Créditos ECTS Créditos ECTS: 6
Horas ECTS Criterios/Memorias Traballo do Alumno/a ECTS: 99 Horas de Titorías: 3 Clase Expositiva: 24 Clase Interactiva: 24 Total: 150
Linguas de uso Castelán, Galego
Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Xeografía
Áreas: Análise Xeográfica Rexional
Centro Facultade de Xeografía e Historia
Convocatoria: Segundo semestre
Docencia: Con docencia
Matrícula: Matriculable
Esta materia ten unha dobre dimensión teórica e práctica que abrangue a dimensión espacial dos distintos fenómenos sociais. Desde un punto de vista teórico, esta materia achega algunhas das principais dinámicas da xeografía social desenvolvida a partir da eclosión das xeografías críticas como a xeografía radical e o posmodernismo. Ambas presentan unha tradición dilatada, pero nesta materia o énfase ponse no pensamento, na investigación e no activismo experimentados na xeografía orientada aos temas sociais desde a década de 1970.
Desde un punto de vista práctico, a materia propón por unha banda analizar as complexas relacións sociais existentes entre as sociedades humanas e os territorios onde habitan. Por outra banda, tamén ten en conta a dimensión temporal, a historia, como elemento clave tanto para entender os cambios sociais como a propia evolución dos distintos territorios.
1. Historia e teoría da xeografía social: antecedentes.
2. O auxe do social na xeografía radical.
3. O posmodernismo na xeografía. Xiro cultural, xiro espacial e nova teoría social.
4. Formacións socioespaciais nos territorios. Minorías, diásporas e migracións.
5. Formacións socioespaciais urbanas. Integración e exclusión nas cidades.
6. O problema da vivenda: xentrificación e desprazamento.
Manuais:
Blanchard, S., Estébanez, J., et Ripoll, F. (2021): Géographie sociale. Approches, concepts, exemples, Paris, Armand Colin, coll. “Cursus”.
Del Casino, V., et al. (2011) A companion to social geography, Malden, Wiley-Blackwell.
Di Méo, Guy (2014): Introduction à la géographie sociale . Paris, Armand Colin.
Gill, Valentine (2001) Social geographies: space and society, New York, Prentice Hall.
Hamnett, C., ed. (1996) Social geography: a reader, London, Arnold.
Harvey, D. (1973) Urbanismo y desigualdad social, Madrid, Siglo XXI, 1989
Nogué, J. y Romero, J. (eds.): Las otras geografías. Valencia, Tirant lo Blanch, 2006.
Smith, S. Et al, eds. (2010) The Sage handbook of social geographies, Thousand Oaks, Sage.
The Newcastle social geographies collective (2021): Social Geographies: An Introduction, London, Rowman & Littlefield.
Revistas especializadas:
- Antipode: http://onlinelibrary.wiley.com/journal/10.1111/%28ISSN%291467-8330
- Environment and Planning D. Society and Space: http://www.envplan.com/D.html
- Espaces et Sociétés: https://www.cairn.info/revue-espaces-et-societes.htm
- Social & Cultural Geography: http://www.tandfonline.com/toc/rscg20/current#.VW73N8-vGM8
Xerais e básicas:
CG1 - Garantir unha formación xeral e integrada sobre os contidos fundamentais dos distintos ámbitos
temas da Xeografía, o seu desenvolvemento epistemolóxico e os seus métodos de investigación.
CG2 - Coñecer, comprender e interpretar o territorio
CG3 - Interrelacionar o medio físico e ambiental co ámbito social e humano
CG4 - Combinar un enfoque xeralista cunha análise especializada
CG5 - Interrelacionar fenómenos a diferentes escalas territoriais
CG6 - Explicar a diversidade de lugares, rexións e localización
CG7 - Comprender as relacións espaciais. Valorar aspectos culturais na súa interpretación
CG8 - Analizar e interpretar paisaxes
CG9 - Xerar sensibilidade e interese polas cuestións territoriais e ambientais
CB1 - O alumnado demostrou posesión e comprensión de coñecementos nunha área de estudo baseada na educación secundaria xeral, e que adoita atoparse nun nivel que, aínda que se apoia en libros de texto avanzados, inclúe tamén algúns aspectos que implican coñecementos desde a vangarda o seu campo de estudo
CB2 - Que os estudantes saiban aplicar os seus coñecementos ao seu traballo ou vocación dun xeito profesional e posúan as competencias que adoitan demostrarse mediante a elaboración e defensa de argumentos e a resolución de problemas dentro da súa área de estudo.
CB3 - Que os estudantes teñan a capacidade de reunir e interpretar datos relevantes (normalmente dentro da súa área de estudo) para emitir xuízos que inclúan unha reflexión sobre cuestións relevantes de carácter social, científico ou ético.
CB4 - Que o alumnado poida transmitir información, ideas, problemas e solucións a un público tanto especializado como non especializado
CB5 - Que os estudantes desenvolveran aquelas habilidades de aprendizaxe necesarias para emprender estudos posteriores cun alto grao de autonomía.
Outras competencias:
- Identificar as grandes desigualdades da sociedade humana
- Caracterizar a diversidade social dos territorios
- Identificar as principais correntes de pensamento xeográfico e social
-Adquirir as habilidades e metodoloxías do traballo de campo do xeógrafo
- Adquirir hábitos de análise de datos xeográficos para proceder á súa presentación ordenada e razoada.
ben mediante unha exposición oral ou mediante un informe escrito
- Adquirir un dominio significativo dunha lingua estranxeira, especialmente o inglés
- Adquirir nocións esenciais do pensamento científico
- Afondar nas metodoloxías de “aprendizaxe-servizo”.
A docencia impartirase de forma presencial. Durante as clases expositivas teremos en conta os contidos teóricos relacionados cos temas previstos. No caso de clases interactivas, o profesor publicará na Aula Virtual o material necesario e indicará as actividades correspondentes a cada sesión, que poderán ser individuais ou grupais.
O seguimento das actividades realizarase mediante un horario de entregas, para que o alumnado organice o seu propio tempo de estudo. O profesor fará un seguimento do progreso a través dos informes de rexistro do Campus Virtual.
O profesor resolverá as dúbidas que poidan xurdir nas horas lectivas e nas horas de titoría individual, principalmente de forma presencial, aínda que as titorías poderán programarse por vía electrónica.
Esta metoloxía completase cunha saída ao campo e algunhas en Santiago de acordo coa programación da cidade.
A avaliación da primeira e segunda oportunidade consistirá unicamente na avaliación continua que se desglosa en dous compoñentes cun peso proporcional á dedicación de cada unha delas.
a) Elaboración dun portfolio de traballos breves entregados de forma continuada. Se se realiza a saída, este compoñente inclúe a avaliación da memoria de saída. O portfolio suporá o 50% da nota final.
b) Realización dunha proba final: 50 % da nota final.
Todas as actividades impartiranse a través do Campus Virtual.
Para superar a materia deberase aprobar a nota media (5).
Na segunda convocatoria só haberá que volver a presentar aqueles traballos que non fosen aprobados.
Para o alumnado con exención académica concedida, esixiranse entregas equivalentes ás do alumnado sen exención.
Nos supostos de realización fraudulenta de exercicios ou probas será de aplicación o disposto na “Normativa de avaliación do rendemento académico do alumnado e de revisión de cualificacións”.
A materia ten unha carga persoal de 150 horas (6 ECTS).
- Dedicar continuamente tempo de estudo ao longo do curso adaptado aos contidos teóricos.
- Recoméndase facer un seguimento da actualidade, a través da prensa diaria ou outras fontes, no que incumbe ás noticias relacionadas coa materia
- Para dúbidas sobre a materia están dispoñibles titorías, ademais de preguntas na aula e o “Foro de Titorías Públicas” activo na Aula Virtual.
- Manter unha perspectiva crítica durante o estudo da materia.
- Revisar o Campus Virtual para estar ao día do material e das tarefas asignadas.
- Entregar os traballos en prazo a través do Campus Virtual.
Aviso sobre plaxio: Para os casos de realización fraudulenta de exercicios ou probas será de aplicación o recollido na Normativa de Avaliación do Rendemento Académico dos Estudantes e de Revisión de Cualificacións.
Ismael Yrigoy Cadena
Coordinador/a- Departamento
- Xeografía
- Área
- Análise Xeográfica Rexional
- Correo electrónico
- ismael.yrigoy [at] usc.es
- Categoría
- Investigador/a: Ramón y Cajal
Xoves | |||
---|---|---|---|
16:00-18:00 | CLE_01 | - | Aula 16 |
Venres | |||
18:00-20:00 | CLE_01 | - | Aula 16 |