Créditos ECTS Créditos ECTS: 3
Horas ECTS Criterios/Memorias Traballo do Alumno/a ECTS: 51 Horas de Titorías: 3 Clase Expositiva: 9 Clase Interactiva: 12 Total: 75
Linguas de uso Castelán, Galego, Inglés
Tipo: Materia Ordinaria Máster RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Filoloxía Inglesa e Alemá
Áreas: Filoloxía Inglesa
Centro Facultade de Filoloxía
Convocatoria: Segundo semestre
Docencia: Con docencia
Matrícula: Matriculable | 1ro curso (Si)
1.-Estudar e analizar o contexto histórico onde se produciron determinadas obras literarias.
2.-Estudar a transferencia cultural a outros contextos literarios e artísticos.
3.-Discutir a relación e diálogo entre tradición literaria e cultural.
4.-Establecer relacións literarias e culturais entre diferentes textos e contextos.
5.-Analizar transferencias culturais e literarias.
1.-O ‘Xiro Cultural’, Estudos Culturais e Crítica Literaria.
2.-Negociacións textuais/culturais na literatura contemporánea en lingua inglesa.
3.-Cultura e Identidade a través das súas representacións textuais e visuais.
NOTA: Os textos obxecto de estudo serán detallados na Guía Docente que se facilitará ao alumnado no Curso Virtual.
BIBLIOGRAFÍA BÁSICA:
ASHLEY, BOB et al. Food and Cultural Studies. London: Routledge, 2004.
BAKER, CHRIS e EMMA A. JANE. Cultural Studies: Theory and Practice. London: SAGE, 2016.
DURING, SIMON (ed.). The Cultural Studies Reader. London: Routledge, 2007.
MCNEIL, PETER et al. Fashion in Fiction: Text and Clothing in Literature, Film and Television. Oxford: Berg, 2009.
STAM, ROBERT. Literature through Film: Realism, Magic and the Art of Adaptation. Malden, MA: Blackwell, 2005.
BIBLIOGRAFÍA COMPLEMENTARIA:
CAMPBELL, NEIL e ALASDAIR KEAN. American Cultural Studies: An Introduction to American Culture. London: Routledge, 1997.
CHATMAN, SEYMOUR. Coming to Terms. The Rhetoric of Narrative in Fiction and Film. Ithaca: Cornell University, 1990.
COGHLAN, MICHELLE. The Cambridge Companion to Literature and Food.
HALL, STUART. ‘Notes on Deconstructing “the popular.”’ In John Storey (ed.) Cultural Theory and Popular Culture: A Reader. London: Pearson, 2006, 477-487.
HALL, STUART e TONY JEFFERSON (eds.). Resistance through Rituals: Youth Subcultures in Post-war Britain. New York: Routledge, 2006.
HANCOK II, JOSEPH H. et al. Fashion in Popular Culture: Literature, Media and Contemporary Studies. Bristol: Intellect, 2013.
HUGHES, CLAIR. Dressed in Fiction. Oxford: Berg.
KUHN, CYNTHIA e CINDY L. CARLSON (eds.). Styling Texts: Dress and Fashion in Literature. Youngston, NY: Cambria Press.
MCFARLANE, BRIAN. Novel to Film: An Introduction to the Theory of Adaptation. Oxford: Clarendon Press, 1996.
MURPHY, PATRICK D. Ecocritical Explorations in Literary and Cultural Studies: Fences, Boundaries and Fields. Lanham: Lexington Books, 2010.
SCEATS, SARAH. Food, Consumption and the Body in Contemporary Women’s Fiction. Cambridge: Cambridge University Press, 2004.
WALTON, DAVID. Introducing Cultural Studies: Learning through Practice. London: SAGE, 2008.
OBSERVACIÓNS: Proporcionarase aos estudantes a bibliografía complementaria correspondente aos diferentes autores e obras do programa na primeira sesión do curso.
Competencias (“Memoria do Máster Interuniversitario en Estudios Ingleses Avanzados e as súas Aplicacións, 2ª edición”, pp.6-7: http://www.imaes.eu/wp-content/uploads/2019/12/MEMORIA_ANEXOS-I-II.pdf)
G01. Capacidade para afondar naqueles conceptos, principios, teorías ou modelos relacionados cos distintos campos dos Estudos Ingleses, así como para coñecer a metodoloxía necesaria para a resolución de problemas propios desta área de estudo.
G02. Capacidade para aplicar os coñecementos adquiridos no contexto multidisciplinar e multifacético dos Estudos Ingleses.
G04. Capacidade para presentar en público experiencias, ideas ou informes, así como emitir xuízos en función de criterios, de normas externas ou de reflexións persoais para o que será necesario acadar un dominio suficiente da linguaxe académica e científica tanto na súa vertente escrita como oral.
G05. Habilidades para investigar e manexar novos coñecementos e información no contexto dos Estudos Ingleses.
G06. Capacidade para adquirir un espírito crítico que leve aos estudantes a considerar a relevancia das investigacións existentes nas áreas de estudo que conforman os Estudos Ingleses, así como das súas propias.
E09. Coñecemento dos principios, modelos e recursos de investigación literaria/cultural no ámbito anglófono.
E10. Capacidade de utilizar as técnicas empregadas para a análise de textos artísticos e culturais no ámbito anglófono.
E11. Capacidade para identificar e analizar as características máis relevantes da cultura e das institucións do ámbito anglófono a través de diversos tipos de textos pertencentes a diferentes épocas históricas.
E13. Coñecemento das relacións entre as principais manifestacións artísticas e literarias no ámbito anglófono.
1. SESIÓNS EXPOSITIVAS. As sesións expositivas centraranse en introducir e presentar o marco teórico, conceptual e metodolóxico que guiará a materia.
2. SEMINARIOS. As sesións de seminario dedicaranse á realización de tarefas de análises e reflexión crítica e constituirán un espazo importante para o debate e a posta en común.
3. TITORÍAS. O alumnado contará coa atención do profesorado do curso nas horas de titorías. Durante as horas de titoría ofrecerase ao alumnado orientación para a realización das tarefas propostas e resolveranse posibles dúbidas relativas á materia.
4. ACTIVIDADES GUIADAS a través do CAMPUS VIRTUAL. Empregarase esta modalidade para a realización de debates críticos sobre as lecturas propostas.
O sistema de avaliación contempla os seguintes criterios e valoracións porcentuais:
1.- Participación nas clases: 10% (Competencias avaliadas: G01, G02, G04, G05, E10, E11).
2.- Presentacións orais: 30% (Competencias avaliadas: G02, G04, G05, G06, E10, E13).
3.- Traballo escrito: 60% (Competencias avaliadas: G02, G06, E10, E09, E11, E13).
OBSERVACIÓNS:
1.- Este sistema de avaliación aplicarase nas convocatorias de maio e xullo.
2.- O alumnado con dispensa académica oficial será avaliado a través de dous traballos previamente acordados coa docente da materia. Os estudantes que teñan concedida unha dispensa académica deben contactar coa profesora ao comezo do curso.
3.- En caso de realización fraudulenta de exercicios ou probas, será de aplicación o que se recolle no art. 16 da ‘Normativa de avaliación do rendemento académico dos estudantes e da revisión de cualificacións.’
4.- As actividades de avaliación deben atender aos requisitos mínimos de corrección lingüística (ortografía, puntuación, concordancia, gramática, precisión léxica e rexistro) propios do nivel esperado para o alumnado que cursa a materia. Deficiencias neste eido serán penalizadas.
Número total de horas = 75
Máximo de traballo presencial na aula= 14
Máximo de traballo a través da plataforma virtual = 10
Traballo persoal do alumno = 51
1.-Asistencia e participación activa nas sesións presenciais.
2.- O alumnado deberá preparar con antelación os exercicios e as lecturas recomendadas para a posterior discusión na aula. Así mesmo, o alumnado deberá comprobar de forma regular o curso virtual da materia e o correo.
Noemí Pereira Ares
Coordinador/a- Departamento
- Filoloxía Inglesa e Alemá
- Área
- Filoloxía Inglesa
- Correo electrónico
- noemi.pereira [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Profesor Contratado/a Doutor
Mércores | |||
---|---|---|---|
18:15-19:15 | Grupo /CLE_01 | Inglés | C05 |
19:15-20:15 | Grupo /CLIS_01 | Inglés | C05 |
Xoves | |||
18:15-19:15 | Grupo /CLE_01 | Inglés | C05 |
19:15-20:15 | Grupo /CLIS_01 | Inglés | C05 |
22.05.2025 16:00-18:00 | Grupo /CLIS_01 | C05 |
22.05.2025 16:00-18:00 | Grupo /CLE_01 | C05 |
03.07.2025 16:00-18:00 | Grupo /CLIS_01 | C05 |
03.07.2025 16:00-18:00 | Grupo /CLE_01 | C05 |