Créditos ECTS Créditos ECTS: 3
Horas ECTS Criterios/Memorias Traballo do Alumno/a ECTS: 51 Horas de Titorías: 3 Clase Expositiva: 9 Clase Interactiva: 12 Total: 75
Linguas de uso Castelán, Galego
Tipo: Materia Ordinaria Máster RD 1393/2007 - 822/2021
Centro Escola Técnica Superior de Enxeñaría
Convocatoria: Primeiro semestre
Docencia: Sen docencia (En extinción)
Matrícula: Non matriculable (Só plans en extinción)
O curso ten como obxectivo introducir os alumnos no estudo conxunto da transferencia de enerxía, materia e cantitdade de movemento. Estidaranse as leis básicas que rexen estes tres fenómenos estreitamente relacionados, para que poidan formular modelos matemáticos que representan os fundamentos dos problemas reais de procesos químicos. Trala finalización do curso o alumno deberá:
•Aplicar as leis que rexen a transferencia de cantidade de movemento, enerxía e materia e interrelacionar os tres fenómenos.
•Desenvolver modelos matemáticos complexos que representen sistemas reais, tanto en estado estacionario e non estacionario.
•Plantexar modelos de coeficientes para o transporte individual e global necesarios para resolver problemas reais.
Os contidos son desenvolvidos en 3,0 ECTS e están detallados no descritor da materia no plan de estudo do Máster en Enxeñaría Química de Bioprocessos, e son: Balance microscópico. Ecuacións de velocidad. Ecuacións de conservación. Transporte molecular en reximen estacionario e non estacionario. Transporte entre fases. Analoxías. Modelos para o transporte simultáneo de máis dunha propiedade: estacionario e non estacionaria, con e sen reacción química, análise de diferentes xeometrías.
Tendo en conta os descriptores enrriba sinalados o programa da materia estructuraráse da seguinte forma:
BLOQUE 1.- Transporte de Cantidade de movemento
Tema 1.- Introdución aos fenómenos de transporte. Niveis de descrición dos fenómenos de transporte. Nomenclatura. Viscosidade e mecanismos de transporte de cantidade de movemento: Lei de viscosidade de Newton. Xeneralización da lei de Newton.
Tema 2.- Balances a nivel microscópico de cantidade de movemento en envolturas. Distribucións de velocidade para fluxo unidimensional en réxime laminar en estado estacionario. Condicións límite.
Tema 3.- Ecuacións de conservación en sistemas isotérmicos: Ecuación de continuidade. Ecuación de movemento. Uso das ecuacións de conservación para a resolución de problemas.
Tema 4.- Transporte de cantidade de movemento en fluxo turbulento: Introdución ao fluxo turbulento. Ecuacións de conservación promedias. Introdución aos coeficientes de transporte individuais e globais.
BLOQUE 2.- Transferencia de Calor
Tema 5.- Transporte por condución, condutividade térmica. Lei de Fourier. Ecuacións de variación para sistemas non isotérmicos en estado estacionario. Condución con xeración. Distribución de temperatura en sólidos.
Tema 6.- Transporte convectivo. Coeficientes de transporte. Convección forzada e libre. Distribución de temperatura en fluxo laminar.
Tema 7.- Ecuacións de enerxía.
BLOQUE 3.- Transferencia de Masa
Tema 8.- Fundamentos e conceptos xerais da transferencia de masa. Lei de Fick da difusión. Velocidades das especies en difusión. Ecuacións de continuidade para distintas xeometrías. Condicións de contorno máis comúns.
Tema 9.- Difusión molecular en estado estacionario con reacción química. Reacción química heteroxénea. Reacción química homoxénea.
BLOQUE 4.- Analogías entre transporte de cantidade de calor e transporte de materia e cantidade de movemento.
Bibliografía básica:
BIRD R.B STEWART W.E. AND LIGHTFOOT E.N, Transport Phenomena. 2ª ed. Revised, New York: John Wiley & Sons, 2007. ISBN: 978-0-470-11539-8. SINATURA ETSE: SOLICITADO EBOOK
BIRD R.B STEWART W.E. Y. LIGHTFOOT E.N, Fenómenos de Transporte. Barcelona: Editorial Reverte, 2006 (e edicións anteriores). ISBN 8429170502. SINATURA ETSE: A111 2 E, A111 2 F
BIRD R.B. STEWART W.E. y LIGHTFOOT E.N. Transport Phenomena. 2ª ed. New York: John Wiley & Sons, 2007 (e edicións anteriores). ISBN 0-471-41077-2. SINATURA ETSE: A111 1 , 111 20
Bibliografía Complementaria:
WELTY J.R. WICKS, C. Fundamentos de transferencia de momento, calor y masa. 2ª ed México: Limusa, 1999. ISBN 968-18-5896-4. SINATURA ETSE: A111 3E
Contribuir a acadar as competencias recollidas na memoria do Master:
- Competencias xerais e básicas: CG7, CG9, CB6, CB7, CB10
- Habilidades específicas: CE1, CE2, CE3, CE4, CE6, CE7.
- Habilidades e aptitudes: CT4
Seguirase a metodoloxía da materia equivalente no novo plan de estudos, na parte referida a modelización mediante fenómenos de transporte, que oferta docencia presencial:
P4142102 - Modelización e simulación numérica de fenómenos de transporte
Seguirase o sistema de avaliación da materia equivalente no novo plan de estudos, na parte referida a modelización mediante fenómenos de transporte, que oferta docencia presencial:
P4142102 - Modelización e simulación numérica de fenómenos de transporte
-
Eva Rodil Rodriguez
- Departamento
- Enxeñaría Química
- Área
- Enxeñaría Química
- Teléfono
- 881816796
- Correo electrónico
- eva.rodil [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Catedrático/a de Universidade