Créditos ECTS Créditos ECTS: 4.5
Horas ECTS Criterios/Memorias Traballo do Alumno/a ECTS: 76.5 Horas de Titorías: 4.5 Clase Expositiva: 13.5 Clase Interactiva: 18 Total: 112.5
Linguas de uso Castelán, Galego
Tipo: Materia Ordinaria Máster RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Organización de Empresas e Comercialización
Áreas: Organización de Empresas
Centro Facultade de Administración e Dirección de Empresas
Convocatoria: Segundo semestre
Docencia: Con docencia
Matrícula: Matriculable | 1ro curso (Si)
O alumnado debe desenvolver as capacidades de:
-Desenvolver con éxito as funcións de liderado, motivación e comunicación.
-Tomar decisións e estimular a creatividade.
-Traballar en equipo e xestionar conflitos.
-Xestionar o tempo de forma efectiva, considerando a delegación de actividades.
Tema 1. Enfoques do liderado
Tema 2. Aplicación de conceptos e teorías de motivación
Tema 3. A función de comunicación
Tema 4. O proceso de toma de decisións. Xestión da creatividade
Tema 5. O traballo en equipo
Tema 6. A xestión do tempo
Tema 7. A xestión de conflitos
Bibliografía básica
Llorenç, G. (2021). Competencias directivas: claves para la gestión y el liderazgo (2a. Ed.). Marge Books
Puchol, L.; Puchol, I. (2016) “El libro de las habilidades directivas” Díaz de Santos.
Whetten, D. A.; Cameron, K. S. (2016): D Desarrollo de Habilidades Directivas (9ª edición). Madrid: Pearson Educación- Prentice Hall.
Bibliografía complementaria
Robbins S. P., & Coulter, M. (2018). Administración (13º edición). México: Pearson.
Robbins, S. P., & Judge, T. A. (2017). Comportamiento Organizacional (17 edición). México: Pearson.
Robbins, S. P., & Judge, T. A. (2010). Introducción al comportamiento organizativo. Madrid: Pearson Educación- Prentice Hall.
Competencias básicas, xerais, transversais e específicas da titulación
CB04- Que os estudantes saiban comunicar as súas conclusións –e os coñecementos e razóns últimas que as sustentan– a públicos especializados e non especializados dun modo claro e sen ambigüidades;
CB05- Que os estudantes posúan as habilidades de aprendizaxe que lles permitan continuar estudando dun modo que haberá de ser en gran medida auto dirixido ou autónomo.
CG03- Capacidade para aplicar os coñecementos adquiridos á realidade empresarial.
CG06- Capacidade para comunicar información, ideas, problemas de dirección de empresas -de carácter xenérico ou específico- e propostas de solución.
CG07- Capacidade para deseñar proxectos de xestión integrada ou de áreas funcionais da empresa. e interpretar datos relevantes sobre cuestións relacionadas coa xestión empresarial.
CT01- Sentido ético da dirección e xestión empresarial.
CT03- Capacidade de análise e síntese.
CT06- Capacidade para integrarse e traballar en equipos de composición diversa.
CE05- Capacidade para formular e implantar estratexias relativas ás persoas que axuden ás empresas para obter unha vantaxe competitiva sostida.
As sesións expositivas e interactivas desenvolveranse presencialmente de acordo co horario oficial publicado polo centro.
As sesións dedicadas ás clases expositivas utilizaranse para introducir os contidos dos temas que conforman o programa, destacando os aspectos especialmente relevantes e as relacións entre os diferentes contidos. O profesorado empregará o computador e o canón-proxector, pondo a disposición do alumnado diferentes exercicios, lecturas, casos prácticos, ou calquera outro material relacionado coa materia. Tamén se empregará a pizarra, artigos impresos ou calquera outra información necesaria para ampliar coñecementos e aclarar dúbidas.
As sesións de docencia interactiva pretenden que o alumnado aplique os conceptos teóricos, traballe en equipo e desenvolva a capacidade de comunicación, en particular a de presentación e argumentación. Se analizarán casos, realizaranse sesións de role-playing, debateranse cuestións expostas polo profesorado e realizaranse as presentacións dos traballos previamente elaborados individualmente ou en equipo polo alumnado. As clases interactivas poden implicar a realización de actividades fóra das sesións de clase oficialmente establecidas tal e como se expón no apartado relativo ao ‘Tiempo de estudo e traballo persoal’. Poderase contar coa presenza de profesionais expertos/as e/ou dalgún profesor/a de outra Universidade especializado/a en os contidos da materia.
O profesorado fará un seguimento da asistencia e participación do alumnado. A participación nas sesións expositivas e interactivas complementarase co traballo persoal do alumnado, que inclúe, entre outras, actividades de procura de información e material bibliográfico, lectura do devandito material e elaboración e defensa de traballos individuais ou colaborativos. Coa procura de información de interese para a materia preténdese que o alumnado acceda a fontes de información relevantes, en especial a revistas de interese, que se familiarice con autores destacados, coñeza experiencias empresariais reais e desenvolva a capacidade de síntese e presentación escrita. A través do traballo en equipo e a súa presentación na aula espérase que o alumnado desenvolva a competencia para traballar en equipo no futuro, así como a de comunicación oral.
O traballo autónomo será guiado polo profesorado nas horas de clase e nas destinadas a titorías, que servirán para liquidar dúbidas e solucionar problemas aos que se enfronte o alumnado no proceso de ensino-aprendizaxe. As titorías tamén servirán de canle de retroalimentación sobre o grao de asimilación de contidos por parte do alumnado. As titorías levaranse a cabo fundamentalmente de forma presencial, aínda que en determinados casos tamén se poderán realizar de forma virtual e sincrónica (a través da plataforma institucional MS Teams) e asincrónica (a través do campus virtual). En calquera caso, desenvolveranse no horario habitual publicado oficialmente polo profesorado.
O desenvolvemento da materia realizarase con apoio da aula virtual docente creada para ese efecto na plataforma Moodle.
A avaliación terá en conta todas as actividades desenvolvidas polo alumnado (participación activa na análise de casos, debate e comentario de lecturas, artigos ou noticias de prensa, realización e exposición de traballos, etc.).
Para os casos de realización fraudulenta de exercicios ou probas será de aplicación o recolleito en a Normativa de avaliación do rendemento académico do estudantado e de revisión de cualificacións.
Para superar a materia hai dúas oportunidades. O alumnado que non supere a materia na primeira oportunidade terá dereito a unha segunda. O sistema de avaliación destas dúas oportunidades, tanto para o alumnado de primeira matrícula como para o alumnado repetidor, recóllese a continuación:
-Primeira oportunidade ordinaria:
A avaliación de coñecementos teóricos realizarse mediante un exame, que supón o 50% da cualificación. A avaliación continua terá en conta a participación do alumnado nas clases, así como todas as actividades vinculadas ás clases expositivas ou interactivas desenvolvidas ao longo do cuadrimestre de forma individual ou colaborativa: resolución e participación na análise de casos, debate de lecturas, presentación de traballos e outras actividades vinculadas ás clases expositivas ou interactivas, así como a actitude e implicación nas clases. Para poder sumar á nota do exame a cualificación das actividades realizadas na aula, é necesario que o alumnado obteña como mínimo un 2 sobre 5 no exame teórico. Para superar a materia, a nota agregada deberá ser igual ou superior a 5 puntos sobre 10. Adicionalmente, a superación da materia esixe una asistencia mínima as clases do 80%.
-Segunda oportunidade extraordinaria de recuperación:
Aplicarase o mesmo sistema de avaliación que na primeira oportunidade. A cualificación das actividades realizadas na aula ó longo do cuadrimestre mantense para esta convocatoria, pero en ningún caso para os cursos posteriores.
>De acordo coa Normativa de Permanencia vixente na USC para os estudos de Grao e Máster (art. 5.2), a mera asistencia e/ou participación en calquera das actividades suxeitas a avaliación suporá que a nota final do alumno/a sexa distinta de ‘NON PRESENTADO’.
>O alumnado ao que se lle concedeu dispénsaa de asistencia a clase seguindo a Instrución Nº 1/2017 da Secretaría Xeral sobre dispénsaa de asistencia a clase en determinadas circunstancias, será avaliado cun exame final específico presencial que suporá o 100% da nota.
Avaliación de competencias:
CB04, CG06, CT01: Actividades de avaliación continua. Participación nas clases interactivas: Exposición oral de casos/lecturas/noticias..., participación en debates. Elaboración de material complementario de forma individual ou en equipo e exposición do mesmo ao resto de compañeiros. Realización e presentación de traballos, casos e actividades realizados en equipo ou de forma individual nas clases interactivas.
CB05, CG03, CE05: Actividades de avaliación continua. Participación nas clases interactivas: Análise de lecturas, resolución de casos ou participación en debates sobre temas actuais relacionados coas habilidades directivas. No seu caso, exame final da materia.
CG07, CT03: Actividades de avaliación continua. Participación nas clases interactivas: Resolución de casos (reais ou inventados) axustados a cada parte da materia. Discusión/debate argumentado con razoamento crítico en relación a temas actuais/noticias/lecturas de habilidades directivas. - Preparación de contidos complementarios para a materia de forma individual ou por equipos. - Exposición de contidos complementarios para a materia de forma individual ou por equipos. - Exposición oral de casos/lecturas/noticias..., participación en debates. - Elaboración de material complementario de forma individual ou en equipo e exposición do mesmo ao resto de compañeiros. Realización e presentación de traballos, casos e actividades de forma individual e por equipos. No seu caso, exame final da materia.
CT06: Avaliación continua: Realización e presentación por equipos de traballos, casos e actividades en equipo nas clases interactivas.
A materia é de 4,5 créditos e cada crédito equivale a 25 horas. As horas de traballo totais distribúense do seguinte modo:
Pesenciais/virtuais (inclúen as horas de docencia expositiva, docencia interactiva, titorías e avaliación): 45.
Traballo persoal do alumno: 67,5.
Recoméndase o seguimento continuado das sesións presenciais e a participación activa nas clases, así como a resolución dos casos prácticos e a consulta da bibliografía e outro material recomendado. O acceso ao campus virtual para informarse de diferentes cuestións que xurdan ao longo do curso e poder dispor de material complementario, facilita a participación do alumnado e a súa capacidade de adquirir coñecementos.
É recomendable a lectura frecuente da prensa xeneralista e económica, buscando noticias relacionadas coa materia.
A revisión das correccións efectuadas polo profesor/a dos traballos presentados e a formulación das dúbidas existentes, é útil para mellorar aquelas cuestións que o alumnado non desenvolveu adecuadamente.
Finalmente, o uso das titorías debería suplir calquera tipo de problema que puidese xurdir ao longo do proceso de ensino-aprendizaxe da materia.
No caso de non superar a materia, aconséllase ao alumnado a revisión dos traballos entregados para a comprensión dos erros cometidos.
Mª Angeles Lopez Cabarcos
Coordinador/a- Departamento
- Organización de Empresas e Comercialización
- Área
- Organización de Empresas
- Correo electrónico
- angeles.lopez.cabarcos [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Catedrático/a de Universidade
Luns | |||
---|---|---|---|
16:00-17:30 | Grupo /CLE_01 | Castelán | Seminario 3 |
17:30-19:30 | Grupo /CLIS_01 | Castelán | Seminario 3 |
19.05.2025 17:00-20:00 | Grupo /CLE_01 | Seminario 3 |
20.06.2025 17:00-20:00 | Grupo /CLE_01 | Seminario 3 |