Créditos ECTS Créditos ECTS: 3
Horas ECTS Criterios/Memorias Traballo do Alumno/a ECTS: 51 Horas de Titorías: 3 Clase Expositiva: 9 Clase Interactiva: 12 Total: 75
Linguas de uso Castelán, Galego
Tipo: Materia Ordinaria Máster RD 1393/2007 - 822/2021
Centro Escola Técnica Superior de Enxeñaría
Convocatoria: Primeiro semestre
Docencia: Sen docencia (En extinción)
Matrícula: Non matriculable (Só plans en extinción)
O obxectivo desta materia é a simulación numérica de modelos matemáticos complexos que representen os aspectos fundamentais de problemas reais en Enxeñaría Química e, en particular, daqueles relacionados cos Fenómenos de Transporte, tanto en estado estacionario como non estacionario.
Os contidos da materia son os contemplados de forma xeral na memoria do Máster en Enxeñaría Química e Bioprocesos:
Análisis de las ecuaciones desarrolladas y propuestas en la materia de “Modelización mediante fenómenos de transporte”. Contenidos conceptuales básicos para la resolución por métodos numéricos. Resolución de las ecuaciones planteadas: unidireccional, bidireccional, tridireccional, estacionario y no estacionario; otros. Análisis e interpretación de los resultados. Aplicación a casos particulares de interés en Ingeniería Química.
Os devanditos contidos coordinaranse cos da materia Fenómenos de Transporte de modo que os exemplos que se aborden se estudasen previamente dende o punto de vista teórico nesta materia. Articularanse en torno a catro eixes principais
. Introdución aos métodos numéricos.
. Simulación numérica de fenómenos relacionados coa transferencia de cantidade de movemento.
. Simulación numérica de fenómenos relacionados co transporte de enerxía.
. Simulación numérica de fenómenos relacionados co transporte de materia.
Ademais, os devanditos contidos intentarán adaptarse ao perfil dos alumnos que se matriculen no máster, tendo en conta que, en moitos casos, non terán cursado ningunha materia de métodos numéricos. Farase uso do paquete de Comsol Multiphysics.
Bibliografía básica
• COMSOL Multiphysics User’s Guide. Disponible en liña https://www.comsol.com/
• Apuntes de teoría e exercicios da materia "Modelización mediante fenómenos de transporte" do Máster en Enxeñaría Química e Bioprocesos.
Bibliografía complementaria
• BIRD, R.B., STEWART, W.E., LIGHTFOOT, E.N., Fenómenos de Transporte. Ed. castellano Barcelona, Reverté, 1982. ISBN 84-291-7050-2
• BIRD, R.B., STEWART, W.E.,LIGHTFOOT, E.N., Transport Phenomena, 2nd ed. New York, John Wiley & Sons, 2007. ISBN 0-471-41077-2
• BEERS, K.J., Numerical Methods for Chemical Engineering. Applications in Matlab. New York Cambridge University Press, 2007. ISBN-13978-0-521-85971-4
• CUTLIP, M. SHACHAM, M. Problem solving in Chemical Engineering with Numerical Methods. Prentice Hall, 2000. ISBN-10: 0138625662
• DOBRE, T.G. , SANCHEZ MARCANO, J.G. , Chemical Engineering: Modelling, Simulation and Similitude, Wiley-VCH, 2007. ISBN: 9783527306077
• FINLAYSON, B. A., Introduction to chemical engineering computing, USA, John Wiley & Sons, 2006. ISBN-10: 0-471-74062-4
• QUINTELA, P., Métodos numéricos en ingeniería. Tórculo Edicións, 2001. ISBN 84-8408-1710
• QUARTERONI, A. - SALERI, F., Cálculo científico con Matlab y Octave. Springer-Verlag Mailand, 2006. ISBN 978-88-470-0504-4
• RICE, R. G., Do, D., Applied Mathematics and Modelling for Chemical Engineers, 2nd Ed., John Wiley & Sons, 2012. ISBN-10: 1118024729
As competencias son as que se especifican na memoria do título
• Competencias xeráis e básicas: CB7, CB10, CG7, CG9
CB7 - Que os estudantes saiban aplicar os coñecementos adquiridos e a súa capacidade de resolución de problemas en entornos novos ou pouco coñecidos dentro de contextos máis amplos (ou multidisciplinares) relacionados coa súa área de estudo.
CB10 - Desenvolver habilidades de aprendizaxe que lles permitan continuar estudando dun modo que haberá de ser en boa medida autodirixido ou autónomo.
CG7. - Aplicar coñecementos de matemáticas, física, química, bioloxía e outras ciencias naturais, obtidos mediante estudo, experiencia, e práctica, con razonamiento crítico para establecer solucións viables economicamente a problemas técnicos.
CG9. - Saber establecer modelos matemáticos e desenvolvelos mediante a informática apropiada, como base científica e tecnolóxica para o deseño de novos produtos, procesos, sistemas e servizos, e para a optimización doutros xa desenvolvidos.
• Competencias transversais: CT2, CT4
CT2. - Adaptarse aos cambios, sendo capaz de aplicar tecnoloxías novas e avanzadas e outros progresos relevantes, con iniciativa e espírito emprendedor.
CT4. - Capacidade analítica, crítica e de síntese.
• Competencias específicas: CE4, CE6, CE7
CE4. - Capacidade para aplicar o método científico e os principios da enxeñaría e economía, para formular e resolver problemas complexos en procesos, equipos, instalacións e servizos, nos que a materia experimente cambios na súa composición, estado ou contido enerxético, característicos da industria química e doutros sectores relacionados entre os que se encontran o farmacéutico, biotecnolóxico, materiais, enerxético, alimentario ou ambiental.
CE6. - Deseñar produtos, procesos, sistemas e servizos da industria química, así como a optimización doutros xa desenvolvidos, tomando como base tecnolóxica as diversas áreas da enxeñaría química, comprensivas de procesos e fenómenos de transporte, operacións de separación e enxeñaría das reaccións químicas, nucleares, electroquímicas e bioquímicas.
CE7. - Conceptualizar modelos de enxeñaría, aplicar métodos innovadores na resolución de problemas e aplicacións informáticas axeitadas, para o deseño, simulación, optimización e control de procesos e sistemas.
Seguirase a metodoloxía da materia equivalente no novo plan de estudos, na parte referida a simulación con métodos numéricos, que oferta docencia presencial:
P4142102 - Modelización e simulación numérica de fenómenos de transporte
Seguirase o sistema de avaliación da materia equivalente no novo plan de estudos, na parte referida a simulación con métodos numéricos, que oferta docencia presencial:
P4142102 - Modelización e simulación numérica de fenómenos de transporte
-
Maria Dolores Gomez Pedreira
- Departamento
- Matemática Aplicada
- Área
- Matemática Aplicada
- Teléfono
- 881813186
- Correo electrónico
- mdolores.gomez [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Titular de Universidade