Créditos ECTS Créditos ECTS: 3
Horas ECTS Criterios/Memorias Traballo do Alumno/a ECTS: 51 Horas de Titorías: 3 Clase Expositiva: 9 Clase Interactiva: 12 Total: 75
Linguas de uso Castelán, Galego
Tipo: Materia Ordinaria Máster RD 1393/2007 - 822/2021
Centro Escola Técnica Superior de Enxeñaría
Convocatoria: Segundo semestre
Docencia: Sen docencia (En extinción)
Matrícula: Non matriculable (Só plans en extinción)
- Adquisición de destrezas na identificación dos líquidos iónicos: formulación e nomenclatura.
- Análise crítica das súas vantaxosas propiedades respecto a disolventes tradicionais.
- Coñecemento dos principais procesos baseados en líquidos iónicos e o seu grao de desenvolvemento.
- Capacitación para o uso de coñecementos, algúns xa adquiridos e outros novos, no deseño e simulación de procesos (mediante ferramentas informáticas) baseados no uso de líquidos iónicos.
Tema 1. Introdución.
Química verde e enxeñaría verde. Sostibilidade. Líquidos iónicos: definición, atractivo, orixes, evolución histórica.
Tema 2. Líquidos iónicos: tipos, propiedades e produción.
Catións e anións en líquidos iónicos. Tipos de líquidos iónicos. 'Disolventes de deseño'. Propiedades físicas, químicas e biolóxicas. Bases de datos. Produción de líquidos iónicos.
Tema 3. Electroquímica con líquidos iónicos.
Almacenamento de enerxía. Electroquímica e baterías.
Tema 4. Líquidos iónicos como disolventes (e catalizadores) en reaccións.
Reaccións orgánicas con líquidos iónicos. Catálise e biocatálise.
Tema 5. Líquidos iónicos en procesos de separación.
Destilación. Absorción. Extracción. Sistemas acuosos bifásicos. Membranas líquidas. Disolución e fraccionamento de biomasa.
Tema 6. Materiais baseados en tecnoloxía de líquido iónico.
Síntese de materiais. Nanotecnoloxía. Tecnoloxía de superficies.
Tema 7. Bio-líquidos iónicos.
Líquidos iónicos deseñados en función da propiedade biolóxica. Actividade antimicrobiana. Compostos farmacéuticos e outros.
Bibliografía básica:
- M. Freemantle. An Introduction to Ionic Liquids. RCS Publishing, Cambridge (Reino Unido), 2010. ISBN 978-1-84755-161-0.
- M. B. Shiflett (Ed.). Commercial Applications of Ionic Liquids. Springer, Cham (Suíza), 2020. ISBN 978-3-030-35244-8.
Bibliografía complementaria (recursos electrónicos):
- S. T. Handy (Ed.). Ionic Liquids-Classes and Properties. InTech, Croacia, 2011. ISBN 978-953-307-634-8.
- S. T. Handy (Ed.). Applications of Ionic Liquids in Science and Technology. InTech, Croacia, 2011. ISBN 978-953-307-605-8.
- J. I. Kadokawa (Ed.). Ionic Liquids-New Aspects for the Future. InTech, Croacia, 2013. ISBN 978-953-51-0937-2.
- A. Kokorin (Ed.). Ionic Liquids: Applications and Perspectives. InTech, Croacia, 2011. ISBN 978-953-307-248-7.
- A. Kokorin (Ed.). Ionic Liquids: Theory, Properties, New Approaches. InTech, Croacia, 2011. ISBN 978-953-307-349-1.
Competencias básicas e xerais
CB6.- Posuír e comprender coñecementos que aporten unha base ou oportunidade de ser orixinais no desenvolvemento e/ou aplicación de ideas, a miúdo nun contexto de investigación.
CB9.- Que os estudantes saiban comunicar as súas conclusións e os coñecementos e razóns últimas que as sustentan a públicos especializados e non especializados dun modo claro e sen ambigüidades.
CG1.- Ter adquirido coñecementos avanzados e demostrado, nun contexto de investigación científica e tecnolóxica ou altamente especializado, unha comprensión detallada e fundamentada dos aspectos teóricos e prácticos e da metodoloxía de traballo nun ou máis campos de estudo.
CG6.- Ter habilidade para solucionar problemas que son pouco familiares, incompletamente definidos, e teñen especificacións en competencia, considerando os posibles métodos de solución, incluídos os máis innovadores, seleccionando o máis apropiado, e poder corrixir a posta en práctica, avaliando as diferentes solucións de deseño.
CG15.- Adaptarse aos cambios estruturais da sociedade motivados por factores ou fenómenos de índole económica, enerxética ou natural, para resolver os problemas derivados e achegar solucións tecnolóxicas cun elevado compromiso de sostibilidade.
Competencias específicas
CE3.- Aplicar os coñecementos adquiridos e a súa capacidade de resolución de problemas en ámbitos novos ou pouco coñecidos dentro de contextos máis amplos (ou multidisciplinares) relacionados coa área de estudo de Enxeñaría Química.
CE5.- Concibir, proxectar, calcular, e deseñar procesos, equipos, instalacións industriais e servizos, no ámbito da enxeñaría química e sectores industriais relacionados, en termos de calidade, seguridade, economía, uso racional e eficiente dos recursos naturais e conservación do medio ambiente.
CE6.- Deseñar produtos, procesos, sistemas e servizos da industria química, así como a optimización doutros xa desenvolvidos, tomando como base tecnolóxica as diversas áreas da enxeñaría química, comprensivas de procesos e fenómenos de transporte, operacións de separación e enxeñaría das reaccións químicas, nucleares, electroquímicas e bioquímicas.
CE7.- Conceptuar modelos de enxeñaría, aplicar métodos innovadores na resolución de problemas e aplicacións informáticas axeitadas, para o deseño, simulación, optimización e control de procesos e sistemas.
CE11.- Abordar un problema real de Enxeñaría Química baixo unha perspectiva científica, recoñecendo a importancia da busca e xestión da información existente.
Competencias transversais
CT2.- Adaptarse aos trocos, sendo capaz de aplicar tecnoloxías novas e avanzadas e outros progresos relevantes, con iniciativa e espírito emprendedor.
CT6.- Compromiso ético no marco do desenvolvemento sostible.
Seguirase a metodoloxía da materia equivalente no novo plan de estudos, que oferta docencia presencial:
P4142205 - Líquidos iónicos en procesos químicos e bioprocesos
Seguirase o sistema de avaliación da materia equivalente no novo plan de estudos, que oferta docencia presencial:
P4142205 - Líquidos iónicos en procesos químicos e bioprocesos
-
Ana Maria Soto Campos
- Departamento
- Enxeñaría Química
- Área
- Enxeñaría Química
- Teléfono
- 881816760
- Correo electrónico
- ana.soto [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Catedrático/a de Universidade
Hector Rodriguez Martinez
- Departamento
- Enxeñaría Química
- Área
- Enxeñaría Química
- Teléfono
- 881816804
- Correo electrónico
- hector.rodriguez [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Titular de Universidade