Créditos ECTS Créditos ECTS: 3
Horas ECTS Criterios/Memorias Traballo do Alumno/a ECTS: 51 Horas de Titorías: 3 Clase Expositiva: 9 Clase Interactiva: 12 Total: 75
Linguas de uso Castelán, Galego, Inglés
Tipo: Materia Ordinaria Máster RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Filoloxía Inglesa e Alemá
Áreas: Filoloxía Inglesa
Centro Facultade de Filoloxía
Convocatoria: Segundo semestre
Docencia: Con docencia
Matrícula: Matriculable | 1ro curso (Si)
1. Xerais
• Afondar sobre determinadas áreas específicas do ensino e da aprendizaxe do inglés. Establecer conexións entre a teoría lingüística e a práctica pedagóxica.
• Reflexionar sobre os factores universais e individuais que condicionan a aprendizaxe e o ensino da lingua inglesa e dunha lingua estranxeira en termos xerais.
• Familiarizar ao alumnado coa bibliografía de maior relevancia especializada sobre distintas áreas temáticas da materia.
2. Específicos
• Familiarizar ao alumnado coa terminoloxía básica deste campo de estudo.
• Estudiar as teorías de aprendizaxe de linguas e as diferentes variables e factores que condicionan o proceso de aprendizaxe dunha lingua estranxeira.
• Estudiar as diferenzas e similitudes entre a adquisición dunha primeira lingua e a aprendizaxe dunha segunda.
• Familiarizar ao alumnado coas últimas tendencias europeas sobre o ensino de linguas, con especial atención ao Marco Común Europeo de Referencia (MCER) e ao Portfolio Europeo das Linguas (PEL).
• Proporcionarlle ao alumnado principios básicos teóricos e técnicas prácticas para o seu propio desenvolvemento profesional como futuros profesores de inglés.
Estos contidos poderán ser susceptibles de cambios e modificacións de acordo coas necesidades e intereses do alumnado.
Programa
1. Applied Linguistics and the Teaching of English. Main fields in Applied Linguistics. A Lingüística Aplicada e o ensino do inglés. Principais disciplinas dentro da Lingüística Aplicada.
2. Current issues in the Teaching of English as a Foreign Language (TEFL). Temas recentes no ensino do inglés como lingua estranxeira.
3. Current issues in Second Language Acquisition (SLA). Temas recentes na adquisición de segundas linguas.
4. Conducting research in Second Language Acquisition and Teaching. A realización de investigación no eido do ensino e adquisición do inglés.
Bibliografía básica
• Ball, Phil, Keith Kelly, John Clegg. 2015. Putting CLIL into Practice. Oxford: Oxford University Press.
• Council of of Europe. 2001. Common European Framework of Reference for Languages. Learning, Teaching, Assessment. Cambridge: Cambridge University Press.
• Council of of Europe. 2018. Common European Framework of Reference for Languages. Learning, Teaching, Assessment. Companion Volume with New Descriptors. Cambridge: Cambridge University Press.
• Ellis, Rod. 2004. The Study of Second Language Acquisition. Oxford: Oxford University Press.
• Harmer, Jeremy. 2007. How to Teach English. Longman: Harlow.
• Lightbown, Patsy M. e Spada, Nina. 1993. How Languages are Learned, Oxford: Oxford University Press.
• Palacios Martínez, Ignacio M., Rosa Alonso, Mario Cal, Paula López Rúa e José Ramón Varela. 2007. Diccionario de enseñanza y aprendizaje de lenguas. Madrid: En Clave. (https://www.dicenlen.eu/es/diccionario/inicial/a).
• Ur, Penny. 1999. A Course in Language Teaching. Theory and Practice. Cambridge: Cambridge University Press.
Bibliografía complementaria
• Alonso Alonso, Rosa. 2023. Factores individuales en el aprendizaje de segundas lenguas. Lausanne: Peter Lang.
• Brown, H. Douglas. 1994. Principles of Language Learning and Teaching, Prentice Hall Regents, Englewood Cliffs, N. J.
• Fernández Pérez, Milagros (ed.), 1996. Avances en Lingüística Aplicada. Santiago de Compostela: Servizo de Publicacións da Universidade.
• Hall, Graham. 2016. The Routledge Handbook of English Language Teaching. Milton Park: Routledge.
• Herschensohn, Julia e Martha Young. 2018. The Cambridge Handbook of Second language Acquisition. Cambridge: Cambridge University Press.
• Macaro, Ernesto. 2018. English Medium Instruction. Oxford: Oxford University Press.
• Muñoz, Carme (ed.). 2000. Segundas lenguas. Adquisición en el aula. Barcelona: Ariel.
• Salaberri, Sagrario. 1999. Lingüística Aplicada a la enseñanza de lenguas extranjeras. Almería: Servicio de Publicaciones de la Universidad.
• Skehan, Peter. 1989. Individual Differences in Second Language Acquisition. London: Edward Arnold.
• Stern, Hans Heinrich. 1983. Fundamental Concepts of Language Teaching. Oxford: Oxford University Press.
• Vez Jeremías, José Manuel. 2000. Fundamentos lingüísticos en la enseñanza de lenguas extranjeras. Barcelona: Ariel.
Competencias (“Memoria do Máster Interuniversitario en Estudios Ingleses Avanzados e as Súas Aplicacións, 2ª edición", pp. 6-7: http://www.imaes.eu/wp-content/uploads/2019/12/MEMORIA_ANEXOS-I-II.pdf)
G01- Capacidade para profundar naqueles conceptos, principios, teorías ou modelos relacionados cos distintos campos dos Estudos Ingleses, así como para coñecer a metodoloxía necesaria para a resolución de problemas propios desta área de estudo.
G02- Capacidade para aplicar os coñecementos adquiridos no contexto multidisciplinar e multifacético dos Estudos Ingleses.
G03- Capacidade para utilizar de forma eficiente as novas tecnoloxías da información e da comunicación no ámbito dos Estudos Ingleses.
G04- Capacidade para presentar en público experiencias, ideas ou informes, así como emitir xuízos en función de criterios, de normas externas ou de reflexións persoais para o que será necesario acadar un dominio suficiente da linguaxe académica e científica tanto na súa vertente escrita como oral.
G05- Habilidades para investigar e manexar novos coñecementos e información no contexto dos Estudos Ingleses.
G06- Capacidade para adquirir un espírito crítico que leve aos estudantes a considerar a relevancia das investigacións existentes nas áreas de estudo que conforman os Estudos Ingleses, así como das súas propias.
G07 - Habilidades de consolidación e desenrolo da competencia lingüística (nivel C2) no uso falado e escrito da lingua inglesa.
G08 - Autonomía progresiva na aprendizaxe, buscas propias de recursos e información, accedendo para isto a fontes bibliográficas e documentais sobre os distintos ámbitos que conforman os Estudos Ingleses.
G09 - Capacidade para realizar traballos de investigación de carácter académico nos distintos ámbitos dos Estudos Ingleses.
G10 - Capacidade para presentar e defender un traballo de investigación utilizando a terminoloxía e os recursos axeitados e apropiados dentro do campo obxecto de estudo.
E01 - Coñecemento dos principais modelos de investigación lingüística.
E02 - Coñecemento dos principais recursos, ferramentas e metodoloxías de investigación lingüística.
E03 - Capacidade de reflexionar sobre os factores que condicionan a aprendizaxe e a adquisición do inglés como lingua estranxeira.
• Desenvolvemento das catro destrezas, con especial atención ás destrezas relacionadas coas presentacións orais.
• Utilización de bibliografía e ferramentas de busca de recursos bibliográficos xerais e específicos, incluíndo o acceso por internet.
• Xestión de forma eficiente do tempo de traballo e organización dos recursos dispoñibles, establecendo prioridades, camiños alternativos e identificando erros lóxicos na toma de decisións.
• Potenciación da capacidade para traballar en contornas cooperativas, pluridisciplinares e plurilingües.
Esta materia, de carácter teórico-práctico, será impartida en lingua inglesa, requeríndose a colaboración continuada do alumnado, polo que a asistencia é totalmente obrigatoria. As clases expositivas alternarán con seminarios prácticos. Algunha das sesións poderá ter lugar na aula de informática.
No Campus Virtual estarán dispoñibles diversos materiais adicionais para cada un dos temas do programa.
• Asistencia e participación activa na clase. A asistencia é totalmente obrigatoria.
• Control de lecturas realizadas.
• Elaboración de pequeños traballos prácticos. Competencias avaliadas: G03, G06, G07, G08, G09, G10, E03
• Presentacións orais: De selo caso, os alumnos terán que facer breves presentacións de aspectos relacionados co curso. Ao rematar as presentacións, o alumnado terá que entregar un breve informe das mesmas. Competencias avaliadas: G03, G04, G07, G08, E01, E02, E03
• Probas. Competencias avaliadas: G03, G06, G07, G08, G09, G10, E01, E02, E03
Porcentaxes:
Asistencia e participación activa na clase: ata 20%
Tarefas prácticas, presentacións orais e, no seu caso, probas: 80%
Para a convocatoria de xullo e tanto para aqueles/as alumnos/as con dispensa de asistencia a clase concedida polo Decanato da Facultade así como para os/as que non superaron a materia na convocatoria anterior, a avaliación farase única e exclusivamente con referencia a un exame final.
Nota: Notable (8) será a cualificación máxima que poderán acadar aqueles/as alumnos/as que teñan dispensa oficial de asistencia.
A modo meramente orientativo, indícase a continuación o desglose previsto por actividades do tempo de estudo e traballo persoal do alumnado:
- Titorías presenciais: 2 horas
- Control de lecturas a través da plataforma virtual: 4 horas
- Participación en foros e debates a través da plataforma virtual: 4 horas
- Tarefas de autoavaliación a través da plataforma virtual: 2 horas
- Estudo autónomo individual ou en grupo: 11 horas
- Escritura de exercicios, artigos, conclusións e outros traballos derivados da materia: 20 horas
- Actividades en biblioteca, lecturas recomendadas e buscas bibliográficas: 20 horas
Esta é unha materia eminentemente práctica. En consecuencia, a asistencia e a participación activa na clase constitúen un requisito. Espérase que o alumnado presente diversos traballos e tarefas prácticas ao longo do curso.
O tempo adicado á materia poderá variar dunha semana a outra, ainda que se lle recomenda ao alumnado traballar nela unha media de 8-10 horas por semana (inclúese aquí o tempo de preparación de tarefas, traballos e probas).
Maria Paloma Nuñez Pertejo
- Departamento
- Filoloxía Inglesa e Alemá
- Área
- Filoloxía Inglesa
- Teléfono
- 881811860
- Correo electrónico
- pnunez.pertejo [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Titular de Universidade
Ignacio Miguel Palacios Martinez
Coordinador/a- Departamento
- Filoloxía Inglesa e Alemá
- Área
- Filoloxía Inglesa
- Teléfono
- 881811890
- Correo electrónico
- ignacio.palacios [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Catedrático/a de Universidade
Mércores | |||
---|---|---|---|
16:00-17:00 | Grupo /CLE_01 | Inglés | C05 |
17:00-18:00 | Grupo /CLIS_01 | Inglés | C05 |
Xoves | |||
16:00-17:00 | Grupo /CLE_01 | Inglés | C05 |
17:00-18:00 | Grupo /CLIS_01 | Inglés | C05 |
27.05.2025 16:00-18:00 | Grupo /CLIS_01 | C05 |
08.07.2025 16:00-18:00 | Grupo /CLIS_01 | C05 |