A Universidade, através do Servizo de Relacións Exteriores, mantén un sistema de información permanente que se complementa con campañas e accións informativas específicas de promoción das convocatorias.
Ademais, conta con recursos de apoio para os estudantes de acollida, tales como a reserva de prazas nas residencias universitarias, ou o Programa de Atención a Estudantes Extracomunitarios (PATEX) do Vicerreitorado con competencias en mobilidade, através do cal voluntarios/as da USC realizan tarefas de acompañamento dirixidas á integración na cidade e na universidade dos estudantes de acollida.
Tamén se organiza unha sesión de recepción, ao comezo de cada cuadrimestre, en que se informa e orienta sobre o centro e os estudos, á vez que se poñen en contacto cos coordinadores académicos, que actuarán como titores, e o persoal do centro implicado na súa atención.
A universidade dispón de diversos servizos para o apoio e orientación do alumnado durante a súa traxectoria universitaria:
Asesoramiento e acción tutorial.
- Informa sobre as características académicas dos estudos e sobre as súas saídas profesionais.
- Informa sobre o réxime de acceso e permanencia do alumnado na universidade.
- Informa sobre os dereitos do alumnado e asesora sobre o modo de exercelos e/ou reclamalos.
- Informa, a nivel xeral e nos centros, das bolsas e axudas convocadas.
- Promove a creación de bolsas e axudas e propoñe ás Xuntas de Goberno as accións a levar a cabo en materia de bolsas, axudas e exencións.
- Asesora na procura de emprego. Nesta liña realízanse varias actuacións que teñen como finalidade atender necesidades de información e orientación laboral. Ofrece información sobre saídas profesionais, prácticas, ofertas de emprego, direccións de empresas, axudas e subvencións para o autoemprego.
- Asesora na creación de empresas novas.
- Asesora sobre programas europeos.
A USC Dispón tamén de plans de acción tutorial que asignan profesorado titor ao alumnado para ofrecer asesoramiento académico en canto ás opcións e a orientación do seu proxecto académico e profesional.