Créditos ECTS Créditos ECTS: 3
Horas ECTS Criterios/Memorias Traballo do Alumno/a ECTS: 51 Horas de Titorías: 3 Clase Expositiva: 9 Clase Interactiva: 12 Total: 75
Linguas de uso Castelán, Galego
Tipo: Materia Ordinaria Máster RD 1393/2007 - 822/2021
Centro Escola Técnica Superior de Enxeñaría
Convocatoria: Segundo semestre
Docencia: Sen docencia (En extinción)
Matrícula: Non matriculable (Só plans en extinción)
A transformación de residuos/biomasa en produtos de alto valor engadido (é dicir, a súa valorización) está xurdindo como unha forte tendencia como consecuencia do esgotamento dos recursos naturais, o aumento das emisións que provocan o efecto invernadoiro e a sensibilización acerca da necesidade dun desenvolvemento sostible en termos dunha reutilización segura dos residuos e a biomasa. Nesta materia preténdese presentar unha panorámica completa das posibles alternativas a seguir para conseguilo de maneira que se adquira ademais a capacidade de formular, para un material dado, o/os camiño/s óptimos para a súa valorización.
Os obxectivos que se perseguen inclúen:
- Comprender as traxectorias a seguir no desenvolvemento de produtos e procesos.
- Comprender as propiedades e composición da biomasa, os procesos de fabricación e a ciencia e enxeñaría dos materiais derivados dos recursos renovables.
- Adquirir a capacidade para deseñar e xestionar tecnoloxías eficaces, economicamente rendibles e ambientalmente aceptables para producir combustibles, produtos químicos, materiais e enerxía a partir de materiais renovables.
Os contidos que se desenvolven na materia son os indicados no descriptor da materia na Memoria do Máster Universitario en Enxeñaría Química e Bioprocesos:
. O reto dun desenvolvemento sostible.
. Os recursos renovables: natureza e dispoñibilidade.
. Un concepto integrado: A biorrefinería.
. A biomasa como fonte renovable de enerxía.
. Bioadhesivos para a industria da madeira.
. Desenvolvemento e aplicación de bioadsorbentes.
. Obtención de antioxidantes naturais.
O programa da materia estruturouse en sete Temas cuxos contidos son os que se detallan a continuación:
TEMA 1. TECNOLOXÍAS BASEADAS EN RECURSOS RENOVABLES. AS BIOREFINERÍAS.
O reto dun desenvolvemento sostible. Indicadores de sostibilidade para produtos e procesos. Os recursos renovables. Natureza e dispoñibilidade. A biomasa e a súa clasificación. Un concepto integrado. A biorefinería. Tipos de biorefinerías.
TEMA 2. OBTENCIÓN DE PRODUTOS QUÍMICOS A PARTIR DE MATERIAIS LIGNOCELULÓSICOS.
Materias primas lignocelulósicas. Orixe e composición. Métodos de conversión de materiais lignocelulósicos. Pretratamentos. Illamento da lignina e áreas de aplicación. Illamento de hemicelulosas e áreas de aplicación. Illamento da celulosa e áreas de aplicación.
TEMA 3. BIOADHESIVOS PARA A INDUSTRIA DA MADEIRA.
Situación actual da industria dos adhesivos para taboleiros de madeira. Bioadhesivos: perspectiva histórica e necesidades da industria da madeira. Adhesivos baseados en taninos. Os taninos. Clasificación. Formulacións de adhesivos baseados en taninos.Adhesivos baseados en lignina. Pretratamentos. Formulacións de adhesivos con lignina.
TEMA 4. FABRICACIÓN DE TABOLEIROS DE MADEIRA.
Clasificación dos taboleiros de madeira. Características. Fabricación de taboleiros contrachapado. Fabricación de taboleiros de partículas. Fabricación de taboleiros de fibra de densidade media.
TEMA 5. O APROVEITAMENTO ENERXÉTICO DA BIOMASA.
Situación actual do sector da enerxía. As enerxías renovables: a biomasa como fonte renovable de enerxía. Procesos de aproveitamento enerxético da biomasa. Clasificación: procesos físicos, microbiolóxicos, termoquímicos e químicos. Produción de briquetas e pellets. Produción de biodiésel e bioetanol. Gasificación. Pirólise. Combustión. Obtención de electricidade a partir da biomasa.
TEMA 6. DESENVOLVEMENTO E APLICACIÓN DE BIOADSORBENTES PARA A ELIMINACIÓN DE CONTAMINANTES DE AUGAS RESIDUAIS.
Estado actual e perspectivas futuras dos adsorbentes. Tipos de materiais absorbentes. Os bioadsorbentes. Tratamentos para a súa modificación química. A biomasa como precursora de carbóns activados. Emprego de bioadsorbentes para a eliminación de contaminantes de aguas.Caracterización do bioadsorbente. Adsorción en discontinuo e en continuo. Modelización do
proceso de adsorción. Rexeneración do bioadsorbente.
TEMA 7. OBTENCIÓN DE ANTIOXIDANTES NATURAIS A PARTIR DA BIOMASA.
Os antioxidantes. Clasificación dos antioxidantes. Fontes de antioxidantes naturais. Flavonoides e compostos relacionados. Procesos de extracción. Técnicas de caracterización.
Bibliografía básica
CLARK, J.H. y DESBARTE, F. (eds.), Introduction to Chemicals from Biomass. Chichester: Wiley, 2008. ISBN: 9780470058053 (Sig. IFE 164, IFE 166, 243 6, 243 6ª, 243 6B)
https://onlinelibrary-wiley-com.ezbusc.usc.gal/doi/book/10.1002/9781118…
KAMM, B., GRUBER, P.R. y KAMM, M. (eds.), Biorefineries-industrial processes and products: status quo and future directions. Weinheim: Wiley-VCH, 2010. ISBN: 9783527310272 (Sig. A132 10)
https://onlinelibrary-wiley-com.ezbusc.usc.gal/doi/book/10.1002/9783527…
Artículos publicados en revistas.
http://sfx.bugalicia.org/san/az/
Bibliografía complementaria
BERGERON, C., CARRIER, D.J. y RAMASWAMY, S. (eds.), Biorefinery co-products : phytochemicals, primary metabolites abd value-added biomass processing. Chichester, West Sussex, Hoboken: John Wiley & Sons, 2012. ISBN: 9780470973578
PIZZI, A. (ed.), Wood adhesives: Chemistry and Technology. Vol 1. New York: Marcel Dekker, 1983. ISBN: 9780824715793
PIZZI, A. (ed.), Wood adhesives: Chemistry and Technology. Vol 2. New York: Marcel Dekker, 1989. ISBN: 9780824780524
PIZZI, A. y MITTAL, K.L. (eds.), Handbook of adhesive technology. New York: Marcel Dekker, 2003. ISBN 9781498736442
POKORNY, J., YANISHLEVA, N. y GORDON, M. (eds.), Antioxidants in food. Practical applications, Boca Ratón: CRC, 2001. ISBN: 9781855734630
ROWELL, R.M. (ed.), Handbook of wood chemistry and wood composites. Boca Raton, Florida: CRC Press, 2005. ISBN: 0849315883
SOETAERT, W. y VANDAMME, E. (eds.), Biofuels. Hoboken (New Jersey): Wiley, 2008. ISBN: 9780470026748
VOLESKY, B. Sorption and biosorption. Montreal-St.Lambert: BV Sorbex, 2003. ISBN: 9780973298307
YANG, R. T. Adsorbents: fundamentals and applications. New Jersey: Wiley-Interscience, 2003. ISBN: 9780471297413
Competencias xerais e básicas: CB6, CB7, CB8, CB9, CB10, CG7 e CG10.
Competencias específicas: CE4, CE5 e CE6.
Competencias transversais: CT1 e CT6.
Seguirase a metodoloxía da materia equivalente no novo plan de estudos, que oferta docencia presencial:
P4142201 - Tecnoloxías para a valorización de biomasa
Seguirase o sistema de avaliación da materia equivalente no novo plan de estudos, que oferta docencia presencial:
P4142201 - Tecnoloxías para a valorización de biomasa
-
Julia Gonzalez Alvarez
- Departamento
- Enxeñaría Química
- Área
- Enxeñaría Química
- Teléfono
- 881816761
- Correo electrónico
- julia.gonzalez [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Titular de Universidade