Créditos ECTS Créditos ECTS: 6
Horas ECTS Criterios/Memorias Traballo do Alumno/a ECTS: 99 Horas de Titorías: 3 Clase Expositiva: 24 Clase Interactiva: 24 Total: 150
Linguas de uso Castelán, Galego
Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Química Analítica, Nutrición e Bromatoloxía
Áreas: Química Analítica
Centro Escola Politécnica Superior de Enxeñaría
Convocatoria: Primeiro semestre
Docencia: Con docencia
Matrícula: Matriculable
Coñecer, comprender e utilizar os principios de xestión da calidade e seguridade alimentaria. Análise de alimentos. Trazabilidade
O alumno deberá:
- Adquirir os coñecementos básicos dos fundamentos teóricos das técnicas de análise instrumental máis empregadas na análise de alimentos
- Coñecer os compoñentes básicos da instrumentación empregada
- Coñecer as posibilidades de aplicar as diferentes técnicas
- Aprender a resolver problemas numéricos sobre os contidos específicos da materia.
- Aprender a manexar no laboratorio algunhas das técnicas analíticas estudadas
A memoria do título contempla para esta materia os seguintes contidos: Introducción ao análise instrumental. Calibración. Técnicas ópticas. Técnicas electroquímicas. Técnicas cromatográficas. Aplicacións.
Estes contidos serán desenvoltos de acordo ao seguinte temario:
Programa de clases teóricas (32 horas):
Tema 1. Introdución ao análise instrumental (2 h)
Tema 2. Calibración. Parámetros de calidade dun método analítico (6 h)
Tema 3. Introdución as técnicas ópticas de análise (3 h)
Tema 4. Espectrofotometría de absorción molecular UV-VIS (4 h)
Tema 5. Espectrometría de fluorescencia molecular (3 h)
Tema 6. Espectrometría atómica (5 h)
Tema 7. Introducción as técnicas electroanalíticas (1 h)
Tema 8: Potenciometría (2 h)
Tema 9. Introducción ás separaciones cromatográficas (2 h)
Tema 10. Cromatografía líquida e cromatografía de gases (4 h)
Programa de clases prácticas de laboratorio (16 horas):
Práctica 1: Determinación de Quinina en auga tónica por Espectrometría de Fluorescencia Molecular
Práctica 2: Determinación de cobre en augas por Espectrofotometría de absorción molecular UV-VIS
Práctica 3: Determinación do grao de acidez dun vinagre mediante unha Valoración Potenciométrica
Práctica 4: Determinación de cafeína en bebidas por HPLC
Horas de traballo non presenciais do alumno:
- Lectura e preparación de temas: 71 h
Temas 1 e 2: 16 h
Temas 3, 4, 5 e 6: 29 h
Temas 7 e 8: 10 h
Temas 9 e 10: 16 h
- Preparación previa das prácticas e traballo posterior sobre as mesmas: 4 h
Básica:
- Principios de análisis instrumental. Skoog, D.A.; Holler, F. J.; Crouch, S.R. Cengage Learning. 2018.
- Análisis Químico Cuantitativo. Harris, D. Reverté, 2016.
- Principios de Análisis Instrumental Skoog, D.A.; Holler, F.J; Nieman, T.A. McGraw-Hill, 2003.
- Introducción al Análisis Instrumental. Hernández, L.; González, C. Ed. Ariel Ciencia, 2002.
- Análisis Químico. Métodos y Técnicas Instrumentales Modernas. Teoría Y Ejercicios Resueltos Rouessac, F.; Rouessac, A. McGraw-Hill/Interamericana, 2003.
- Análisis Instrumental. Skoog, D.; Leary, J. McGraw-Hill, 1997.
- Cálculos de Química Analítica. Hamilton, L.F.; Simpson, S.G.; Ellis, D.W. McGraw-Hill, 1988.
- Principles of Instrumental Analysis, 7th edition. Skoog D.; Holler, F.; Crouch, S.R. Cengage Learning, 2017
Complementaria:
- Estadística y Quimiometría para Química Analítica. Miller, J.N.; Miller, J.C. Prentice Hall, 2004.
- Quimiometría. Ramis Ramos, G; García Álvarez-Coque, Mª C. Síntesis, 2001.
Básicas:
- CB5: Que os estudiantes hayan desenvolto aquelas habilidades de aprendisaxe necesarias para emprender estudios posteriores con un alto grado de autonomía.
Xerais
- CG1 - Coñecimento en materias básicas, científicas e tecnológicas que permitan un aprendisaxe continuo, así como unha capacidade de adaptación as novas situacions o entornos cambiantes.
- CG4 - Capacidade para a búsqueda e utilización da normativa e reglamentación relativa a seu ámbito de actuación.
Transversais
- CT3: Capacidade de traballo individual, con actitude autocrítica
- CT4: Capacidade para traballar en grupo e abarcar situacions problemáticas de forma colectiva
- CT6: Capacidade para elaborar e presentar un texto organizado e comprensible
Específicas:
- IA1: Capacidade para coñecer, comprender e utilizar os principios da enxeñaría e a tecnoloxía dos alimentos: Enxeñaría e operacións básicas de alimentos. Tecnoloxía de alimentos. Procesos nas industrias agroalimentarias. Modelado e optimización. Xestión da calidade e seguridade alimentaria. Análise de alimentos. Trazabilidade
De esta competencia, nesta materia se traballará específicamente: a capacidad para coñecer, comprender e utilizar os principios do análise de alimentos
-Docencia expositiva: a profesora explicará o contido teórico fundamental de cada tema e a súa importancia no contexto da materia. As clases desenvolveranse coa participación activa dos estudantes aos que se animará a intervir de xeito continuado: traballaranse as competencias CT2, IA1
- Seminarios: Dedicaranse a resolver problemas numéricos para aqueles temas que así o requiran. Ao comezo de cada tema, entregarase un boletín de problemas que será corrixido durante as horas dedicadas aos seminarios: traballaranse as competencias CT2, IA1
- Elaboración e presentación de actividades/traballos: traballaranse as competencias CT3, IA1
- Prácticas de laboratorio e realización dunha memoria das mesmas: traballaranse as competencias CB5, CT6, IA1
- Titorías individuais para aclarar problemas particulares de cada estudante
- Titorías grupais: traballaranse temas específicos, principalmente relacionados coas actividades/traballos que se propoñan a os estudantes: traballaranse as competencias CT2, IA1
- Uso da pizarra clásica.
- Uso do campus virtual: A aula virtual da materia servirá para achegar a os estudantes calquera tipo de material, xa sexan presentacións utilizadas nas clases expositivas ou boletíns de problemas. Tamén se pode utilizar a aula virtual para resolver dúbidas concretas
- Traballo autónomo e estudo independente do alumnado
As prácticas de laboratorio teñen caracter obligatorio y realizaranse nos laboratorios da Facultade de Ciencias
O sistema de avaliación tanto para a primeira como para a segunda oportunidade é o seguinte:
- Exame final escrito: 70%. Competencias a avaliar: IA1
- Realización de actividades / traballos: 15%. Competencias a avaliar: CT3, IA1
- Memoria das prácticas de laboratorio: 15%. Competencias a avaliar: CT6, IA1
A non asistencia ás prácticas de laboratorio impedirá a superación da materia tanto na primeira como na segunda oportunidade. O alumnado tamén deberá presentar unha memoria de prácticas e será imprescindible ter unha avaliación positiva da mesma, o que supón acadar unha nota mínima de 1 punto. Se na primeira oportunidade non se obtén unha valoración positiva da memoria de prácticas, o alumno non poderá superar a materia e deberá realizar o exame final da segunda oportunidade e, ademais, presentar unha nova memoria de prácticas que deberá ser valorada positivamente por a profesora (puntuación mínima de 1 punto).
As prácticas gardaranse durante dous cursos académicos, sempre que a memoria de prácticas teña unha avaliación positiva (nota mínima de 1 punto), e conservarase a nota obtida; en caso contrario, o alumno deberá repetir as prácticas de laboratorio e presentar unha nova memoria.
O exame final constará dunha parte teórica e outra de resolución de problemas numéricos, sendo necesario obter un aprobado en cada parte. A cualificación global obtida no exame final deberá ser de polo menos 3.5 puntos (sobre 7). Estes dous requisitos aplícaranse tanto na primeira como na segunda oportunidade e o incumprimento impedirá a superación da materia. As demais cualificacións obtidas, sumaranse á nota global do exame final ata acadar a cualificación final (mínimo 5 puntos para superar a materia).
REPETIDORES:
O sistema de avaliación tanto para a primeira como para a segunda oportunidade será o mesmo que para o alumnado de nova matrícula. Non obstante, o alumno repetidor non terá que repetir as prácticas, ni presentar una memoria das mesmas, si as tén aprobadas no curso anterior.
ALUMNADO CON EXENCIÓN DE ASISTENCIA:
No caso de solicitude dunha exención de asistencia por parte dun alumno, o sistema de avaliación para a primeira e segunda oportunidade será o mesmo que para o alumnado de nova matrícula.
O alumno repetidor con exención de asistencia non terá que repetir as prácticas, nin presentar una memoria das mesmas si as tén aprobadas no curso anterior.
Para o alumnado, con carácter xeral, deberá terse en conta o seguinte:
- A admisión de alumnado matriculado no laboratorio de prácticas require que coñezan e cumpran as Normas xerais de seguridade nos laboratorios de prácticas, da Universidade de Santiago de Compostela. A devandita información atópase dispoñible na páxina web da USC: http://www.usc.es/export9/sites/webinstitucional/gl/servizos/sprl/desca…).
- “Para os casos de realización fraudulenta de exercicios ou probas será de aplicación o recollido na Normativa de avaliación do rendemento académico dos estudantes e de revisión de cualificacións”.
Esta materia é semestral e consta de 6 créditos ECTS, o que significa unha carga de traballo para o alumnado de 150 horas (6 créditos x 25 h/crédito).
Acorde coa memoria do grao vixente, as horas presenciais e horas de traballo non presencial para esta materia son as seguintes:
Horas presenciais:
Docencia expositiva: 24 h
Docencia interactiva de seminarios: 8 h
Docencia interactiva de prácticas de laboratorio: 16 h
Titorías grupais: 3 h
Actividades de avaliación e revisión: 4 h
Horas non presenciais:
Lectura e preparación de temas: 71 h
Realización de exercicios dos boletín: 10 h
Preparación previa das prácticas e traballo posterior sobre as mesmas (elaboración do informe das prácticas): 4 h
Realización de actividades/traballos: 5 h
Preparación do examen final: 10 h
- Asistencia as clases cunha participación activa
- Estudio continuado da materia
- Resolución previa aos seminarios dos problemas propostos nos boletíns
- Consulta da bibliografía recomendada
- Aproveitamento das prácticas de laboratorio
- Uso das titorías individualizadas para resolver as dúbidas xeneradas no estudio da materia.
Consuelo Pita Calvo
- Departamento
- Química Analítica, Nutrición e Bromatoloxía
- Área
- Química Analítica
- Correo electrónico
- consuelo.pita [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Titular de Universidade
Luns | |||
---|---|---|---|
18:00-19:00 | Grupo /CLE_01 | Castelán | Aula 4 (Aulario 1) |
Xoves | |||
17:00-18:00 | Grupo /CLE_01 | Castelán | Aula 4 (Aulario 1) |
Venres | |||
16:00-17:00 | Grupo /CLE_01 | Castelán | Aula 4 (Aulario 1) |
16.12.2024 16:00-20:00 | Grupo /CLE_01 | Aula 9 (Aulario 3) |
10.06.2025 10:00-14:00 | Grupo /CLE_01 | Aula 9 (Aulario 3) |