Créditos ECTS Créditos ECTS: 6
Horas ECTS Criterios/Memorias Traballo do Alumno/a ECTS: 99 Horas de Titorías: 3 Clase Expositiva: 24 Clase Interactiva: 24 Total: 150
Linguas de uso Castelán, Galego
Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Enxeñaría Química
Áreas: Enxeñaría Química
Centro Escola Politécnica Superior de Enxeñaría
Convocatoria: Segundo semestre
Docencia: Con docencia
Matrícula: Matriculable
Coñecer, comprender e utilizar os principios da Enxeñaría e operacións básicas de alimentos.
- Introdución ás Operacións Básicas.
- Ferramentas básicas.
- Operacións controladas pola cantidade de movemento.
- Operacións controladas pola transmisión de calor.
- Operacións controladas pola transferencia de materia.
- Operacións controladas pola transferencia simultánea de calor e materia.
- Operacións básicas complementarias.
Estes contidos desenvólvense nos seguintes bloques e temas:
Parte I. Introdución. (1h Expositiva, 2h traballo non presencial)
Tema 1. Introdución ás operacións básicas.
Tema 2. Ferramentas básicas.
Parte II. Operacións controladas pola cantidade de movemento.
(6h Expositivas, 5h Interactivas, (9+5+5) h traballo non presencial)
Tema 3. Fluxo de fluidos.
Tema 4. Reoloxía dos produtos alimentarios.
Tema 5. Operacións mecánicas sólido-fluido: Filtración, Sedimentación y Fluidización.
Prácticas: Determinación de Viscosidades de Líquidos, Lei de Hagen-Poiseuille.
Parte III. Operacións controladas pola transmisión de calor.
(6h Expositivas, 10h Interactivas, (9+5+10) h traballo non presencial)
Tema 6. Mecanismos de transmisión de calor.
Tema 7. Intercambiadores de calor na industria alimentaria.
Tema 8. Evaporación.
Prácticas: Convección natural e forzada, Condución de Calor en Réxime non Estacionario: Determinación de propiedades de transporte.
Parte IV. Operacións controladas pola transferencia de materia.
(6h Expositivas, 4h Interactivas, (9+5) h traballo non presencial)
Tema 9. Transferencia de materia.
Tema 10. Extracción sólido-líquido.
Prácticas: Lixiviación (Equilibrio).
Parte V. Operacións controladas pola transferencia simultánea de calor e materia.
(5h Expositivas, 5h Interactivas, (3+5+5) h traballo non presencial)
Tema 11. Deshidratación de alimentos.
Prácticas: Secado de alimentos sólidos.
Parte VI. Outras Operacións Básicas.
(1h Titoría, 8h traballo non presencial)
Tema 12. Operacións con sólidos. Axitación e mestura de líquidos. Mesturado de sólidos e pastas. Operacións mecánicas sólido-fluido. Separación mediante membranas.
A) Básica:
- AGUADO, J. et al, 1999. Ingeniería de la industria alimentaria, v.1, v.2 e v.3. Madrid: Síntesis. ISBN 84-7738-667-6 (v.1); 84-7738-938-1 (v.2); 84-7738-939-X (v.3). Referencia: ALT 55-1, ALT 55-2, ALT 55-3; ALT 56-1, ALT 56-2, ALT 56-3
- IBARZ, A. e BARBOSA-CÁNOVAS, G.V., 2005. Operaciones unitarias en la ingeniería de alimentos. Madrid: Mundi-Prensa. ISBN 84-8476-163-0. Referencia: ALT 319 a 322
B) Complementaria:
- BARBOSA, G. et al, 2000. Manual de laboratorio de ingeniería de alimentos. Zaragoza: Acribia. ISBN 84-200-0912-1. Referencia: ALT 252
- BRENNAN, JG. et al, 1986. Las operaciones en la industria de los alimentos. 3ªed. Zaragoza: Acribia. ISBN 84-200-0852-4. Referencia: ALT 121 a 123
- EARLE, R.L., 1988. Ingeniería de los alimentos. 2ªed. Zaragoza: Acribia. ISBN 84-200-0622-X. Referencia: ALT 168
- IBARZ, A. et al., 2000. Métodos experimentales en la ingeniería alimentaria. Zaragoza: Acribia. ISBN 84-200-0903-2. Referencia: ALT 265
- LOMAS ESTEBAN, M.C., 2002. Introducción al cálculo de procesos tecnológicos de los alimentos. Zaragoza: Acribia. ISBN 84-200-0980-6. Referencia: ALT 158, ALT 159
- MAFART, P., 2003. Ingeniería industrial alimentaria, v.1 e v.2. Zaragoza: Acribia. ISBN 84-200-0750-1 (v.1); 84-200-0768-4 (v.2). Referencia ALT 95-1 a ALT 97-1; ALT 95-2 a ALT 97-2
- SHARMA, S.K.; MULVANEY, S.J. e RIZVI S.S.H., 2003. Ingeniería de alimentos: Operaciones básicas y prácticas de laboratorio. México: Limusa-Wiley. ISBN 968-18-6203-1. Referencia: ALT 271, ALT 272
- SINGH, R.P. e HELDMAN, D.R., 1993. Introduction to food engineering. 4ª ed. San Diego: Academic Press. ISBN 978-0-12-370900-4. Referencia: ALT 389, ALT 390
- SINGH, R.P., 2004. Virtual experiments in food processing. California: RAR Press. ISBN 0-9748638-0-7. Referencias: ALT 229 a ALT 231
- TOLEDO, R.T., 1994. Fundamentals of food process engineering. 2ª ed. New York: Chapman & Hall. ISBN 0-442-23938-6. Referencia: ALT 395
C) Recursos online:
http://www.rpaulsingh.com/learning/virtual/virtual.html
Básicas e Xerais:
CG1 – Coñecemento en materias básicas, científicas e tecnolóxicas que permitan unha aprendizaxe continua, así como unha capacidade de adaptación a novas situacións ou entornos cambiantes.
Transversais:
CT1 - Capacidade de análise e síntese.
CT2 - Capacidade para o razoamento e a argumentación.
CT3 - Capacidade de traballo individual, con actitude autocrítica.
CT4 - Capacidade para traballar en grupo e abarcar situacións problemáticas de forma colectiva.
CT5 - Capacidade para obter información adecuada, diversa e actualizada.
CT6 - Capacidade para elaborar e presentar un texto organizado e comprensible.
CT7 - Capacidade para realizar unha exposición en público de forma clara, concisa e coherente.
CT8 - Compromiso de veracidade da información que ofrece aos demais.
CT10 - Utilización de información bibliográfica e de Internet.
CT11 - Utilización de información en lingua estranxeira.
CT12 - Capacidade para resolver problemas mediante a aplicación integrada dos seus coñecementos.
Específicas Xerais:
CEG2 - Coñecemento adecuado dos problemas físicos, as tecnoloxías, maquinaria e sistemas de subministro hídrico e enerxético, os límites impostos por factores presupostarios e normativa construtiva, e as relacións entre as instalacións ou edificacións e explotacións agrarias, as industrias agroalimentarias e os espazos relacionados coa xardinería e o paisaxismo co seu entorno social e ambiental, así como a necesidade de relacionar aqueles e ese entorno coas necesidades humanas e de preservación do medio ambiente.
Específicas:
IA1* - Capacidade para coñecer, comprender e utilizar os principios da Enxeñaría e tecnoloxía dos alimentos: Enxeñaría e operacións básicas de alimentos. Tecnoloxía de alimentos. Procesos nas industrias agroalimentarias. Modelización e optimización. Xestión da calidade e da seguridade alimentaria. Análises de alimentos. Trazabilidade.
(*adquirida no seu conxunto con outras materias da titulación)
A consecución dunha formación básica do estudante baséase en clases teóricas de tipo maxistral (Expositivas, 24 horas) con presentacións mediante ordenador pero coa participación activa do estudante que será incentivado a intervir continuamente, especialmente centrados no coñecemento das diferentes operacións básicas da industria alimentaria e os equipos de operación. Resolveranse problemas relacionados co temario da materia.
As horas Interactivas (24 horas) son obrigatorias e divídense en prácticas de laboratorio e prácticas na aula de informática (Seminarios).
Os seminarios (9 horas) permiten a adquisición de competencias xerais, transversais e específicas. Realizaranse e proporanse exercicios que o alumno deberá resolver na aula. Ademais, os alumnos deberán entregar obrigatoriamente na data acordada un informe de cada un dos seminarios realizados.
Co programa de prácticas de laboratorio (15 horas) refórzase a habilidade de transponer os coñecementos teóricos á súa aplicación práctica e a elaboración de documentos científico-técnicos. O traballo realizarase en grupo e ao finalizar as prácticas entregarase, obrigatoriamente, un informe cos resultados obtidos.
Realizaranse titorías individuais para clarexar problemas particulares de cada estudante e titorías e actividades/traballos obrigatorios con grupos reducidos (3 horas) para traballar temas específicos. Realizarase e exporase un traballo sobre as operacións básicas máis habituais na industria alimentaria nun proceso de produción concreto.
A relación entre as metodoloxías docentes utilizadas e as competencias resúmese a continuación:
Metodoloxía (Competencias)
Expositivas (CT12, IA1)
Seminarios (Realización de exercicios) (CG1, CT2, CT3, CT6, CT10, CT11, CT12, IA1)
Prácticas de Laboratorio (CG1, CT1, CT2, CT4, CT5, CT6, CT8, CT10, CT11, CT12, IA1)
Titorías en grupo (Actividades/traballo) (CEG2, CT1, CT2, CT4, CT5, CT6, CT7, CT8, CT10, CT11, CT12, IA1)
Usaranse ferramentas informáticas de apoio á docencia e para a resolución de problemas (presentacións multimedia e traballo con follas de cálculo).
Ademais usarase como apoio á docencia o Campus Virtual da USC.
Para os casos de realización fraudulenta de exercicios ou probas será de aplicación o recollido na “Normativa de avaliación do rendemento académico dos estudantes e de revisión de cualificacións”.
Realizarase un seguimento da aprendizaxe co estudo de casos prácticos e actividades a resolver, presencialmente ou non, individualmente ou por grupos. Farase a lo menos un exame.
A cualificación final do estudante considerará tanto o resultado do exame (50%) como das actividades obrigatorias realizadas durante o curso (seminarios, actividades/traballo e titorías en grupo (30%), prácticas de laboratorio: 20%).
Nos seminarios (realización de exercicios/informes) avaliaranse as competencias: CT6, CT10, CT11, CT12, IA1. Avaliarase tanto a disposición do estudante nas horas interactivas como a realización dos exercicios e informes dentro e fóra da aula.
Como resultado das prácticas de laboratorio presentarase un breve informe das prácticas realizadas, no que se farán constar: obxectivo, metodoloxía, resultados, conclusións e bibliografía. Avaliarase tanto a disposición no laboratorio como o informe: CT1, CT2, CT4, CT5, CT6, CT8, CT10, CT11, CT12, IA1.
Realizarase unha consulta de datos bibliográficos (artigos, textos) para comprobar os resultados obtidos nos seminarios e/ou prácticas, estes datos poderán estar indistintos idiomas (español, inglés, ...).
En cuanto ás actividades/traballo (titorías en grupo) a avaliación farase sobre as competencias CT1, CT5, CT6, CT7, CT8, CT10, CT11, CT12, IA1. Avaliarase tanto o traballo presentado como a exposición e explicación do mesmo.
No exame final da materia avaliarase a competencia específica (IA1).
O sistema de avaliación resúmese a continuación:
Sistema de avaliación (Competencias)- Ponderación (%)
Exame (IA1)- 50%
Seminarios (Realización de exercicios/informes) (CT6, CT10, CT11, CT12, IA1)- 25%
Prácticas de Laboratorio (CT1, CT2, CT4, CT5, CT6, CT8, CT10, CT11, CT12, IA1)- 20%
Actividades/traballo (CT1, CT5, CT6, CT7, CT8, CT10, CT11, CT12, IA1)- 5%
O estudante debe realizar obrigatoriamente e obter unha nota mínima de 4 (sobre 10) en cada unha das partes avaliables (exame, seminarios, prácticas de laboratorio e actividades/traballo (titorías en grupo)). No caso de non obter dito mínimo o estudante poderá obter como máximo un 4.
No caso de non superar a materia na primeira oportunidade, o estudante avaliarase na segunda oportunidade de, polo menos, aqueles apartados nos que non lograse a cualificación mínima esixida. As prácticas de laboratorio non se poderán repetir para a segunda oportunidade.
A non asistencia a algunha das horas presenciais obrigatorias (seminarios, titorías, actividades/traballo, prácticas de laboratorio e exame final) impedirá a superación da materia tanto na primeira oportunidade coma na segunda.
Os estudantes repetidores deben volver realizar todas as tarefas avaliables requeridas.
Os estudantes con dispensa de docencia deberán realizar presencialmente todas as horas interactivas, así como facer todas as tarefas avaliables.
Sen realizar e/ou superar a avaliación das prácticas de laboratorio, seminarios, actividades/traballo e exame final non se poderá superar a materia.
Unicamente os estudantes que non realizaran ningunha das actividades presenciais poderán obter a cualificación final de Non Presentado.
É obrigatoria a asistencia e realización dos seminarios, titorías en grupo, actividades/traballo e prácticas de laboratorio (24 h expositivas, 24 h interactivas, 3h titorías en grupo, 4 h exame).
O estudante debe levar ao día a materia para poder entender e realizar posteriormente as cuestións e os problemas que se plantexen na clase, así como o traballo en grupo.
Estímase que o estudante deberá empregar un total de 95 horas de traballo persoal (preparación e exposición do traballo para titorías en grupo (10 h), realización de exercicios (30 h), informes dos seminarios (15 h), informe de prácticas de laboratorio (25 h) e preparación do exame (15 h)) para completar un total de 150 horas adicadas á materia.
O estudante deberá realizar pola súa conta os exercicios prácticos, tanto os resoltos na aula como os propostos como traballo persoal.
Recoméndase ter cursado Matemáticas I e II, Física I e II e Química, e estar cursando Tecnoloxía de Alimentos.
É necesario dominar a folla de cálculo Excel ou similares.
As clases serán impartidas en español e/ou galego.
A admisión de alumnado matriculado no laboratorio de prácticas require que coñezan e cumpran as Normas xerais de seguridade nos laboratorios de prácticas, da Universidade de Santiago de Compostela. A devandita información atópase dispoñible na páxina web da USC:
http://www.usc.es/export9/sites/webinstitucional/gl/servizos/sprl/desca…
María José Vázquez Vila
Coordinador/a- Departamento
- Enxeñaría Química
- Área
- Enxeñaría Química
- Correo electrónico
- mariaj.vazquez.vila [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Profesor Contratado/a Doutor