Créditos ECTS Créditos ECTS: 12
Horas ECTS Criterios/Memorias Traballo do Alumno/a ECTS: 284 Horas de Titorías: 12 Clase Interactiva: 4 Total: 300
Linguas de uso Castelán, Galego, Inglés
Tipo: Traballo Fin de Grao RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Anatomía, Produción Animal e Ciencias Clínicas Veterinarias, Enxeñaría Agroforestal, Produción Vexetal e Proxectos de Enxeñaría, Economía Aplicada
Áreas: Produción Animal, Enxeñaría Agroforestal, Enxeñaría Cartográfica, Xeodésica e Fotogrametría, Produción Vexetal, Proxectos de Enxeñaría, Economía, Socioloxía e Política Agraria
Centro Escola Politécnica Superior de Enxeñaría
Convocatoria: Traballos Fin de Grao e Máster
Docencia: Con docencia
Matrícula: Matriculable
Realizar un exercicio orixinal e individual, baixo a supervisión dun ou máis titores académicos, que será presentado e defendido ante un tribunal universitario, consistente nun proxecto, memoria ou estudo orixinal no ámbito das tecnoloxías específicas da Enxeñaría Técnica Agrícola e Agroalimentaria, de natureza profesional no que se sinteticen, integren e desenvolvan os contidos formativos recibidos, capacidades, competencias e habilidades adquiridas durante os estudos de Grao, en relación á súa orientación.
Tendo en conta os obxectivos do apartado anterior na realización do TFG o alumno debe demostrar as súas competencias mediante o aporte persoal de solucións técnicas ou profesionais, polo que en ningún caso se admitirán traballos de alto contido bibliográfico.
Os contidos do TFG estarán dentro do ámbito profesional da Enxeñaría Técnica Agrícola. Para determinar a temática a desenvolver como TFG, o alumno deberá presentar ante a Comisión de Título do Grao unha proposta seguindo un formulario normalizado. Unha vez obtida a aprobación da proposta, o TFG poderá ser elaborado e presentado para a súa defensa.
Segundo a normativa de TFG/TFM da USC e a propia do título, o TFG na titulación de GEAA, poderá adoptar calquera das seguintes formas, cos seus contidos mínimos en cada caso:
TFG TIPO PROXECTO DE ENXEÑARÍA
Consistirá nun documento composto por unha serie de partes a través das que se define o deseño (ou modificación se é o caso), a planificación e a execución detallada dun sistema ou proceso (que dará lugar a un produto ou servizo determinado) no ámbito da enxeñaría, en concreto, nas actividades profesionais e competencias específicas propias da titulación e mención. As características deste documento deben ser aquelas que permitan o seu visado e trámite por unha institución oficial. Polo tanto, deberá incluír todos os documentos dun proxecto de enxeñaría e na súa redacción se deberán ter en conta as directrices marcadas nas diversas normativas (CTE, normativa medioambiental, Directiva Uso sostible de fitosanitarios, etc.). Ademais debe incluír a descrición do proceso ou servizo obxecto do proxecto (descrición do proceso produtivo), a enxeñaría do deseño e o estudo de alternativas e a avaliación económica.
Exemplos de este tipo de TFG se poden obter tendo en conta as competencias específicas da titulación (competencia CEG1, textualmente do plan de estudos): “Preparación previa, concepción, redacción e sinatura de proxectos que teñan por obxecto a construción, reforma, reparación, conservación, demolición, fabricación, instalación, montaxe ou explotación de bens móbeis ou inmóbeis que pola súa natureza e características fiquen comprendidos na técnica propia da produción agrícola e gandeira (instalacións ou edificacións, explotacións, infraestruturas e vías rurais), a industria agroalimentaria (industrias extractivas, fermentativas, lácteas, conserveiras, hortofrutícolas, cárnicas, pesqueiras, de salgaduras e, en xeral, calquera outra adicada á elaboración e/ou transformación, conservación, manipulación e distribución de produtos alimentarios) e a xardinaría e o paisaxismo (espazos verdes urbanos e/ou rurais, parques, xardíns, viveiros, arborado urbano, etc, instalacións deportivas públicas ou privadas e contornos sometidos a recuperación paisaxística)”.
Os proxectos deberán incluír, como mínimo, as seguintes seccións:
TÍTULO, que debe definir de forma concisa e clara o obxecto do proxecto, a súa dimensión e a súa localización
MEMORIA descritiva do proxecto, que debe estar redactada de maneira clara e permitir a execución do mesmo. Nos ANEXOS recollerase a xustificación detallada e cuantitativa das decisións adoptadas cuxos resultados se expoñen na Memoria. En todos os casos figurarán os datos do promotor ou axente que encarga o traballo, sexa real ou ficticio
PLANOS, que definan con exactitude e claridade cada parte do proxecto. Deben permitir a definición da execución de cada parte do mesmo e a medida e orzamento de cada unidade da que se compón o proxecto. Incluiranse tantos planos como sexa necesario para definir o proxecto. Deben ordenarse nun sentido progresivo (de xeral a particular)
PREGO DE CONDICIÓNS
MEDICIÓNS E ORZAMENTO
Dependendo da natureza do TFG de que se trate, estes contidos se concretarán de xeito diferente. Cando calquera destes documentos non se considere necesario por non ser compatible coa natureza do traballo, deberá xustificarse axeitadamente na proposta, para que a Comisión poda valorar a aceptación ou non da mesma.
TFG TIPO ESTUDO TÉCNICO
Consistirá nun documento que describa adecuadamente a solución dun problema práctico ou técnico, no ámbito da enxeñaría e das competencias da titulación. Debe estar relacionado coas materias incluídas no plan de estudos cursado polo alumno.
Exemplos deste tipo de TFG atopamos tendo en conta as competencias específicas da titulación (textualmente do plan de estudos):
Competencia CEG4 “Redacción e sinatura de medicións, segregacións, parcelacións, valoracións e taxacións dentro do medio rural. A técnica propia da industria agroalimentaria e os espazos relacionados coa xardinaría e o paisaxismo, teñan ou non carácter de informes periciais para órganos xudiciais ou administrativos, e con independencia do uso a que estea destinado o ben móbel ou inmóbel de que se trate”
Competencia CEG5 “Redacción e sinatura de estudos de desenvolvemento rural, de impacto ambiental e de xestión de residuos das industrias agroalimentarias, explotacións agrícolas e gandeiras, e espazos relacionados coa xardinaría e o paisaxismo”;
Competencia IA1: “Coñecer, comprender e utilizar os principios da enxeñaría e tecnoloxía dos alimentos: enxeñaría e operacións básicas de alimentos. Tecnoloxía de alimentos. Procesos nas industrias agroalimentarias. Modelización e optimización. Xestión da calidade e da seguridade alimentaria. Análise de alimentos. Trazabilidade”;
Competencia HJ8: ” Coñecer, comprender e utilizar os principios de Hidroloxía. Erosión. Material vexetal: produción, uso e mantemento; Ecosistemas e biodiversidade; Medio físico e cambio climático. Análise, xestión e Plans de Ordenación Territorial. Principios de paisaxismo. Ferramentas específicas de deseño e expresión gráfica; Desenvolvemento práctico de estudos de impacto ambiental; Proxectos de restauración ambiental e paisaxística; Proxectos e Plans de mantemento de zonas verdes; Proxectos de desenvolvemento. Instrumentos para a ordenación do territorio e da paisaxe; xestión e planificación de proxectos e obras”.
Os TFG tipo estudo técnico deben incluír como mínimo as seguintes seccións:
TÍTULO, debe definir de forma concisa e clara o obxecto do traballo.
MEMORIA descritiva do traballo, localización da zona de actuación, información previa (incluída a lexislativa), decisións adoptadas, métodos de cálculo, materiais empregados,… e resultados obtidos. Pode incluír ANEXOS para a xustificación detallada dos plantexamentos e cálculos efectuados. En todos os casos figurarán os datos do promotor ou axente que encarga o traballo, sexa real ou ficticio.
DOCUMENTACIÓN GRÁFICA: planos, mapas, información fotográfica….
ORZAMENTO
REFERENCIAS BIBLIOGRÁFICAS
Dependendo da natureza do TFG de que se trate, estes contidos se concretarán de xeito diferente. Cando calquera destes documentos non se considere necesario por non ser compatible coa natureza do traballo, deberá xustificarse axeitadamente na proposta, para que a Comisión poda valorar a aceptación ou non da mesma.
TFG TIPO TRABALLO DE INVESTIGACIÓN APLICADA
Os TFG que se presenten baixo esta tipoloxía integrarán investigacións orixinais aplicadas e orientadas á mellora do coñecemento teórico ou práctico en calquera das disciplinas relativas ás competencias da titulación. Deben ser traballos de investigación de carácter moi aplicado e en relación directa cas competencias do título e da especialidade cursada.
O conxunto do traballo debe ser abarcado polo alumno (deseño, toma de datos, tratamento estatístico, discusión de resultados, extracción de conclusións,…). Por iso serán preferentemente investigación sinxelas, mentres que traballos de alto nivel destinados a ser publicados en revistas de alto impacto poden non ser axeitados como TFG.
Debe incluír como mínimo as seguintes seccións:
TÍTULO, que debe definir de forma concisa e cla ra o obxecto do traballo.
INTRODUCIÓN indicando cales son os termos de referencia para a investigación e a xustificación da mesma. Incluiranse referencias a traballos previos, que orienten e xustifiquen o traballo a desenvolver.
OBXECTIVOS
MATERIAIS E MÉTODOS
RESULTADOS
DISCUSIÓN DOS RESULTADOS
CONCLUSIÓNS
BIBLIOGRAFÍA
Tanto a bibliografía básica como a complementaria será aconsellada polo titor en función da temática a desenvolver no traballo específico.
Tal e como se recolle na memoria verificada do título, de entre tódalas competencias a adquirir polo alumnado na titulación, as que proporciona o Traballo Fin de Grao son as seguintes:
COMPETENCIAS XERAIS
CG2 Capacidade de resolución de problemas con creatividade, iniciativa, metodoloxía e razoamento crítico.
CG3 Capacidade de liderado, comunicación e transmisión de coñecementos, habilidades e destrezas nos ámbitos sociais de actuación.
CG4 Capacidade para a procura e utilización da normativa e regulamentación relativa ao seu ámbito de actuación.
CG5 Capacidade para desenvolver as súas actividades, asumindo un compromiso social, ético e ambiental en sintonía coa realidade da contorna humana e natural.
COMPETENCIAS TRANVERSAIS
CT1 Capacidade de análise e síntese
CT2 Capacidade para o razoamento e a argumentación.
CT3 Capacidade de traballo individual, con actitude autocrítica.
CT5 Capacidade para obter información adecuada, diversa e actualizada.
CT6 Capacidade para elaborar e presentar un texto organizado e comprensible.
CT7 Capacidade para realizar unha exposición en público de forma clara, concisa e coherente.
CT8 Compromiso de veracidade da información que lles ofrece aos demais.
CT9 Habilidade no manexo de tecnoloxías da información e da comunicación(TIC).
CT10 Utilización de información bibliográfica e de Internet.
CT11 Utilización de información en lingua estranxeira.
CT12 Capacidade para resolver problemas mediante a aplicación integrada dos seus coñecementos.
COMPETENCIAS ESPECÍFICAS
CEG 1 Capacidade para a preparación previa, concepción, redacción e sinatura de proxectos que teñan por obxecto a construción, reforma, reparación, conservación, demolición, fabricación, instalación, montaxe ou explotación de bens mobles ou inmobles que pola súa natureza e características queden comprendidos na técnica apropiada produción agrícola e gandeira (instalacións ou edificacións, explotacións, infraestruturase vías rurais), a industriaa groalimentaria (industrias extractivas, fermentativas, lácteas, conserveiras, hortofrutícolas, cárnicas, pesqueiras, de salgaduras e, en xeral, calquera outra dedicada á elaboración e/ou transformación, conservación, manipulación e distribución de produtos alimentarios) e a xardinaría e o paisaxismo (espazos verdes urbanos e/ou rurais, parques, xardíns, viveiros, arboredo urbano,etc., instalacións deportivas públicas ou privadas e contornas sometidas a recuperación paisaxística).
CEG 3 Capacidade para dirixir a execución das obras obxecto dos proxectos relativos a industrias agroalimentarias, explotacións agrarias e espazos verdes e as súas edificaciones, infraestructuras e instalacións, a prevención de riscos asociados a esa execución e a dirección de equipos multidisciplinares e xestión de recursos humanos, de conformidade con criterios deontolóxicos.
CEG 4 Capacidade para a redacción e sinatura de medicións, segregacións, parcelacións, valoracións e taxacións dentro do medio rural, a técnica propia da industria agroalimentaria e os espazos relacionados coa xardinaría e o paisaxismo, teñan ou non carácter de informes periciais para órganos xudiciais ou administrativos, e con independencia do uso ao que estea destinado o ben moble ou inmoble obxecto delas.
CEG 5 Capacidade para a redacción e sinatura de estudos de desenvolvemento rural, de impacto ambiental e de xestión de residuos das industrias agroalimentarias, explotacións agrícolas e gandeiras, e espazos relacionados coa xardinaría e o paisaxismo.
TFG Exercicio orixinal que se realizará individualmente e se presentará e defenderá perante un tribunal universitario, consistente nun proxecto no ámbito das tecnoloxías específicas da enxeñaría agrícola de natureza profesional no que se sinteticen e integren as competencias adquiridas nas ensinanzas.
Para determinar a temática a desenvolver como TFG, o alumno deberá presentar ante a Comisión de Título do Grao unha proposta, a través do modelo oficial de formulario elaborado para este fin e dispoñible na páxina web da EPSE. Como mínimo deberá figurar unha enumeración e pequena descrición de cada un dos documentos que figuran no apartado de contidos, segundo o tipo de TFG de que se trate. Cando calquera destes documentos non se considere necesario por non ser compatible coa natureza do traballo, xustificarase axeitadamente na proposta, para que a Comisión poda valorar a aceptación ou denegación da mesma.
En todos os casos acompañarase unha programación do traballo, na que se detallen as principais actividades a desenvolver e a estimación de dedicación necesaria (en horas) para as mesmas, xustificando deste xeito a carga de traballo total asignada ao TFG, que será de 300h.
Xa que se trata dun exercicio orixinal e individual, a docencia interactiva consistirá en titorías individuais, co titor e restante profesorado implicado na dirección e a avaliación de TFG, para orientar e resolver dúbidas concretas na elaboración do documento e preparación da defensa do mesmo.
Segundo acordo da comisión de título a avaliación se fará tendo en conta tres aspectos:
1.- Avaliación do documento presentado por parte da comisión de avaliación (magnitude, orixinalidade do traballo e acerto nas solucións adoptadas, deseño, manexo dos métodos de cálculo, manexo adecuado da normativa aplicable, calidade da información gráfica…): 70% da cualificación final.
Competencias avaliadas: CG2, CG4, CG5, CT1, CT3, CT5, CT6, CT9, CT10, CT11 CT12, CEG1, CEG3, CEG4, CEG5, TFG.
2.- Exposición e defensa do traballo presentado en acto público ante a comisión avaliadora: 20% da cualificación final.
Competencias avaliadas: CG2, CG3, CG5, CT1, CT2, CT3, CT5, CT7, CT8, CT9, CT10, CT11, CT12, TFG
3.- Informe do titor do TFG: 10%.
Competencias avaliadas: CG2, CG3, CG4, CG5, CT1, CT2, CT3, CT5, CT6, CT8, CT9, CT10, CT11 CT12, CEG1, CEG3, CEG4, CEG5, TFG.
Para os casos de realización fraudulenta da integridade do TFG ou de partes do mesmo será de aplicación o recollido na Normativa de avaliación do rendemento académico dos estudantes e de revisión de cualificacións.
Como criterios invalidantes considerarase:
• que o alumno ou alumna demostre na defensa do traballo un descoñecemento do documento presentado.
• a falta ou deficiencia grave dalgún documento dos que se enumeran no apartado de Contidos (salvo xustificación previa na proposta).
• a falta de cumprimento da normativa vixente en cada caso (CTE, REBT, uso sustentable de fitosanitarios, hixiene e seguridade alimentaria, CE-21...)
• a falta de demostración da autoría do documento presentado.
• plaxio de todo ou parte do documento presentado.
• desvío significativo da proposta presentada e aprobada
Estes criterios serán de aplicación tanto na primeira como na segunda oportunidade, e igualmente no caso de alumnos repetidores.
Para superar o TFG estímanse necesarias 300 horas de traballo, que se distribúen da seguinte maneira:
• Docencia interactiva: (titorías co titor ou outros docentes para temas específicos): 24 horas
• Elaboración do traballo fin de grao: 270 horas
• Preparación da proba de avaliación: 5 horas
• Actividades de avaliación: 1 hora
As 294 h de elaboración autónoma e asistida do TFG empregaranse en diferentes actividades conducentes á redacción final do traballo, sendo a súa distribución variable segundo o tipo e natureza do mesmo. A continuación se detallan algunhas desas actividades cunha estimación do tempo medio que poden requirir.
(*) “máximo” indica que non se poderá imputar á realización do TFG máis tempo do indicado independentemente de que a dedicación real poida ser maior.
TFG TIPO PROYECTO DE ENXEÑARÍA
Recompilación de información previa (estudios xeotécnicos, análises de solos, datos climáticos, normativa, situación actual…). Condicionantes. Necesidades para a implementación do proxecto. Plano de situación e emprazamento e plano de situación actual: 40h
• Estudio climático: 10h
• Estudo do proceso produtivo (selección da maquinaria e equipamento, material vexetal ou animal, rotación de cultivos….). Anexo do proceso produtivo: 20 h
• Estudo de alternativas: 20 h
• Enxeñaría do deseño. Planos de distribución en planta e alzados: 40 h
• Enxeñaría das obras: anexo de cálculo e planos de edificación: 40 h
• Enxeñaría das instalacións: alumado e forza, regas, fontanería e saneamento. Anexos de cálculo e planos correspondentes: 40 h
• Outras instalacións: regas especiais en xardinería, drenaxes, aire comprimido, gasóleo, ventilación, climatización, …. . Anexos e planos correspondentes: 40 h
• Medicións e Orzamento: 20 h
• Prego Condicións: 20 h
• Control de residuos. Control Calidade. Planificación das obras: 20 h
• Estudo económico e viabilidade : 20 h
• Estudo Básico Seguridade e Saúde: 10 h
• Redacción da memoria: 20 h
TFG TIPO ESTUDIO TÉCNICO
• Recompilación de información previa. Condicionantes. Normativa. Necesidades para a implementación do traballo. Revisión bibliográfica. Plano ou información gráfica da situación actual: 40 h
• Traballo de campo. Recollida de datos: máximo 50 h (*)
• Estudo de alternativas: 40 h
• Anexos de cálculo: 80 h
• Tratamento de datos. Análises estatísticos: 50 h
• Documentación gráfica: 40 h
• Orzamento: 20 h
TFG TIPO TRABALLO DE INVESTIGACIÓN APLICADA
• Antecedentes. Revisión bibliográfica. Redacción dos antecedentes: máximo 50 h (*)
• Traballo de laboratorio: máximo 50 h (*)
• Traballo de campo. Recollida de datos. máximo 50 h (*)
• Tratamento de datos. Análises estatísticos: 50 h
• Discusión de resultados: 80 h
• Redacción das conclusións: 20 h
Como procedemento básico inicial, o alumno deberá ler detalladamente os contidos da Normativa de Traballos Fin de Grao da titulación:
https://www.usc.gal/es/centro/escuela-politecnica-superior-ingenieria/t…
Recoméndase o emprego das titorías para a resolución de calquera problema que poida acontecer. Así mesmo, recoméndase o emprego activo do campus virtual para a comunicación entre o alumno e o seu titor.