Créditos ECTS Créditos ECTS: 3
Horas ECTS Criterios/Memorias Traballo do Alumno/a ECTS: 51 Horas de Titorías: 3 Clase Expositiva: 9 Clase Interactiva: 12 Total: 75
Linguas de uso Castelán, Galego
Tipo: Materia Ordinaria Máster RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Economía Aplicada
Áreas: Economía Aplicada
Centro Facultade de Ciencias Económicas e Empresariais
Convocatoria: Primeiro semestre
Docencia: Con docencia
Matrícula: Matriculable | 1ro curso (Si)
-Coñecer políticas e modos de gobernanza da sustentabilidade nos entornos urbano e rural.
-Coñecer o contexto socioeconómico rexional no que deben abordarse os retos da sustentabilidade e a economía circular.
-Adquisición de coñecementos especializados sobre a estrutura sectorial e territorial da economía galega e as súas transformacións recentes.
-Coñecemento dos trazos que definen a estrutura sectorial e territorial da economía galega nunha perspectiva comparada (no contexto de España e a UE).
-Familiarizar ao alumnado coa bibliografía máis relevante e as principais fontes estatísticas para o estudo da estrutura sectorial e territorial da economía galega.
-Dotar aos/ás estudantes do marco conceptual e os instrumentos de análise para a elaboración dos seus propios diagnósticos sobre aspectos ou cuestións concretas relativas á economía galega.
1. UNHA PRIMEIRA VISIÓN XERAL SOBRE A DINÁMICA RECENTE E A ESTRUTURA ACTUAL DA ECONOMÍA GALEGA
1.1. Crecemento económico e mellora dos niveis de vida
1.2. Transformacións na estrutura sectorial e na estrutura social
1.3. Os cambios demográficos: volume, estrutura e distribución espacial da poboación
1.4. As mudanzas no sector público e no marco institucional
1.5. Inserción económica externa: a resposta da economía galega á integración europea e a globalización
2. ESTRUTURA PRODUTIVA E RELACIÓNS INTERSECTORIAIS; OS PRINCIPAIS COMPLEXOS OU CADEAS PRODUTIVAS
2.1. Fontes estatísticas para o estudo da estrutura produtiva e as relacións intersectoriais na economía galega
2.2. A estrutura sectorial da economía galega: transformacións nas décadas recentes; estrutura actual do PIB e o emprego
2.3. Estrutura produtiva e relacións intersectoriais; conceptos básicos da análise input-output
2.4. Os principais complexos ou cadeas produtivas na economía galega: delimitación a partir das Táboas Input-Output
2.5. Análise específica dalgúns complexos produtivos
3. A INSERCIÓN ECONÓMICA EXTERNA DE GALIZA: COMERCIO INTERREXIONAL E INTERNACIONAL
3.1. O cadro macroeconómico actual desde a perspectiva da demanda; a relación entre produción e demanda interna
3.2. Volume e saldo do comercio externo global de bens e servizos de Galiza
3.3. Importancia relativa e saldo do comercio interrexional e internacional
3.4. Comercio internacional
-Evolución do volume e o saldo comercial
-Distribución por áreas xeográficas e países
-Composición por produtos; a especialización comercial internacional da economía galega
3.5. Comercio interrexional
-Magnitude e saldo do comercio coas outras CCAA españolas
-Distribución do comercio por Comunidades Autónomas
-A especialización comercial de Galiza dentro do mercado español
4. DISTRIBUCIÓN ESPACIAL DA POBOACIÓN E AS ACTIVIDADES ECONÓMICAS; AS DISPARIDADES TERRITORIAIS INTERNAS NOS NIVEIS DE RENDA E DESENVOLVEMENTO
4.1. A estrutura espacial interna da economía galega: consideracións iniciais e principais fontes para o seu estudo
4.2. Distribución xeográfica da poboación; os crecentes contrastes demográficos a nivel provincial, comarcal e municipal
4.3. Indicadores económicos globais: as desigualdades territoriais no nivel do PIB e a Renda Disponíbel por habitante
4.4. Pautas de localización das diferentes actividades económicas; a especialización produtiva a nivel comarcal e municipal
4.5. A mobilidade da poboación: migracións internas e desprazamentos diarios ao lugar de traballo; a configuración de mercados de traballo comarcais
Bibliografía básica
CANCELO, J.R: (dir.) (2006): La economía de Galicia: Un análisis cuantitativo, Instituto de Estudios Económicos de Galicia. Fundación Barrié de la Maza, A Coruña.
CARMONA, X; J. NADAL (2005): El empeño industrial de Galicia: 250 años de historia 1750-2000, Fundación Barrié de la Maza, A Coruña.
FERNÁNDEZ LEICEAGA, X.; LÓPEZ IGLESIAS, E. (2000): Estrutura Económica de Galiza, Ed. Laiovento, Santiago de Compostela.
LÓPEZ IGLESIAS, E. (2016): “Do atraso ao progreso económico de Galiza ? Un proceso histórico á espera dun relato”, en Dubert, I. (Ed.): Historia das historias de Galicia. Ed. Xerais. Vigo, pp. 329-356.
LÓPEZ IGLESIAS, E.; ARES, J.J. (eds.) (2002): Novos escenarios para a economía galega. Actas do II Congreso de Economía de Galicia, Serv. de Publicacións da Universidade de Santiago de Compostela.
PRADA BLANCO, A.; LAGO PEÑAS, S. (2009): Galicia, unha economía europea 1986-2006, Ed. Galaxia, Vigo.
VENCE, X. (2000): “Cambio estructural e innovación na economía galega: os retos na soleira do século XXI”, Revista galega de economía, Vol. 9, Nº 1, pp. 43-88.
VVAA (2000): Revista Galega de Economía, vol. 9, nº 1, número monográfico “A economía galega ante o século XXI”.
Bibliografía complementaria
AFUNDACIÓN-OBRA SOCIAL ABANCA (varios anos): A economía galega. Informe ..., AFundación, A Coruña (informes anuais publicados desde 1986).
ALONSO VILLAR, O. (Dir.) (2006): La concentración geográfica de la industria en Galicia, Instituto Estudios Económicos de Galicia. Fundación Barrié de la Maza, A Coruña.
CALVO, E.; IGLESIAS, C.; LÓPEZ, E.; SANTIAGO, I.; SILVEIRA, S.; VILLAR, E. (2013): “O grao de urbanización en Galicia: diferenzas socioeconómicas entre as distintas zonas”, Revista Galega de Economía, vol. 22, nº 2, pp. 57-78.
CONSELLO ECONÓMICO E SOCIAL DE GALICIA (2017). Por unha alianza no sector industrial galego. CES, Santiago de Compostela. http://www.ces-galicia.org/publicacions/informes/alianza-no-sector-indu…
CORBELLE, E.; CRECENTE, R. (2014): Urbanización, forestación e abandono. Cambios recentes na paisaxe de Galicia 1985-2005. Revista Galega de Economía, 23(1), 35-52.
CORBELLE, F.; TROITIÑO, A. (2013): “Desigualdade e pobreza en Galicia nos anos 2007 e 2010. Como se distribúen os efectos da crise ?”, Revista Galega de Economía, vol. 22, nº extraordinario (setembro 2013), pp. 167-200.
DE LA TORRE CUEVAS, F. (2020): “Mudanzas e continuidades na estrutura económica de Galicia tras a crise financeira. Unha análise a través de táboas input-output (TIO) dos anos 2008 e 2016”. Revista galega de economía, 29(3), pp. 1-27.
FERNÁNDEZ, M.; FERNÁNDEZ GRELA, M. (2003): La estructura productiva de la economía gallega, CIEF-Fundación Caixa Galicia, A Coruña.
FERNÁNDEZ LEICEAGA, X. (2014): ¿Que futuro demográfico nos agarda e como pode incidir no noso benestar ? Foro Económico de Galicia. Documento 7/2014.
FERNÁNDEZ LEICEAGA, X.; LÓPEZ IGLESIAS, E. (2013): “As transformacións socioeconómicas de Galicia. Balance de cinco décadas”, Grial. Revista Galega de Cultura, nº 200, pp. 40-49.
FERRÁS, C. (2011): “Da aldea ao suburbio. Cambios demográficos e territoriais en Galicia, 1990-…”, Revista Galega de Economía, Vol. 20, nº extraordinairo, pp. 11-30.
GARCÍA ARIAS, A.I. (2004): Análise da cadea da madeira en Galicia a través das Táboas Input-Output, CIEF-Fundación Caixa Galicia, A Coruña.
GRADÍN, C.; DEL RIO, C.; CANTÓ, O. (2006): La distribución de la renta en Galicia. Análisis territorial de la desigualdad y la pobreza. CIEF-Fundación Caixa Galicia, A Coruña.
IGE (2010): A economía galega a través do Marco Input-Output de Galicia 2005, Xunta de Galicia, Santiago de Compostela.
LAGO PEÑAS, S. (2021): 40 años de descentralización en España (1978-2018): balance y perspectivas, Funcas, Madrid.
LAGO PEÑAS, S.; VAQUERO, A. (Coord.) (2008): Presente e futuro do municipalismo galego, EGAP, Santiago de Compostela.
LÓPEZ IGLESIAS, E. (2019a): Realidade actual e retos futuros do medio rural en Galicia. En: Pasado, presente e futuro do mundo rural. Feiraco, un modelo cooperativo de 50 anos. Ed. Galaxia, Vigo, pp. 75-106.
LÓPEZ IGLESIAS, E. (2019b): O sector agrario e agroalimentario en Galicia; balance das transformacións desde a integración europea, 1986-2016. Revista Galega de Economía, 28(3), pp. 1-20.
LÓPEZ IGLESIAS, E.; PÉREZ FRA, M. (2004): “Axuste agrario e despoboación rural: as tendencias recentes en Galicia”, Grial, nº 162, pp. 36-43.
LÓPEZ IGLESIAS, E.; PÉREZ FRA, M. (2017): Unha estratexia para a Galicia rural do século XXI. Diagnóstico e propostas para o debate. Foro Económico de Galicia, Documento 22/2017.
MARTÍNEZ, M.; PEÓN, D. (2015): “Patróns de despoboamento do rural galego: Unha análise por comarcas”, Revista Galega de Economía, vol. 24, nº 1, pp. 63-80.
MEIXIDE, A. (coord.) (2011): La internacionalización de la economía gallega 2010. CIEF-Fundación Caixa Galicia, A Coruña.
PENA LÓPEZ, J.A.; SÁNCHEZ SANTOS, J.M. (2007): “Caracterización da dinámica socioeconómica galega: unha perspectiva microxeográfica”, Revista Galega de Economía, vol. 16, nº 2, pp. 133-156.
PRADA, A. (Coord.) (2007): Globalización, competencia e deslocalización. Perspectivas dende Galicia, Xunta de Galicia, Santiago de Compostela.
RODIL MARZÁBAL, O. (2007): “A inserción das economías periféricas no novo patrón de comercio intra-industrial: o caso da economía galega (1988-2005)”, Revista Galega de Economía, vol. 17, núm. 1, pp. 201-216.
RODIL MARZÁBAL, O. (2009): “La internacionalización de la economía gallega”, en GONZÁLEZ LAXE, F. (coord.): Galicia. Economía, Hércules Ed., A Coruña, pp. 328-377.
VALDES PAÇOS, B.; LÓPEZ IGLESIAS, E. (2008): Análise do complexo de producción agroalimentario galego a través das táboas input-output, Fundación Caixa Galicia, A Coruña.
VENCE, X. (2009): "O sistema galego de innovación e dinámica económica", en F. González Laxe (coord): Galicia. Economía. t. LX. Ed Hércules, pp. 438-490
Competencias Básicas
CB7- Saber aplicar os coñecementos adquiridos e a capacidade de resolución de problemas en entornos novos ou pouco coñecidos dentro de contextos máis amplos (ou multidisciplinares) relacionados coa súa área de estudo.
CB8- Ser capaz de integrar coñecementos e enfrentarse á complexidade de formular xuízos a partir dunha información que, sendo incompleta ou limitada, inclúa reflexións sobre as responsabilidades sociais e éticas vinculadas á aplicación dos seus coñecementos e xuízos.
CB9- Saber comunicar conclusións –e os coñecementos e razóns últimas que as sustentan– a públicos especializados e non especializados dun modo claro e sen ambigüidades.
CB10- Adquirir as habilidades de aprendizaxe que permitan continuar estudando dun modo que haberá de ser en grande medida autodirixido ou autónomo.
Competencias Transversais
CT1 Comunicación oral e escrita
CT3 Razoamento crítico
CT4 Autonomía na aprendizaxe
CT5 Traballo en equipo
CT6 Sensibilidade cara a problemas sociais e ambientais
CT7 Creatividade e capacidade innovadora
CT8 Competencia para a busca e xestión de información e datos
Competencias Específicas
CE3 - Localizar, seleccionar e analizar información e fontes estatísticas, documentais e bibliográficas de utilidade, interese e aplicación no estudo do desenvolvemento económico, da innovación e da sustentabilidade.
CE4 - Coñecer e aplicar as técnicas de investigación cuantitativa e cualitativa en economía e as ferramentas de diagnóstico para poder elaborar estudos e informes de carácter científico, técnico e de consultoría no ámbito da sustentabilidade, a economía ecolóxica, a economía circular e a innovación.
CE5 – Coñecer as características e tendencias do sistema económico e da estrutura económica do noso entorno que permitan comprender as forzas que impulsan a innovación e as transformacións económicas e a súa relación contraditoria cos límites ecolóxicos do planeta, a fin de deseñar e analizar de forma realista as diferentes estratexias e políticas.
A docencia da materia desenvólvese a través de clases expositivas e clases interactivas.
Nas clases expositivas explicaranse os principais contidos teóricos da materia co apoio de presentacións en power point. Nestas sesións tamén se proporcionará aos alumnos/as información complementaria (sobre a bibliografía recomendada e páxinas web de interese) que facilite o proceso de aprendizaxe autónomo.
As sesións interactivas estarán dedicadas a profundizar nos conceptos vistos nas clases teóricas. Tendo para isto como base unha posta en común e un debate colectivo a partir de diferentes textos.
Un soporte esencial está constituído pola Aula Virtual da materia, na que os/as alumnos/as encontrarán: o programa detallado; presentacións en power point para cada unha das clases de docencia expositiva; textos de lectura obrigatoria; unha recompilación de publicacións e documentos de interese.
Para os casos de realización fraudulenta de exercicios ou probas será de aplicación o recollido na Normativa de avaliación do rendemento académico dos estudantes e de revisión de cualificacións.
O sistema de avaliación consta de tres tipos de mecanismos:
a. Exame
Peso na cualificación final: 40%.
b. Asistencia e participación activa nas clases, exposición nas clases interactivas de temas preparados previamente (a partir de materiais disponibles na Aula Virtual), presentación oral do traballo de curso.
Peso na cualificación final: 30%.
c. Elaboración dun traballo breve ou “estudo de caso” (máximo de 3.000 palabras) de carácter individual sobre un tema elexido por cada alumno/a:
-Referido a algunha cuestión relacionada coa estrutura sectorial, os complexos ou cadeas produtivas e a inserción externa da economía galega.
-Ou sobre algún aspecto relacionado coa estrutura territorial da economía galega (para o aspecto ou cuestión elexida trátase de realizar unha análise a nivel provincial, comarcal ou municipal).
Peso na cualificación final: 30%.
Tendo en conta que cada crédito ECTS equivale a 25 horas de traballo para o estudante, esta materia representa un total de 75 horas de traballo, repartidas como sigue:
Traballo presencial na aula
Docencia expositiva 9
Docencia interactiva 12
Tutorías 3
Actividades de avaliación 1
Total horas traballo presencial 25
Traballo persoal do/a alumno/a
Estudo individual 15
Lecturas recomendadas, actividades en biblioteca ou similar, redacción de notas de lectura e outros exercicios 35
Total horas traballo persoal 50
Asistencia e participación activa nas clases; utilización do material, lecturas e recomendacións que se fagan ao longo do curso.
Edelmiro López Iglesias
Coordinador/a- Departamento
- Economía Aplicada
- Área
- Economía Aplicada
- Teléfono
- 881811718
- Correo electrónico
- edelmiro.lopez [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Titular de Universidade
Luns | |||
---|---|---|---|
17:00-18:00 | Grupo /CLE_01 | Galego | Aula 09 |
20.12.2024 16:00-18:00 | Grupo de exame | Aula 09 |
02.06.2025 16:00-18:00 | Grupo de exame | Aula 09 |