Créditos ECTS Créditos ECTS: 3
Horas ECTS Criterios/Memorias Traballo do Alumno/a ECTS: 51 Horas de Titorías: 3 Clase Expositiva: 9 Clase Interactiva: 12 Total: 75
Linguas de uso Castelán, Galego, Inglés
Tipo: Materia Ordinaria Máster RD 1393/2007 - 822/2021
Centro Escola Técnica Superior de Enxeñaría
Convocatoria: Segundo semestre
Docencia: Sen docencia (En extinción)
Matrícula: Non matriculable (Só plans en extinción)
O obxectivo da materia é que os estudantes do Máster Universitario en Enxeñería Química e de Bioprocesos adquiran un coñecemento profundo da problemática asociada á eliminación de nutrientes en augas residuais, ós reactores biolóxicos de tratamento de augas coas configuracións máis innovadoras (reactores de membrana, sistemas híbridos e sistemas granulares), así como ó tratamento biolóxico de emisións gaseosas (biofiltración de gases para a eliminación de compostos orgánicos volátiles, cheiros e gases de efecto invernadoiro).
Os contidos que se desenvolven no curso son os contemplados de forma sucinta no descritor da materia: “Novas tecnoloxías no tratamento de efluentes líquidos e gasosos. Sistemas avanzados de eliminación de nitróxeno. Sistemas granulares. Sistemas de membranas. Reactores híbridos. Biofiltración de gases” tal como sinala a memoria do Máster. Dividirase o programa da materia en 5 temas relacionados cos descritores.
Programa
Tema 1. Novos retos no tratamento de efluentes líquidos (3 h)
Novos retos na concepción das plantas de tratamento de augas residuais: Reutilización de auga e recuperación de recursos; Redución do consumo de enerxía e de emisións de gases de efecto invernadoiro.
Tema 2. Tecnoloxías de eliminación e de recuperación de fósforo (7 h)
O ciclo do fósforo e balances de fósforo nas EDAR. Tecnoloxías de Eliminación de fósforo. Sistemas fisico-químicos. Procesos biolóxicos convencionais e sistemas de granulación aerobia de lodos. Reutilización de fósforo das lamas: Uso agrícola, normativa; Recuperación de fósforo das lamas, tratamento químico/térmico. Recuperación de fósforo de correntes acuosas: fosfatos de aluminio, calcio, ferro, estruvita. Estudio de casos.
Tema 3. Biorreactores de membrana (6 h)
Uso de membranas no tratamento de augas, tipos e características. Fundamentos dos procesos de membranas: Forza impulsora, polarización e fluxo crítico. Ensuciado e colmatación de membranas. Biorreactores aerobios e anaerobios de membrana. Tecnoloxías comerciais de biorreactores de membrana para o tratamento de augas residuais. Deseño e operación de procesos de membrana. Sistemas híbridos de membranas.
Tema 4.Tecnoloxías para a eliminación de contaminantes emerxentes (5 h)
Contaminantes emerxentes e microcontaminantes. Contaminantes orgánicos emerxentes. Bacterias resistentes a antibióticos e xenes de resistencia a antibióticos. Microplásticos. Propiedades físico-químicas e biodegradabilidade. Presencia de microcontaminantes no ambiente. Mecanismos de eliminación nas EDAR, influencia dos parámetros de operación. Tecnoloxías de postratamento para a eliminación de OMPs. Experiencias de eliminación de OMPs na USC.
Tema 5. Tecnoloxías para a biofiltración de emisións gasosas (5 h)
Contaminantes en fase gasosa, emisións. Emisións en EDAR. Tecnoloxías de tratamentos de gases contaminados. Fundamentos dos procesos biolóxicos. Biorreactores: Biofiltro de gases, torre de lavado biolóxico, Biofiltro percolador, difusión de gases en reactores de lodos activos. Bases enxeñeriles para o deseño de biorreactores. Aspectos económicos e panorama actual.
Libros básicos
• Juan M. Lema & Sonia Suarez Martínez (eds). Innovative Wastewater Treatment & Resource Recovery Technologies: Impacts on Energy, Economy and Environment. (2017). IWA Publishing, ISBN: 978-1-780-40786-9. Signatura B-ETSE: A213 62 (A).
• Guang-Hao Chen, Mark C.M. van Loosdrecht, G.A. Ekama, Damir Brdjanovic. Biological Wastewater Treatment: Principles, modelling and design. 2nd Edition. IWA Publishing. London, UK (2020)
https://iacobus.usc.gal/permalink/34CISUG_USC/tmlevo/alma99101338386130…
Material complementario (libros/capítulos de libro)
• Biotechnology for odor and air pollution control. Shareefdeen & Singh (Eds.), Berlin Heidelberg: Springer-Verlag (2005). Signatura B-ETSE: 222 10
• The MBR book. Judd S. 2ª Ed. Editorial Elsevier. Oxford (2011). Signatura B-ETSE: A213 32 A.
• Metcalf & Eddy Inc. "Wastewater Engineering. Treatment and resource recovery ". 5ª Edición. Editorial Mc-Graw Hill, (2014). Signatura B-ETSE: A213 13 H/I
Material complementario (resumos)
• Resumos do profesor dos temas 2.- tecnoloxías de eliminación e recuperación de fósforo; e 3. -Biorreactores de Membranas. Selección actualizada de artigos de investigación (a disposición dos alumnos, vía Campus Virtual).
Nesta materia o alumno adquirirá ou practicará unha serie de competencias xenéricas e específicas, propias da enxeñería en xeral e específicas da ciencia e tecnoloxía de tratamento de augas e gases en particular.
Competencias básicas e xerais
CB7 - Que os estudantes saiban aplicar os coñecementos adquiridos e a súa capacidade de resolución de problemas en contornas novas ou pouco coñecidos dentro de contextos máis amplos (ou multidisciplinares) relacionados coa súa área de estudo
CB10 - Que os estudantes posúan as habilidades de aprendizaxe que lles permitan continuar estudando dun modo que haberá de ser en gran medida autodirixido ou autónomo.
CG1.- adquirir coñecementos avanzados e demostrado, nun contexto de investigación científica e tecnolóxica ou altamente especializado, unha comprensión detallada e fundamentada dos aspectos teóricos e prácticos e da metodoloxía de traballo nun ou máis campos de estudo.
CG3.- Ser capaces de predicir e controlar a evolución de situacións complexas mediante o desenvolvemento de novas e innovadoras metodoloxías de traballo adaptadas ao ámbito científico/investigador, tecnolóxico ou profesional concreto, en xeral multidisciplinar, no que se desenvolva a súa actividade.
CG6.- Ter habilidade para solucionar problemas que son pouco familiares, incompletamente definidos, e teñen especificacións en competencia, considerando os posibles métodos de solución, incluídos os máis innovadores, seleccionando o máis apropiado, e poder corrixir a posta en práctica, avaliando as diferentes solucións de deseño.
CG8.- Realizar a investigación apropiada, emprender o deseño e dirixir o desenvolvemento de solucións de enxeñería, en contornas novas ou pouco coñecidas, relacionando creatividade, orixinalidade, innovación e transferencia de tecnoloxía.
CG15.- Adaptarse aos cambios estruturais da sociedade motivados por factores ou fenómenos de índole económico, enerxético ou natural, para resolver os problemas derivados e aportar solucións tecnolóxicas cun elevado compromiso de sustentabilidade.
Competencias específicas:
CE3.- Aplicar os coñecementos adquiridos e a súa capacidade de resolución de problemas en contornas novas ou pouco coñecidos dentro de contextos máis amplos (ou multidisciplinares) relacionados co área de estudo da Enxeñería Química.
CE5.- Concibir, proxectar, calcular, e deseñar procesos, equipos, instalacións industriais e servizos, no ámbito da enxeñería química e sectores industriais relacionados, en termos de calidade, seguridade, economía, uso racional e eficiente dos recursos naturais e conservación do medio ambiente
Competencias transversais:
CT2.- Adaptarse aos cambios, sendo capaz de aplicar tecnoloxías novas e avanzadas e outros progresos relevantes, con iniciativa e espírito emprendedor.
CT4.- Capacidade analítica, crítica e de síntese.
Seguirase a metodoloxía da materia equivalente no novo plan de estudos, que oferta docencia presencial:
P4142208 - Tecnoloxías innovadoras de tratamento de augas
Seguirase o sistema de avaliación da materia equivalente no novo plan de estudos, que oferta docencia presencial:
P4142208 - Tecnoloxías innovadoras de tratamento de augas
-
Juan Manuel Garrido Fernandez
- Departamento
- Enxeñaría Química
- Área
- Enxeñaría Química
- Teléfono
- 881816778
- Correo electrónico
- juanmanuel.garrido [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Catedrático/a de Universidade