Créditos ECTS Créditos ECTS: 3
Horas ECTS Criterios/Memorias Traballo do Alumno/a ECTS: 51 Horas de Titorías: 3 Clase Expositiva: 9 Clase Interactiva: 12 Total: 75
Linguas de uso Castelán, Galego, Inglés
Tipo: Materia Ordinaria Máster RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Filoloxía Inglesa e Alemá
Áreas: Filoloxía Inglesa
Centro Facultade de Filoloxía
Convocatoria: Segundo semestre
Docencia: Con docencia
Matrícula: Matriculable | 1ro curso (Si)
O obxectivo deste módulo é familiarizar o estudantado coas principais cuestións e metodoloxías de investigación variacionista, asi como dotalos das habilidades e ferramentas necesarias para identificar, analizar e interpretar casos particulares de variación e / ou cambio lingüístico nos diferentes niveis de análise (fonolóxico, morfosintáctico, léxico e semántico-pragmático).
1. Introdución á variación lingüística e ao cambio lingüístico: A variación como requisito para o cambio.
2. Tipos básicos de cambio lingüístico: Simplificación e elaboración.
3. Factores condicionantes da variación e o cambio: Factores internos e externos.
4. Materiais para o estudo da variación e o cambio na lingua inglesa. A natureza da evidencia e as súas limitacións.
5. Variación e cambio nas distintas compoñentes lingüísticas.
6. Aproximacións ao estudo da variación e o cambio lingüístico.
BIBLIOGRAFÍA BÁSICA:
- Aitchinson, Jean. 1990. Language Change: Progress or Decay? 2nd edn. Cambridge: Cambridge University Press.
- Bergs, Alexander & Laurel J. Brinton (eds.). 2012. English Historical Linguistics. An International Handbook. 2 vols. Berlin: Walter de Gruyter.
- Brinton, Laurel J. (ed.). 2017. English Historical Linguistics. Approaches and Perspectives. Cambridge: Cambridge University Press.
- Brinton, Laurel J. 2023. Pragmatics in the History of English. Cambridge: Cambridge University Press.
- Brinton, Laurel J. & Leslie K. Arnovick. 2011. The English Language. A Linguistic History. 2nd edn. Oxford: Oxford University Press.
- Brinton, Laurel J. & Elizabeth C. Traugott. 2005. Lexicalization and Language Change. Cambridge: Cambridge University Press.
- Burridge, Kate & Alexander Bergs. 2017. Understanding Language Change. London: Routledge.
- Campbell, Lyle. 1998. Historical Linguistics. An Introduction. Edinburgh: Edinburgh University Press.
- Chambers, J.K., Peter Trudgill & Natalie Schilling-Estes (eds.). 2013. The Handbook of Language Variation and Change. 2nd edn. London: Blackwell Publishing Ltd.
- Fischer, Olga. 2007. Morphosyntactic Change. Oxford: Oxford University Press.
- Hock, Hans Henrich & Brian D. Joseph. 1996. Language History, Language Change and Language Relationship. An Introduction to Historical and Comparative Linguistics. Berlin & New York: Mouton de Gruyter.
- Hogg, Richard & David Denison (eds.). 2006. A History of the English Language. Cambridge: Cambridge University Press.
- Joseph, Brian D. & Richard D. Janda (eds.). 2003. The Handbook of Historical Linguistics. Oxford: Blackwell.
- Jucker, Andreas H. & Irma Taavitsainen. 2013. English Historical Pragmatics. Edinburgh: Edinburgh University Press.
- Jucker, Andreas H. & Irma Taavitsainen (eds.). 2010. Historical Pragmatics. Berlin & New York: De Gruyter.
- Kay, Christian & Kathryn Allan. 2015. English Historical Semantics. Edinburgh: Edinburgh University Press.
- Kytö, Merja & Päivi Pahta (eds.). 2016. The Cambridge Handbook of English Historical Linguistics. Cambridge: Cambridge University Press.
- Labov, William. 1994. Principles of Linguistic Change. Volume 1: Internal Factors. Oxford: UK & Cambridge USA: Blackwell.
- Labov, William. 2001. Principles of Linguistic Change. Volume 2: External Factors. Oxford: UK & Cambridge USA: Blackwell.
- Lass, Roger. 1997. Historical Linguistics and Language Change. Cambridge: Cambridge University Press.
- Los, Bettelou. 2015. A Historical Syntax of English. Edinburgh: Edinburgh University Press.
- McMahon, April. 1994. Understanding Language Change. Cambridge: Cambridge University Press.
- Minkova, Donka. 2013. A Historical Phonology of English. Edinburgh: Edinburgh University Press.
- Nevalainen, Terttu & Helena Raumolin-Brunberg. 2003. Historical Sociolinguistics. London: Longman.
- Ringe, Don. 2021. A Historical Morphology of English. Edinburgh: Edinburgh University Press.
- Samuels, Michael L. 1972. Linguistic Evolution, with Special Reference to English. Cambridge: Cambridge University Press.
- Schendl, Herbert. 2001. Historical Linguistics. Oxford: Oxford University Press.
- Trask, Robert Lawrence. 1994. Language Change. London & New York: Routledge.
- Trask, Robert Lawrence. 1996. Historical Linguistics. London: Arnold.
- Traugott, Elizabeth C. & Richard B. Dasher. 2002. Regularity in Semantic Change. Cambridge: Cambridge University Press.
BIBLIOGRAFÍA COMPLEMENTARIA:
Cando sexa preciso, a bibliografía básica complementarase con referencias máis específicas para os distintos apartados do programa.
Competencias (“Memoria do Máster Interuniversitario en Estudios Ingleses Avanzados e as súas Aplicacións, 2ª edición", pp. 6-7: http://www.imaes.eu/wp-content/uploads/2019/12/MEMORIA_ANEXOS-I-II.pdf)
G01 - Capacidade para afondar naqueles conceptos, principios, teorías ou modelos relacionados cos distintos campos dos Estudos Ingleses, así como para coñecer a metodoloxía necesaria para a resolución de problemas propios desta área de estudo.
G02 - Capacidade para aplicar os coñecementos adquiridos no contexto multidisciplinar e multifacético dos Estudos Ingleses.
G03 - Capacidade para utilizar de forma eficiente as novas tecnoloxías da información e da comunicación no ámbito dos Estudos Ingleses.
G04 - Capacidade para presentar en público experiencias, ideas ou informes, así como emitir xuízos en función de criterios, de normas externas ou de reflexións persoais para o que será necesario acadar un dominio suficiente da linguaxe académica e científica tanto na súa vertente escrita como oral.
G05 - Habilidades para investigar e manexar novos coñecementos e información no contexto dos Estudos Ingleses.
G06 - Capacidade para adquirir un espírito crítico que leve aos estudantes a considerar a relevancia das investigacións existentes nas áreas de estudo que conforman os Estudos Ingleses, así como das súas propias.
G07 - Habilidades de consolidación e desenvolvemento da competencia lingüística (nivel C2) no uso falado e escrito da lingua inglesa.
G08 - Autonomía progresiva na aprendizaxe, buscas propias de recursos e información, accedendo para isto a fontes bibliográficas e documentais sobre os distintos ámbitos que conforman os Estudos Ingleses.
G09 - Capacidade para realizar traballos de investigación de carácter académico nos distintos ámbitos dos Estudos Ingleses.
G10 - Capacidade para presentar e defender un traballo de investigación utilizando a terminoloxía e os recursos axeitados e apropiados dentro do campo obxecto de estudo.
E01 - Coñecemento dos principais modelos de investigación lingüística.
E02 - Coñecemento dos principais recursos, ferramentas e metodoloxías de investigación lingüística.
E06 - Coñecemento dos estudos de variación e cambio lingüístico no ámbito anglófono.
Esta materia impártese a través de clases expositivas e seminarios, xunto con outras actividades en liña. Realizaranse exercicios en clase e proporanse outros como traballo persoal.
Asignarase a cada estudante un tema para a elaboración dun traballo escrito e unha presentación oral.
Primeira oportunidade:
1.- 5% Participación activa nas clases expositivas e interactivas. A asistencia ás sesións é obrigatoria. (Competencias avaliadas: G04, G06, G07)
2.- 45% Exercicios. (Competencias avaliadas: G01, G02, G03, G04, G05, G06, G07, G08, E01, E02, E06)
3.- 50% Traballo escrito (1.500 palabras, excluíndo referencias) e presentación oral. (Competencias avaliadas: G01, G02, G03, G04, G05, G06, G07, G08, G09, G10, E01, E02, E06)
Para aprobar a materia, o estudantado debe obter polo menos unha cualificación de 5 nos ítems 2 e 3.
Segunda oportunidade:
Os/As estudantes só terán que repetir aquelas partes do sistema de avaliación nas que non acadaran un aprobado na primeira oportunidade.
Estudantes con dispensa oficial de asistencia a clase:
Terán que entregar todos os exercicios do curso (50%) e presentar un ensaio sobre un estudo de caso (2.000 palabras, excluíndo referencias) (50%)
Información importante:
Todos os exercicios e probas realizaranse en inglés. A corrección no uso da lingua inglesa e das convencións formais é imprescindible, polo que a acumulación de erros gramaticais, ortográficos etc. será penalizada.
Penalizaranse as malas condutas académicas, incluído o plaxio, segundo o art. 16 da "Normativa de avaliación do rendemento académico dos estudantes e de revisión de cualificacións".
- Clases expositivas na aula: 5h (100% presencial)
- Clases interactivas (seminarios, etc.) na aula: 7h (100% presencial)
- Titorías presenciais: 2h (100% presencial)
- Participación en foros e debates a través da plataforma virtual: 4h (0% presencial)
- Tarefas de autoavaliación a través da plataforma virtual: 2h (0% presencial)
- Redacción de exercicios e outras tarefas: 30h (0% presencial)
- Lecturas recomendadas e buscas bibliográficas: 25h (0% presencial)
Os/As estudantes deben completar as tarefas e lecturas recomendadas polo profesorado. O alumnado debe visitar a plataforma de e-learning e debe comprobar o seu correo electrónico universitario regularmente: os anuncios e os cambios de última hora serán notificados por correo electrónico.
Maria Jose Lopez Couso
Coordinador/a- Departamento
- Filoloxía Inglesa e Alemá
- Área
- Filoloxía Inglesa
- Teléfono
- 881811891
- Correo electrónico
- mjlopez.couso [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Catedrático/a de Universidade
Maria Belen Mendez Naya
- Departamento
- Filoloxía Inglesa e Alemá
- Área
- Filoloxía Inglesa
- Teléfono
- 881811902
- Correo electrónico
- belen.mendez [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Catedrático/a de Universidade
Mércores | |||
---|---|---|---|
18:15-19:15 | Grupo /CLE_01 | Inglés | C06 |
19:15-20:15 | Grupo /CLIS_01 | Inglés | C06 |
Xoves | |||
18:15-19:15 | Grupo /CLE_01 | Inglés | C06 |
19:15-20:15 | Grupo /CLIS_01 | Inglés | C06 |
22.05.2025 16:00-18:00 | Grupo /CLE_01 | C06 |
22.05.2025 16:00-18:00 | Grupo /CLIS_01 | C06 |
03.07.2025 16:00-18:00 | Grupo /CLIS_01 | C06 |
03.07.2025 16:00-18:00 | Grupo /CLE_01 | C06 |