Créditos ECTS Créditos ECTS: 3
Horas ECTS Criterios/Memorias Traballo do Alumno/a ECTS: 51 Horas de Titorías: 3 Clase Expositiva: 9 Clase Interactiva: 12 Total: 75
Linguas de uso Castelán, Galego
Tipo: Materia Ordinaria Máster RD 1393/2007 - 822/2021
Centro Escola Politécnica Superior de Enxeñaría
Convocatoria: Primeiro semestre
Docencia: Sen docencia (En extinción)
Matrícula: Non matriculable (Só plans en extinción)
Saber xestionar equipos e instalacións que se integren nos procesos e sistemas de produción de alimentos, destacando a importancia da eficiencia enerxética dos mesmos.
A memoria do título contempla para esta materia os seguintes contidos:
Regulación, instrumentación e control de sistemas e liñas de produción. Visualización e optimización de procesos agroalimentarios: monitorización e control enerxético. Sustentabilidade e eficiencia enerxética. Sistemas de xestión enerxética: auditorías enerxéticas. Mellora da xestión enerxética: coxeración e aforro enerxético. Distribución e comercialización da enerxía eléctrica. Tarifas e custo da enerxía.
Os contidos da materia desenvólvense de acordo co seguinte temario:
CONTIDOS TEÓRICOS:
• Directiva (UE) 2018/844 do Parlamento Europeo e do Consello, do 30 de maio de. Aspectos ambientais, económicos e legais no ámbito enerxético. (2 h; non presenciais: 2 h)
• Mercados enerxéticos, xestión da oferta e a demanda. (3 h; non presenciais: 4,50 h)
• Transformación e uso da enerxía. (2 h; non presenciais: 3 h)
• Eficiencia enerxética. (2 h; non presenciais: 3 h)
• Mellora da xestión enerxética: coxeneración e aforro enerxético. (2 h; non presenciais: 3 h)
• Sistemas de xestión enerxética: auditorías enerxéticas (3 h; non presenciais: 4,50 h)
CONTIDOS PRÁCTICOS:
• Corrección do f.d.p. (2 h; non presenciais: 2 h)
• Tarificación básica. (2 h; non presenciais: 2 h)
• Técnicas de aforro enerxético. (2 h; non presenciais: 2 h)
• Auditorías enerxéticas. (4 h; non presenciais: 4 h)
A estimación da duración é aproximada, en función das necesidades docentes.
BIBLIOGRAFÍA BÁSICA
Francisco Moles Ribera e Joaquín Navarro Esbri. 2015. Gestión Energética en Plantas Industriales. Ed. Antonio Madrid Vicente. ISBN: 9788494345173.
Balcells, J. et al. 2011. Eficiencia en el uso de la energía eléctrica. Marcombo. 333 pax. ISBN 9788426716958.
Pack Eficiencia energética. Asociación Española de Normalización y Certificación (AENOR). 2015. ISBN-13: 978-8481438871
Martínez, D. M., Ebenhack, B. W., & Wagner, T. P. 2019. Energy efficiency: Concepts and calculations. Elsevier
BIBLIOGRAFÍA COMPLEMENTARIA
Carretero Peña, Antonio e García Sánchez, Juan M. 2012. Gestión de la eficiencia energética: cálculo del consumo, indicadores y mejora. AENOR Ediciones. Madrid (216 páx.). ISBN: 9788481437522.
Fernández Salgado, José María. 2011. Eficiencia energética en los edificios. AMV Ed, 1ª ed. Madrid (244 pax.). ISBN: 9788496709713
Kanoglu, M. and Çengel, Y. A. (2020). Energy Efficiency and Management for Engineers. McGraw-Hill Education
COMPETENCIAS BÁSICAS E XERAIS
CG1 - Capacidade para planificar, organizar, dirixir e controlar os sistemas e procesos produtivos desenvolvidos no sector agrario e a industria agroalimentaria, nun marco que garanta a competitividade das empresas sen esquecer a protección e conservación do medio ambiente e a mellora e desenvolvemento sustentable do medio rural.
CG2 - Capacidade para deseñar, proxectar e executar obras de infraestrutura, os edificios, as instalacións e os equipos necesarios para o desempeño eficiente das actividades produtivas realizadas na empresa agroalimentaria.
CG4 - Capacidade para aplicar os coñecementos adquiridos para a solución de problemas expostos en situacións novas, analizando a información proveniente da contorna e sintetizándoa de forma eficiente para facilitar o proceso de toma de decisión en empresas e organizacións profesionais do sector agroalimentario.
CG5 - Capacidade para transmitir os seus coñecementos e as conclusións dos seus estudos ou informes, utilizando os medios que a tecnoloxía de comunicacións permita e tendo en conta os coñecementos do público receptor.
CG7 - Aptitude para desenvolver as habilidades necesarias para continuar a aprendizaxe de forma autónoma ou dirixida, incorporando á súa actividade profesional os novos conceptos, procesos ou métodos derivados da investigación, o desenvolvemento e a innovación.
CB6 - Posuír e comprender coñecementos que acheguen unha base ou oportunidade de ser orixinais no desenvolvemento e/ou aplicación de ideas, a miúdo nun contexto de investigación.
CB7 - Que os estudantes saiban aplicar os coñecementos adquiridos e a súa capacidade de resolución de problemas en contornas novas ou pouco coñecidos dentro de contextos máis amplos (ou multidisciplinares) relacionados coa súa área de estudo.
CB8 - Que os estudantes sexan capaces de integrar coñecementos e enfrontarse á complexidade de formular xuízos a partir dunha información que, sendo incompleta ou limitada, inclúa reflexións sobre as responsabilidades sociais e éticas vinculadas á aplicación dos seus coñecementos e xuízos.
CB9 - Que os estudantes saiban comunicar as súas conclusións e os coñecementos e razóns últimas que as sustentan a públicos especializados e non especializados dun modo claro e sen ambigüidades.
CB10 - Que os estudantes posúan as habilidades de aprendizaxe que lles permitan continuar estudando dun modo que haberá de ser en gran medida autodirixido ou autónomo.
COMPETENCIAS TRANSVERSAIS
CT1 - Capacidade de análise e síntese.
CT2 - Capacidade para o razoamento e a argumentación.
CT3 - Capacidade de traballo individual, con actitude autocrítica.
CT4 - Capacidade para traballar en grupo e abarcar situacións problemáticas de forma colectiva.
CT5 - Capacidade para obter información adecuada, diversa e actualizada.
CT6 - Capacidade para elaborar e presentar un texto organizado e comprensible
CT7 - Capacidade para realizar unha exposición en público de forma clara, concisa e coherente
CT8 - Compromiso de veracidade da información que ofrece aos demais.
CT9 - Habilidade no manexo de tecnoloxías da información e da comunicación (TIC).
CT10 - Utilización de información bibliográfica e da internet.
CT11 - Utilización de información en lingua estranxeira.
CT12 - Capacidade para resolver problemas mediante a aplicación integrada dos seus coñecementos.
COMPETENCIAS ESPECÍFICAS
CE3 - Coñecementos adecuados e capacidade para desenvolver e aplicar tecnoloxía propia na xestión de equipos e instalacións que se integren nos procesos e sistemas de produción agroalimentaria.
A docencia presencial desenvolverase mediante a aplicación das seguintes metodoloxías:
LECCIÓN MAXISTRAL PARTICIPATIVA. SEMINARIOS E CONFERENCIAS
Son clases de teoría nas que se presentarán os contidos do programa en liñas xerais , con axuda de medios audiovisuais. O obxectivo destas clases é proporcionar ao alumnado os coñecementos básicos que lle permitan abordar o estudo da materia de xeito autónomo con axuda da bibliografía recomendada e dos exercicios e traballos que realice durante o curso. O estudante disporá do material docente na Aula Virtual da materia. Traballaranse as seguintes competencias: CG1, CG2, CG7, CB6, CB9, CB10, CT3, CT5, CT10, CT11.
A parte de seminarios e conferencias complementarase mediante a colaboración con empresas do sector para que os seus técnicos colaboren nas clases expositivas. Traballaranse as seguintes competencias: CG1, CG4, CB9, CE3, CT2, CT4, CT5, CT8.
RESOLUCIÓN DE PROBLEMAS. ELABORACIÓN E PRESENTACIÓN DE TRABALLOS DE CURSO.
Son clases nas que se realizarán exercicios de cada tema. Os estudantes disporán do seguinte material depositado na Aula Virtual da materia:
• Exercicios propostos.
• Guións de traballos propostos.
Promoverase a interactuación entre docente e estudantes na resolución dos exercicios e problemas propostos. Traballaranse as seguintes competencias: CG4, CG5, CG7, CB7, CB8, CT1, CT2, CT4, CT5, CT6, CT7, CT9.
APRENDIZAXE BASEADO NA RESOLUCIÓN DE CASOS PRÁCTICOS E EN PROXECTOS.
Proporase un traballo de curso baseado nun caso práctico para a elaboración dunha auditoría enerxética ou similar para a súa elaboración de xeito individual ou en grupos. Traballaranse as seguintes competencias: CG4, CG5, CG7, CB7, CB8, CT1, CT2, CT4, CT7, CT9, CT10, CT12, CE3.
PRÁCTICAS DE LABORATORIO, CAMPO OU AULA DE INFORMÁTICA.
Para a realización das prácticas de laboratorio, campo ou informática, cada alumno/a traballará en grupo seguindo as instrucións dos guións de prácticas e as indicacións docentes. Será necesario a entrega das cuestións formuladas nos guións de prácticas. Traballaranse as seguintes c0mpetencias: CG4, CT2, CT4, CT9, CT12, CE3.
Como actividade transversal, proporase a xeración dun glosario científico-técnico, en inglés, dos termos empregados nas prácticas, para o cal se empregará o Tesauro da UNESCO (http://vocabularies.unesco.org/browser/thesaurus/es/).
TITORÍAS INDIVIDUALIZADAS E COLECTIVAS.
Cada alumno/a pode acudir a titorías individuais a demanda no horario da profesora para calquera cuestión relacionada coa materia. Nas sesións programadas no horario da materia atenderase ao alumnado asistente para discutir, comentar, clarexar ou resolver calquera dúbida ou cuestión relacionada co desenvolvemento da materia.
Traballaranse as seguintes competencias: CG4, CB7, CB8, CT1, CT3, CT4, CT11.
O traballo non presencial é fundamental na aprendizaxe da materia e no grao de interacción do alumnado que debe desenvolver:
• Traballo autónomo e estudio independente dos alumnos
• Traballo en grupo e aprendizaxe cooperativa. Sesións de discusión activa.
• Avaliación de competencias mediante exercicios de control.
Traballaranse as seguintes competencias: CG1, CT1, CT3, CT10, CT11, CT12.
Para impartir a docencia empregaranse os seguintes recursos:
• Realización de presentacións mediante ordenador.
• Utilización de lousas clásicas.
• Utilización da aula virtual para proporcionar o seguinte material:
1. Desenvolvemento do temario teórico.
2. Actividades propostas en sesións interactivas.
3. Actividades propostas como traballo individual.
4. Guións de prácticas.
5. Guión para a elaboración do traballo de curso, suposto práctico de elaboración dunha auditoría enerxética dunha industria alimentaria.
6. Outra información de interese.
Efectuarase un seguimento da aprendizaxe dos estudantes perante os seguintes apartados: exame/s parcial/ais a realizar ao longo do curso, un exame final, traballo de curso e a realización de prácticas que terán as competencias asociadas e o seguinte peso na cualificación final.
Sistema de avaliación Competencias Peso na cualificación
Proba ou probas, orais e/ou escritas CG4, CG5, CB6, CB10, CE3, CT1, CT2, CT3, CT5, CT10, CT11. 50%
Realización de exercicios CG1, CG2, CG5, CG7, CB7, CB8, CB9, CB10, CE3, CT4, CT5, CT6, CT7, CT8, CT9, CT10, CT11, CT12. 10%
Traballos entregados e/ou presentados CG1, CG2, CG5, CG7, CB7, CB8, CB9, CB10, CE3, CT4, CT5, CT6, CT7, CT8, CT9, CT10, CT11, CT12. 20%
Aproveitamento das prácticas CG1, CG4, CG5, CB7, CB8, CB10, CE3, CT5, CT6, CT8, CT9, CT10. 20%
A porcentaxe dedicada a exames (50%) pódese obter na súa totalidade no exame final tanto no primeiro coma no segundo período de avaliación. A obtención dunha nota maior ou igual a 5 nos exames parciais permitirá aos estudantes eliminar esa parte da materia de cara ao exame do primeiro período de avaliación. Os traballos e outras actividades desenvolvidas nas clases e a memoria de prácticas deberán ser entregadas nos prazos establecidos, que será como máximo unha semana antes da data do exame de primeiro período de avaliación. Os traballos só terán validez durante o curso académico.
Para superar a materia é necesario que se cumpran ámbolos dous requisitos:
• obter unha nota mínima de 3 puntos sobre 10 en cada un dos apartados a avaliar.
• a nota global obtida como ponderación segundo a táboa dos exames, traballos e memoria de prácticas sexa como mínimo de 5 puntos sobre 10.
En caso de que o estudante non superara a materia no primeiro período de avaliación, deberase presentar ao exame final do segundo período, examinándose das partes que teña suspensas.
Na segunda oportunidade de avaliación manterase a distribución da cualificación e as cualificacións de todos os apartados establecidos para a primeira oportunidade, é dicir, das probas parciais, memoria de prácticas, traballos e outras actividades desenvolvidas. O alumno presentarase ao exame desta oportunidade nas mesmas condicións que ao exame ordinario, o cal implica que non poderá entregar traballos nin memorias pendentes. Os/as alumnos/as repetidores/as cursarán a materia completa.
A cualificación de “non presentado” estará reservada para o alumnado que non posúa cualificación algunha nos distintos apartados da avaliación.
Os/As alumnos/as que teñan concedida a dispensa de asistencia segundo a Instrución 1/2017 da Secretaría Xeral, poderán facer entrega de todas as actividades que se leven a cabo ao longo do curso, xa que estarán á súa disposición no Campus Virtual, polo que a súa avaliación será nas mesmas condicións cos/as demais alumnos/as.
Para os casos de realización fraudulenta de exercicios ou probas será de aplicación o recollido na Normativa de avaliación do rendemento académico dos estudantes e de revisión de cualificacións. A realización fraudulenta dalgún exercicio ou proba exixida na avaliación dunha materia implicará a cualificación de suspenso na convocatoria correspondente, con independencia do proceso disciplinario que se poida seguir contra o alumno infractor. Considerarase fraudulenta, entre outras, a realización de traballos plaxiados ou obtidos de fontes accesibles ao público sen reelaboración ou reinterpretación e sen citas aos autores e das fontes.
TRABALLO PRESENCIAL NA AULA/HORAS
Docencia expositiva: 12 h
Docencia interactiva: 12 h
Actividades de evaluación: 2 h
Total: 26 horas
TRABALLO PERSOAL DO ALUMNADO/HORAS
Lectura e preparación de temas: 20 h
Realización de exercicios: 10 h
Elaboración de traballos de curso: 10 h
Preparación de probas de avaliación: 9 h
Total: 49 horas
TOTAL: 75 horas
Trátase dunha materia orientada dun xeito eminentemente práctico e aplicado, polo que o seu estudo pode ser entretido. Recoméndase:
1. Prestar atención ás breves explicacións teóricas.
2. Traballo continuo durante o curso e a consulta de dúbidas que poidan xurdir tanto nas clases como nas titorías.
3. Realizar como traballo autónomo as actividades propostas.
4. Realización do/s traballo/s de curso.
Materia en extinción no curso 2024/25, sen docencia pero con dereito á avaliación co sistema especificado para estudantes repetidores.
Os estudantes matriculados na materia contarán con atención presencial continuada no horario de titorías no despacho número 12 do pavillón 2, planta 2ª superior. Ademais prestarase atención a través do Campus Virtual e do correo electrónico do profesor: manuelramiro.rodriguez [at] usc.es (manuelramiro[dot]rodriguez[at]usc[dot]es)
O idioma empregado será o galego.
A admisión de alumnos matriculados no laboratorio de prácticas require que estes coñezan e cumpran as "normas xerais de seguridade nos laboratorios de prácticas" da Universidade de Santiago de Compostela. Dita información atópase dispoñible na páxina web (www.usc.es/estaticos/servizos/sprl/normalumlab.pdf).
Manuel Ramiro Rodriguez Rodriguez
- Departamento
- Enxeñaría Agroforestal
- Área
- Enxeñaría Agroforestal
- Correo electrónico
- manuelramiro.rodriguez [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Titular de Universidade