Ir o contido principal
Este portal emprega cookies propias ou de terceiros con fins analíticos, así como ligazóns a portais de terceiros para poder compartir contido nas redes sociais. Pode obter máis información na <a href="https://pro-assets-usc.azureedge.net/gl/aviso-legal">política de cookies</a>.

Máster Universitario en Dirección de Empresas (2ªed)

Modalidade
Presencial
Rama de coñecemento
Ciencias Sociais e Xurídicas
Centro(s)
Facultade de Administración e Dirección de Empresas
Avda. Alfonso X O Sabio, s/n, 27002
Lugo
982824430 (Conserxaría)
982824403 (Decanato)
ade.decanato@usc.gal
Campus
Lugo
Coordinador/a
Fernando Losada Perez
Contacto
fernando.losada@usc.es

Este Máster ten como obxectivo que o alumnado adquira coñecementos avanzados en Dirección de Empresas e a capacidade de aplicalos, á vez que desenvolve habilidades directivas, a través dunha metodoloxía participativa.

  • Duración: 1 ano académico
    Código RUCT: 4311754
    Número de ECTS: 60
    Número prazas: 23

    Decano/a ou director/a do centro:
    ROBERTO BANDE RAMUDO
    roberto.bande@usc.es

    Coordinador-a do título:
    Fernando Losada Perez
    fernando.losada@usc.es

    Linguas de uso:
    Castelán, Galego

    Universidade coordinadora:
    Universidade de Santiago de Compostela

    Universidade(s) participante(s):
    Universidade de Santiago de Compostela

    Data da autorización de implantación do título pola Xunta de Galicia:
    Decreto 434/2009 do 3 de decembro (DOG 15/12/2009)

    Data de publicación no BOE:
    BOE do 7/04/2023

    Data da última acreditación:
    03/06/2022

  • Condicións de terminación:

    Obrigatorios 36
    Optativos 18
    Traballo Fin de Máster 6
    Total 60

    O Máster Oficial en Dirección de Empresas dúas orientacións curriculares:

     Orientación académica
     Orientación profesional

    O alumnado da orientación profesional ten que realizar as prácticas externas optativas de 13,5 ECTS. O resto do alumnado obterá o título pola orientación académica.

  • Modalidade: con límite de prazas e criterios xerais.

    Titulacións por orde de preferencia: (1) Licenciatura/Grao en Administración e Dirección de Empresas, (2) Licenciatura/Grao en Economía, (3) Enxeñarías/Graos en Enxeñaría, (4) Licenciatura/Grao en Dereito, (5) Outras titulacións universitarias

    Os alumnos procedentes de países de lingua diferente ao galego, portugués ou español deberán acreditar o nivel de lingua galega: Celga II, ou española: B2, consonte o Acordo do Consello de Goberno da USC do 30 de xullo de 2018. De non posuir algúns dos títulos, a USC realizaralles unha proba de nivel e, de non superala, deberán asistir a un curso intensivo de galego ou español no primeiro semestre até acadaren o nivel requirido.

    O alumnado de primeiro curso por primeira vez a tempo completo ten que matricular 60 créditos. Un 15% do alumnado poderá cursar estudos a tempo parcial (30 créditos).

  • A finalidade do Máster Universitario en Dirección de Empresas é proporcionar ao alumnado unha formación avanzada de carácter académico especializado e multidisciplinar. Específicamente, persegue un dobre obxectivo:

    - En primeiro lugar, dotar ao alumnado das competencias directivas máis relevantes, proporcionándolle unha visión global e integradora das áreas funcionais da empresa, tanto desde unha perspectiva teórica como aplicada. E iso para dar resposta a un contorno crecentemente cambiante e globalizado que demanda titulados con capacidade para a dirección de empresas flexíbeis e innovadoras, así como coas competencias necesarias para o desenvolvemento dun proxecto de natureza empresarial.

    - En segundo termo, formar dun modo rigoroso investigadores interesados na realización dunha tese doutoral no campo da dirección de empresas.

  • Mobilidade

    A mobilidade dos/as estudantes está regulada a través do “Regulamento de intercambios interuniversitarios”. A través da Oficina de Relacións Exteriores xestiónanse programas de intercambio tanto nacionais (SICUE), como europeos (ERASMUS) e extracomunitarios (intercambios con países de América Latina ou países de fala inglesa):

    Portal Internacional

    Ademais, a facultade conta coa colaboración de varios profesores/as que actúan como coordinadores académicos, e cuxa función é tutorizar e asistir nas súas decisións académicas aos estudantes propios e de acollida.

    Prácticas

    A materia optativa Practicas en Empresa debe ser cursada obrigatoriamente polos alumnos/as que queiran obter o mestrado pola orientación profesional. Prográmanse no segundo cuatrimestre para que o alumnado xa dispoña da maior parte das competencias desenvolvidas nas materias obligatorias. O obxectivo fundamental é que o alumnado desenvolva competencias a través da súa inmersión nun contorno de traballo representativo do contexto profesional futuro.

    As actividades concretas a desempeñar variarán en función do posto e da organización (empresa ou institución) en que o alumno realice as prácticas, sempre vinculadas coas competencias estabélecidas. Cada curso académico farase público o listado das empresas e institucións coas que se asinaron convenios de colaboración.

  • O Traballo Fin de Máster consistirá na planificación, elaboración, presentación e defensa dun traballo orixinal no cal demostre as competencias adquiridas ao longo dos seus estudos do mestrado, baixo a tutela dun profesor/a do mestrado. Este traballo incluirá, como mínimo, tarefas de procura e revisión bibliográfica, lectura e integración de información, elaboración de esquemas, redacción, presentación e defensa do traballo final. Dependendo da temática que se aborde poderá incluír, ademais, unha parte empírica ou unha análise de casos.

    Para a planificación e elaboración do Traballo Fin de Máster e da súa defensa. o titor do TFM orientará e asesorá ao alumno sobre as fontes documentais a utilizar, o formato e a estrutura do do traballo, e, finalmente, sobre a súa posterior elaboración e presentación.

  • O equipo docente está composto por profesores con gran experiencia en docencia universitaria. Todo o profesorado pertenece ás áreas de coñecemento ás que pertenecen as materias que se imparten no máster. El equipo docente está compuesto por profesores con gran experiencia en docencia universitaria. Todo el profesorado pertenece a las áreas de conocimiento a las que pertenecen las asignaturas que se imparten en el máster.

Os contidos desta páxina actualizáronse o 23.05.2023.