Créditos ECTS Créditos ECTS: 6
Horas ECTS Criterios/Memorias Traballo do Alumno/a ECTS: 133.5 Horas de Titorías: 16.5 Total: 150
Linguas de uso Castelán, Galego
Tipo: Traballo Fin de Máster RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Economía Financeira e Contabilidade, Organización de Empresas e Comercialización
Áreas: Economía Financeira e Contabilidade, Comercialización e Investigación de Mercados, Organización de Empresas
Centro Facultade de Administración e Dirección de Empresas
Convocatoria: Traballos Fin de Grao e Máster
Docencia: Con docencia
Matrícula: Matriculable | 1ro curso (Si)
O obxectivo principal do traballo de fin de máster é que o alumnado aplique dun xeito integrado os coñecementos e habilidades adquiridos nas materias do máster. O contido específico pode consistir nunha proposta para a creación dunha empresa ou calquera outro proxecto relacionado coas competencias do máster, así como calquera traballo de investigación nas áreas de Organización de Empresas, Comercialización e Investigación de Mercados ou Economía Financeira e Contabilidade. O contido específico definirase para cada traballo individual, de acordo coa oferta de temas e titores que se realizará cada curso.
Planificación, elaboración, presentación e defensa dun traballo orixinal no que demostre as competencias adquiridas ao longo dos seus estudos do Máster, baixo a tutela dun/unha profesor/a do Máster. Este traballo incluirá, como mínimo, tarefas de busca e revisión bibliográfica, lectura e integración de información, elaboración de esquemas, redacción, presentación e defensa do traballo final. Dependendo da temática que se aborde, poderá incluír, ademais, unha parte empírica ou unha análise de casos.
Web: https://www.usc.gal/gl/servizos/area/biblioteca-universitaria/bibliotec…
CG01 - Coñecemento avanzado en Dirección de empresas, fundamentalmente nos seus métodos, técnicas e áreas de aplicación.
CG02 - Capacidade para dispoñer dunha visión estratéxica dos problemas empresariais.
CG03 - Capacidade para aplicar os coñecementos adquiridos á realidade empresarial.
CG04 - Capacidade de resolución de problemas en contornos novos ou pouco coñecidos.
CG05 - Capacidade para a toma de decisións de xestión no ámbito da empresa en xeral e en particular nas súas diferentes áreas funcionais.
CG06 - Capacidade para comunicar información, ideas, problemas de dirección de empresas -de carácter xenérico ou específico- e propostas de solución.
CG07 - Capacidade para deseñar proxectos de xestión integrada ou de áreas funcionais da empresa.
CG08 - Dominio de diversas ferramentas, instrumentos e métodos de xestión necesarios para dirixir unha empresa.
CG09 - Capacidade para identificar, reunir e interpretar datos relevantes sobre cuestións relacionadas coa xestión empresarial.
CG10 - Conciencia da responsabilidade social da empresa.
CB6 - Posuír e comprender coñecementos que acheguen unha base ou oportunidade de ser orixinais no desenvolvemento e/ou aplicación de ideas, a miúdo nun contexto de investigación.
CB8 - Que os estudantes sexan capaces de integrar coñecementos e enfrontarse á complexidade de formular xuízos a partir dunha información que, sendo incompleta ou limitada, inclúa reflexións sobre as responsabilidades sociais e éticas vinculadas á aplicación dos seus coñecementos e xuízos.
CB9 - Que os estudantes saiban comunicar as súas conclusións e os coñecementos e razóns últimas que as sustentan a públicos especializados e non especializados dun xeito claro e sen ambigüidades.
CT01 - Sentido ético da dirección e xestión empresarial.
CT02 - Capacidade de razoamento crítico.
CT03 - Capacidade de análise e síntese.
CT04 - Capacidade de planificación e organización.
CT05 - Capacidade de argumentación e comunicación.
CT06 - Capacidade para integrarse e traballar en equipos de composición diversa.
CE01 - Visión de conxunto da empresa e o seu entorno, que permita diagnosticar e comprender problemas complexos, analizados e tomar decisións axeitadas, sendo consciente do seu alcance.
CE02 - Coñecemento das repercusións da internacionalización.
CE03 - Capacidade para comprender os mercados e o Marketing desde unha perspectiva estratéxica.
CE04 - Capacidade para liderar equipos comerciais.
CE05 - Capacidade para formular e implantar estratexias relativas ás persoas que axuden ás empresas a obter unha vantaxe competitiva sostible.
CE06 - Capacidade para xestionar as operacións e os sistemas de información da empresa.
CE07 - Capacidade para realizar a xestión económico-financeira dunha empresa.
CE08 - Coñecemento e comprensión do papel da información contable como mecanismo para a avaliación e o control.
Titorización do Traballo Fin de Máster para a planificación e elaboración do Traballo Fin de Máster e da súa defensa. O titor do TFM orientará e asesorará ao alumno sobre as fontes documentais a utilizar, o formato e a estrutura do TFM e, finalmente, a súa posterior elaboración e presentación.
Presentación e defensa do Traballo Fin de Máster ante un tribunal e/ou titor, segundo o procedemento establecido.
Avaliación, por parte do tribunal e/ou titor/a (segundo o procedemento establecido), do contido do Traballo Fin de Máster (obxectivos propostos, profundidade da análise desenvolvida, metodoloxía utilizada, coherencia e solidez das argumentacións, establecemento e presentación das conclusións, amplitude da revisión bibliográfica, orixinalidade e viabilidade da proposta).
Avaliación, por parte do tribunal e/ou titor/a (segundo o procedemento establecido), da estrutura e formato do Traballo Fin de Máster (estrutura e orde expositiva, organización axeitada e coherente do proxecto, capacidade de comunicación escrita e cumprimento das normas de formato establecidas).
Avaliación, por parte do tribunal e/ou titor/a (segundo o procedemento establecido), da presentación e defensa do Traballo Fin de Máster (exposición clara e ben estruturada, cumprimento dos tempos establecidos, uso axeitado dos materiais de apoio utilizados, capacidade de comunicación (oral, xestual, e argumentación a preguntas e comentarios do tribunal ou titor/a).
O tempo estimado para a realización do traballo é de 150 horas
Recoméndase o seguimento das orientacións do titor/a, así como o cumprimento dos prazos establecidos.