Créditos ECTS Créditos ECTS: 6
Horas ECTS Criterios/Memorias Traballo do Alumno/a ECTS: 99 Horas de Titorías: 3 Clase Expositiva: 24 Clase Interactiva: 24 Total: 150
Linguas de uso Castelán, Galego
Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Xeografía
Áreas: Xeografía Humana
Centro Facultade de Xeografía e Historia
Convocatoria: Segundo semestre
Docencia: Con docencia
Matrícula: Matriculable
- Comprender o concepto de Xeografía Cultural e a relación entre Xeografía e Cultura
- Comprender o papel da paisaxe como elemento crave na Xeografía Cultural
- Desenvolver o concepto de identidade en estreita relación co individuo e os diferentes grupos culturais
- Comprender a relación teórica e prácticas entre as principais prácticas culturais e a Xeografía
- Comprender a relación entre novas prácticas culturais e a Xeografía
- Analizar o papel das novas tecnoloxías na Xeografía da cultura na actualidade
A materia desenvólvese a partir dos seguintes temas e contidos:
1. Concepto e percorrido de xeografía social e cultural: postmodernismo, xiro cultural, xiro espacial e nova teoría social.
2. A paisaxe en xeografía cultural. A paisaxe como ideoloxía.
3. A identidade. A noción de alteridade e a tese do orientalismo. Cultura global e resistencias locais? Multiculturalismo e identidade. Xeolingüística
4. Xeohumanidades: literatura e xeografía cultural; cinema e xeografía cultural; música e xeografía xultural; pintura e xeografía cultural
5. Deporte e xeografía cultural
ANDERSON, J.. Understanding Cultural Geography. Places and Traces. Routledge. 2010
ANDERSON, K., DOMOSH, M., PILE, S., THRIFT, N. (Eds.). Handbook of Cultural Geography. SAGE. 2003
ATKINSON, D. et al. (eds.). Cultural Geography. A Critical Dictionnary of Key Concepts.. I.B. Tauris. 2005
BLUNT, A., WILLS, J.. Dissident Geographies: An Introduction to Radical Ideas and Practice. Routledge. 2000
COSGROVE, D.. Social Formation and Symbolic Landscape. Wisconsin University Press. [1984] 1998 edition.
COSGROVE, D. . Apollo¿s Eye. A Cartographic Genealogy of the Earth in Western Imagination. Johns Hopkins University Press. 2001
DANIELS, S., DELYSER, D., ENTRIKING, N. J., RICHARDSON, D. . Envisioning Landscapes, Making Worlds. Geography and the Humanities. Routledge.
DUNCAN, J. S., JOHNSON, N. C., SCHEIN, R. H. (Eds.) . A Companion to Cultural Geography. Blackwell. [2004] 2008 edition
FOUBERG, E. H, MURPHY, A. B, DE BLIJ, H. J. . Human Geography. People, Place and Culture, 3rd. Ed.. Wiley. 2011
GLACKEN, C. . Traces on the Rhodian Shore: Nature and Culture in Western Thought from Ancient Times to the End of the Eighteenth Century. California University Press. 1976
JACKSON, P.. Maps of Meaning. An Introduction to Cultural Geography. Taylor & Francis. [1989] 2003 edition
MITCHELL, D. . Cultural Geography. A Critical Introduction. Blackwell. 2000
McDOWELL, L. (Ed.). Undoing Place?: A Geographical Reader. Routledge. 1997
OAKES, T. S., PRICE, P. L. (Eds.). The Cultural Geography Reader. Routledge. 2008
SCHAMA, S. . Landscape and Memory. Vintage. 1996
SHURMER-SMITH, P. (ed.). Doing Cultural Geography. SAGE. 2002
WULF, A. . The Invention Of Nature. Alexander Von Humboldt's New World. John Murray Publishers. 2015
Xerais e básicas
CG1 - Garantir unha formación xeral e integrada sobre os contidos fundamentais dos distintos ámbitos
temas da Xeografía, o seu desenvolvemento epistemolóxico e os seus métodos de investigación.
CG2 - Coñecer, comprender e interpretar o territorio
CG3 - Interrelacionar o medio físico e ambiental co ámbito social e humano
CG4 - Combinar un enfoque xeralista cunha análise especializada
CG5 - Interrelacionar fenómenos a diferentes escalas territoriais
CG6 - Explicar a diversidade de lugares, rexións e localización
CG7 - Comprender as relacións espaciais. Valorar aspectos culturais na súa interpretación
CG8 - Analizar e interpretar paisaxes
CG9 - Xerar sensibilidade e interese polas cuestións territoriais e ambientais
CB1 - O alumnado demostrou posesión e comprensión de coñecementos nunha área de estudo baseada na educación secundaria xeral, e que adoita atoparse nun nivel que, aínda que se apoia en libros de texto avanzados, inclúe tamén algúns aspectos que implican coñecementos desde a vangarda o seu campo de estudo
CB2 - Que os estudantes saiban aplicar os seus coñecementos ao seu traballo ou vocación dun xeito profesional e posúan as competencias que adoitan demostrarse mediante a elaboración e defensa de argumentos e a resolución de problemas dentro da súa área de estudo.
CB3 - Que os estudantes teñan a capacidade de reunir e interpretar datos relevantes (normalmente dentro da súa área de estudo) para emitir xuízos que inclúan unha reflexión sobre cuestións relevantes de carácter social, científico ou ético.
CB4 - Que o alumnado poida transmitir información, ideas, problemas e solucións a un público tanto especializado como non especializado
CB5 - Que os estudantes desenvolveran aquelas habilidades de aprendizaxe necesarias para emprender estudos posteriores cun alto grao de autonomía
Outras competencias
- Razoar cal é o impacto do postmodernismo en xeografía e entender os “xiros” da xeografía humana.
- Valorar as achegas da socioloxía, da antropoloxía e dos estudos feministas na xeografía.
- Dubidar dos significados clásicos asociados á noción de paisaxe coa axuda da xeografía cultural actual.
- Discutir o concepto de identidade e o seu sentido na xeografía.
- Aprender os elementos básicos das xeohumanidades e da xeografía das relixións e dos espazos sagrados..
- Saber elaborar comentarios de texto analíticos e valorativos de autores/as de referencia en xeografía cultural.
- Opinar de forma razoada e sustentada nos debates teórico-metodolóxicos en xeografía cultural, tanto na escrita como oralmente.
Desenvolveranse clases expositivas (explicación dos conceptos teóricos polo profesor) e clases interactivas.
As segundas constarán, principalmente, en de análises de textos, debates a partir de temas propostos polo profesor e visualización e comentario de materiais audiovisuais, e presentacións orais.
Cada alumno deberá entregar ao profesor (como moi tarde o día do exame oficial) un traballo sobre un tema concreto que elixirá coa supervisión do profesor nas tres primeiras semanas de clase, a partir dunha listaxe que o docente facilitará o primeiro día de clase.
Haberá unha saída de campo en Santiago de Compostela, da que os alumnos deberán realizar un traballo, que deberán entregar ao profesor.
A cualificación final virá dada por un exame, que suporá o 40 % da mesma. O restante 60 % da cualificación virá dado da participación nas sesións interactivas, a saída de campo, as entregas e o traballo da asignatura. Dentro deste 60%, a saída de campo e a entrega correspondente suporán o 20 % da cualificación total da parte interactiva.
Estes criterios serán os mesmos na primeira edición da convocatoria que na segunda.
A cualificación da parte interactiva da primeira edición da convocatoria (se o alumno non a supera a materia nela) pode gardarse para a segunda en caso de que o alumno o solicite ao profesor.
O alumnado ao que lle sexa concedida dispensa de asistencia a clase (seguindo a Instrucción Nº 1/2017 da Secretaría Xeral sobre a dispensa de asistencia a clase en determinadas circunstancias), se avaliará cun exame final específico que suporá o 100% da cualificación.
No caso de que sexa concedida oficialmente a dispensa de asistencia ás aulas, o alumnado terá que facer o exame da materia e a parte interactiva deberá ser compensada cun traballo específico.
A materia ten unha carga de traballo persoal de 150 horas (6 ECTS), entre clases presenciais e actividades non presenciais.
É recomendable facer un seguimento da actualidade, a través da prensa diaria ou outras fontes, no que atañe ás noticias relacionadas coa materia
Aviso sobre plaxio: Para os casos de realización fraudulenta de exercicios ou probas será de aplicación o recollido na Normativa de Avaliación do Rendemento Académico dos Estudantes e de Revisión de Cualificacións.
Recoméndanse como actividade formativa os cursos de Competencias da Información que oferta a Biblioteca:
https://www.usc.gal/gl/servizos/biblioteca/servizos/competencias.html
Miguel Pazos Oton
Coordinador/a- Departamento
- Xeografía
- Área
- Xeografía Humana
- Teléfono
- 881812632
- Correo electrónico
- miguel.pazos.oton [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Titular de Universidade
Mércores | |||
---|---|---|---|
09:00-11:00 | Grupo /CLE_01 | Galego | Aula 18 |
Venres | |||
11:00-13:00 | Grupo /CLE_01 | Galego | Aula 18 |
28.05.2025 18:30-21:00 | Grupo /CLE_01 | Aula 08 |
04.07.2025 18:00-20:30 | Grupo /CLE_01 | Aula 09 |