-
Créditos ECTS
Créditos ECTS: 12Horas ECTS Criterios/Memorias
Traballo do Alumno/a ECTS: 298.35
Horas de Titorías: 1.25
Clase Interactiva: 0.4
Total: 300Linguas de uso
Castelán, GalegoTipo:
Prácticas Máster RD 1393/2007 - 822/2021Departamentos:
Enxeñaría QuímicaÁreas:
Enxeñaría QuímicaCentro
Escola Técnica Superior de EnxeñaríaConvocatoria:
Prácticas en Empresas de Grao e MásterDocencia:
Con docenciaMatrícula:
Matriculable -
A realización das Prácticas en Empresa ten como obxectivo complementar a formación recibida mediante a aplicación dos coñecementos adquiridos no desenvolvemento profesional ou investigador.
As prácticas poderán ter unha orientación profesional ou investigadora. Os alumnos poderán realizar a estadía nunha empresa, organismo público, universidade, centro de investigación ou centro tecnolóxico que teña asinado un convenio de colaboración coa USC no contexto do Máster, ou ben nun grupo de investigación da USC. Nomearase un titor externo ademais de un profesor titor do Máster.
Non procede.
As que figuran na Memoria do Título:
- Competencias xerais e básicas: CB6, CB7, CB8, CB9, CG1, CG3, CG7, CG8, CG13.
- Competencias específicas: CE1, CE2, CE3, CE4, CE8, CE12.
- Competencias transversais: CT1, CT2, CT5A metodoloxía dependerá das actividades propostas nos centros colaboradores, pero deberá garantir a adquisición de todas as competencias da materia: CB6, CB7, CB8, CB9, CG1, CG3, CG7, CG8, CG13, CE1, CE2, CE3, CE4, CE8, CE12, CT1, CT2, CT5.
O titor de empresa e o titor académico avaliarán as competencias xerais, básicas, específicas e transversais indicadas no apartado de competencias.
Rematado o período de prácticas na empresa/institución, o titor externo deberá remitir un certificado das actividades realizadas polo alumno, xunto coa cualificación que lle outorga, que representará o 40 % da nota final (CB6, CB7, CG3, CG7, CG8, CG13, CE1, CE2, CE3, CE4, CE8, CE12, CT1, CT2, CT5).
Ó finalizar as prácticas, o alumno deberá remitir ó seu titor da USC unha memoria onde se describan as actividades realizadas durante as devanditas prácticas. O titor avaliará e cualificará esta memoria, que significará o 60 % da nota final desta materia (CB8, CB9, CG1).A materia ten unha carga de traballo de 12 ECTS, que equivale a 300 h de traballo total, distribuídas da seguinte forma:
Actividade - Horas presenciais - Horas traballo alumno - ECTS
Seminarios - 0,3 - 283,2 - 11,3
Titorías individualizadas - 1,5 - 15,0 - 0,7
TOTAL - 1,8 - 298,2 - 12,0Recoméndase unha actitude positiva e proactiva para aproveitar ó máximo a potencialidade da estadía na empresa/institución.
-