Créditos ECTS Créditos ECTS: 3
Horas ECTS Criterios/Memorias Traballo do Alumno/a ECTS: 51 Horas de Titorías: 3 Clase Expositiva: 9 Clase Interactiva: 12 Total: 75
Linguas de uso Castelán, Galego, Inglés
Tipo: Materia Ordinaria Máster RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Filoloxía Inglesa e Alemá
Áreas: Filoloxía Inglesa
Centro Facultade de Filoloxía
Convocatoria: Primeiro semestre
Docencia: Con docencia
Matrícula: Matriculable | 1ro curso (Si)
Adquirir coñecementos xerais sobre o ámbito do Inglés para Fins Específicos e un coñecemento máis profundo dunha ou varias das súas subdisciplinas.
Desenvolver conciencia crítica dos temas e desafíos principais do Inglés para Fins Específicos como área aplicada e campo de investigación.
Familiarizarse cos principais trazos estruturais e lingüísticos dos distintos tipos de textos empregados en contextos especializados.
Desenvolver unha competencia básica na elaboración dos principais tipos de textos empregados en ámbitos concretos de uso do Inglés para Fins Específicos.
Familiarizarse coas cuestións e conceptos fundamentais e desenvolver competencias docentes básicas no ámbito do Inglés para Fins Específicos.
Familiarizarse coas principais ferramentas de investigación (datos, intrumentos de análise, programas informáticos, etc.) e desenvolver unha competencia suficiente na súa utilización con propósitos prácticos ou de investigación no ámbito do Inglés para Fins Específicos.
Panorámica da disciplina. Ramas do Inglés para Fins Específicos.
O inglés como lingua franca da ciencia: pros e contras.
Métodos de investigación cuantitativos y cualitativos en IFE.
A análisis de xéneros en inglés para fins académicos.
Características específicas do inglés académico.
O inglés académico falado: as presentaciones en congresos.
Bibliografía básica
Ammon, U. (Ed.) (2001). The dominance of English as a language of science. Effects on other languages and language communities. Berlin: Mouton de Gruyter.
Fortanet Gómez, Inmaculada (coord.) (2008) Hablar inglés en la universidad : docencia e investigación. Oviedo: Septem.
Hyland, Ken (2005). Metadiscourse. London: Continuum
Hutchinson, Tom & Alan Waters. (2006) English for Specific Purposes. Cambridge: Cambridge U.P.
Swales, John M. (2001) Genre analysis: English in academic and research settings. Cambridge: Cambridge University Press.
Swales, J. (2004) Research genres. Explorations and applications. Cambridge: Cambridge University Press.
Ventola, Eija; Celia Shalom & Susan Thompson (eds.) (2002) The Language of conferencing. Frankfurt am Main; New York: Peter Lang.
Bibliografía complementaria
Belcher, D. (2009). English for specific purposes in theory and practice. Ann Arbor: University of Michigan Press
Bhatia, Vijay K. (2004). Worlds of written discourse. A genre-based view. London and New York: Continuum.
Dudley Evans, Tony & Maggie Jo St John (1998), Developments in English for Specific Purposes. A multi-disciplinary Approach. Cambridge: Cambridge U. P.
Flowerdew, John (ed.) (2002) Academic discourse. Harlow: Longman
Fortanet, I., Palmer, J. C., Posteguillo, S. (eds.) (2004) Linguistic studies in academic and professional English. Castelló de la Plana: Publicacions de la Universitat Jaume I.
Hyland, Ken (2004). Disciplinary discourses. Social interactions in academic writing. Michigan: University of Michigan Press.
Hyland, Ken (2006) English for academic purposes: an advanced resource book. London: Routledge.
Hyland, Ken & Marina Bondi (eds) (2006) Academic discourse across disciplines. New York: Peter Lang.
Swales, John M. & Christine B. Feak (2000) English in today's research world: a writing guide. Ann Arbor: University of Michigan Press.
Ventola, Eija & Anna Mauranen (eds.) (1996) Academic writing: intercultural and textual issues. Amsterdam: John Benjamins.
CB6 – Posuír e comprender coñecementos que aporten unha base ou oportunidade de ser orixinais no desenrolo e/ou aplicación de ideas, a miúdo nun contexto de investigación.
CB7 - Que os estudantes saiban aplicar os coñecementos adquiridos e a súa capacidade de resolución de problemas en contornos novos ou pouco coñecidos dentro de contextos máis amplos (ou multidisciplinares) relacionados coa súa área de estudo.
CB9 - Que os estudantes saiban comunicar as súas conclusións e os coñecementos e razóns últimas que as sustentan a públicos especializados e non especializados dun modo claro e sen ambigüidades.
CB10 - Que os estudantes posúan as habilidades de aprendizaxe que lles permitan continuar estudando dun modo que haberá de ser en grande medida autodirixido ou autónomo.
G01 - Capacidade para afondar naqueles conceptos, principios, teorías ou modelos relacionados cos distintos campos dos Estudos Ingleses, así como para coñecer a metodoloxía necesaria para a resolución de problemas propios desta área de estudo.
G02 - Capacidade para aplicar os coñecementos adquiridos no contexto multidisciplinar e multifacético dos Estudos Ingleses.
G03 - Capacidade para utilizar de forma eficiente as novas tecnoloxías da información e da comunicación no ámbito dos Estudos Ingleses.
G04 - Capacidade para presentar en público experiencias, ideas ou informes, así como emitir xuízos en función de criterios, de normas externas ou de reflexións persoais para o que será necesario acadar un dominio suficiente da linguaxe académica e científica tanto na súa vertente escrita como oral.
G05 - Habilidades para investigar e manexar novos coñecementos e información no contexto dos Estudos Ingleses.
G06 - Capacidade para adquirir un espírito crítico que leve aos estudantes a considerar a relevancia das investigacións existentes nas áreas de estudo que conforman os Estudos Ingleses, así como das súas propias.
G07 - Habilidades de consolidación e desenrolo da competencia lingüística (nivel C2) no uso falado e escrito da lingua inglesa.
G08 - Autonomía progresiva na aprendizaxe, buscas propias de recursos e información, accedendo para isto a fontes bibliográficas e documentais sobre os distintos ámbitos que conforman os Estudos Ingleses.
G09 - Capacidade para realizar traballos de investigación de carácter académico nos distintos ámbitos dos Estudos Ingleses.
G10 - Capacidade para presentar e defender un traballo de investigación utilizando a terminoloxía e os recursos axeitados e apropiados dentro do campo obxecto de estudo.
E01 - Coñecemento dos principais modelos de investigación lingüística.
E02 - Coñecemento dos principais recursos, ferramentas e metodoloxías de investigación lingüística.
E05 - Coñecemento dos estudos do inglés con fins específicos e as súas aplicacións a outras disciplinas.
Unha parte importante das sesións do curso consistirá na presentación, por parte do profesorado, de ideas e conceptos que se complementarán co traballo práctico do alumnado. As actividades prácticas consistirán, por exemplo, na análise de textos, a participación en debates ou a presentación de temas na clase. Algunas destas sesións terán un formato de obradoiro e centraranse no deseño e uso de instrumentos e ferramentas de investigación.
Avaliación continua (100%). A asistencia a clase será indispensable para superar a materia. Os compoñentes da avaliación continua inclúen os seguintes, coas competencias que lle son asociadas:
Resolución de exercicios (25%): CB7, G01, G06, E01, E05
Análise de textos (25%): CB7, G02, G06, G07, G10, E05
Presentación oral dun traballo académico (20%): CB9, G04, G06, G07, E01
Mini-proxecto de investigación (30%): CB6, CB7, CB9, CB10, G01, G02, G03, G05, G08, G09, E01, E02
Concretamente, na avaliación destas actividades, teranse en conta, entre outros, os seguintes factores: a capacidade de síntese da información obtida de distintas fonte, a claridade na exposición das ideas, da precisión no uso da terminoloxía e dos conceptos específicos, a implicación nos seminarios e nas actividades de grup, o rigor e a orixinalidade na formulación das propostas de investigación, a exhaustividade e a profundidade nas análises e a utilización dun estilo académico adecuado nas exposicións.
A avaliación dos estudantes que se presenten á oportunidade extraordinaria ou dos que teñan dispensa oficial de asistencia oficial rexerase polo mesmo procedemento. No caso dos estudantes que se presenten á oportunidade extraordinaria, o alumno poderá ter que repetir parte das actividades realizadas ó longo do curso ou desenvolver novas tarefas que lle encargue o profesor. Canto ós alumnos con dispensa oficial de asistencia, a avaliación continua basearase nas actividades que lle encarguen os profesores e que remitirán a través do campus virtual. Os estudantes que teñan pensado solicitar unha exención de asistencia DEBEN contactar cos profesores durante as dúas primeiras semanas do curso (ou, no seu caso, no momento mesmo no que decidan solicitar a exención), sen esperar a recibir a comunicación oficial por parte da institución, para poder discutir cuestións relativas á súa participación na materia.
Nota importante. Para os casos de realización fraudulenta de exercicios ou probas será de aplicación o recollido na Normativa de avaliación do rendemento académico dos estudantes e de revisión de cualificacións.
Número total de horas presenciais: 14
Número total de horas de traballo no contorno virtual: 10
Número total de horas de traballo autónomo do estudante: 51
Para os casos de realización fraudulenta de exercicios ou probas será de aplicación o recollido na “Normativa de avaliación do rendemento académico dos estudantes e de revisión de cualificacións.
Francisco J. Fernandez Polo
- Departamento
- Filoloxía Inglesa e Alemá
- Área
- Filoloxía Inglesa
- Teléfono
- 881811898
- Correo electrónico
- xabier.fernandez [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Titular de Universidade
Mario Cal Varela
Coordinador/a- Departamento
- Filoloxía Inglesa e Alemá
- Área
- Filoloxía Inglesa
- Teléfono
- 881811858
- Correo electrónico
- mario.cal [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Titular de Universidade
Xoves | |||
---|---|---|---|
16:00-17:00 | Grupo /CLE_01 | Inglés | C03 |
17:00-18:00 | Grupo /CLIS_01 | Inglés | C03 |
10.01.2025 16:00-18:00 | Grupo /CLIS_01 | C03 |
10.01.2025 16:00-18:00 | Grupo /CLE_01 | C03 |
16.06.2025 16:00-18:00 | Grupo /CLIS_01 | C03 |
16.06.2025 16:00-18:00 | Grupo /CLE_01 | C03 |