Créditos ECTS Créditos ECTS: 6
Horas ECTS Criterios/Memorias Traballo do Alumno/a ECTS: 102 Horas de Titorías: 6 Clase Expositiva: 18 Clase Interactiva: 24 Total: 150
Linguas de uso Castelán, Galego
Tipo: Materia Ordinaria Máster RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Organización de Empresas e Comercialización
Áreas: Organización de Empresas
Centro Facultade de Administración e Dirección de Empresas
Convocatoria: Primeiro semestre
Docencia: Con docencia
Matrícula: Matriculable | 1ro curso (Si)
Capacidade para comprender as bases da competitividade da empresa e aplicar as principais técnicas e ferramentas de análise estratéxica.
Capacidade para realizar unha análise do sector.
Capacidade para realizar unha análise interna da empresa.
Capacidade para identificar e valorar as distintas opcións estratéxicas nos ámbitos corporativo e de negocio.
Capacidade para comprender as accións necesarias para a posta en práctica e control da estratexia.
1.- Introdución á dirección estratéxica
2.- Análise da contorna xeral e competitiva
3.- Análise interna: recursos e capacidades
4.- Vantaxe competitiva e estratexia de negocio
5.- Estratexia corporativa e desenvolvemento da empresa
6.- Implantación da estratexia
Bibliografía básica:
GRANT, R.M. (2014): Dirección estratégica. Conceptos, técnicas y aplicaciones. (8ª edición) Ed. Civitas.
GUERRAS, L.A.; NAVAS, J.E. (2022): La dirección estratégica de la empresa. Teoría y aplicaciones. (6ª edición) Ed. Civitas.
WHITTINGTON, R.; ANGWIN, D.; REGNER, P.; JOHNSON, G.; SCHOLES, K. (2023): Exploring strategy. Text and cases. (13th edition) Ed. Pearson.
Bibliografía complementaria:
BARNEY, J.B.; HESTERLY, W.S. (2018): Strategic management and competitive advantage. Concepts and cases. (6th edition) Ed. Pearson.
HARRIS, J.D.; LENOX, M.J. (2013): The strategist´s toolkit. Ed. Darden Business Publishing.
HILL, C.W.L.; JONES, G.R.; SCHILLING, M.A. (2019): Administración estratégica: teoría y casos. Un enfoque integral. (12ª edición) Ed. Cengage Learning.
HITT, M.A.; IRELAND, R.D.; HOSKISSON, R.E. (2015): Administración estratégica. Competitividad y globalización: conceptos y casos. (11ª edición) Ed. Cengage Learning.
OSTERWALDER, A.; PIGNEUR, Y. (2011): Generación de modelos de negocio. Ed. Deusto.
OSTERWALDER, A.; PIGNEUR, Y.; ETIEMBLE, F.; SMITH, A. (2020): La empresa invencible. Ed. Empresa Activa.
THOMPSON, A.; STRICKLAND, A.J.; JANES, A.; SUTTON, C.; PETERAF, M.A.; GAMBLE, J. (2018): Administración estratégica. Teoría y casos. (2ª edición internacional) Ed. McGraw-Hill.
O profesorado podrá detallar, o inicio de cada tema, outra bibliografía adicional.
Competencias
COMPETENCIAS BÁSICAS, XERAIS, TRANSVERSAIS E ESPECÍFICAS DA TITULACIÓN
CB01- Posuír e comprender coñecementos que acheguen unha base ou oportunidade de ser orixinais no desenvolvemento e/ou aplicación de ideas, a miúdo nun contexto de investigación.
CB02- Que os estudantes saiban aplicar os coñecementos adquiridos e a súa capacidade de resolución de problemas en contornas novas ou pouco coñecidos dentro de contextos máis amplos (ou multidisciplinares) relacionados coa súa área de estudo;
CB03- Que os estudantes sexan capaces de integrar coñecementos e enfrontarse á complexidade de formular xuízos a partir dunha información que, sendo incompleta ou limitada, inclúa reflexións sobre as responsabilidades sociais e éticas vinculadas á aplicación dos seus coñecementos e xuízos;
CG01- Coñecemento avanzado en Dirección de empresas, fundamentalmente nos seus métodos, técnicas e áreas de aplicación.
CG02- Capacidade para dispoñer dunha visión estratéxica dos problemas empresariais.
CG03- Capacidade para aplicar os coñecementos adquiridos á realidade empresarial.
CG04- Capacidade de resolución de problemas en contornas novas ou pouco coñecidos.
CG05- Capacidade para a toma de decisións de xestión no ámbito da empresa en xeral e en particular das súas diferentes áreas funcionais.
CG07- Capacidade para deseñar proxectos de xestión integrada ou de áreas funcionais da empresa.
CG08- Dominio de diversas ferramentas, instrumentos e métodos de xestión necesarios para dirixir unha empresa.
CT01- Sentido ético da dirección e xestión empresarial.
CT02- Capacidade de razoamento crítico
CT03- Capacidade de análise e síntese.
CT05- Capacidade de argumentación e comunicación
CT06- Capacidade para integrarse e traballar en equipos de composición diversa.
CE01- Visión de conxunto da empresa e a súa contorna, que permita diagnosticar e comprender problemas complexos, analizalos e tomar decisións adecuadas, sendo consciente do seu alcance.
Nas sesións expositivas explicaranse os contidos fundamentais dos temas que conforman o programa, salientando os aspectos especialmente relevantes e as relacións entre eles. Nas sesións interactivas trátase de que o alumnado aplique os conceptos teóricos. Para iso, realizaranse estudos de casos, comentaranse lecturas de textos e artigos, e debateranse cuestións expostas polo profesorado. Coas lecturas preténdese que o alumnado acceda a fontes de información relevantes, en especial a revistas de interese, que se familiaricen con autores destacados, coñezan experiencias empresariais de interese para a materia e desenvolvan a capacidade de análise, síntese e de argumentación.
Adicionalmente, deberán elaborar un traballo en grupo e expolo oralmente en clase. O grupo conformarase utilizando tres criterios: titulación de procedencia do alumnado, experiencia profesional previa e país de orixe. Con todo iso preténdese estimular o traballo cooperativo e desenvolver as habilidades analíticas, de argumentación e comunicación.
As actividades de traballo persoal do alumnado inclúen, ademais do tempo dedicado ao estudo, a lectura do material proporcionado polo profesorado, a busca de información na biblioteca, hemeroteca ou bases de datos e a elaboración dun traballo en grupo. Nas titorías, o profesorado orientará ao alumnado sobre os casos prácticos, lecturas, traballos e exposicións; tamén servirán para resolver dúbidas e solucionar problemas aos que se enfronte o alumnado no proceso de aprendizaxe e como canle de retroalimentación sobre os resultados do mesmo.
O desenvolvemento da materia realizarase con apoio da aula virtual docente creada a tal efecto na plataforma Moodle.
Sistema de avaliación
A avaliación continua terá en conta todas as actividades desenvolvidas polo alumnado (participación activa no análise de casos, debate e comentario de lecturas, artigos ou noticias de prensa, realización e exposición de traballos, etc. ). A avaliación dos coñecementos teóricos realizarase mediante un exame.
a) Exame: 50% da cualificación.
b) Participación en análise de casos, debate de lecturas: 25%.
c) Realización, presentación e defensa de traballo en grupo: 25%.
Para poder sumar b) e c) é necesario que o alumnado obteña como mínimo un 2 sobre 5 no exame teórico.
A nota agregada deberá ser igual ou superior a 5 puntos sobre 10 para superar a materia.
Para poder superar a materia, é necesario que o alumnado asista como mínimo a un 80% das clases.
Os alumnos repetidores someteranse ao mesmo réxime de avaliación que o alumnado ordinario.
O alumnado ao que lle sexa concedida dispensa de asistencia a clase (seguindo a Instrución Nº 1/2017 da Secretaría Xeral sobre a dispensa de asistencia a clase en determinadas circunstancias), se avaliará cun exame final específico que suporá o 100% da cualificación.
Para os casos de realización fraudulenta de exercicios ou probas será de aplicación o recollido na Normativa de avaliación do rendemento académico do estudantado e de revisión de cualificacións.
Avaliación de competencias:
– Exame: CB1, CB02, CB03, CG01, CG02, CG03, CG04, CG05, CG07, CG08
– Avaliación continua: CT01, CT02, CT03, CT05, CT06, CE01
A materia é de 6 créditos e cada crédito equivale a 25 horas.
As horas de traballo totais distribúense do seguinte modo:
– Presenciais (inclúen as horas de docencia expositiva, docencia interactiva, titorías e avaliación): 48
– Traballo persoal do alumnado: 102
Para maximizar a aprendizaxe é conveniente que o alumnado prepare previamente as lecturas e textos recomendados, realice todas as actividades expostas polo profesorado e asista regularmente ás clases teóricas e prácticas.
Vicente Angel Lopez Lopez
Coordinador/a- Departamento
- Organización de Empresas e Comercialización
- Área
- Organización de Empresas
- Teléfono
- 982824419
- Correo electrónico
- vicente.lopez.lopez [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Titular de Universidade
Mércores | |||
---|---|---|---|
16:00-17:30 | Grupo /CLE_01 | Castelán | Aula 5 |
Venres | |||
16:00-18:00 | Grupo /CLIS_01 | Castelán | Aula 5 |
10.01.2025 17:00-20:00 | Grupo /CLE_01 | Aula 5 |
11.06.2025 17:00-20:00 | Grupo /CLE_01 | Seminario 3 |