Créditos ECTS Créditos ECTS: 4.5
Horas ECTS Criterios/Memorias Traballo do Alumno/a ECTS: 74.5 Horas de Titorías: 2 Clase Expositiva: 18 Clase Interactiva: 18 Total: 112.5
Linguas de uso Castelán, Galego
Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Produción Vexetal e Proxectos de Enxeñaría
Áreas: Produción Vexetal
Centro Escola Politécnica Superior de Enxeñaría
Convocatoria: Primeiro semestre
Docencia: Con docencia
Matrícula: Matriculable
Coñecer, comprender e utilizar os principios da Enxeñaría do medio ambiente e da paisaxe. Principios de paisaxismo. Proxectos de restauración ambiental e paisaxística; Proxectos e Plans de mantemento de zonas verdes. Bases e tecnoloxía da propagación e produción ornamental.
A memoria do título contempla para esta materia os seguintes contidos:
Xestión integral do arborado urbano. Valoración ornamental. Arborado perigoso e prevención de danos. Planificación da labores de mantemento en áreas verdes. Planificación dun viveiro de produción de plantas ornamentais. Técnicas específicas de propagación e produción de plantas leñosas ornamentais.
Estes contidos serán desenvolvidos de acordo ao seguinte temario:
Programa de teoría
Bloque I. Xestión integral do arborado urbano
1. Bioloxía da árbore. Introdución ao sistema da árbore. Mecanismos de defensa da árbore. Unións débiles. Lesións. Enerxía. (3 horas) (6h non presenciais)
2. Perigosidade do arborado. Principios de avaliación e mantemento de árbores perigosas. Introdución á perigosidade. Principios de biomecánica. Manifestacións de fracturas en árbores. Estratexias dos fungos de descomposición da madeira. Principais especies de fungos de descomposición da madeira. Procedementos para a avaliación da perigosidade. Avaliación visual do arborado (VTA). Método americano. Fracturas impredicibles. Accións remediais. (4 horas) (8h non presenciais)
3. Prevención de danos. Selección de especies. Deseño. Calidade do material Vexetal. Plantación de árbores e establecemento. As poda en relación coa perigosidade. (3 horas) (6h non presenciais)
4. Plans de xestión integral do arborado urbano. Inventarios e sistemas de información xeográfica. Valoración ornamental. Ordenanzas de zonas axardinadas e arborado viario. (1 hora) (2h non presenciais)
Bloque II. Plans de xestión e mantemento de áreas verdes
5. Importancia da xestión de áreas verdes. Situación actual. Sistemas de xestión. Plans estratéxicos. A actividade de xardinería e paisaxismo. Asociacións profesionais. (3 horas) (6h non presenciais)
6. Plan de xestión do mantemento. Obxectivos. Labores de conservación: Céspedes e pradairos, plantacións, camiños e zonas especiais, mobiliario urbano. Unidades de produción. Rendementos. Niveis de conservación. O mantemento diferenciado. A calidade da conservación. Seguridade de áreas de xogos infantís. (3 horas) (6h non presenciais)
7. A oferta de mantemento. Concursos públicos. Documentación. Valoración dos recursos: humanos e materiais. Lei de Contratos do sector público. Convenio colectivo estatal de xardinería. (3 horas) (6h non presenciais)
Bloque III. Produción de planta leñosa ornamental
8. Planificación do viveiro. Localización do viveiro. Organización e desenvolvemento. Lexislación. Códigos. Inventario do viveiro. (1 hora) (1,5 h non presenciais)
9. Produción do viveiro. Técnicas específicas de propagación e produción de planta leñosa ornamental. Cultivo en campo. Cultivo en contenedor: manexo do medio e a fertilización. Sistemas de irrigación. Modificación do crecemento e desenvolvemento da planta en viveiro. Control de adventicias, pragas e enfermidades. (3 horas) (6h non presenciais)
Programa de prácticas
1. Realización dun inventario de arborado urbano. Os estudantes realizarán medicións dos exemplares a inventariar utilizando o instrumental necesario. Os datos rexistrados serán analizados por criterios de biodiversidade (representatividade por especie, clasificación por grupos de diámetro). Representación gráfica dos datos rexistrados. (2 horas) (4h non presenciais)
2. Avaliación visual do arborado. Avaliaranse varios exemplares seleccionados de acordo coa metodoloxía proposta na VTA (Mattheck e Breoler, 1994). Os datos de campo rexistraranse na ficha correspondente para cada exemplar. (2 horas) (4h non presenciais)
3. Aplicación do método americano. Calcularase a puntuación de perigosidade de varios exemplares seleccionados aplicando a metodoloxía do método proposto por Matheny e Clark (1994). O estudo reflectirase na ficha de campo correspondente. (2 horas) (4h non presenciais)
4. Valoración de arborado ornamental: os alumnos deben realizar un informe de valoración de varias árbores ornamentais utilizando a Norma Granada. O formato de presentación do traballo é o dun informe pericial polo que se familiarizan coa redacción de documentos profesionais cun elevado nivel de esixencia na redacción, presentación e xustificación das decisións adoptadas. (2 horas) (4h non presenciais)
5. Planificación e xestión do mantemento de áreas verdes: os alumnos deben presentar un plan de xestión dun área verde especificando operacións a realizar, frecuencia, época, duración e recursos materiais e humanos necesarios. Para iso proporciónaselles os documentos reais de licitación do mantemento dun área verde: pliego de prescripciones técnicas, pliego de prescripciones administrativas, inventarios e planos. Ademais de aplicar os coñecementos sobre xestión do mantemento, os alumnos se familiarizan co uso de documentación real e normativa como a EN-1176 e EN-1177, o Real Decreto Lexislativo 3/2011 sobre a Lei de Contratos do Sector Público e o Convenio colectivo estatal de xardinería. (4 horas) (8h non presenciais)
Básica
Calaza, P.; Iglesias-Diaz, M.I. 2016. El riesgo del arbolado urbano. Contexto, concepto y evaluación. Ediciones Mundi-Prensa. Madrid.
Lonsdale, D. 1999. Principles of tree hazard assessment and management. London. Stationery Office, (reimp. 2001).
Mattheck, C.; Breloer, H. 2003. The Body language of trees - a handbook for failure analysis. London, The Stationery Office.
Michau, E. 1996. Poda de los árboles ornamentales. Ed. Mundi Prensa. Madrid.
Norma Granada. 2020. Valoración económica de árboles, palmeras y arbustos ornamentales. Manual de aplicación. Asociación Española de Parques y Jardines. Madrid. España.
Normas Tecnológicas de Jardinería y Paisajismo.1993-2020. Colexio Oficial de Enxeñeiros Técnicos Agrícolas e Peritos Agrícolas de Cataluña/Fundació de la Jardineria i el Paisatge.
Ros Orta, S. 1996. La empresa de Jardinería y Paisajismo. Conservación de espacios verdes. Ed. Mundi-Prensa. Madrid.
Ros Orta, S. 2013. Planificación y gestión integral de espacios verdes. Ed. Mundi-Prensa. Madrid.
Shigo, A. L. 1991. Modern Arboriculture: a systems approach to the care of trees and their associates. Shigo and Trees Associates, Durham, NH.
Complementaria
Calaza, P.; Iglesias-Díaz, M.I. 2012. Evaluación de riesgo de arbolado peligroso. Principios, indicadores y métodos. Ed. Asociación Española de Arboricultura.
Davidson, H.; Mecklenburg, R. ; Peterson, C. 2000. Nursery management. Administration and culture. Prentice Hall. Upper Saddle River, New Xersei. USA.
Drénou, C. 2000. Poda de los arboles ornamentales. Ed. Mundi-Prensa. Madrid
Hartman, H. T.; Kester, D. E. 2002. Plant propagation: Principles and Practices. Ed. Upper Saddle River Prentice-Hall
Outra bibliografía complementaria se detalla a través do campus virtual no correspondente bloque temático.
Nesta materia o alumno adquirirá unha serie de competencias xenéricas, desexables en calquera titulación universitaria, e específicas, propias da enxeñaría en xeral e da xardinería e o paisaxismo en particular. Dentro do cadro de competencias que se deseñou para a titulación, traballaranse as seguintes:
Competencias básicas, xerais e transversais:
Básicas e xerais:
CG1 - Coñecemento en materias básicas, científicas e tecnolóxicas que permitan unha aprendizaxe continua, así como unha capacidade de adaptación a novas situacións ou contornas cambiantes.
CG4 - Capacidade para a procura e utilización da normativa e regulamentación relativa ao seu ámbito de actuación.
Transversais, traballaranse as seguintes:
CT1 - Capacidade de análise e síntese.
CT2 - Capacidade para o razoamento e a argumentación.
CT3 - Capacidade de traballo individual, con actitude autocrítica.
CT4 - CT4 - Capacidade para traballar en grupo e abarcar situacións problemáticas de forma colectiva.
CT5 - Capacidade para obter información adecuada, diversa e actualizada.
CT6 - Capacidade para elaborar e presentar un texto organizado e comprensible.
CT7 - Capacidade para realizar unha exposición en público de forma clara, concisa e coherente.
CT8 - Compromiso de veracidade da información que ofrece aos demais.
CT9 - Habilidade no manexo de tecnoloxías da información e da comunicación (TIC).
CT10 - Utilización de información bibliográfica e de Internet.
CT11 - Utilización de información en lingua estranxeira.
CT12 - Capacidade para resolver problemas mediante a aplicación integrada dos seus coñecementos.
Competencias específicas:
CEG1 - Desta competencia, nesta materia trabállase especificamente: a capacidade para a preparación previa, concepción, redacción e firma de proxectos que teñan por obxecto a xardinería e o paisaxismo (espazos verdes urbanos e/ou rurais, parques, xardíns, viveiros, arborado urbano, etc., instalacións deportivas públicas ou privadas e contornas sometidas a recuperación paisaxística).
CEG2 - Coñecemento adecuado dos problemas físicos, as tecnoloxías, maquinaria e sistemas de fornezo hídrico e enerxético, os límites impostos por factores orzamentarios e normativa construtiva, e as relacións entre as instalacións ou edificacións e os espazos relacionados coa xardinería e o paisaxismo coa súa contorna social e ambiental, así como a necesidade de relacionar aqueles e esa contorna coas necesidades humanas e de preservación do medio ambiente.
CEG4 - Desta competencia, nesta materia trabállase especificamente: a capacidade para a redacción e firma de medicións, segregacións, parcelacións, valoracións e taxacións dentro dos espazos relacionados coa xardinería e o paisaxismo, teñan ou non carácter de informes periciais para Órganos xudiciais ou administrativos, e con independencia do uso ao que este destinado o ben moble ou inmoble obxecto das mesmas.
CEG5 - Desta competencia, nesta materia trabállase especificamente: a capacidade para a redacción e firma de estudos de espazos relacionados coa xardinería e o paisaxismo.
Outros aspectos das competencias anteriores son tratados noutras materias.
CEG6 - Capacidade para a dirección e xestión de espazos verdes urbanos e/ou rurais, e áreas deportivas públicas ou privadas.
HJ6 - Capacidade para coñecer, comprender e utilizar os principios da enxeñaría do medio ambiente e da paisaxe.
HJ8 -Desta competencia, nesta materia trabállase específicamente a capacidade para coñecer, comprender e utilizar o Material vexetal: produción, uso e mantemento; Principios do paisaxismo; Ferramentas específicas de deseño e expresión gráfica; Proxectos de restauración ambiental e paisaxística; Proxectos e Plans de mantemento de zonas verdes.
A materia é cuadrimestal. A parte teórica se imparte en clases maxistrais, durante o primeiro cuadrimestre do curso, e explícanse os contidos básicos. A materia se complementa a través do campus virtual da USC. As prácticas realizadas durante o curso, e de carácter obrigatorio, axudan ao alumno a entender a teoría explicada. Os traballos prácticos que deben realizar durante o curso reforzan a aprendizaxe dá materia. Realízanse prácticas de campo. Proponse unha viaxe de prácticas para coñecer in situ o funcionamento dun viveiro de plantas ornamentais, e a variedade e calidade de planta ornamental dispoñible. A viaxe é opcional e non avaliable.
As competencias traballadas son as seguintes:
Clases expositivas.- CG1, CT1, CT2, CT12, CEG2, HJ8
Prácticas.- CG4, CT4, CEG1, CEG2, CEG4, CEG5, CEG6, CEG10, HJ6, HJ8
Traballo individual exposto.- CT1, CT2, CT3, CT5, CT6, CT7, CT8, CT9, CT10, CT11
Titorías en grupo.- CT12, HJ8
Os alumnos serán avaliados mediante un único exame ao final do primeiro semestre e/ou exposición oral dun traballo individual realizado durante o semestre, que terán que aprobar para superar a materia. As prácticas son obrigatorias. Os alumnos deberán entregar un informe que incluirá o traballo práctico realizado e os resultados obtidos. Os alumnos deberán realizar os traballos prácticos que se fixen durante o curso. Os alumnos que repitan non terán que facer de novo as prácticas o primeiro ano. En caso de suspender unha segunda vez repetirán toda a materia.
Para superar a materia haberá que sacar unha nota media mínima de 5,0. Os aspectos que se terán en conta na avaliación do alumno e o peso que terán na nota final serán os seguintes: os contidos da materia mediante exame escrito contarán un 30% e outro 40 % pola presentación e defensa do traballo individual. Os informes de prácticas e o traballo en grupo contarán un 30%. Poderán estar exentos do exame escrito aqueles alumnos que teñan unha asistencia a clase como mínimo dun 80%, neste caso a nota máxima será de 7,0.
Os requisitos para superar a materia na segunda oportunidade serán os mesmos que para a primeira oportunidade. Os alumnos que repitan non terán que facer de novo as prácticas o primeiro ano. En caso de suspender unha segunda vez repetirán toda a materia. En caso de suspender unha parte da materia conservarase a parte superada durante un curso académico.
Os pesos de cada parte na cualificación final, así como as competencias avaliadas resúmense a continuación:
-Proba oral e/ou escrita (30%): competencias CG1, CT1, CT2, CT12, CEG2, CEG6, HJ8
-Aproveitamento das prácticas (30%): competencias CG4, CT4, CEG4, CEG5, CEG6
-Traballo individual entregado e exposto (40%): competencias CT3, CT5, CT6, CT7, CT8, CT9, CT10, CEG1, CEG2, CEG5, HJ8
Os estudantes que teñan dispensa de asistencia a algunha das actividades docentes programadas por mor do traballo ou conciliación familiar, terán que aterse ao disposto na Instrución 1/2017 da Secretaría Xeral. Neses casos, para aprobar esta materia é obrigatoria a asistencia ás actividades prácticas que están sinaladas no horario de clases e programadas na Guía docente.
As actuacións dos profesores da materia rexeranse, en todo caso, pola Normativa de avaliación do rendemento académico dos estudantes e de revisión de cualificacións, aprobada no Consello de Goberno do 15 de xuño de 2011 (DOG 21 de xullo de 2011) e modificada pola Resolución do 5 de abril de 2017 (DOG, 8 de maio).
Para os casos de realización fraudulenta de exercicios ou probas será de aplicación o recollido na Normativa de avaliación do rendemento académico dos estudantes e de revisión de cualificaciones.
A materia é de 4,5 créditos e o número total de horas computables son 112,5 das cales 41 son presenciais e 71,5 traballo persoal do estudante.
Distribución da docencia presencial (100%):
Docencia expositiva en grupo de ata 80 alumnos: 24 h
Docencia interactiva en grupo de 20 alumnos (laboratorio, aula de informática...): 12h
Titorías en grupo de 10 alumnos: 2 h
Actividades de avaliación: 3h
Traballo persoal do alumno:
Estímase unha dedicación total de 71,5 horas de traballo persoal do estudante, repartidas no estudo das clase presenciais e preparación de probas de avaliación, a preparación do traballo individual, e a elaboración dos informes de prácticas.
Para o exame teórico, é importante a revisión de toda a materia xa que as probas abordan todos os conceptos tratados durante o cuadrimestre. Para fixar conceptos é moi importante o repaso e comprensión dos esquemas gráficos explicados e que poden ser utilizados nas probas de avaliación para explorar os coñecementos do estudante.
Na realización do traballo individual e a exposición oral a toda a clase son moi importantes os seguintes puntos:
1. Unha estrutura de traballo clara.
2. Comprender todos os conceptos que se explican para poder transmitilos con claridade e contestar as preguntas dos compañeiros e o docente.
4. O aporte de material gráfico e fotografías é moi importante nesta materia e pode facilitar a exposición e a comprensión do traballo por parte dos compañeiros.
5. Indicar claramente todas as fontes bibliográficas consultadas para a realización do traballo.
Maria Isabel Iglesias Diaz
Coordinador/a- Departamento
- Produción Vexetal e Proxectos de Enxeñaría
- Área
- Produción Vexetal
- Correo electrónico
- mariaisabel.iglesias.diaz [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Titular de Universidade
Santiago Lamosa Quinteiro
- Departamento
- Produción Vexetal e Proxectos de Enxeñaría
- Área
- Produción Vexetal
- Teléfono
- 982823111
- Correo electrónico
- santiago.lamosa [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Profesor Contratado/a Doutor
Luns | |||
---|---|---|---|
19:00-20:00 | Grupo /CLE_01 | Castelán | Aula 1 (Aulario 1) |
Martes | |||
19:00-20:00 | Grupo /CLE_01 | Castelán | Aula 1 (Aulario 1) |
18.12.2024 16:00-20:00 | Grupo /CLE_01 | Aula 4 (Aulario 1) |
09.06.2025 10:00-14:00 | Grupo /CLE_01 | Aula 9 (Aulario 3) |