Créditos ECTS Créditos ECTS: 6
Horas ECTS Criterios/Memorias Horas de Titorías: 1 Clase Expositiva: 36 Clase Interactiva: 17 Total: 54
Linguas de uso Castelán, Galego
Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Bioquímica e Bioloxía Molecular
Áreas: Bioquímica e Bioloxía Molecular
Centro Facultade de Bioloxía
Convocatoria: Primeiro semestre
Docencia: Con docencia
Matrícula: Matriculable
1) Coñecer as principais rutas metabólicas e a súa regulación
2) Distinguir os elementos e funcionamento das principais rutas de sinalización celular.
3) Comprender como se almacena e transmite a información xenética e, en xeral, o fluxo de información nos seres vivos.
4) Comprender as interaccións moleculares nas células
A) Clases expositivas 36h (presencialidade 100%)
Tema 1. Introdución ao metabolismo. Conceptos básicos e fundamentais. Panorámica xeral. Aprox. 0.75h.
Tema 2. Transdución de sinais e sinalización celular. Mensaxeiros e receptores. Principais vías de transdución de sinais
intracelulares. Aprox. 2.0h.
Tema 3. Metabolismo de Carbohidratos I. Panorámica xeral. Dixestión e absorción intestinal. A Glicólise e a súa regulación.
A ruta de Entner-Doudoroff. Aprox. 2.0h.
Tema 4. Metabolismo de Carbohidratos II. Incorporación doutros monosacáridos a vía glicolítica. Fermentacións e
lanzadeiras. Metabolismo do Etanol. Glicólise e cancro. Aprox. 1.5h.
Tema 5. O Acetil-CoA. A reacción do complexo da Piruvato Deshidroxenasa. Aprox. 0.5h.
Tema 6. O ciclo de Krebs e o seu papel anfibólico. O ciclo do Glioxilato. Aprox. 1.0h.
Tema 7. A Cadea Respiratoria Mitocondrial. Especies Reactivas de Osíxeno (ROS). Metabolismo do Ferro. Aprox. 2.0h.
Tema 8. A Fosforilación Oxidativa. A hipótese quimiosmótica. A ATP sintasa. Inhibidores e desacoplantes. Termoxénese.
Aprox. 1.5h.
Tema 9. Metabolismo de Carbohidratos III. A Gliconeoxénese e a súa regulación. Ciclo de Cori. Precursores gliconeoxénicos.
Ciclos de sustrato. Aprox. 1.25h.
Tema 10. Metabolismo de Carbohidratos IV. A Ruta das Pentosas Fosfato e a súa regulación. Protección contra o estrés
oxidativo. O Glutatión. A deficiencia en G6PD. Aprox. 1.25h.
Tema 11. Metabolismo de Carbohidratos V. O metabolismo do Glicóxeno e a súa regulación. Enfermidades do metabolismo
do glicóxeno. Aprox. 1.0h.
Tema 12. A Fotosíntese I. A fase luminosa: transporte electrónico e fotofosforilación oxidativa. Aprox. 1.0h.
Tema 13. A Fotosíntese II. O ciclo de Calvin. A fotorrespiración. Biosíntese de carbohidratos en células vexetais. Aprox.1.0h.
Tema 14. Metabolismo de Lípidos I. Panorámica do metabolismo de lípidos. Dixestión e transporte de lípidos no sangue.
Lipoproteínas. Aprox. 0.5h.
Tema 15. Metabolismo de Lípidos II. Movilización das Graxas do tecido adiposo. A beta-oxidación dos Ácidos Graxos e
outras variantes. Metabolismo dos Corpos Cetónicos. Aprox. 1.75h.
Tema 16. Metabolismo de Lípidos III. A síntese de ácidos graxos. Regulación do metabolismo de ácidos graxos.
Metabolismo de Eicosanoides. Aprox. 1.75h.
Tema 17. Metabolismo de Lípidos IV. Metabolismo de Triacilglicéridos, Fosfolípidos e Esfingolípidos. Aprox. 0.5h.
Tema 18. Metabolismo de Lípidos V. Metabolismo de Esteroides e do Colesterol. Síntese de Colesterol e a súa regulación.
Metabolismo da vitamina D. Vías esóxena e endóxena do transporte de lípidos no sangre. Colesterol e
aterosclerose. Hormonas esteroideas. Aprox. 2.0h.
Tema 19. Metabolismo de Aminoácidos I. Panorámica xeral do metabolismo de aminoácidos. Dixestión de proteínas e
absorción intestinal de aminoácidos. O Proteasoma. Aprox. 0.75h.
Tema 20. Metabolismo de Aminoácidos II. Catabolismo de aminoácidos: destino do grupo amino e do esqueleto carbonado.
Tansaminacións e desaminación oxidativa: a Transdesaminación. Algúns desordes relacionados co metabolismo
de aminoácidos. Aprox. 0.75h.
Tema 21. Metabolismo do amonio. O ciclo da Urea e a súa regulación. Aprox. 1.25h.
Tema 22. Fixación do Nitróxeno na natureza e incorporación nas moléculas orgánicas. O complexo da Nitroxenasa. A
Glutamina sintetasa. Aprox. 1.25h.
Tema 23. Metabolismo de Aminoácidos III. Síntese de aminoácidos e de biomoléculas derivadas de aminoácidos. O
Tetrahidrofolato e a S-Adenosilmetionina. Regulación da síntese de aminoácidos. Metabolismo das Porfirinas e do
grupo Hemo. O Óxido Nitrico. Aprox. 2.5h.
Tema 24. Metabolismo de Nucleótidos I. Panorámica do metabolismo de nucleótidos. Biosíntese de nucleótidos de
Pirimidina. Biosíntese de nucleótidos de Purina. Aprox. 1.25h.
Tema 25. Metabolismo de Nucleótidos II. Biosíntese de desoxirribonucleótidos. A Ribonucleótido Reductasa. O Timidilato.
Vías de Recuperación de Purinas e Pirimidinas. Catabolismo de nucleótidos. Algunhas enfermidades relacionadas
co metabolismo de nucleótidos. Aprox. 1.75h.
Tema 26. Integración e coordinación de procesos metabólicos. Aprox. 1.0h.
Tema 27*. Estrutura e organización do material xenético. A Doble Hélice do DNA, os tipos de RNA e as súas funcións. A
cromatina e o xenoma.
Tema 28*. A Transcripción, as modificacións post-transcripcionais do RNA e a regulación da expresión xénica.
Tema 29. O Dogma Central da Bioloxía Molecular. O Código Xenético. As aminoacil-tRNA sintetasas. Aprox. 0.25h.
Tema 30. A biosíntese de proteínas: a Tradución en procariotas e eucariotas. Etapas da tradución. Modificación post-
biosíntese das proteínas. Exportación e secreción das proteínas dentro e fóra da célula. Aprox. 1.75h.
* Por acordo con profesores de Xenética, os temas 27 e 28 consideránse explicados na materia de Xenética e NON serán obxecto nin de explicación nas clases expositivas nin tampouco de exame.
** O tempo asignado a cada tema pode variar en función da actualización dos contidos do mesmo e do desenvolvemento do curso académico.
B) Interactivas de Laboratorio 6h (presencialidade 100%):
Sesión 1. Estudo da Lisozima: illamento e análise por electroforese (parte 1). 3.0h
Sesión 2. Estudo da Lisozima: illamento e análise por electroforese (parte 2). Visualización do proceso de Fermentación alcohólica en levaduras. 3.0h
C) Seminarios 11h (presencialidade 100%):
As clases interactivas de seminarios abordarán, de xeito secuencial e durante aproximadamente 2h cada un, os bloques temáticos indicados nas clases expositivas: sinalizción celular, metabolismo intermediario e bioenerxética, metabolismo de carbohidratos, lípidos, aminoácidos, nucleótidos e síntese proteica.
D) Titorías 1h (presencialidade 100%):
As titorías terán como función aclarar dúbidas que puidesen ter os estudantes sobre a materia e a súa forma de estudala
E) Exame: obrigatorio, tipo test, presencial, ata 2.0h de duración
Dos 5 libros recomendados, os números 1 e 4 son básicos e os outros 3 complementarios
- 1) Berg, J., Tymoczko, J., Gatto, G.J. & Stryer, L. 2019. Biochemistry. 9ª ed. Editorial: W.H. Freeman and Company.
- 2) Ferrier, D.R. 2017. Lippincott Illustrated Reviews: Biochemistry. 7ª ed. Editorial: Wolters Kluwer
- 3) Lieberman M. & Peet, A. 2018. Marks Bioquímica Médica Básica 5ª ed. Editorial: Wolters Kluwer
- 4) Nelson, D.L. y Cox, M.M. 2018. Lehninger Principios de Bioquímica de Lehninger. 7ª ed. Barcelona: Editorial Omega.
- 5) Rodwell, V.W. et al. 2018. Harper Bioquímica Ilustrada. 31ª ed. México: Editorial McGraw-Hill.
Links de acceso electrónico a textos de Bioquímica a través da BUSC:
- Rodwell, V.W., Bender, D.A., Botham, K.M., Kennelly, P.J. y Weil, P.A., 2018. Harper Bioquímica ilustrada. [en línea] 31ª ed. México: McGraw-Hill/Interamericana. Dispoñible en: https://accessmedicina-mhmedical-com.ezbusc.usc.gal/Book.aspx?bookid=27…
- McKee, T., y McKee, J.R., 2014. Bioquímica. Las bases moleculares de la vida.[en línea] 5ª ed. México: McGraw-Hill/Interamericana. Dispoñible en: https://accessmedicina-mhmedical-com.ezbusc.usc.gal/Book.aspx?bookid=19…
Outros textos tamén poden encontrarse viaxando pola web
As competencias básicas e xerais son as incluídas na memoria do grao:
Coñecementos/contidos: Con05, Con06
Habilidades/destrezas: H/D01, H/D02, H/D03, H/D07, H/D08, H/D09, H/D11, H/D12
Competencias: Com01, Com02, Com03, Com05, Com06
- Créditos expositivos: as clases expositivas serán presenciais. O formato será o de lección maxistral do profesor. O profesor pode chamar aos alumnos/as ao encerado para a resolución de problemas ou explicación dalgunha cuestión que se lle plantexe, asi como facer preguntas aos estudantes durante a clase. Por outra banda, aínda que o programa non mude substancialmente dun curso ao seguinte, poderá haber actualizacións ou reorganizacións dos temas relacionados co programa. Ademais, os estudantes terán acceso, a través do campus virtual, ao 100% das presentacións de cada unha das leccións do programa e a bibliografía recomendada a través dos recursos da BUSC. O control de asistencia ás clases expositivas será aleatorio e farase mediante follas de sinaturas. A asistencia ás clases expositivas NON será obrigatoria.
- Créditos interactivos: prácticas de laboratorio. Serán presenciais e se realizarán seguindo as normas de seguridade dictadas polo Centro e a Unversidade. Servirán para que o estudante se familiarice co laboratorio e con algunhas técnicas bioquímicas. A asistencia a prácticas será obrigatoria. O control de asistencia farase mediante follas de sinaturas ou pasando lista. Poderá facerse un examen de prácticas se o profesor o considera necesario.
- Créditos interactivos: os Seminarios serán presenciais e servirán tanto para o reforzamento dos conceptos explicados nas clases expositivas como para a resolución de problemas e a presentación de temas de debate relacionados coa asignatura. O control de asistencia aos seminarios realizarase pasando lista na aula ou a través de follas de sinaturas. A asistencia aos seminarios NON será obrigatoria.
- Créditos de titorías en grupo: serán presenciais e voluntarias; se seguirá a evolución dos estudantes e se aclararán as dúbidas sobre a materia.
- Exame: será obrigatorio, tipo test, presencial, 1.5h de duración, e haberá que respostar a un mínimo do 70% das preguntas.
A avaliación será presencial e constará de catro compoñentes: 1) exame final tipo test obrigatorio (70%), 2) asistencia activa ás prácticas de laboratorio, incluíndo a realización dunha tarefa ou cuestionario sobre as mesmas e/ou a realización obrigatoria dun test a través da aula virtual (10%), 3) asistencia e participación nos seminarios (10%) e 4) asistencia ás clases de teoría (10%). A valoración da participación dos estudantes farase a través dos controis de asistencia, a intervención nos debates e, cando sexa pertinente, mediante probas orais e/ou escritas ou a través da aula virtual. Se un estudante non vai a clase ou os seminarios terá unha cualificación de 0 neses compoñentes da avaliación continua, pero poderá superar a materia se as outras calificacións así o permiten.
Na 2ª convocatoria repetirase exclusivamente a avaliación dependente do exame test.
O exame final será presencial e servirá para avaliar o nivel de coñecementos teóricos adquiridos durante o curso. O exame constará dun máximo de 50 cuestións sobre os contidos do temario e contará ata un 70% da nota final; será obrigatorio responder a un mínimo dun 70% das preguntas do exame e dúas preguntas mal restarán unha ben. En calquera caso, para poder aprobar esta materia terá que superarse este exame teórico cunha nota mínima de 5 puntos sobre 10.
A duración do exame poderá ser de ata 2h.
No caso de ter que repetir a materia, NON se gardará ningunha nota excepto a nota de prácticas que non terán que repetirse o curso seguinte.
Mediante os exames, a participación en clases e seminarios, e as prácticas de laboratorio, se avalían todas as competencias establecidas no plano de estudos para esta materia.
Avaliación dos coñecementos: Exame de Teoría. Instrumento: PROBA FINAL
Competencias avaliadas: Con01, 02, 03, 05, 06, 09; H/D01, 03, 07, 08; Com01, 02, 05, 06.
Avaliación das prácticas: Asistencia á prácticas e entrega da memoria das prácticas e, se procede, examen de prácticas
Competencias avaliadas: Con01, 02, 05, 06, 09; H/D01, 03, 07, 08, 10; Com01, 02, 03, 05, 06.
Avaliación da participación/asistencia a todas as actividades docentes
Competencias avaliadas: Con01, 02, 05, 09; H/D02, 08, 09, 10; Com01, 02, 03, 04, 05, 06.
Horas presenciais:
36 horas de clases expositivas + 11 horas de seminarios + 6 horas de laboratorio + 1 hora de titorías en grupo reducido + 2 horas de examen. Total: 56 horas
Horas non presenciais (traballo persoal):
70 horas de adicación á preparación da materia teórica + 24 horas para a resolución de problemas
Volume total de traballo:
56 horas de clases presenciais + 94 horas de traballo persoal= 150 horas totais.
- É moi recomendable levar a materia ao día, empregando a bibliografía recomendada para reforzar a comprensión dos conceptos presentados na clase. Compre recordar que o exposto polo profesor nas clases teóricas é un guión avanzado dos temas e contidos do curso, de modo que o/a estudante debería afondar no estudo da materia utilizando os libros recomendados ou outros similares, ademáis das titorías do profesor.
- A asistencia ás clases e a participación nelas é moi importante para o seguimento continuo da materia. Preguntar ao profesor todas aquelas dúbidas que poidan xurdir durante a explicación da materia, así como facer uso de titorías individuais para tratar estes temas.
- Autoavaliación da comprensión dos contidos. Conforme os temas teóricos vanse explicando nas clases de teoría e nos seminarios, é recomendable buscar e facerse preguntas e xerar unha batería de respostas tipo test para enfrontarse con éxito ao exame teórico da materia. É importante a preparación de esquemas ou guións xerais das rutas metabólicas indicando os seus aspectos máis importantes: tipos de organismos, células e compartimento celular nas que acontecen; enzimas e metabolitos específicos desas rutas; regulación enzimática das rutas metabólicas; balances enerxéticos, etc.
-Empregar os innumerables recursos didácticos gratuitos que se atopan na web, seleccionando a información axeitada para o estudo desta materia, para a recompilación de información e resolución de problemas/cuestiones, así como daqueles temas de actualidade relacionados coa Bioquímica e a Bioloxía Molecular que ofrezan un especial interese para os/as alumnos/as desta titulación.
- O estudante deberá centrar o seu estudo na posible aplicación dos conceptos explicados á realidade social, cotiá, científica, médica, etc., e ao seu ámbito profesional futuro e non limitarse nunca á simple asimilación de información.
- En resumo, para o estudo da materia recomendo: i) ollar a Bioquímica con agarimo e interese; ii) analizar todas as presentacións que o profesor poña no campus virtual; iii) consultar libros de texto, monografías e artigos científicos de divulgación e especializados; iv) acudir ao profesor sempre que non esté claro algún tema ou alguna cuestión puntual.
1) Para os casos de realización fraudulenta de exercicios ou probas será de aplicación o recollido na “Normativa de avaliación do rendemento académico dos estudantes e de revisión de cualificacións”.
2) Queda terminantemente prohibida a distribución por distintos medios (por exemplo, páxinas web, distribución a persoas alleas ao curso) sen consentimento do profesorado, de calquera material docente dispoñible na aula virtual.
3) O sistema de comunicación cos profesores será a través do correo electrónico e visita concertada ao despacho do profesor.
Jaime Jose Gomez Marquez
Coordinador/a- Departamento
- Bioquímica e Bioloxía Molecular
- Área
- Bioquímica e Bioloxía Molecular
- Teléfono
- 881816927
- Correo electrónico
- jaime.gomez.marquez [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Catedrático/a de Universidade
Aurora Gomez Duran
- Departamento
- Bioquímica e Bioloxía Molecular
- Área
- Bioquímica e Bioloxía Molecular
- Correo electrónico
- aurora.gomez [at] usc.es
- Categoría
- Investigador/a: Ramón y Cajal
Maria Lourdes Dominguez Gerpe
- Departamento
- Bioquímica e Bioloxía Molecular
- Área
- Bioquímica e Bioloxía Molecular
- Correo electrónico
- ml.dominguez.gerpe [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Profesor Interino/a substitución redución docencia
Alvaro Duran Bravo
- Departamento
- Bioquímica e Bioloxía Molecular
- Área
- Bioquímica e Bioloxía Molecular
- Correo electrónico
- alvaroduran.bravo [at] usc.es
- Categoría
- Predoutoral Ministerio
André Pérez Potti
- Departamento
- Bioquímica e Bioloxía Molecular
- Área
- Bioquímica e Bioloxía Molecular
- Correo electrónico
- andre.perez [at] usc.es
- Categoría
- Investigador/a: Ramón y Cajal
Martes | |||
---|---|---|---|
09:00-10:00 | Grupo /CLE_02 | Castelán | Aula 04: James Watson e Francis Crick |
10:00-11:00 | Grupo /CLE_01 | Castelán | Aula 03. Carl Linneo |
Mércores | |||
09:00-10:00 | Grupo /CLE_02 | Castelán | Aula 04: James Watson e Francis Crick |
10:00-11:00 | Grupo /CLE_01 | Castelán | Aula 03. Carl Linneo |
Xoves | |||
09:00-10:00 | Grupo /CLE_01 | Castelán | Aula 03. Carl Linneo |
10:00-11:00 | Grupo /CLE_02 | Castelán | Aula 04: James Watson e Francis Crick |
14.01.2025 16:00-20:00 | Grupo /CLE_01 | Aula 01. Charles Darwin |
14.01.2025 16:00-20:00 | Grupo /CLE_01 | Aula 02. Gregor Mendel |
14.01.2025 16:00-20:00 | Grupo /CLE_01 | Aula 03. Carl Linneo |
20.06.2025 16:00-20:00 | Grupo /CLE_01 | Aula 01. Charles Darwin |
20.06.2025 16:00-20:00 | Grupo /CLE_01 | Aula 02. Gregor Mendel |