Créditos ECTS Créditos ECTS: 2
Horas ECTS Criterios/Memorias Traballo do Alumno/a ECTS: 34 Horas de Titorías: 2 Clase Expositiva: 6 Clase Interactiva: 8 Total: 50
Linguas de uso Castelán, Galego
Tipo: Materia Ordinaria Máster RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Economía Financeira e Contabilidade
Áreas: Economía Financeira e Contabilidade
Centro Facultade de Administración e Dirección de Empresas
Convocatoria: Primeiro semestre
Docencia: Con docencia
Matrícula: Matriculable | 1ro curso (Si)
Esta materia constitúe unha primeira aproximación do alumno ao ámbito das finanzas, polo que se pretende que adquira un conxunto de nocións introdutorias e xerais sobre esta disciplina. Trataremos de explicar o contido da función financeira dentro do campo da xestión empresarial. O principal obxectivo a alcanzar é que ó alumno poida manexar conceptos financeiros dende unha perspectiva práctica que poidan resultarlle útiles nas súas relacións co mundo empresarial e no tratamento dos seus posibles investimentos.
1. Introdución ao cálculo financeiro.
1.1. O valor do diñeiro no tempo.
1.2. Operacións financeiras: capitalización e desconto.
1.3. Tipos de interese.
1.4. Fundamentos de valoración financeira de rendas. Rendas constantes.
1.5. Operacións de amortización de préstamos. Sistema Francés de amortización.
2. A función financeira na empresa.
2.1. O sistema financeiro.
2.2. A empresa: as súas decisións financeiras.
2.3. As decisións de investimento.
2.4. As decisións de financiamento.
BREALEY, MYERS e MARCUS (2007): Fundamentos de Finanzas Corporativas, 5ª edición, Mc-Graw Hill-Interamericana de España. Libro básico para los contenidos teóricos de la materia.
BREALEY, MYERS e ALLEN (2015): Principios de Finanzas Corporativas, 11ª edición, Mc-Graw Hill-Interamericana de España.
NAVARRO ARRIBAS, E. (2019): Matemáticas de las Operaciones Financieras. Ed. Pirámide.
PINDADO, J. (Coord.) (2011): Finanzas Empresariales, Paraninfo, Madrid
Esta materia de nivelación resulta fundamental para o adecuado aproveitamento académico das materias obrigatorias e optativas da titulación.
Pretende homoxeneizar os coñecementos previos dos alumnos, en particular daqueles que non cursaron esta materia previamente.
As competencias da materia son as recollidas na Memoria da Titulación. En concreto:
CG06 - Capacidade para comunicar información, ideas, problemas de dirección de empresas -de carácter xenérico ou específico- e propostas de solución.
CG09 - Capacidade para identificar, reunir e interpretar datos relevantes sobre cuestións relacionadas coa xestión empresarial.
CB07 - Que os estudantes saiban aplicar os coñecementos adquiridos e a súa capacidade de resolución de problemas en contornos novos ou pouco coñecidos dentro de contextos máis amplos (ou multidisciplinares) relacionados coa súa área de estudo.
CB09 - Que os estudantes saiban comunicar as súas conclusións e os coñecementos e razóns últimas que as sustentan a públicos especializados e non especializados dun xeito claro e sen ambigüidades.
CT03 - Capacidade de análise e síntese.
CE06 - Capacidade para xestionar as operacións e os sistemas de información da empresa.
CE07 - Capacidade para realizar a xestión económica-financeira dunha empresa.
Nas clases combinaranse sesións expositivas e actividades prácticas dos estudantes, como comentarios sobre artigos relacionados co tema, análise e presentación de tarefas propostas e casos prácticos relacionados co ámbito da materia.
Combinación de clases expositivas, teórico-prácticas, con participación en actividades prácticas, segundo indicacións na aula.
Titorías presenciais ou telemáticas (a través da plataforma corporativa da USC MS'Teams).
A participación activa e continuada nas actividades propostas, ademais de ser sometida a avaliación para a nota final, permitirá ao alumno acadar os obxectivos da materia. Para superar a materia o estudante terá que asistir un mínimo ao 80% das actividades docentes programadas.
A avaliación consistirá terá dúas partes:
1. Avaliación continua (50% da materia) que consistirá na:
• A realización das tarefas asíncronas (que se realizan en diferentes espazos de tempo nos que ten lugar a clase) que se propoñas na aula (25% da materia). Abarcará na entrega de documentación escrita e presentación orais nas que o alumno expoña a actividade proposta: realización de exercicios, comentarios sobre artigos, traballos, etc.
• A realización das probas síncronas propostas na aula (25% da materia). Consistirá en probas, en xeral, de tipo test, exercicios e / ou de preguntas breves relacionadas cos contidos da materia e aspectos tratados.
2. Exame final ou proba final (50% da materia). Esta proba realizarase nas datas establecidas no calendario de probas de 1ª e 2ª oportunidade.
En caso de non superar a avaliación continua, poderá ser recuperada na proba final obrigatoria.
Os estudantes que teñan concedida unha exención de asistencia a clase (seguindo a Instrución nº 1/2017 da Secretaría Xeral sobre a renuncia á asistencia a clase en determinadas circunstancias), serán avaliados cunha proba ou exame final que será do 100 % de nota
Para os casos de execución fraudulenta de exercicios ou probas, aplicarase o disposto na “Normativa de avaliación do rendemento académico dos estudantes e de revisión das cualificacións”.
En canto á avaliación de competencias:
a) nas probas e no exame final poderán avaliarse:
CB07, CB09, CT03, CE06
b) na realización de tarefas asíncronas poderán avaliarse:
CG06, CG09, CB09, CT03, CE06, CE07
Traballo presencial na aula.
Aulas de pizarra en grupo grande 8h
Aulas de pizarra en grupo reducido 6h
Titorías 2h
Outras sesións con profesor. avaliación 4h
Total horas traballo presencial na aula: 20h
Traballo persoal di alumno.
Estudo autónomo individual ou en grupo 20h
Escritura de exercicios, conclusións ou
outros traballos relacionados coa materia 6h
Lecturas recomendadas, actividades
en biblioteca ou similar 4h
Total horas traballo persoal do alumno 30h
Dado que se trata dunha materia de nivelación recomendase:
-Asistencia e participación activa na aula.
-Antes de cada clase, o alumno debe preparar as liñas xerais de cada un dos temas que serán obxecto de desenvolvemento.
-Estudo continuado da materia dada a estreita ligazón entre os seus distintos contidos.
-Consulta das referencias bibliográficas e resolución de casos prácticos alternativos aos resoltos na clase.
-Para o seguimento e preparación da materia recoméndase a utilización do campus virtual da USC e a comunicación continua co profesor, a través das titorías persoais ou das ferramentas de comunicación virtuais.
E moi recomendable estar afeito o emprego da folla de cálculo Excel
Vanessa Miramontes Viña
- Departamento
- Economía Financeira e Contabilidade
- Área
- Economía Financeira e Contabilidade
- Correo electrónico
- vanessa.miramontes [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Axudante Doutor LOSU
Luns | |||
---|---|---|---|
16:00-19:00 | Grupo /CLE_01 | Castelán | Aula Informática 5 |
19:00-21:00 | Grupo /CLIS_01 | Castelán | Aula Informática 5 |
Mércores | |||
16:00-19:00 | Grupo /CLE_01 | Castelán | Aula Informática 5 |
19:00-21:00 | Grupo /CLIS_01 | Castelán | Aula Informática 5 |
Venres | |||
16:00-20:00 | Grupo /CLIS_01 | Castelán | Aula Informática 5 |
08.01.2025 17:00-20:00 | Grupo /CLE_01 | Aula 5 |
09.06.2025 17:00-20:00 | Grupo /CLE_01 | Seminario 3 |