Ir o contido principal
Este portal emprega cookies propias ou de terceiros con fins analíticos, así como ligazóns a portais de terceiros para poder compartir contido nas redes sociais. Pode obter máis información na <a href="https://pro-assets-usc.azureedge.net/gl/aviso-legal">política de cookies</a>.

Máster Universitario en Estudos Ingleses Avanzados e as súas Aplicacións

Modalidade
Semipresencial
Rama de coñecemento
Artes e Humanidades
Centro(s)
Facultade de Filoloxía
Avda. de Castelao, s/n, 15782
Santiago de Compostela
881811750 (Conserxaría)
881811762 (Decanato)
filoloxia.decanato@usc.gal
Campus
Santiago de Compostela
Coordinador/a
Zeltia Blanco Suarez

O máster, de carácter interuniversitario, incorpora prácticas en empresas, especializa en lingua, literatura e cultura de países de fala inglesa, na relación entre o inglés e as novas tecnoloxías da información, e en mediación cultural para facilitar a comunicación en eidos como o educativo, o xurídico e o administrativo.

  • Duración: 1 ano académico
    Código RUCT: 4314355
    Número de ECTS: 60
    Número prazas: 22

    Decano/a ou director/a do centro:
    ELIAS JOSE FEIJO TORRES

    Coordinador-a do título:
    Zeltia Blanco Suarez

    Linguas de uso:
    Castelán, Galego, Inglés

    Universidade coordinadora:
    Universidade de Santiago de Compostela

    Universidade(s) participante(s):
    Universidade de Santiago de Compostela Universidade da Coruña Universidade de Vigo

    Data da autorización de implantación do título pola Xunta de Galicia:
    Orde do 05/12/2013 (DOG 20/12/2013)

    Data de publicación no BOE:
    04/04/2014 (Mod 23/07/2020)

    Data da última acreditación:
    03/06/2022

    Este máster ten como obxectivos proporcionar unha especialización en lingua, literatura e cultura dos países de fala inglesa, así como na relación entre o inglés e as novas tecnoloxías da información, a través de disciplinas como psicolingüística, sociolingüística, análise do discurso, ou os estudos de xénero entre outros. Contén ademais materias que teñen como obxectivo a mediación cultural, orientadas a facilitar a comunicación entre ámbitos como o educativo, o xurídico ou o administrativo.

    O título, polos contidos que se imparten, reforza e amplía a formación para o acceso á función pública.

    O compoñente práctico do Máster proporciona unha primeira experiencia no eido laboral neste ámbito.

  • Condicións de terminación:

    Obrigatorias: 21
    Optativas: 21
    Prácticas externas (practicum) 6
    Traballo fin de máster: 12
    Total: 60

    O mestrado contempla dúas especialidades:

    - Especialidade en Lingua e Lingüística Inglesa
    - Especialidade en Literaturas e Culturas do Ámbito Anglófono

    Para obter a titulación, o estudante deberá cursar obrigatoriamente unha das dúas especialidades. Para iso deberá superar os 21 créditos de que consta o módulo da especialidade en que se matriculase.

  • O máster, de carácter interuniversitario, incorpora prácticas en empresas, especializa en lingua, literatura e cultura de países de fala inglesa, na relación entre o inglés e as novas tecnoloxías da información, e en mediación cultural para facilitar a comunicación en eidos como o educativo, o xurídico e o administrativo.

  • 1. Proporcionar ao estudante especialización en lingua, literatura e cultura dos países de fala inglesa, así como na relación entre o inglés e as novas tecnoloxías da información, e con disciplinas como a psicolingüística, a sociolingüística, a análise do discurso, ou os estudos de xénero entre outros. Contén asimesmo materias con obxectivos de mediación cultural, orientadas a facilitar a comunicación en ámbitos como o educativo, o xurídico ou o administrativo.
    2. Proporcionar os coñecementos necesarios para acceder a calquera programa de Doutoramento nos ámbitos dos Estudos Ingleses, a lingüística e a literatura e cultura.
    3. Proporcionar, mediante o compoñente práctico do Máster, unha primeira experiencia no ámbito laboral.

  • Mobilidade

    A mobilidade dos/as estudantes está regulada a través do “Regulamento de intercambios interuniversitarios”. A través da Oficina de Relacións Exteriores xestiónanse programas de intercambio tanto nacionais (SICUE), como europeos (ERASMUS) e extracomunitarios (intercambios con países de América Latina ou países de fala inglesa):

    Portal Internacional

    Prácticas

    Os contidos de practicum organizaranse ao redor dos eixos seguintes e adaptaranse, no posíbel, ao perfil do alumnado, aos seus intereses profesionais e en relación co módulo optativo cursado, xa sexa este o lingüístico ou o de carácter literario/cultural:

    - Familiarización coas características e funcionamento interno da empresa ou entidade onde se van realizar as prácticas correspondentes.
    - Obtención de información sobre a organización, funcións, clientes e lugar que ocupa a empresa ou institución no mercado de traballo ou no panorama cultural a nivel local e, de ser o caso, a nivel nacional e internacional..
    - Realización de prácticas que implique o desenvolvemento de competencias adquiridas nos dous módulos anteriores: redacción, corrección e edición de textos en inglés, tarefas de tradución, interpretación e transliteración, uso e explotación das novas tecnoloxías, práctica docente, actividades relacionadas co turismo, cos medios de comunicación e con outros ámbitos específicos onde sexa relevante o uso do inglés, etc.
    - Realización de informes e memoria do Practicum.

  • Este traballo de investigación ofrece ao estudante a posibilidade de elixir con flexibilidade tema e titor/a, dada a ampla e variada traxectoria académica e investigadora dos profesores implicados no título. Ademais, proporciónalle a oportunidade de comezar a súa especialización nunha determinada área dos Estudos Ingleses. É tamén, unha excelente oportunidade para preparar o estudante para unha futura investigación a nivel de douctoramento

Os contidos desta páxina actualizáronse o 22.05.2024.