Créditos ECTS Créditos ECTS: 6
Horas ECTS Criterios/Memorias Traballo do Alumno/a ECTS: 99 Horas de Titorías: 3 Clase Expositiva: 24 Clase Interactiva: 24 Total: 150
Linguas de uso Castelán, Galego
Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Xeografía
Áreas: Análise Xeográfica Rexional
Centro Facultade de Xeografía e Historia
Convocatoria: Segundo semestre
Docencia: Con docencia
Matrícula: Matriculable
- Coñecer con profundidade os diferentes conxuntos rexionais existentes no planeta fóra dos europeos, tratados en materias específicas.
- Coñecer os procesos económicos e sociais que explican a organización espacial.
- Coñecer os principais factores de articulación e diferenciación rexional.
A Xeografía Rexional do Mundo ten como obxectivo principal a explicación e a comprensión do mundo na actualidade, facendo fincapé nos procesos territoriais asociados á globalización. As transformacións no tempo da organización do espazo xeográfico obrigan a concibilo como un sistema no que a relación entre o medio físico e o home son resultado da existencia de densas redes de fluxos, tanxibles e intanxibles, que xeran continuadamente novas territorialidades e novos marcos de relación entre os lugares e as persoas. Por iso é necesario proporcionar unha visión global dos procesos económicos e sociais que explican a organización espacial e establecer os principais factores de articulación e diferenciación rexional.
Neste segundo cuadrimestre, insistirase en explicar os diferentes conxuntos rexionais e continentes do mundo, excluída Europa.
Estes contidos desenvolveranse no seguinte temario:
BLOQUE I. INTRODUCIÓN Á DIVISIÓN REXIONAL DO MUNDO
• A división do mundo: criterios, indicadores e rexionalización.
• Os conxuntos rexionais: aspectos económicos, socioculturais, xeopolíticos e ambientais.
• Globalización e desigualdades rexionais: espazos desenvolvidos, en vía de desenvolvemento e sub-desenvolvidos.
BLOQUE II. ESPAZOS REXIONAIS EN ÁREAS DESENVOLVIDAS
• América do Norte: Estados Unidos e Canadá.
• O arquipélago xaponés.
• Rusia e a Comunidade de Espazos Independentes (CEI).
• Australia e Nova Zelandia.
BLOQUE III. ESPAZOS REXIONAIS EN ÁREAS EN VÍA DE DESENVOLVEMENTO.
• Os Países de América Latina.
• China.
• O caso da India.
• Os Dragóns asiáticos: os países industriais do Sueste Asiático.
BLOQUE IV. ESPAZOS REXIONAIS EN ÁREAS DEPENDENTES
• O caso do mundo árabe-musulmán.
• África subsahariana.
• Asia Meridional.
BLOQUE V. OS ESPAZOS MARXINAIS
• Os desertos
• Os espazos polares
BIBLIOGRAFÍA BÁSICA
- Albet i Mas, A. (2001). ¿Regiones singulares o regiones sin lugares? Reconsiderando el estudio de lo regional y lo local en el contexto de la Geografía postmoderna. Boletín de la Asociación de Geógrafos Españoles, 32, pp. 35-52.
- Azcárate Luxán, B.; Azcárate Luxán, M.V.; Sánchez Sánchez, J. (2008). Grandes espacios geográficos. El mundo desarrollado. Madrid: UNED.
- Azcárate, B.; Azcárate, M.V., Sánchez Sánchez, J. (2008). Grandes espacios geográficos. Subdesarrollo y países emergentes. Madrid: UNED.
- Azcárate, B.; Azcárate, M.V., Sánchez Sánchez, J. (2010). Geografía regional del mundo. Desarrollo, subdesarrollo y países emergentes. Madrid: UNED.
- Azcárate Luxán, B.; Azcárate Luxán, M.V.; Sánchez Sánchez (2016). Grandes Regiones de la Tierra. Naturaleza y Sociedades. Madrid: UNED.
- Fernández, V. R., y Moretti, L. (2020). Un nuevo sistema mundo desde el Sur Global: gran convergencia y desplazamiento geográfico acelerado. Disponible en: https://ri.conicet.gov.ar/handle/11336/145033
- Gil Pérez, J. (2020). Geopolítica de Asia y el Indo-Pacífico. Madrid: Editorial Síntesis.
- Gómez Mendoza, J. (2001). Un mundo de regiones: Geografía regional de geometría variable. Boletín de la Asociación de Geógrafos Españoles, 32, pp. 15-33.
- Méndez, R., Molinero, F. (2008). Espacios y sociedades. Introducción a la geografía regional del mundo. Barcelona: Ariel.
- Panadero Moya, M. (Coord.) (1991). América Latina: regiones en transición. Universidad de Castilla La Mancha.
- Peña Esteban, F.J. (Ed.) (2000). África en el sistema internacional: cinco siglos de frontera. Catarata, Madrid.
- Prenant, A., Semmoud, B. (2008). El Magreb y el Oriente Medio. Espacios y sociedades. Granada: Editorial Universidad de Granada.
- Serbin, A. (2019). Eurasia y América Latina en un mundo multipolar. Icaria Editorial. Coordinadora Regional de Investigaciones Económicas y Sociales. Barcelona y Buenos Aires. (https://www.cries.org/wp-content/uploads/2019/09/AndresSerbinLibroEURAS…)
- Urdiales Viedma, M.E. (2021). Geopolítica del Mediterráneo. Madrid: Editorial Síntesis.
- Wallerstein, I. M. (2007). Geopolítica y geocultura. Ensayos sobre el moderno sistema mundial. Barcelona: Kairós.
Algunas lecturas recomendadas
- Beck, U. (1998). La sociedad del riesgo. Hacia una nueva modernidad. Barcelona: Paidós.
- Bregolat, E. (2007). La segunda revolución china. Barcelona: Destino.
- Mian, M. G. (2019). Ártico, la batalla por el Gran Norte. Barcelona: Editorial Ariel.
BIBLIOGRAFÍA COMPLEMENTARIA
-Finlayson, C. (2016). World regional geography. http://caitiefinlayson.com/WRGTextbook.pdf
- Hobbs, J.J. (2009). World Regional Geography. Belmont: Brooks/Cole.
- Muller, P.O., Nijman, J., Shin, M. (2020). The World Today: Concepts and Regions in Geography, 8th Edition. Wiley
- Paasi, A., Harrison, J., Jones, M. (2018). Handbook of Regions and Territories. Cheltenham (UK): Edward Elgar Publishing.
- Pulsipher, L. M., Pulsipher A., Johansson, O. (2019). World Regional Geography: Global patterns, local lives. New York, W. H.: Freeman and Company.
Atlas (escolma)
- A.VV. (2010). Atlas mundial: la enciclopedia cartográfica del planeta Tierra (1st pub., reprint). Millennium House.
- Instituto Geográfico de Agostini (2010). Gran Atlas Geográfico. La Tierra. Barcelona: Vicens-Vives.
- Lacoste, Y. (2022). Atlas géopolitique. Pour comprendre le monde d'aujourd'hui. Paris: Librairie Larousse
- Resh, et al. (2010). El Atlas Geopolítico. Barcelona: Akal.
Xenerais e Básicos
CG1 - Asegurar unha formación xeneralista e de carácter integrado sobre os contidos fundamentais dos diversos ámbitos
temáticos da Xeografía, o seu desenvolvemento epistemológico e os seus métodos de investigación.
CG2 - Coñecer, comprender e interpretar o territorio
CG3 - Interrelacionar o medio físico e ambiental coa esfera social e humana
CG4 - Combinar un enfoque xeneralista cunha análise especializada
CG5 - Interrelacionar os fenómenos a diferentes escalas territoriais
CG6 - Explicar a diversidade de lugares, rexións e localización
CG7 - Comprender as relacións espaciais. Valorar os aspectos culturais na súa interpretación
CG8 - Analizar e interpretar as paisaxes
CG9 - Xerar sensibilidade e interese polos temas territoriais e ambientais
CB1 - Que os estudantes demostrasen posuír e comprender coñecementos nunha área de estudo que parte da base da educación secundaria xeral, e adóitase atopar a un nivel que, aínda que se apoia en libros de texto avanzados, inclúe tamén algúns aspectos que implican coñecementos procedentes da vangarda do seu campo de estudo
CB2 - Que os estudantes saiban aplicar os seus coñecementos ao seu traballo ou vocación dunha forma profesional e posúan as competencias que adoitan demostrarse por medio da elaboración e defensa de argumentos e a resolución de problemas dentro da súa área de estudo
CB3 - Que os estudantes teñan a capacidade de reunir e interpretar datos relevantes (normalmente dentro da súa área de estudo) para emitir xuízos que inclúan unha reflexión sobre temas relevantes de índole social, científica ou ética
CB4 - Que os estudantes poidan transmitir información, ideas, problemas e solucións a un público tanto especializado como non especializado
CB5 - Que os estudantes desenvolvesen aquelas habilidades de aprendizaxe necesarias para emprender estudos posteriores cun alto grao de autonomía
Transversais
CT2 - Coñecer a diversidade de espazos xeográficos e os aspectos de Xeografía humana, económica e social; Xeografía física e medio ambiente
CT3 - Coñecer os principios da Ordenación do territorio
CT4 - Combinar as dimensións temporal e espacial na explicación dos procesos socio-territoriais
CT7 - Xestionar a complexidade
CT5 - Relacionar e sintetizar información territorial transversal
CT8 - Ordenar e sintetizar a información
CT9 - Expoñer e transmitir os coñecementos xeográficos
Específicos
CE1 - Realizar análises integradas do territorio
CE2 - Coñecer as técnicas de traballo de campo e de captura de datos sobre a terreo
CE3 - Utilizar Sistemas de Información Xeográfica
CE4 - Expresar información cartográficamente
CE5 - Elaborar e interpretar información estatística
Nas aulas de tipo expositivo consideraremos os contidos teóricos referentes aos temas previstos. Doutra banda, nas aulas interactivas desenvolveremos habilidades de manexo de fontes, sobre todo de tipo bibliográfico e cartográfico. Unha e outra metodoloxía non están disociadas, senón que se complementan ao longo do desenvolvemento da materia.
O seguimento das actividades vaise realizar a través dunha programación de entregas, para que poida organizar o propio tempo de estudo. Ao mesmo tempo, a docente fará un seguimento do progreso a través dos informes de rexistro do Campus Virtual.
A docente atenderá as dúbidas que podan xurdir durante as horas de clases e nas horas de titorías.
A avaliación para a primeira e a segunda oportunidade desagrégase en dúas compoñentes:
a) Na data establecida pola Facultade de Xeografía e Historia, realizarase unha proba final presencial de avaliación (complementaria a avaliación continua) sobre os coñecementos traballados. Computará o 60% da nota final.
b) Avaliación continua das actividades prácticas interactivas, que serán de tipo individual e grupal; computarán o 40% da nota final. Nesta compoñente terase en conta a participación activa do alumnado nas clases. Tódalas actividades serán entregadas a través do Campus Virtual.
Se a media non resulta nunha cualificación por riba de 5, cómpre afrontar a segunda oportunidade de avaliación.
Para os/as alumnos/as coa dispensa académica concedida, requiriranse entregas equivalentes ás do alumnado sen dispensa e o exame será obrigatorio.
Para os casos de realización fraudulenta (plaxio, mala utilización dos instrumentos electrónicos e da intelixencia artificial) de exercicios ou probas será de aplicación o recollido na "Normativa de avaliación do rendemento académico dos estudantes e de revisión de cualificacións”.
O tempo de asistencia ás aulas e de estudo e traballo persoal para superar a materia será aproximadamente o seguinte:
- Horas presenciais, repartidas entre horas expositivas e interactivas, e coas horas de prácticas: 48
- Horas de titorías: 3
- Traballo autónomo: 100
• Dedicar de forma continua ao longo do curso un tempo de estudo axeitado aos contidos teóricos en vistas do exame final.
• Manter unha perspectiva crítica ao longo do estudo da materia.
• Revisar o Campus Virtual para estar ao día co material e as tarefas asignadas.
• Entregar as tarefas en tempo e forma a través do Campus Virtual.
• Recoméndanse como actividade formativa os cursos de Competencias da Información que oferta a Biblioteca: https://www.usc.gal/gl/servizos/biblioteca/servizos/competencias.html
Lucrezia Lopez
Coordinador/a- Departamento
- Xeografía
- Área
- Análise Xeográfica Rexional
- Correo electrónico
- lucrezia.lopez [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Profesor Axudante Doutor LOU
Xoves | |||
---|---|---|---|
11:00-13:00 | Grupo /CLE_01 | Galego | Aula 07 |
02.06.2025 15:30-18:00 | Grupo /CLE_01 | Aula 08 |
07.07.2025 15:30-18:00 | Grupo /CLE_01 | Aula 09 |