Créditos ECTS Créditos ECTS: 6
Horas ECTS Criterios/Memorias Traballo do Alumno/a ECTS: 99 Horas de Titorías: 3 Clase Expositiva: 24 Clase Interactiva: 24 Total: 150
Linguas de uso Castelán, Galego
Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Produción Vexetal e Proxectos de Enxeñaría
Áreas: Produción Vexetal
Centro Escola Politécnica Superior de Enxeñaría
Convocatoria: Segundo semestre
Docencia: Con docencia
Matrícula: Matriculable
Coñecer os principios do paisaxismo e as ferramentas específicas para o deseño de zonas verdes e a restauración paisaxística. Coñecer as tecnoloxías precisas para a realización de actividades na xardinería e o paisaxismo. Redactar proxectos para a creación de zonas verdes e plans de conservación e mantemento.
A memoria do título contempla para esta materia os seguintes contidos:
O xardín na historia. A paisaxe e os recursos naturais.
Deseño de espazos verdes. Estudo de condicionantes. Selección do material vexetal e materiais duros.
Plantas ornamentais. Características, usos e necesidades de cultivo.
Céspedes e plantacións. Técnicas de implantación.
Técnicas de restauración paisaxística. Estabilización de pendentes. Selección de especies.
Técnicas de conservación e mantemento dos espazos verdes.
Xardíns especiais: xardíns de rocalla, xardín acuático, xardinería de interior, cubertas ecolóxicas, xero-xardinería.
Estes contidos serán desenvolvidos de acordo ao seguinte temario:
Programa de teoría
Introdución:
1. O xardín na historia. Xardinerías antigas. A herdanza romana. O xardín islámico. A Xardinería medieval. O xardín renacentista. O xardín barroco francés. O paisaxismo inglés. A Xardinería chinés -xaponesa. Séculos XIX e XX. A paisaxe e os recursos naturais. Tipoloxías dos espazos verdes actuais. Marco legal. (4 horas)(8h non presenciais)
Planificación e deseño:
2. Deseño de espazos verdes. Estudo de condicionantes: Investigación preliminar; Investigación do emprazamento. Necesidades do usuario. Propostas de deseño. Deseño detallado. Principios e elementos do deseño. Escala e proporción. (1 hora) (2h non presenciais)
3. Selección do material vexetal. Organización e criterios de selección. Clasificación ecolóxica, botánica e hortícola. Esixencias de clima e chan. Usos e atributos das plantas. Procedementos de selección. (4 horas) (8h non presenciais)
Botánica ornamental:
4. Plantas ornamentais. Coníferas. Palmáceas. Frondosas. Arbustos. Principais especies e cultivares. Características ornamentais. Necesidades de clima e solo. Características. Usos. Necesidades de cultivo. (3 horas) (6h non presenciais)
Técnicas de xardinería e paisaxismo:
5. Implantación de céspedes. Xeneralidades; especies cespitosas: morfoloxía, desenvolvemento, condicionantes, características específicas; mesturas. (4 horas) (8h non presenciais)
6. Plantacións. Calidade de planta; proceso e operacións; preparación do terreo; fertilización; control de malas herbas; ahoyado; época; necesidades específicas; plantacións urbanas: necesidades específicas, hoyos, entutorado de arborado. (2 horas) (4h non presenciais)
7. Técnicas de restauración paisaxística: estabilización de pendentes. Hidro-sementeiras. Uso das especies leñosas. (1 hora) (2h non presenciais)
8. Técnicas de conservación e mantemento dos espazos verdes: céspedes (labores de conservación, maquinaria, control de pragas e enfermidades). Plantacións (labores de conservación, técnicas de poda de árbores e arbustos). Materiais duros. Rede de rega. Iluminación. Preparación da oferta de mantemento. Mantemento en áreas especiais. (4 horas) (8h non presenciais)
9. Xardíns especiais. Xardíns de rocalla. Xardín acuático. Xardinería de interior. Cubertas ecolóxicas. Xero-xardinería. (1 hora) (2h non presenciais)
Programa de prácticas
1. Recoñecemento de especies ornamentais. Coníferas. Frondosas. Árbores, arbustos, plantas de recubrimento e enredadeiras de uso ornamental. Os alumnos deberán realizar un herbario dixital cun mínimo de 50 especies de uso ornamental, incluíndo cultivares. (8 horas) (16h non presenciais)
2. Deseño de xardíns (fases, condicionantes, deseño, funcionalidade, estética, representación gráfica, solucións técnicas, elección de especies vexetais, elaboración de glosario inglés-castelán/galego). (16 horas) (31h non presenciais)
3. Práctica de campo: visita de zonas verdes na contorna urbana ou rural, ben parques e xardíns contemporáneos ou históricos.
Básica:
Brickell, C. 1990. Enciclopedia de plantas y flores. The Royal Horticultural Society Ed. Grijalbo. Barcelona.
Falcón, A. 2007. Espacios verdes para una ciudad sostenible: planificación, proyecto, mantenimiento y gestión. Gustavo Gili, D.L. Barcelona.
Iglesias-Díaz, M. I. 1997. Diseño de plantación. Escuela Politécnica Superior. Unicopia. Lugo.
Iglesias-Díaz, M. I. 2010. Unidade Didáctica I. Historia da Xardinaría e o Paisaxismo. Vicerreitoría de Cultura. USC. Santiago de Compostela.[accesible en: http://www.usc.es/export/sites/default/gl/servizos/snl/dinamizacion/des…]
Lamosa Quinteiro, S. 2009. Conocimientos básicos de céspedes y gramíneas cespitosas. Unicopia. Lugo. [Accesible on-line: Aula virtual da materia, USC]
Merino Merino, D., y J. Ansorena Miner. 1998. Césped deportivo. Construcción y mantenimiento. Dpto. de Agricultura y Medio Ambiente, Diputación Floral de Guipuzkoa.
Michau, E. 1996. “La poda de los árboles ornamentales”. Ed. Mundi Prensa. Madrid.
Naves Viñas, F., J.Pujol Solanich, X. Argimon de Vilardaga y L. Sampere Montillól. 1992. “El árbol en jardinería y paisajismo”. Ed. Omega. Barcelona.
Normas Tecnológicas de Jardinería y Paisajismo (NTJ).1993-2020. Colegio Oficial de Ingenieros Técnicos Agrícolas y Peritos Agrícolas de Cataluña/Fundació de la Jardineria i el Paisatge.
Ros Orta, S. 1996. La Empresa de Jardinería y Paisajismo. Conservación de espacios verdes. Ed. Mundi-Prensa. Madrid.
Complementaria:
Brickell, C. 1994. Enciclopedia de la jardinería. The Royal Horticultural Society. Ed. Grijalbo. Barcelona.
Páez de La Cadena, F. 1982. Historia de los Estilos en Jardinería. Ed. Istmo. España.
Stevens, D., L. Huntington & R. Key. 1991. The complete book of garden design, construction and planting. Ward Lock Limited. London.
Tandy, Cliff. 1982. Paisaje Urbano. Ed. H. Blume. Madrid.
Outra bibliografía complementaria, asi como recursos web, especificarase a través do campus virtual nos bloques temáticos correspondentes.
Nesta materia o alumno adquirirá unha serie de competencias xenéricas, desexables en calquera titulación universitaria, e específicas, propias da enxeñaría en xeral ou da enxeñaría agrícola en particular. Dentro do cadro de competencias que se deseñou para a titulación, trabállanse as seguintes:
Competencias básicas, xerais e transversais:
Básicas e xerais:
CG1 - Coñecemento en materias básicas, científicas e tecnolóxicas que permitan unha aprendizaxe continua, así como unha capacidade de adaptación a novas situacións ou contornas cambiantes.
CG4 - Capacidade para a procura e utilización da normativa e regulamentación relativa ao seu ámbito de actuación.
Transversais:
CT1 - Capacidade de análise e síntese.
CT2 - Capacidade para o razoamento e a argumentación.
CT3 - Capacidade de traballo individual, con actitude autocrítica.
CT9 - Habilidade no manexo de tecnoloxías da información e da comunicación (TIC).
CT10 - Utilización de información bibliográfica e de Internet.
CT11 - Utilización de información en lingua extranxeira
CT12 - Capacidade para resolver problemas mediante a aplicación integrada dos seus coñecementos.
Competencias específicas:
CEG1 - Capacidade para a preparación previa, concepción, redacción e firma de proxectos que teñan por obxecto a xardinería e o paisaxismo (espazos verdes urbanos e/ou rurais, parques, xardíns, viveiros, arborado urbano, etc., instalacións deportivas públicas ou privadas e contornas sometidas a recuperación paisaxística).
CEG2 - Coñecemento adecuado dos problemas físicos, as tecnoloxías, maquinaria e sistemas de fornezo hídrico e enerxético, os límites impostos por factores orzamentarios e normativa construtiva, e as relacións entre as instalacións ou edificacións e os espazos relacionados coa xardinería e o paisaxismo coa súa contorna social e ambiental, así como a necesidade de relacionar aqueles e esa contorna coas necesidades humanas e de preservación do medio ambiente.
CEG4 - Capacidade para a redacción e firma de medicións, segregacións, parcelacións, valoracións e taxacións dentro do medio rural, a técnica propia da industria agroalimentaria e los espazos relacionados coa xardinaría e o paisaxismo, teñan ou non carácter de informes periciais para Órganos xudiciais ou administrativos, e con independencia do uso ao que este destinado o ben moble o inmoble obxecto das mesmas.
CEG5- Desta competencia, nesta materia trabállase especificamente: a capacidade para a redacción e firma de estudos de espazos relacionados coa xardinería e o paisaxismo.
Outros aspectos das competencias anteriores son tratados noutras materias.
CEG6 - Capacidade para a dirección e xestión de espazos verdes urbanos e/ou rurais, e áreas deportivas públicas ou privadas.
CR1 - Capacidade para coñecer, comprender e utilizar os principios da identificación e caracterización de especies vexetais.
HJ4 - Desta competencia, nesta materia trabállase especificamente: a capacidade para coñecer, comprender e utilizar os principios da Enxeñaría das áreas verdes e espazos deportivos.
HJ8 -Desta competencia, nesta materia trabállase especificamente a capacidade para coñecer, comprender e utilizar o Material vexetal: produción, uso e mantemento; Principios do paisaxismo; Ferramentas específicas de deseño e expresión gráfica; Proxectos de restauración ambiental e paisaxística; Proxectos e Plans de mantemento de zonas verdes.
MC1 - Capacidade para coñecer, comprender e utilizar os principios das tecnoloxías da produción vexetal e animal: Fitotecnia; Biotecnoloxía e mellora vexetal; Cultivos; Protección de cultivos; Xardinería e Paisaxismo. Espazos deportivos.
A materia se imparte no segundo semestre. A parte teórica comprende as clases expositivas participativas, nas que se explican os contidos básicos. A materia se complementa a través do campus virtual. As prácticas de laboratorio e campo realizadas durante o curso son de carácter obrigatorio e axudarán ao alumno a unha mellor comprensión da parte teórica. Os traballos prácticos que os alumnos deberán realizar durante o curso facilitarán e reforzarán a aprendizaxe dos contidos da materia. Visitarase, para un estudo global, unha determinada zona, que pode ser desde un parque urbano a un xardín histórico entre outros. A análise individualizada de distintos tipos de espazos verdes e paisaxes axudará a unha mellor comprensión da materia, tanto nos aspectos de deseño e xestión das paisaxes como na adecuación da plantación, deficiencias de mantemento, etc., dunha zona verde. A viaxe non é de carácter obrigatorio e non computa na nota final.
As competencias traballadas son as seguintes:
Clases expositivas.- CG1, CT2, CT12, CEG2, CEG6, HJ4, HJ8, MC1
Prácticas.- CG4, CT1, CT3, CT9, CT10, CT11, CT12, CEG1, CEG2, CEG5, CR1, HJ4, HJ8
Titorías en grupo.- CT12, HJ4, HJ8, CR1
Toda a información necesaria sobre a materia, así como o material empregado na docencia teórica e práctica, enlaces web, foro para debates, exercicios para a aprendizaxe da materia, así como novidades no sector da xardinería e o paisaxismo, estarán dispoñibles para os alumnos no campus virtual da USC. Tamén se habilitará espazo nel para a entrega dos traballos que se lle encarguen ao alumno.
Os alumnos serán examinados da parte teórica da materia mediante unha proba escrita nun exame final, que será necesario aprobar en cada unha das súas partes para superar a materia. As partes de teoría de que conste a proba serán compensables sempre e cando a nota mínima sexa de 4, do contrario o estudante deberá repetir a parte de teoría suspensa. Para a avaliación das prácticas de identificación de especies ornamentais realizarase unha proba de visu, que tamén será necesario aprobar para superar a materia. Os requisitos para superar a materia na segunda oportunidade serán os mesmos que para a primeira oportunidade, o estudante terá que aprobar as probas/exercicios/traballos que teña suspensos. As prácticas son de asistencia obrigatoria.
Os alumnos deberán realizar os traballos prácticos que se fixen durante o curso. Os alumnos que repitan non terán que facer de novo as prácticas o primeiro ano. En caso de suspender unha segunda vez repetirán toda a materia. En caso de suspender unha parte da materia conservarase a parte superada durante un curso académico.
Os pesos de cada parte na cualificación final, así como as competencias avaliadas son os seguintes:
-Proba oral e/ou escrita (40%): competencias CG1, CT1, CT2, CT12, CEG2, CEG6, HJ4, HJ8, MC1
-Proba de identificación de especies ornamentais (30%): competencias CT3, CT9, CT10, CEG1, CEG2, CEG5, CR1, HJ8
-Traballos entregados e/ou expostos (30%): competencias CG4, CT3, CT9, CT10, CT11, CEG1, CEG2, CEG4, CEG5, MC1
Os estudantes que teñan dispensa de asistencia a algunha das actividades docentes programadas por mor do traballo ou conciliación familiar, terán que aterse ao disposto na Instrución 1/2017 da Secretaría Xeral. Neses casos, para aprobar esta materia é obrigatoria a asistencia ás actividades prácticas que están sinaladas no horario de clases e programadas na Guía docente.
As actuacións dos profesores da materia rexeranse, en todo caso, pola Normativa de avaliación do rendemento académico dos estudantes e de revisión de cualificacións, aprobada no Consello de Goberno do 15 de xuño de 2011 (DOG 21 de xullo de 2011) e modificada pola Resolución do 5 de abril de 2017 (DOG, 8 de maio).
Para os casos de realización fraudulenta de exercicios ou probas será de aplicación o recollido na Normativa de avaliación do rendemento académico dos estudantes e de revisión de cualificaciones.
A materia é de 6 créditos e o número total de horas computables é de 150 horas, das cales 55 son presenciais e 95 correspóndense con traballo persoal do alumno.
Distribución da docencia presencial:
24 h clases expositivas
24 h clases interactivas
3 h de titorías individuais
4 h de actividades de avaliación
Traballo persoal do alumno:
En total o alumno dedicará unhas 95 horas totais ao estudo dos contidos da materia, á comprensión e realización de traballos de prácticas.
A asistencia ás clases teóricas facilitará a comprensión da materia por parte do alumno. A asistencia ás titorías axuda ao estudante a resolver as dúbidas que se lle presenten. Os estudantes terán tamén acceso, a través do campus virtual, a cuestionarios de auto avaliación que lles permitirán avaliar o seu grado de aprendizaxe na materia.
É importante tamén revisar os contidos explicados nas clases mediante a consulta da bibliografía básica e complementaria.
Recoméndase abordar o estudo das plantas ornamentais desde un punto de vista moi práctico, de modo individual ou en grupo, aprendendo a recoñecelas en saídas a parques e xardíns e observando as súas posibilidades de emprego.
Maria Isabel Iglesias Diaz
Coordinador/a- Departamento
- Produción Vexetal e Proxectos de Enxeñaría
- Área
- Produción Vexetal
- Correo electrónico
- mariaisabel.iglesias.diaz [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Titular de Universidade
Santiago Lamosa Quinteiro
- Departamento
- Produción Vexetal e Proxectos de Enxeñaría
- Área
- Produción Vexetal
- Teléfono
- 982823111
- Correo electrónico
- santiago.lamosa [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Profesor Contratado/a Doutor