Créditos ECTS Créditos ECTS: 6
Horas ECTS Criterios/Memorias Horas de Titorías: 2 Clase Interactiva: 0.2 Total: 2.2
Tipo: Prácticas Máster RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Economía Aplicada
Áreas: Economía Aplicada
Centro Facultade de Ciencias Económicas e Empresariais
Convocatoria: Prácticas en Empresas de Grao e Máster
Docencia: Con docencia
Matrícula: Matriculable | 1ro curso (Si)
O principal obxectivo da realización das prácticas externas é coñecer o medio profesional relacionado coa súa especialidade. O/a estudante debe demostrar e aplicar no ámbito investigador os coñecementos e destrezas adquiridos nas materias que conforman o plan de estudos da titulación.
As prácticas consisten na realización das actividades habituais nos grupos /centros de investigación. segundo o seu perfil de especialización, por un tempo equivalente a 6 créditos ECTS. Tendo en conta a natureza desta materia, os contidos específicos difiren, polo que as actividades formativas concretaranse nun programa de actividades establecido entre o/o alumno/a e a entidade.
Segundo a especialidade elixida, o alumnado terá a oportunidade de adquirir maiores competencias específicas nas temáticas da innovación ou da sustentabilidade e da economía circular. Non se establecen requisitos previos. Si se recomenda realizar as prácticas no segundo cuadrimestre, agás que se conte con experiencia laboral ou coñecementos previos no ámbito do desenvolvemento económico e da innovación.
As persoas que acrediten experiencia laboral e/ou investigadora no ámbito da innovación e o desenvolvemento económico, sustentabailidade ou economía circular poderán solicitar o recoñecemento da devandita materia, para que se pronuncie sobre a súa pertinencia a Comisión Académica do Máster, seguindo os criterios establecidos ao efecto.
Coñecer os diferentes instrumentos para deseñar, analizar, avaliar e xestionar plans estratéxicos e programas para promover a I+D, a innovación, a sustentabilidade e a economía circular nos diferentes niveis de goberno (europeo, estatal, rexional e local). Formular, integrar e sintetizar ideas novas e complexas en procesos colaborativos e participativos para a elaboración de plans estratéxicos.
Concibir, deseñar, pór en práctica e xestionar programas e accións de I+D, economía circular, innovación ou desenvolvemento sectorial nos ámbitos propios de especialización (rexional, local, sectorial, empresarial).
Comunicar cos colegas, coa comunidade académica, coa profesional, coa Administración Pública e coa sociedade en xeral acerca das diversas áreas de coñecemento no campo da sustentabilidade, a economía circular e a innovación.
Emprender proxectos e iniciativas innovadoras de carácter social, comunitario, cooperativo ou empresarial desde parámetros de sustentabilidade, circularidade e xustiza.
Cada curso académico ofertaranse prácticas nos centros/grupos de investigación e entidades coas que se ten firmado un convenio de colaboración para a realización das prácticas. Anualmente actualízase a oferta. O alumnado tamén pode propoñer novas entidades para realizar as prácticas, procedemento que se iniciará tras valorar a pertinencia académica.
No prazo establecido pola Comisión Académica, publicarase a convocatoria de prácticas. O alumnado indicará as entidades elixidas por orde de preferencia. En caso de que existan máis solicitudes que prazas nunha entidade, o criterio de asignación será académico e, de ser necesario, realizarase unha entrevista.
Unha vez asignada a entidade na que se realicen as prácticas seguindo a Normativa da USC e o procedemento establecido pola Comisión Académica do Máster, cada alumno/a contará cun/ha profesor/a titor/a académico/a e cun/ha titor/a profesional na entidade, para realizar o seguimento e avaliación das súas prácticas.
Ademais das funcións asignadas no centro/ grupo de investigación, o/a alumno/a debe realizar e entregar unha memoria descritiva das actividades realizadas, competencias adquiridas e valoración da experiencia para a súa formación. A relación das diferentes actividades avaliables ao longo do curso e a súa ponderación indicaranse na guía docente da materia que estará publicada no Campus Virtual ao comezo do curso, así como a organización e desenvolvemento da materia. O alumnado manterá contacto periódico co/a titor/a académico/a e o titor/a profesional.
Para as titorías telemáticas utilizaranse a plataforma MS Teams, os foros do Campus Virtual e o correo electrónico.
O/A titor/a académico/a é responsable da avaliación, para o que se baseará nos seguintes elementos:
- Memoria de prácticas presentada polo/a estudante; que debe reunir as características indicadas pola Comisión Académica.
- Informe do titor/a profesional;
- Informe do titor/a académico/a, baseado na información obtida nas titorías mantidas co alumno/a e o intercambio de información co titor/a profesional para o seguimento das prácticas, así como o seguimento por parte do estudante das indicacións do titor/a académico/a.
As persoas que acrediten experiencia laboral por un mínimo de 500 horas no ámbito da innovación, o desenvolvemento económico, a sustentabilidade e a economía circular poderán solicitar o recoñecemento de dita materia, para que se pronuncie sobre a súa pertinencia a Comisión Académica do Máster, seguindo os criterios establecidos ao efecto.
6 créditos ECTS, que se distribúen entre o tempo de realización das prácticas (125 horas), e 25 horas distribuídas entre a elaboración da memoria final, as reunións cos titores (académico e profesional) e a asistencia a actividades prácticas, como conferencias, seminarios, talleres e visitas.