Créditos ECTS Créditos ECTS: 3
Horas ECTS Criterios/Memorias Traballo do Alumno/a ECTS: 51 Horas de Titorías: 3 Clase Expositiva: 9 Clase Interactiva: 12 Total: 75
Linguas de uso Castelán, Galego, Inglés
Tipo: Materia Ordinaria Máster RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Filoloxía Inglesa e Alemá
Áreas: Filoloxía Inglesa
Centro Facultade de Filoloxía
Convocatoria: Segundo semestre
Docencia: Con docencia
Matrícula: Matriculable | 1ro curso (Si)
Introdución avanzada aos contextos teóricos e históricos do debate en torno ao multiculturalismo nos países de fala inglesa e os seus fundamentos teóricos. O propósito consiste en alcanzar un coñecemento fundado e un nivel crítico competente sobre as teorías e debates que constitúen o concepto do multicultural na literatura e cultura do mundo anglófono a través da atención a certos dominios temáticos nacionais, rexionais que exemplifican, nos seus modos específicos, a diversidade cultural nas súas múltiples manifestacións.
Estudo avanzado, a través dunha selección de textos literarios e teóricos, dos diversos aspectos intrínsecos á constitución dunha identidade cultural dentro do complexo e globalmente diverso mundo de fala inglesa.
Perspectivas transhistóricas e transculturais facilitarán unha exploración das diversas aproximacións teóricas e literarias que articularon a noción actual dunha literatura multicultural en lingua inglesa na súa diversidade ás veces contraditoria (coas súas interaccións transculturais, interculturais e intraculturais). A pluralidade de perspectivas responde á necesidade de aplicar as ferramentas teóricas e analíticas á situración actual do mundo anglófono en toda a súa proliferación de identidades típicas da era da globalización.
BÁSICA E DE LECTURA OBRIGATORIA:
Eudora Welty. "Clytie"; "Death of a Traveling Salesman"
Flannery O'Connor. "The Artificial Nigger"; Good Country People"
Carson McCullers. The Member of the Wedding
Bobbie Ann Mason. "Shiloh"
Ernest J. Gaines. "The Sky Is Gray"
Alice Walker. "Everyday Use"
Harper Lee. To Kill a Mockingbird
Toni Morrison. Home
Ralph Ellison, "Boy on a Train"
Jesmyn Ward. Sing, Unburied, Sing
Ron Rash. "Those Who Are Dead Are Only Now Forgiven"
COMPLEMENTARIA:
Bak, Hans, ed. Multiculturalism and the Canon of American Culture. Amsterdam: VU
University Press, 1993.
Goldberg, David Theo, ed. Multiculturalism: A Critical Reader. Oxford: Basil
Blackwell, 1994.
Michaels, Walter Benn. The Trouble with Diversity: How We Learned to Love Identity
and Ignore Inequality. New York: Henry Holt, 2006.
Lee, A. Robert. Multicultural American Literature: Comparative Black, Native,
Latino/a and Asian American Fictions. University Press of Mississippi, 2003.
Manzanas, Ana Mª & Jesús Benito. Cities, Borders, and Spaces in Intercultural
American Literature and Film. New York: Routledge, 2011.
Taylor, Charles. Multiculturalism and "The Politics of Recognition": An Essay with
Commentary. Princeton, NJ: Princeton University Press, 1992.
Websites
Multiculturalism: Post World War II American Literature and Culture Database
http://english.berkeley.edu/Postwar/multiculti.html
Mutliculturalism: Stanford Encyclopedia of Philosophy
http://plato.stanford.edu/entries/multiculturalism/
Competencias (“Memoria do Máster Interuniversitario en Estudios Ingleses Avanzados e as Súas Aplicacións, 2ª
edición", pp. 6-7: http://www.imaes.eu/wp-content/uploads/2019/12/MEMORIA_ANEXOS-I-II.pdf)
G01- Capacidade para profundar naqueles conceptos, principios, teorías ou modelos relacionados cos distintos campos dos Estudos Ingleses, así como para coñecer a metodoloxía necesaria para a resolución de problemas propios desta área de estudo. G02- Capacidade para aplicar os coñecementos adquiridos no contexto multidisciplinar e multifacético dos Estudos Ingleses. G04- Capacidade para presentar en público experiencias, ideas ou informes, así como emitir xuízos en función de criterios, de normas externas ou de reflexións persoais para o que será necesario acadar un dominio suficiente da linguaxe académica e científica tanto na súa vertente escrita como oral.
G05- Habilidades para investigar e manexar novos coñecementos e información no contexto dos Estudos Ingleses.
G06- Capacidade para adquirir un espírito crítico que leve aos estudantes a considerar a relevancia das investigacións existentes nas áreas de estudo que conforman os Estudos Ingleses, así como das súas propias.
E09- Coñecemento dos principios, modelos e recursos de investigación literaria/cultural no ámbito anglófono.
E11- Capacidade para identificar e analizar as características máis relevantes da cultura e das institucións do ámbito anglófono a través de diversos tipos de textos pertencentes a diferentes épocas históricas.
Levaranse a cabo as seguintes actividades:
1) Sesións introdutorias: presentación do curso e da organización das actividades e traballo dos alumnos ao longo do curso. Isto farase na primeira clase.
2) Sesións teóricas: presentación dos contidos teóricos.
3) Seminarios: discusión centrada en aspectos formais e teóricos das lecturas asignadas.
4) Presentacións: presentacións orais por parte dos alumnos do seu traballo individual sobre aspectos específicos das materias do curso.
Participación activa na clase: 30%. Requírese participación intensa e responsable en todos os debates, demostrando que se leron os textos asignados cunha actitude crítica e creativa. (Competencias avaliadas: G01, G02, G05, E09, E11)
Presentación oral e ensaio: 70%. Presentación en inglés coa argumentación ben estruturada e demostrando inmersión nos textos, sobre temas escollidos polo alumno e de acordo co profesor. Suxírese unha duración de 15 minutos, facilitando discusión posterior entre todos os membros da clase. No ensaio requírese unha análise crítica e creativa dun dos textos, utilizando os conceptos e teorizacións exploradas durante as sesións do seminario. Valorarase a expresión e a correcta estruturación en inglés e a orixinalidade das formulacións e da análise. (Competencias avaliadas: G02, G04, G05, G06)
Segunda oportunidade: os mesmos criterios.
Alumnos con dispensa: ensaio longo (50%), dous breves ensaios adicionais (25%) e exame (25%).
O traballo distribuirase de acordo coas seguintes porcentaxes:
a) Número total de horas =75
b) Número máximo de horas na clase =14
c) Número máximo de horas para actividades online =10
d) Horas para o estudo individual =51
Constante Gonzalez Groba
Coordinador/a- Departamento
- Filoloxía Inglesa e Alemá
- Área
- Filoloxía Inglesa
- Teléfono
- 881811894
- Correo electrónico
- constante.gonzalez [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Emérito LOU
Mércores | |||
---|---|---|---|
18:15-19:15 | Grupo /CLE_01 | Inglés | D04 |
19:15-20:15 | Grupo /CLIS_01 | Inglés | D04 |
Xoves | |||
18:15-19:15 | Grupo /CLE_01 | Inglés | D04 |
19:15-20:15 | Grupo /CLIS_01 | Inglés | D04 |
28.05.2025 16:00-18:00 | Grupo /CLE_01 | D04 |
28.05.2025 16:00-18:00 | Grupo /CLIS_01 | D04 |
09.07.2025 16:00-18:00 | Grupo /CLIS_01 | D04 |
09.07.2025 16:00-18:00 | Grupo /CLE_01 | D04 |