Ir o contido principal

Este portal emprega cookies propias ou de terceiros con fins analíticos, así como ligazóns a portais de terceiros para poder compartir contido nas redes sociais. Pode obter máis información na política de cookies.

Grao en Xeografía e Ordenación do Territorio (2ª ed)

  • En extinción
Modalidade
Presencial
Rama de coñecemento
Ciencias Sociais e Xurídicas
Centro(s)
Facultade de Xeografía e Historia
Praza da Universidade, 1, 15703
Santiago de Compostela
881812585 (Conserxaría)
881812589 (Decanato)
zhisdeca@usc.gal
Campus
Santiago de Compostela
The River Miño from the “Espazo Fortaleza”, Goián (Tomiño)

A Xeografía é unha ciencia do territorio, unha disciplina naturalista e ambiental, ao mesmo tempo que social. Fornece os elementos culturais indispensables para obter unha ampla visión da Terra, das súas realidades, problemas e riscos, así como técnicas para recomendar solucións aos problemas de base territorial.

  • Duración: 4 anos académicos
    Código RUCT: 2503949
    Número prazas: 50

    Decano/a ou director/a do centro:
    ANTONIO MIGUEZ MACHO

    Coordinador-a do título:
    Valerià Paül Carril

    Linguas de uso:
    Castelán, Galego

    Nivel MECES: 2

    Universidade coordinadora:
    Universidade de Santiago de Compostela

    Universidade(s) participante(s):
    Universidade de Santiago de Compostela

    Data da autorización de implantación do título pola Xunta de Galicia:
    Orde do 5/08/2019 (DOG do 14/08/2019)

    Data de publicación no BOE:
    8/07/2020 (correc erros 1: 02/10/2020; correc erros 2: 10/05/2021)

    Data da última acreditación:
    05/06/2019

    A Xeografía é unha ciencia do territorio, unha disciplina naturalista e ambiental, ao mesmo tempo que eminentemente social. A Xeografía fornece os elementos culturais indispensables para obter unha ampla visión da Terra, das súas realidades, dos seus problemas e dos riscos que corren os que a habitan. Pero, ademais de esta ampla visión xeral, dota dunha ampla base teórica e metodolóxica, así como de técnicas e instrumentos para analizar e recomendar solucións que axude a mitigar ou resolver os diversos problemas de base territorial que formula a sociedade. A Xeografía contribúe decisivamente á comprensión xeral dos espazos nas diversas escalas de análise. Os seus métodos de análise concretan de forma espacial as ideas máis abstractas de disciplinas como o dereito, a economía, a socioloxía ou a bioloxía, á vez que fortalecen o diagnóstico e as propostas de intervención.

    No plan de estudos deste grao concédeselle especial importancia á formación teórica e práctica do estudante, de maneira que na planificación das súas actividades son frecuentes as saídas e prácticas fóra da aula.

  • Ofértanse dúas mencións:
    • Mención en Xeografía Física e Territorio
    • Mención en Sociedade e Territorio
    Tamén poderá obterse o título sen mención.
    Para a obtención do título con mención, o alumno deberá cursar un total de 36 ECTS da correspondente mención. En calquera das mencións o alumno poderá substituír unha das materias optativas por Prácticas Externas (6 ECTS).

  • A Facultade de Xeografía e Historia dispón de 18 aulas dedicadas á docencia. Todas elas están equipadas con recursos informáticos e adaptados ás características específicas que requiran as materias impartidas. Dentro deste conxunto o centro conta con 2 aulas de informática, un aula de cartografía, ademáis dun Laboratorio de Xeografía Física. Cóntase ademáis con material de campo, receptor GPS… Os alumnos da titulación disponen ademáis de acceso gratuito a licenzas de software SIG.

    A Biblioteca da Facultade está dotada cun fondo considerable e dispón de máis de 400 postos de lectura.

    Tamén hai que destacar que desde calquera punto da Facultade é posible a conexión sen fíos a Internet.

  • 1. Asegurar una formación xeralista generalista y de carácter integrado sobre los contenidos fundamentales de los diversos ámbitos temáticos de la Geografía, su desarrollo epistemolóxico y sus métodos de investigación.
    2. Capacitar para la aplicación de los conocimientos al análisis integrado y a la interpretación de procesos y sus más y sus menosproblemas espaciales, así como a la elaboración de diagnósticos territoriales.
    3. Interpretar las diversidades y las complejidades de los territorios y las interrelacións de fenómenos de naturaleza ambiental con otros de tipo económico, social y cultural.
    4. Capacitar, para la actuación y la intervención en el territorio y en su gestión, reforzando el carácter aplicado y experimental de la formación geográfica.
    5. Desarrollar las habilidades específicas relacionadas con las técnicas de trabajo, en especial las relacionadas con la obtención, análisis, tratamiento y representación de información geográfica, así como con el trabajo de campo.
    6. Asegurar los conocimientos necesarios para la enseñanza de la Geografía en los estudios secundarios, sien menoscabo de la formación complementaria que se fije legalmente.
    7. Crear las bases para posteriores estudios de posgrado, especializados o de carácter transdisciplinar, en que exista un destacado componente territorial

  • Prácticas

    O alumnado dispón de dúas oportunidades para a realización das prácticas optativas que ofrece o grao no segundo cuatrimestre do curso. Organízanse deste xeito co fin garantir a calidade e o mellor aproveitamento por parte do alumnado. Para iso dispoñen de titores e titoras tanto externos como académicos, que pertencen ás empresas ou institucións en que se levan a cabo as prácticas e ao profesorado do grao respeitivamente. A avaliación en función da memoria que o alumnado debe realizar e do informe final emitido polos titores ou titoras de prácticas.

    As prácticas pódense realizar en organismos, empresas e entidades públicas e privadas colaboradoras, relacionadas co ámbito da da xeografía e a ordenación do territorio nun sentido amplo; e tamén nas dependencias da USC relacionadas cos contidos da titulación.

  • Para a obtención do título é obrigatoria a realización dun Traballo Fin de Grado (TFG) de 6 créditos ECTS, consistente nun proxecto ou traballo orixinal individual a realizar en calquera das liñas temáticas oferecidas anualmente polo departamento, no cal se acreditarán os coñecementos, competencias e destrezas adquiridas durante os anos de estudo.

    Os TFG, incluirán, como mínimo, tarefas de procura e revisión bibliográfica, leitura e integración de información, elaboración de resultados relevantes, redacción, e presentación e defensa do traballo. Estarán orientados á avaliación das competencias asociadas á titulación como: capacitar para a procura, xestión, organización e interpretación de datos relevantes, normalmente da súa área de estudo; emitir xuízos que inclúan unha reflexión sobre temas destacados de índole social, científica, tecnolóxica ou ética, e que facilite o desenvolvemento dun pensamento e xuízo crítico, lóxico e creativo.

Os contidos desta páxina actualizáronse o 01.06.2024.