Créditos ECTS Créditos ECTS: 9
Horas ECTS Criterios/Memorias Traballo do Alumno/a ECTS: 148.5 Horas de Titorías: 4.5 Clase Expositiva: 36 Clase Interactiva: 36 Total: 225
Linguas de uso Castelán, Galego
Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Enxeñaría Agroforestal
Áreas: Máquinas e Motores Térmicos
Centro Escola Politécnica Superior de Enxeñaría
Convocatoria: Anual
Docencia: Con docencia
Matrícula: Matriculable
Coñecer, comprender e utilizar os principios dos equipos e maquinarias auxiliares da industria agroalimentaria. Automatización e control de procesos. Enxeñaría das instalacións
A memoria do título contempla para esta materia os seguintes contidos:
Procesos de aire húmido. Transmisión de calor. Vapor e instalacións básicas de vapor. Enerxía solar e instalacións de auga quente Sistemas de produción de frío. Instalacións frigoríficas. Regulación e control de instalacións
Estes contidos serán desenvoltos de acordo ao seguinte temario e o tempo dedicado a cada un deles figura entre parénteses:
1.- Transmisión de calor por condución. (4h expositivas e 1 h interactiva de problemas) / 4 h de traballo non presencial
2.- Transmisión de calor por convección.(4 h expositiva e 1 h. de interactivas de problemas) / 4 h de traballo non presencial
3.- Transmisión de calor por radiación. (3 h expositiva e 1 h. de interactivas de problemas) / 3 h de traballo non presencial
4.- Transmisión complexa de calor. (4 h expositiva e 1 h. de interactivas de problemas) / 3 h de traballo non presencial
5.- Cambiadores de calor. (4 h expositiva e 2 h de interactivas de problemas) / 5 h de traballo non presencial
6.- Vapor de auga. Instalacións. (5 h expositiva e 2 h de interactivas de problemas) / 5 h de traballo non presencial
7.- Procesos do aire húmido. Instalacións. (4 h expositiva e 1 h de interactivas de problemas) / 3 h de traballo non presencial
8.- Produción de frío por compresión mecánica. (5 h expositiva e 2 h. de interactivas de problemas) / 5 h de traballo non presencial
9.- Determinación da potencia frigorífica. (3 h expositiva e 2 h. de interactivas de problemas) / 3 h de traballo non presencial
10.- Elementos principais da instalación de compresión mecánica. (4 h expositivas) / 3 h de traballo non presencial
11.- Refrixerantes. Regulación e control do sistema frigorífico. (4 h expositivas) / 3 h de traballo non presencial
12.- Instalacións solares térmicas. (4 h expositivas) / 3 h de traballo non presencial
Bibliografía básica:
B1.- AMIGO MARTÍN, P. Termotecnia. Aplicaciones Agroindustriales. Mundi-Prensa. Madrid 2000
B2.- CHAPMAN, A. J. Transmisión de calor . Interciencia 1999
B3.- COLEGIO OFIC. DE INGEN. AGR. MURCIA. Nuevo curso de ingeniería del frío. A. Madrid Vicente. Madrid 1997
B4- LOPEZ GÓMEZ, A. Diseño de instalaciones frigoríficas para la industria agroalimentaria. Colegio Oficial de Ingenieros Agrónomos de Cataluña. Barcelona 1994.
B5.- MORAN M.J. y SHAPIRO, H.N. Termodinámica Técnica. Reverté. Barcelona 1998
B6- MAGIDE AMEIJIDE, J.M. Termotecnia. Tablas, gráficos, materiales,..Unicopia. Lugo 1996
B7.- PINAZO OJER, J.M. Cálculo de instalaciones frigoríficas. Univ. Polit. de Valencia. Valencia 2002
Bibliografía complementaria:
BC1.- ILLA y ALIBÉS, J. Problemes de Termotecnia. Eumo. Barcelona 1990
BC2.- INCROPERA, F. Y DEWILT,D. Fundamentos de transferencia de calor. Prentice Hall. México 1999
BC3.- HOLMAN, J.P. Transferencia de calor. Mc Graw Hill. Madrid 2000
BC4.- LÓPEZ GÓMEZ, A. Instalaciones frigoríficas en bodegas. A. Madrid Vicente. Madrid1992.
BC5.- RAPIN, P.J. Instalaciones frigoríficas. Marcombo. Barcelona 1992
BC6.- IDAE. Uso eficiente de energía en calderas y redes de fluidos. Publicaciones IDAE. 1998
Nesta materia o alumno adquirirá ou practicará unha serie de competencias xenéricas, desexables en calquera titulación universitaria, e específicas, propias da enxeñaría en xeral ou da enxeñaría agrícola e agroalimentaria en particular. Dentro do cadro de competencias que se deseñou para a titulación, traballaranse as seguintes:
Competencias básicas, xerais, específica xerais e transversais:
FB5- Comprensión e dominio dos conceptos básicos sobre as leis xerais de mecánica, termodinámica, campos e ondas e electromagnetismo e súa aplicación para a resolución de problemas propios da enxeñaría.
CB2 - Que os estudantes saiban aplicar os seus coñecementos ao seu traballo ou vocación dunha forma profesional e posúan as competencias que adoitan demostrarse por medio da elaboración e defensa de argumentos e a resolución de problemas dentro da súa área de estudo.
CB5 - Que os estudantes desenvolvesen aquelas habilidades de aprendizaxe necesarias para emprender estudos posteriores cun alto grao de autonomía
CG1 - Coñecemento en materias básicas, científicas e tecnolóxicas que permitan unha aprendizaxe continua, así como unha capacidade de adaptación a novas situacións ou ámbitos cambiantes.
CG4 - Capacidade para a busca e utilización da normativa e regulamentación relativa ao seu ámbito de actuación.
CEG1 - Capacidad para Ia preparación previa, concepción, redacción y firma de proyectos que tengan por objeto la construcción, reforma, reparación, conservación, demolición, fabricación, instalación, montaje o explotación de bienes muebles o inmuebles que por su naturaleza y características queden comprendidos en la técnica propia de la producción agrícola y ganadera (instalaciones o edificaciones, explotaciones, infraestructuras y vías rurales), la industria agroalimentaria (industrias extractivas, fermentativas, lácteas, conserveras, hortofrutícolas, cárnicas, pesqueras, de salazones y, en general, cualquier otra dedicada a Ia elaboración y/o transformación, conservación, manipulación y distribución de productos alimentarios) y la jardinería y el paisajismo (espacios verdes urbanos y/o rurales -parques, jardines, viveros, arbolado urbano, etc.-, instalaciones deportivas públicas o privadas y entornos sometidos a recuperación paisajística).
Capacidade para a preparación previa, concepción, redacción e firma de proxectos que teñan como obxecto a construción, reforma, reparación, conservación, demolición, fabricación, instalación, montaxe ou explotación de bens mobles ou inmobles que por a súa natureza e características queden comprendidos na técnica propia da produción agrícola e gandeira (instalacións ou edificacións, explotacións, infraestruturas e vías rurais), a industria agroalimentaria (industrias extractivas, fermentativas, lácteas, conserveiras, hortofrutícolas, cárnicas, pesqueiras, de salgaduras e en xeral, calquera outra dedicada a elaboración e/ou transformación, conservación, manipulación e distribución de produtos alimentarios) e a xardinería e paixasismo (espazos verdes urbanos e/ou rurais- parques, xardíns, viveiros, arboredo urbano, etc.-. instalacións deportivas públicas ou privadas e contornas sometidas á recuperación paisaxista.
CEG2 - Conocimiento adecuado de los problemas físicos, las tecnologías, maquinaria y sistemas de suministro hídrico y energético, los límites impuestos por factores presupuestarios y normativa constructiva, y las relaciones entre las instalaciones o edificaciones y explotaciones agrarias, las industrias agroalimentarias y los espacios relacionados con la jardinería y el paisajismo con su entorno social y ambiental, así como la necesidad de relacionar aquellos y ese entorno con las necesidades humanas y de preservación del medio ambiente.
Coñecemento adecuado dos problemas físicos, as tecnoloxías, maquinaria e sistemas de subministración hídrico e enerxético, os límites impostos por factores orzamentarios e normativa construtiva e as relacións entre as instalacións ou edificacións e explotacións agrarias, as industrias agroalimentarias e os espazos relacionados coa xardinería e o paixasismo ca súa contorna social e ambiental, así como a necesidade de relacionar aqueles e esa contorna cas necesidades humanas e de preservación do medio ambiente.
CEG4 - Capacidad para la redacción y firma de mediciones, segregaciones, parcelaciones, valoraciones y tasaciones dentro del medio rural, la técnica propia de la industria agroalimentaria y los espacios relacionados con la jardinería y el paisajismo, tengan o no carácter de informes periciales para Órganos judiciales o administrativos, y con independencia del uso al que este destinado el bien mueble o inmueble objeto de las mismas.
Capacidade para a redacción e firma de medición, segregacións, parcelacións, valoración e taxacións dentro do medio rural, a técnica propia da industria agroalimentaria e os espazos relacionados ca xardinería e o paixasismo, teñan ou non carácter de informes periciais para Órganos xudiciais ou administrativos, e con independencia do uso ao que estee destinado o ben moble ou inmoble obxecto das mesmas.
CT3 - Capacidade de traballo individual, con actitude autocrítica.
CT4 - Capacidade para traballar en grupo e abranguer situacións problemáticas de forma colectiva.
CT5 - Capacidade para obter información axeitada, diversa e actualizada
CT6 - Capacidade para elaborar e presentar un texto organizado e comprensible.
CT7 - Capacidade para realizar unha exposición en público de forma clara, concisa e coherente.
CT8 - Compromiso de veracidade da información que ofrece aos demais.
CT9 - Habilidade no manexo de tecnoloxías da información e da comunicación (TIC).
CT10 - Utilización de información bibliográfica e de Internet.
CT11 - Utilización de información en lingua estranxeira.
CT12 - Capacidade para resolver problemas mediante a aplicación integrada dos seus coñecementos.
Competencias específicas:
IA2 - Capacidade para coñecer, comprender e utilizar os principios da Enxeñaría das industrias agroalimentarias: Equipos e maquinarias auxiliares da industria agroalimentaria. Automatización e control de procesos. Enxeñaría das obras e instalacións. Construcións agroindustriais. Xestión e aproveitamento de residuo
CLASES EXPOSITIVAS:
As sesións académicas teóricas empregaranse para que o alumno aprenda mediante a exposición do profesor os conceptos e as metodoloxías de traballos necesarias para poder empezar a desenvolver o seu traballo autónomo. As devanditas sesións realizaranse na súa maioría co apoio de presentacións realizadas en ordenador e proxectadas; previamente serán facilitadas ao alumno.Competencias traballadas: CG1, CT1, IA2.
CLASES INTERACTIVAS:
Ao alumno facilitaráselle unha serie de boletíns de problemas que deberá resolver ou intentar resolver, posteriormente nas sesións interactivas abordaranse as dúbidas e resolucións destes. Competencias traballadas: CG4, CT5, CT12, IA2.
TRABALLOS:
Na aula serán formulados durante o curso 3 ou 4 traballos, aos que os alumnos darán solución, posteriormente á entrega realizarán a defensa destes.Competencias traballadas: CB2, CB5, CEG1, CEG2, CEG4, CG4, CT3, CT5, CT6, CT8, CT9, CT10, CT11, CT12, IA2
PRÁCTICAS DE LABORATORIO:
O profesor realizará unha explicación do marco teórico necesario para a comprensión da teoría da práctica a desenvolver.
Explicación do equipo e dos instrumentos
Os estudantes operarán o equipo, tomarán datos para que posteriormente poidan desenvolver o informe da práctica.
A realización das prácticas é obrigatoria.
Competencias traballadas: CB5, CT1, CT4, CT7, CT9, CT12, IA2
Programa de prácticas a realizar:
Casa térmica.
Determinacións calorímetricas.
Cambiadores de calor.
Procesos do aire húmido.
Cámara frigorífica
Os coñecementos teóricos e prácticos avaliaranse mediante as seguintes:
Ao finalizar cada dous temas, na sesión seguinte, farase unha proba tipo test con cuestións básicas.
Competencias: CB2, IA2
A avaliación dos traballos farase sobre a base da presentación en data e defensa destes.
Competencias: CB2,CEG1, CEG2, CEG4, CG4, CT1, CT3, CT5, CT6, CT7, CT8, CT9, CT10, CT11, CT12, IA2
A avaliación das prácticas de laboratorio farase mediante a entrega dos informes correspondentes e a súa posterior corrección. Competencias: CB5, CT1, CT4, CT6, CT9, IA2
As probas escritas constarán de dúas partes: unha teórica, destinada a avaliar o coñecemento e comprensión dos conceptos da materia, e outra práctica, dedicada a problemas. Á parte teórica correspóndelle o 40% da puntuación e á parte práctica o 60%, sendo necesario para superar o exame obter na parte práctica unha puntuación mínima de 2 puntos. Competencias: CB2, CB5, IA2, CG1, CT1, CT3, CT6, CT10, CT12
A cualificación para a asistencia obtense cando o alumno estea incluído en polo menos o 80% dos controis aleatorios realizados.
A cualificación final do alumno obterase como unha suma ponderada das cualificacións obtidas en todas as actividades avaliables realizadas por este e ponderadas do seguinte modo:
Asistencia....................... 5%
Test dos temas.............. 10%
Traballos........................15%
Prácticas........................10%
Exames..........................60%
Para a convocatoria de segunda oportunidade consérvanse todas as cualificacións a excepción da do exame. O examen de xullo sempre corresponde a totalidade da materia impartida.
As prácticas superadas gardaranse durante dous cursos, sen detrimento de que o alumno que o desexe exerza o seu dereito a repetilas.
Aos alumnos repetidores, si o dexesan, manteñense as cualificacions dos traballos, dos test e das prácticas, do curso anterior.
Aos alumnos con dispensa de asistencia, a porcentaxe de ponderación correspondente a asistencia e dos tests dos temas, acumularase a do examen.
Para os casos de realización fraudulenta de exercicios ou probas será de aplicación o recollido na Normativa de avaliación do rendemento académico dos estudantes e de revisión de cualificacións.
Preparación e estudo de temas: 45 h
Resolución de problemas: 40 h.
Elaboración de informes de prácticas: 12 h.
Traballos: 24 h
Preparación de probas de avaliación: 22,5 h.
Realización de probas avaliación: 5 h.
A asistencia a todas as actividades docentes propostas nesta materia, sexan voluntarias ou
obrigatorias, facilitan notoriamente a aprendizaxe da materia e supoñen ademais a adquisición de
puntuación necesaria para a cualificación final. Recoméndase polo tanto ao alumno a súa implicación e participación continuada en todas as actividades.
Resolución das dúbidas en canto xurdan.
Deberá realizar ou intentar realizar os exercicios propostos previamente á asistencia ás clases interactivas correspondentes.
Entrega regular e en data dos traballos propostos e dos informes das prácticas de laboratorio.
Realizar consultas bibliográficas, de normativa e catálogos comerciais.
Jose Manuel Magide Ameijide
Coordinador/a- Departamento
- Enxeñaría Agroforestal
- Área
- Máquinas e Motores Térmicos
- Teléfono
- 982823236
- Correo electrónico
- josemanuel.magide [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Titular de Escola Universitaria
Luns | |||
---|---|---|---|
11:00-12:00 | Grupo /CLE_01 | Castelán | Seminario de Cultivos Herbáceos II (Pav.I-PBS) |
Martes | |||
11:00-12:00 | Grupo /CLE_01 | Castelán | Seminario de Cultivos Herbáceos II (Pav.I-PBS) |
Mércores | |||
11:00-12:00 | Grupo /CLE_01 | Castelán | Seminario de Cultivos Herbáceos II (Pav.I-PBS) |
02.06.2025 10:00-14:00 | Grupo /CLE_01 | Aula 9 (Aulario 3) |
26.06.2025 16:00-20:00 | Grupo /CLE_01 | Aula 9 (Aulario 3) |