Valencia, Tirant Lo Blanch.
Escolma de páxinas web
EUROPA NOSTRA: https://www.europanostra.org/
HISPANIA NOSTRA: https://www.hispanianostra.org/
Instituto Galego de Vivenda e do Solo: http://igvs.xunta.gal/web/igvs/portada
Tourism Planning and Development: https://www.tandfonline.com/toc/rthp21/current
UNWTO: https://www.unwto.org/sustainable-development
Bibliografía complementaria
Alvarez, M.A., Frank, M.go, Yüksel, A. (2016). Heritage Tourism destinations. Preservations, Communication and Development. CABI.
Gunn, C. (2002). Tourism planning : basics, concepts, cases. New York, Routledge.
Hildebrand Scheid, A. (1996). Políticas de Ordenación del Territorio en Europa. Sevilla, Universidad de Sevilla y Consejería de Obras Públicas y Transporte de la Junta de Andalucía.
Merlin, P., Choay, F. (2005). Dictionaire d´urbanisme et de amenagement. Paris, PUF.
Pujadas, R., Font, J. (1998). Ordenación y planificación territorial. Madrid, Ed. Síntesis.
Rodríguez González, F. (Coord.) (1999). Manual de Desarrollo Local. Gijón, Ed. Trea.
Sánchez Goyanes, E. (Coord.) (1993). Sistema urbanístico español. Madrid, Ed. Paraninfo.
Competencias Xerais:
CG1. Definir ovturismo urbano e a xestión de empresas turísticas.
CG3. Resolver problemas en entornos novos ou pouco coñecidos.
CG4. Tomar decisións a partir de información incompleta ou limitada.
CG6. Integrar coñecementos que aporten unha base ou oportunidade de ser orixinais no desenvolvemento e/ou aplicación de ideas.
Competencias Transversais:
CT1. Aplicar a ética á toma de decisións.
CT3. Analizar e sintetizar a información.
CT4. Traballar en equipos de composición diversa.
Competencias Especificas:
CE9. Describir o destino turístico como sistema.
CE12. Describir o marco legal que regula as actividades e destinos turísticos.
CE13. Aplicar instrumentos de planificación.
Dende o comezo do curso, estará activa a Aula Virtual da materia, na cal o alumnado poderá consultar os avances das clases teóricas e interactivas, entregar as tarefas e comunicarse coa docente e coa clase.
Nas aulas de tipo expositivo consideraremos os contidos teóricos referentes aos temas previstos. As aulas interactivas estarán dedicadas á estudos de casos prácticos, traballos das materias que, nalgúns casos, serán defendidos diante dos compañeiros e sometidos a un debate e discusión, para un mellor entendemento dos procesos complexos urbanísticos e turísticos. Unha e outra metodoloxía non están disociadas, senón que se complementan ao longo do desenvolvemento da materia.
O seguimento das actividades vaise realizar a través dunha programación de entregas, para que o alumnado poida organizar o propio tempo de estudo.
A docente atenderá as dúbidas que podan xurdir durante as horas de clases e nas horas de titorías individuais.
A avaliación para a primeira e a segunda oportunidade desagrégase en tres compoñentes obrigatorias:
1) Proba de avaliación de coñecementos e competencias: na data estabelecida polo centro, realizarase unha proba final presencial de avaliación (complementaria á avaliación continua). Computará o 30% da nota final.
2) Avaliación continua das actividades prácticas interactivas presenciais, que serán de tipo individual e grupal. Computará o 40% da nota final. Nesta compoñente terase en conta a participación activa do alumnado nas clases e, de realizarse, a memoria reflexiva da saída de campo.
3) Proxecto de materia: o alumnado terá que entregar e defender un traballo final. Computará o 30% da nota final.
Tódalas actividades serán entregadas a través do Campus Virtual.
Se a media non resulta nunha cualificación por riba de 5, cómpre afrontar a segunda oportunidade de avaliación.
Para o alumnado repetidor, aplícanse os criterios de avaliación para a primeira e a segunda convocatoria.
O alumnado ao que se lle concedese a dispensa de asistencia segundo a Instrución Nº 1/2017 da Secretaría Xeral sobre a dispensa de asistencia a clase en determinadas circunstancias será avaliado a través dunha proba específica que supón o 100% da nota.
Para os casos de realización fraudulenta de exercicios ou probas será de aplicación o recollido na Normativa de avaliación do rendemento académico dos estudantes e de revisión de cualificacións.
Tendo en conta que cada crédito ECTS equivale a 25 horas de traballo para o estudante, esta materia representa un total de 75 horas de traballo, repartidas como segue:
Traballo presencial na aula:
Docencia expositiva 9
Docencia interactiva 12
Titorías en grupo moi reducido 3
Actividades de avaliación na aula 3
Total horas de traballo presencial 27
Traballo persoal do alumnado:
Estudo individual 22
Escritura de exercicios ou outros traballos 7
Lecturas recomendadas, redacción de notas de lectura e outros exercicios 12
Preparación de presentacións orais, debates ou similares 7
Total de traballo persoal 48
• Dedicar de forma continua ao longo do curso un tempo de estudo axeitado aos contidos teóricos.
• Para dúbidas sobre a materia, están dispoñíbles as titorías, alén das preguntas na aula e o “Foro de titoría pública” activo na Aula Virtual.
• Manter unha perspectiva crítica ao longo do estudo da materia.
• Revisar o Campus Virtual para estar ao día co material e as tarefas asignadas.
• Entregar as tarefas en tempo e forma a través do Campus Virtual.
Lucrezia Lopez
Coordinador/a- Departamento
- Xeografía
- Área
- Análise Xeográfica Rexional
- Correo electrónico
- lucrezia.lopez [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Profesor Axudante Doutor LOU
Ismael Yrigoy Cadena
- Departamento
- Xeografía
- Área
- Análise Xeográfica Rexional
- Correo electrónico
- ismael.yrigoy [at] usc.es
- Categoría
- Investigador/a: Ramón y Cajal
Mércores | |||
---|---|---|---|
16:00-17:30 | Grupo /CLE_01 | Galego | Aula 18 |
17:30-19:30 | Grupo /CLIS_01 | Galego | Aula 18 |
12.05.2025 17:00-19:00 | Grupo /CLE_01 | Aula 18 |
12.05.2025 17:00-19:00 | Grupo /CLIS_01 | Aula 18 |
02.07.2025 17:00-19:00 | Grupo /CLE_01 | Aula 18 |
02.07.2025 17:00-19:00 | Grupo /CLIS_01 | Aula 18 |