Créditos ECTS Créditos ECTS: 4.5
Horas ECTS Criterios/Memorias Horas de Titorías: 1 Clase Expositiva: 24 Clase Interactiva: 16 Total: 41
Linguas de uso Castelán, Galego
Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Microbioloxía e Parasitoloxía
Áreas: Microbioloxía
Centro Facultade de Bioloxía
Convocatoria: Primeiro semestre
Docencia: Con docencia
Matrícula: Matriculable
Coñecer e utilizar axeitadamente ou vocabulario específico relacionado cas enfermidades infecciosas. Aprender vos principais mecanismos bacterianos de patoxenicidade e virulencia. Aprender ou máis relevante dá etiopatoxénesis, a clínica e a epidemioloxía dá enfermidade infecciosa. Aprender vos conceptos básicos dá diagnose microbiolóxica dás enfermidades infecciosas a partir de varias mostras clínicas. Estes contidos permitirán ao estudante achegarse as saidas profesionaiss na área sanitaria relacionadas co coñecemento e aprendizaxe do papel dous microorganismos como axentes infecciosos, así como as técnicas utilizadas na diagnose microbiolóxica dás enfermidades infecciosas.
1.-Programa de clases expositivas (26h)(e duración estimada):
Tema 1. Interaccions microorganismos hospedeiro human (2h)
Tema 2. Principios de epidemioloxía de enfermidades infecciosas (1h)
Tema 3. Enfermidades infecciosas de pel, tecidos brandos e ollos (2h)
Tema 4. Enfermidades infecciosas do sistema respiratorio (2,5h)
Tema 5. Enfermidades infecciosas do sistema gastrointestinal (2h)
Tema 6.Enfermidades infecciosas do sistema xenitourinario (1,5h)
Tema 7. Enfermidades infecciosas do sistema cardiovascular (1h)
Tema 8. Enfermidades infecciosas do sistema nervioso (1.5h)
Tema 9. Zoonosis (2h)
Tema 10. Infeccións nosocomiais (1,5h)
Tema 11. Principios de diagnóstico microbiolóxico (2h)
Tema 12. Estudo microbiolóxico de ouriños (1h)
Tema 13. Estudo microbiolóxico de feces (1h)
Tema 14. Estudo microbiolóxico de exudado faríngeo, conxuntival e ótico (1,5h)
Tema 15. Estudo microbiolxico de esputo (1h)
Tema 16. Estudo microbiolóxico de mostras uretrais e vaxinais (1h)
Tema 17. Estudo microbiolóxico de líquido cefalorraquídeo e sangue (1h)
Tema 18. Estudo microbiolóxico de mostras para anaerobios (0,5h)
2.-Programa de clases prácticas (10h):
-O laboratorio de Microbioloxía Clínica: normas de seguridade. Estudo de microbiota normal de pel e garganta. Análise microbiolóxico de ouriños: urocultivo.
-Tinción Gram das mostras de pel, garganta e ouriños. Infeccións asociadas a catéter: Proba de Maki. Simulación de transmisión de patóxeno por contacto.
-Probas de identificación sobre os illados. Antibiograma por difusión no medio sólido.
- Análise e interpretación dos resultados. Recollida selectiva de residuos, esterilización e reciclaxe de material. Realización do exame de avaliación.
3.-Clases Interactivas de Seminario (4h):
Terán carácter complementario para alcanzar os obxectivos docentes e poderán orientarse cara á ampliación de temas ou conceptos impartidos nas clases expositivas, a análise de casos prácticos e a discusión de artigos de divulgación ou noticias relevantes relacionadas coa materia ou cara á interpretación da Microbioloxía mediante diversas ferramentas audiovisuais (cine, TV, prensa, …).
4.-Tutorías (1h)
Os alumnos que así o soliciten recibirán 1h de tutoría para clarexar dúbidas de calquera aspecto da materia.
5.-Examen (2h): pode constar de preguntas V/F, test e/ou de relacionar.
Básica
• Spiecer, W.J., 2009. Microbiología clínica y enfermedades infecciosas: texto y atlas en color. 2ª ed. Barcelona: Elsevier.
• Struthers, K. 2018. Microbiología Clínica. Ed. Manual Moderno.
Complementaria
-Bauman, RW. 2015. Microbiology with Diseases by Body System. 4th Ed. Pearson Education Limited.
-Gamazo, C., López-Goñi, I. y Díaz, R. dirs., 2005. Manual Práctico de Microbiología. 3ª ed. Barcelona: Masson.
-Muñoz, A., Santos, Y. y Seoane, R. 2016. INFECT-ARTE: Aprende las enfermedades infecciosas a través del Arte. [libro electrónico] Santiago de Compostela: Servizo de Publicacións da Universidade de Santiago de Compostela. Dispoñible en: <http://www.usc.es/libros/index.php/spic/catalog/book/961>
-Prats, G. 2012. Microbiología y Parasitología Médicas. Madrid: Editorial Médica Panamericana.
-Tortora, GJ., Funke, BR. y Case, CL. 2017. Introducción a la Microbiología. 12ª Ed. Medica Panamericana.
•http://www.seimc.org/documentos/protocolos/clinicos
• Coñecementos/Contidos: Con07
• Habilidades/Destrezas: H/D03
• Competencias: Comp02, Comp04
A) Clases Expositivas
Leccións maxistrais do profesor/a con diverso apoio informático. Non teñen carácter obrigatorio. Na Aula Virtual tamén haberá material complementario da materia a disposición do alumno.
B) Clases interactivas de Seminario
Estas actividades teñen carácter voluntario e serán dirixidas polo profesor/a empregando como base diversos medios audiovisuais (imaxes, vídeos), charlas informativas e/ou resolución de casos prácticos, que servirán para ilustrar os temas a desenvolver. O alumno debe participar activamente tentando resolver as cuestions ou casos prácticos que se expoñan.
C) Clases prácticas de laboratorio
Son obrigatorias para superar a materia. Inclúense aquí as clases que teñen lugar no laboratorio de prácticas. Nelas o alumno adquire as habilidades propias dun laboratorio e consolida os coñecementos adquiridos nas clases de teoría. O traballo persoal do alumno nesta actividade require unha boa actitude individual. Para estas prácticas, o alumno disporá dun manual de laboratorio, que incluirá consideracións xerais sobre o traballo, así como un guión de cada unha das prácticas a realizar, que constará dunha breve presentación dos fundamentos e da metodoloxía a seguir. O alumno deberá acudir a cada sesión de prácticas habendo lido atentamente o contido do manual. Tras a explicación do profesor, o alumno realizará individualmente, ou en grupos reducidos, as experiencias e observacións necesarias para a consecución dos obxectivos da práctica, para o que contará coa supervisión do profesor/a.
Duración: 10h. O último día, tras valorar os resultados finais, o alumno presentará de forma coidada e esmerada o caderno de prácticas no cal haberá recollido todos os resultados obtidos e realizarase un cuestionario de avaliación.
D) Titorías
Os alumnos recibirán, se así o piden, 1h de tutoría destinada as dúbidas sobre calquera aspecto teórico-práctico ou de avaliación da materia.
Establécese avaliación continua ao longo do curso e unha proba final específica complementaria á avaliación continua. Nestas condicións, a cualificación final do alumno resulta de valorar os seguintes apartados:
-Proba final (xeneral) (2h) de carácter obrigatorio (100% presencialidade): 50%.
-Cuestionarios síncronos (6) de avaliación continua (bloques temáticos) de carácter obrigatorio (100%): 15%.
-Clases Prácticas de carácter obrigatorio (100%): 20%. Entrega do caderno de prácticas (máximo 0,5 puntos) e cuestionario (máximo 1,5 puntos).
-Clases Interactivas de carácter voluntario: 15%. Cada interactiva será valorada cunha puntuación máxima de 0,75 puntos.
Estes mismos instrumentos permitirán avaliar as competencias adquiridas según o seguinte esquema:
-No examen: Con07
-No laboratorio: Comp02, Comp04
-Na aula/virtual: H/D03
Todas as actividades serán avaliadas na aula/laboratorio, agás os cuestionarios de avaliación continua que serán realizados e entregados a través da plataforma Moodle do Campus Virtual. Plaxio e uso indebido das tecnoloxías na realización de tarefas ou probas: nos casos de realización fraudulenta de exercicios ou probas aplicarase o disposto na Normativa de avaliación do rendemento académico do alumnado e revisión da cualificación. Tamén está terminantemente prohibida a distribución por diferentes medios (por exemplo, en páxinas web, distribución a persoas alleas ao curso, etc.) sen o consentimento do profesorado, de calquera material didáctico dispoñible na aula virtual.
Para aprobar a materia ten que superarse a proba final xeral, e dicir, resolver adecuadamente o 50% das preguntas, tendo en conta que por cada dous preguntas mal contestadas anulase unha resposta correcta; unha vez alcanzada esta puntuación mínima, sumaranse as calificacions obtidas nas clases prácticas, nos cuestionarios on line e nas clases interactivas, situándose o aprobado da materia no valor 5. Na segunda oportunidade, empregaranse os mesmos criterios de avaliación.
Os estudantes repetidores teñen dereito a repetir todas as actividades pero, se o desexan, poden conservar as cualificacións que obtivesen nas Clases Prácticas e Interactivas dentro dos dous cursos anteriores ao actual e, nese caso, teñen a obriga de realizar os cuestionarios de avaliación continua e a proba final.
Estudo autónomo individual ou en grupo: 65,5h
Probas on line no marco da avaliacion continua: 4h
Total horas traballo persoal do alumno: 69,5h
Aconséllase aos alumnos que empecen a estudar a materia desde o primeiro día. É moi importante que se familiaricen co vocabulario propio da materia canto antes, para o que disporán, entre outros materiais didácticos, dun glosario de termos no Aula Virtual. Por ser unha materia de poucos créditos, a información que se dá nas clases expositivas está moi condensada, polo que se recomenda o estudo semanal, a consulta frecuente dos libros recomendados na bibliografía e o acceso ao material didáctico da Aula Virtual.
En canto ás clases prácticas, é esencial que o alumno presente unha actitude responsable durante as horas que pasará no laboratorio, do que se desprenderá a adquisición de destreza na manipulación dos microorganismos.
Respecto das clases interactivas, o alumno beneficiarase dunha actitude participativa, sendo o momento máis adecuado para a súa intervención no aula.
Os cuestionarios programados on line axudan a organizar o tempo de estudo da materia e a asentar os coñecementos novos a medida que avanza o programa.
Maria Isabel Santos Rodriguez
- Departamento
- Microbioloxía e Parasitoloxía
- Área
- Microbioloxía
- Teléfono
- 881816028
- Correo electrónico
- ysabel.santos [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Catedrático/a de Universidade
Maria Angeles Muñoz Crego
Coordinador/a- Departamento
- Microbioloxía e Parasitoloxía
- Área
- Microbioloxía
- Teléfono
- 881816909
- Correo electrónico
- a.munoz.crego [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Titular de Universidade
Luns | |||
---|---|---|---|
17:00-20:00 | Grupo /CLIL_01 | Castelán | Laboratorio 04. José Andrés Cornide y Saavedra |
Martes | |||
17:00-20:00 | Grupo /CLIL_01 | Castelán | Laboratorio 04. José Andrés Cornide y Saavedra |
Mércores | |||
17:00-20:00 | Grupo /CLIL_01 | Castelán | Laboratorio 04. José Andrés Cornide y Saavedra |
13.01.2025 10:00-14:00 | Grupo /CLE_01 | Aula 01. Charles Darwin |
13.01.2025 10:00-14:00 | Grupo /CLE_01 | Aula 02. Gregor Mendel |
30.06.2025 10:00-14:00 | Grupo /CLE_01 | Aula 04: James Watson e Francis Crick |