Créditos ECTS Créditos ECTS: 3
Horas ECTS Criterios/Memorias Traballo do Alumno/a ECTS: 51 Horas de Titorías: 3 Clase Expositiva: 9 Clase Interactiva: 12 Total: 75
Linguas de uso Castelán, Galego
Tipo: Materia Ordinaria Máster RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Organización de Empresas e Comercialización
Áreas: Organización de Empresas
Centro Facultade de Ciencias Económicas e Empresariais
Convocatoria: Segundo semestre
Docencia: Con docencia
Matrícula: Matriculable | 1ro curso (Si)
– Comprender a influencia da innovación na competitividade empresarial.
– Familiarizar ao alumnado cos procesos estratéxicos de xestión da innovación.
– Comprender a importancia de saber explotar as oportunidades e as ideas innovadoras e a necesidade de contar co maior número de persoas e axentes, tanto internos coma externos á organización, para o desenvolvemento de ideas innovadoras.
– Comprender a metodoloxía e características da innovación en modelos de negocio.
– Familiarizarse coa implantación da estratexia na empresa, identificar as posibles resistencias internas e comprender as claves da xestión do cambio.
1.- Estratexia, innovación e competitividade
2.- A dinámica da innovación na industria
3.- Formulación da estratexia de innovación
4.- Innovación en modelos de negocio
Bibliografía básica:
SCHILLING, M.A. (2023): Strategic management of technological innovation. (7th edition) Ed. McGraw Hill.
SCHILLING, M.A. (2008): Dirección estratégica de la innovación tecnológica. (2ª edición) Ed. McGraw Hill.
TIDD, J.; BESSANT, J.R. (2020): Managing innovation: integrating technological, market and organizational change. (7th ed.) Ed. Wiley.
Bibliografía complementaria:
GRANT, R.M. (2014): Dirección Estratégica. Conceptos, técnicas y aplicaciones. (8ª edición) Ed. Civitas.
FERNÁNDEZ SÁNCHEZ, E. (2005): Estrategia de innovación. Ed. Thomson.
GUERRAS, L.A.; NAVAS, J.E. (2022): La dirección estratégica de la empresa. Teoría y aplicaciones. (6ª edición) Ed. Civitas.
HIDALGO, A.; LEÓN, G.; PAVÓN, J. (2013): La gestión de la innovación y la tecnología en las organizaciones. Ed. Pirámide.
HILL, C.W.L.; SCHILLING, M.A.; JONES, G.R. (2019): Administración estratégica: teoría y casos. Un enfoque integral. (12ª edición) Ed. Cengage Learning.
OSTERWALDER, A.; PIGNEUR, Y. (2011): Generación de modelos de negocio. Ed. Deusto.
OSTERWALDER, A.; PIGNEUR, Y.; ETIEMBLE, F.; SMITH, A. (2020): La empresa invencible. Ed. Empresa Activa.
TIDD, J.; BESSANT, J.R. (2014): Strategic innovation management. Ed. Wiley.
WHITTINGTON, R.; ANGWIN, D.; REGNER, P.; JOHNSON, G.; SCHOLES, K. (2023): Exploring strategy. Text and cases. (13th edition) Ed. Pearson.
O profesorado poderá detallar, ao comezo de cada tema, outra bibliografía adicional.
COMPETENCIAS BÁSICAS, XERAIS, TRANSVERSAIS E ESPECÍFICAS
CB6 - Posuír e comprender coñecementos que aporten unha base ou oportunidade de ser orixinais no desenvolvemento e/ou aplicación de ideas, a miúdo nun contexto de investigación.
CB7 - Que o alumnado saiba aplicar os coñecementos adquiridos e a súa capacidade de resolución de problemas en contornas novas ou pouco coñecidas dentro de contextos máis amplos (ou multidisciplinares) relacionados coa súa área de estudo.
CB9 - Que o alumnado saiba comunicar as súas conclusións e os coñecementos e razóns últimas que as sustentan a públicos especializados e non especializados dun modo claro e sen ambigüidades.
CB10 - Que o alumnado posúa as habilidades de aprendizaxe que lle permitan continuar estudando dun modo que haberá de ser en gran medida autodirixido ou autónomo.
CT2 - Organización e planificación.
CT4 - Autonomía na aprendizaxe.
CT6 - Sensibilidade cara a problemas sociais e ambientais.
CT7 - Creatividade e capacidade innovadora.
CT8 - Competencia para a busca e xestión de información e datos.
CE5 - Capacidade de formular, integrar e sintetizar ideas novas e complexas en procesos participativos para a elaboración de plans estratéxicos no campo do desenvolvemento económico e a sostibilidade.
CE7 - Adquirir o coñecemento teórico e instrumental necesario para o exercicio dunha actividade profesional de alto nivel para o deseño e xestión de plans estratéxicos, programas e proxectos relacionados co desenvolvemento económico circular, a innovación e a sostibilidade.
CE2 - Que o alumnado posúa capacidade para localizar, seleccionar e avaliar información e fontes estatísticas, documentais e bibliográficas de utilidade, interese e aplicación no estudo do desenvolvemento económico, da innovación e a sostibilidade; así como usar e citar a información respectando os límites éticos e legais.
Nas sesións expositivas explicaranse os contidos fundamentais dos temas que conforman o programa, salientando os aspectos especialmente relevantes e as relacións entre eles. Nas sesións interactivas trátase de que o alumnado aplique os conceptos teóricos. Para iso, realizaranse estudos de casos, comentaranse lecturas de textos e artigos, e debateranse cuestións expostas polo profesorado. Coas lecturas preténdese que o alumnado acceda a fontes de información relevantes, en especial a revistas de interese, que se familiaricen con autores destacados, coñezan experiencias empresariais de interese para a materia e desenvolvan a capacidade de análise, síntese e de argumentación.
Adicionalmente, poderán elaborar diversos traballos en grupo e expoñelos oralmente en clase. Con todo iso preténdese estimular o traballo cooperativo e desenvolver as habilidades analíticas, de argumentación e comunicación. As actividades de traballo persoal do alumnado inclúen, ademais do tempo dedicado ao estudo, a lectura do material proporcionado polo profesorado, a busca de información na biblioteca, hemeroteca ou bases de datos e a elaboración de diversos traballos en grupo. Nas titorías, o profesorado orientará ao alumnado sobre os casos prácticos, lecturas, traballos e exposicións; tamén servirán para liquidar dúbidas e solucionar problemas aos que se enfronte o alumnado no proceso de aprendizaxe e como canle de retroalimentación sobre os resultados do mesmo. As titorías serán prioritariamente presenciais. Durante o curso, utilizarase a "aula virtual" para tarefas de comunicación, docencia e avaliación. Poderase utilizar tamén a ferramenta Microsoft Teams; neste caso, informarase oportunamente ao alumnado.
A avaliación continua terá en conta todas as actividades desenvolvidas polo alumnado (participación na clase, resolución e participación na análise de casos, debate e comentario de lecturas, realización e presentación de traballos en grupo e outras actividades vinculadas ás clases interactivas). A avaliación dos coñecementos teóricos realizarase mediante un exame.
a) Exame: 70% da cualificación.
b) Avaliación continua: 30% da cualificación.
Para poder sumar b) é necesario que o alumnado obteña como mínimo un 4 sobre 10 no exame teórico.
A nota agregada deberá ser igual ou superior a 5 puntos sobre 10 para superar a materia.
Para poder superar a materia, é necesario que o alumnado asista como mínimo a un 80% das clases.
O sistema de avaliación na segunda oportunidade será o mesmo que o descrito para a primeira oportunidade: realizarase un novo exame final de contidos, coa ponderación establecida para a primeira oportunidade, que se sumará coa puntuación acadada na avaliación continua.
Os alumnos repetidores someteranse ao mesmo réxime de avaliación que o alumnado ordinario.
O alumnado ao que lle sexa concedida dispensa de asistencia a clase (seguindo a Instrución Nº 1/2017 da Secretaría Xeral sobre a dispensa de asistencia a clase en determinadas circunstancias), se avaliará cun exame final específico que suporá o 100% da cualificación.
Para os casos de realización fraudulenta de exercicios ou probas será de aplicación o recollido na Normativa de avaliación do rendemento académico dos estudantes e de revisión de cualificacións.
A materia é de 3 créditos e cada crédito equivale a 25 horas.
As horas de traballo totais distribúense do seguinte modo:
– Presenciais (inclúen as horas de docencia expositiva, docencia interactiva, titorías e avaliación): 25 horas
– Traballo persoal do alumnado: 50 horas
Para maximizar a aprendizaxe é conveniente que o alumnado prepare previamente as lecturas e textos recomendados, realice todas as actividades expostas polo profesorado e asista regularmente ás clases teóricas e prácticas.
Adolfo Campos Vazquez
Coordinador/a- Departamento
- Organización de Empresas e Comercialización
- Área
- Organización de Empresas
- Teléfono
- 881811600
- Correo electrónico
- adolfo.campos [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Asociado/a de Universidade LOSU
Martes | |||
---|---|---|---|
17:00-18:00 | Grupo /CLE_01 | Castelán | Aula 06 |
19.05.2025 16:00-18:00 | Grupo /CLIS_01 | Aula 06 |
19.05.2025 16:00-18:00 | Grupo /CLE_01 | Aula 06 |
17.06.2025 16:00-18:00 | Grupo /CLE_01 | Aula 06 |
17.06.2025 16:00-18:00 | Grupo /CLIS_01 | Aula 06 |