Créditos ECTS Créditos ECTS: 3
Horas ECTS Criterios/Memorias Traballo do Alumno/a ECTS: 51 Horas de Titorías: 3 Clase Expositiva: 9 Clase Interactiva: 12 Total: 75
Linguas de uso Castelán, Galego
Tipo: Materia Ordinaria Máster RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Economía Aplicada
Áreas: Economía Aplicada
Centro Facultade de Ciencias Económicas e Empresariais
Convocatoria: Segundo semestre
Docencia: Con docencia
Matrícula: Matriculable | 1ro curso (Si)
Comprender o fenómeno da innovación dende unha perspectiva económica e sistémica, destacando as interrelacións e complementariedades entre diferentes compoñentes e axentes que integran o sistema de innovación.
Comprender a importancia da proximidade e das especificidades sistémicas dos territorios e nacións na dinamica da innovación.
Coñecer as disparidades internacionais en canto a capacidade innovadora e a diversidade de patróns nacionais de innovación.
Entender a relación entre as características dos SNI e o modelo de desenvolvemento dos diferentes países.
Coñecer o sistema de indicadores e índices para caracterizar e comparar os sistemas nacionais de innovación. Atención especial aos SNI máis relevantes de Europa e tamén doutras áreas do mundo (EEUU, Xapón, China, etc). Atención particular aos SNI de paises pequenos. Análise específica de España e Galicia.
TEMA 1. Carácter sistémico do proceso de innovación: modelo lineal; modelo interactivo; modelo sistémico. Conceptos de SNI e SRI. A importancia das institucións, proximidade e o territorio na dinámica innovadora.
TEMA 2. Diversidade de axentes e funcións nun sistema de innovación:
1. Sistema produtivo, tecido empresarial e relacións interempresariais: a) especialización produtiva (industrial pero tamén primaria e terciaria); b) tamaño empresas; c) integración vertical (cadeas de valor); clusters e externalidades: networks, distritos e dependencia externa; cooperación, intercambios informais; d) Modelos de negocio e Organización interna das empresas: xestión do coñecemento, colaboración entre departamentos (marketing, produción, I+D).
2. sector público (multinivel: europeo, estatal, rexional): política I+D, política tecnolóxica e industrial; apoio directo a I+D (financiamento, centros públicos de investigación); regulación e estándares; compras de tecnoloxía como usuario
3. Infraestrutura tecnolóxica e servizos de apoio
4. sector financeiro: relacións banca-industria; mercado de valores; capital risco
5. Subsistema de I+D: capacidade de I+D e organización da I+D; recursos de I+D; competencias, especializacións; organización: sistema ciencia-tecnoloxía; I+D empresarial; relacións: transferencia, cooperación
6. sistema educativo e de formación: recursos; educación; formación no traballo; especializacións e simetrías co sistema produtivo; calidade
TEMA 3. Do concepto de SN/RI ao deseño de políticas de innovación.
TEMA 4. Estudo empírico e comparativo de Sistemas Nacionais e Rexionais de innovación. Metodoloxía do "Innovation Union Scoreboard" e "Regional Innovation Scoreboard". Tipoloxía SNI europeos.
-Os SNI europeos (UK, Alemaña, Dinamarca e Finlandia). Estudo particular do SNI de Estados Unidos, Xapón, China e India. Os SRI europeos
-SNI dos países periféricos e das rexións periféricas. Problemas específicos para a súa emerxencia. Experiencias concretas.
-Dinámica do Sistema Galego de Innovación
Básica:
Chaminade, Lundval, Haneef (2018), National Innovation Systems. EElgar.
Asheim, Isaksen, Trippl (2019), Regional Innovation Systems. EElgar.
Asheim, , B., Grillitsch, , M., & Trippl, , M. (2019). Sistemas regionales de innovación: pasado, presente y futuro. Revista Galega De Economía, 28(2), 4-22. https://doi.org/10.15304/rge.28.2.6190
Lundvall, B.A. (1992), Nacional systems of Innovation, Pinter Publisher
Lundvall, B.A. (2002), Innovation, growth and social cohesion, Cheltenham.
Navarro, M. (2009), "Los sistemas regionales de innovación. Una revisión crítica", Ekonomiaz, n. 70
Vence, X.(coord) (2007), Crecimiento y políticas de innovación, Pirámide.
European Union Innovation Scoreboard (2022)
Complementaria:
Alburquerque, E. et al (2015), Developing National Systems of Innovation, E. Elgar
Amable, B. (2003), The diversity of modern capitalism, Oxford University Press.
Balzat, M. (2006), An Economic Analysis of Innovation, E. Elgar.
Cooke, Ph. (2012), Complex Adaptive innovation systems, Routledge.
COTEC (2016), Informe Cotec 2016.
Delanghe, H.; U. Muldur & L. Soete (2009), European Science and Technology Policu, E. Elgar.
Dutrénit, G. & J. Sutz (2014), National Innovation Systems, social inclusion and development, E. Elgar.
Edquist, Ch. 6 L. Hommen (Ed) (2008), Small country innovation systems, E. Elgar.
Fagerberg, J. (2018). Innovation, Economic development and Policy. E. Elgar.
Fagerberg,J. & M. Srholec (2008), "National Innovation systems, capabilities and economic development", Research Policy, , n 37, pp 1417-1435.
FECYT (2007), I+D e innovación en España: mejorando los instrumentos, OCDE.
Frenkel A. & S. MAital (2014), Mapping National Inovation Ecosystems, E. Elgar
Foray, D. (2015), Smart Specialisation, Routledge.
Johnson B, & BA Lundvall (2004), Sistemas nacionales de innovación y aprendizaje institucional, Rev Comercio Exterior.
Vence, X. E J. S. Metcalfe (1996), Wealth from diversity: innovation, structural change and finance for regional development in Europe, Kluwer Academics, Dordrecht
Mazzucato, M. (2014), El estado emprendedor, RBA eds.
Molero, J. (2001), Innovación tecnológica y competitividad en Europa, Ed. Síntesis.
Nelson, R. (2000), The sources of economic growth, Harvard University Press.
Niosi, J (2010), Building National and regional innovation systems, E. Elgar.
Rodrik, D. (2007), One Economics, Many Recipes: Globalization, Institutions, and Economic Growth, Princeton University Press.
OCDE, Science, technology and industry: Scoreboard 2008. Paris, OCDE.
Revista Madri+d, monográfico diciembre 2008, Las comunidades autónomas frente a la I+D+i.
Sebastián, J. y E. Muñoz (eds) (2006), Radiografía de la investigación pública en España, Biblioteca, Nueva.
Vence,X, A Barge, A. Trigo (2007), A situación actual do sistema galego de innovación.
Vence, X. (2010), "O sistema galego de innovación e a política de innovación: balance dunha década", Revista Galega de Economía, vol, 19. pp 161-190.
Dende unha perspectiva xeral, o estudante deberá incrementar a súa capacidade para buscar información e analizala.
Prestarase especial atención ao desenvolvemento das competencias de análise, síntese, comparación e ao fomento da capacidade de debate e discusión.
Como obxectivos específicos desta materia, sinalamos os seguintes:
Comprender o fenómeno da innovación dende unha perspectiva económica e sistémica, destacando as interrelacións e complementariedades entre diferentes compoñentes e axentes.
Configuracións territoriais favorecedoras da innovación.
Coñecer as disparidades internacionais en canto a capacidade innovadora e a diversidade de patróns nacionais de innovación.
CE1. Conocer y comprender críticamente las diferentes teorías económicas de la innovación y del desarrollo sostenible, el carácter multidimensional y global de los procesos de cambio económico y sus crisis, así como de los motores de dichos procesos.
CE3 - Localizar, seleccionar y analizar información y fuentes estadísticas, documentales y bibliográficas de utilidad, interés y aplicación en el estudio del desarrollo económico, de la innovación y la sostenibilidad.
CE4 - Conocer y aplicar las técnicas de investigación cuantitativa y cualitativa en economía y de las herramientas de diagnóstico para poder elaborar estudios e informes de carácter científico, técnico y de consultoría en el ámbito de la sostenibilidad, la economía ecológica, la economía circular y la innovación.
CE5 – Conocer las características y tendencias del sistema económico y de la estructura económica de nuestro entorno que permitan comprender las fuerzas que impulsan la innovación y las transformaciones económicas y su relación contradictoria con los límites ecológicos del planeta a fin de diseñar y analizar de forma realista las diferentes estrategias y políticas.
CE7- Conocer las diferentes componentes de los sistemas de innovación y las políticas y programas de apoyo e incentivación de la I+D y la innovación a nivel europeo, español y gallego
CE8- Conocer los diferentes instrumentos para diseñar, analizar, evaluar y gestionar planes estratégicos y programas para promover la I+D, la innovación, la sustentabilidad y la economía circular en los diferentes niveles de gobierno (europeo, estatal, regional y local).
CE11 - Comunicar con los colegas, con la comunidad académica, con la profesional, con la Administración Pública y con la sociedad en general acerca de las diversas áreas de conocimiento en el campo de la sostenibilidad, la economía circular y la innovación.
Combinaranse as clases maxistrais coa lectura e comentario de textos e a busca e análise de información bibliográfica e estatística. Ademais, proporanse actividades para realizar en grupos ou individualmente, tratando de incentivar o debate, a discusión e a capacidade de crítica. Entre esas actividades inclúese a exposición oral de ideas e razoamentos económicos.
Con todas estas tarefas, pretendemos que o estudante adquira as competencias de reunir información, reflexionar, formular xuízos, exercitar o debate e a discusión e presentar de forma ordenada e clara argumentos teóricos ou conclusións.
O traballo nas aulas expositivas terá lugar de xeito presencial, na aula e horario fixado polo centro para a materia. Nas aulas expositivas o profesorado explicará cada tema do programa, apoiándose no uso dunha presentación-esquema. O alumnado contará, ademais das explicacións realizadas polo profesorado na aula, co apoio de material bibliográfico recomendado a medida que se desenvolve o programa, xunto coas titorías.
Nas clases interactivas, o alumnado deberá realizar comentarios e debates de textos, así como realizar a presentación dun traballo final, consistente na elaboración dun estudo sobre a innovación nunha rama de actividade económica. O alumnado será informado ao comezo do curso da planificación de actividades e entregas.
Tendo en conta o carácter da materia, contémplanse as visitas a parques científicos, centros tecnolóxicos, organismos públicos de investigación ou infraestruturas singulares de investigación para coñecer in situ a súa actuación
As titorías serán, preferentemente, de carácter presencial.
Empregarase o Campus Virtual da USC como ferramenta de apoio no proceso de ensinanza / aprendizaxe:
· Materiais para o seguimento da materia
· Entrega e cualificación de tarefas
· Organización de grupos de traballo
· Comunicación co alumnado
O sistema xeral obrigatorio de avaliación da aprendizaxe basearase na combinación de dúas metodoloxías:
a) Avaliación continua: participación activa en aulas interactivas, entrega de tarefas e realización do traballo final. A relación das diferentes actividades avaliables ao longo do curso e o seu ponderación indicaranse na guía docente da materia que estará publicada na aula virtual ao comezo do curso.
b) Exame final: proba sobre os coñecementos teóricos e prácticos desenvolvidos ao longo da explicación dos contidos da materia.
O peso relativo de cada parte na cualificación final da materia será o seguinte:
SE1- Exáme: 60%
SE2- Participación activa en clase: 10%
SE3 – Realización traballos e presentación dos mesmos 30 %
O sistema de avaliación na segunda oportunidade será igual que o descrito na primeira, de tal maneira que se terá en conta a nota referida á entrega de tarefas e participación na aula xa obtida (cualificación do 40%), e realizarase un novo exame sobre os temas explicados nas aulas (que volverá contar o 60% na cualificación final).
Para os casos de realización fraudulenta de exercicios ou probas será de aplicación o recolleito na Normativa de avaliación do rendemento académico dos estudantes e de revisión de cualificacións.
AF1 - Clases teóricas 9
AF2 - Clases prácticas 12
AF3 - Actividades tutoriais 3
AF4 - Exames 3
AF5 - Traballo persoal do alumnado:50
Asistencia a clases
Asistencia a titorías
Realización actividades propostas
Recomendacións para o estudo da materia
Recomendase ó alumnado o seguimento continuado das clases presenciais, así como a consulta da bibliografia básica e complementaria sinalada polo profesorado a medida que se desenvolve o programa.
Cada alumno/a deberá adicar un tempo adecuado ás súas capacidades e coñecementos para asentar os contidos e realizar os traballos que, no seu caso, se demanden.
Xunto co anterior, o uso das titorías debería suplir calquera tipo de problema que puidese xurdir ao longo do proceso de ensinanza-aprendizaxe da materia.
Xavier Vence Deza
Coordinador/a- Departamento
- Economía Aplicada
- Área
- Economía Aplicada
- Teléfono
- 881811567
- Correo electrónico
- xavier.vence [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Catedrático/a de Universidade
Martes | |||
---|---|---|---|
16:00-17:00 | Grupo /CLE_01 | Galego | Aula 06 |
23.05.2025 16:00-18:00 | Grupo /CLIS_01 | Aula 09 |
23.05.2025 16:00-18:00 | Grupo /CLE_01 | Aula 09 |
13.06.2025 16:00-18:00 | Grupo /CLE_01 | Aula 09 |
13.06.2025 16:00-18:00 | Grupo /CLIS_01 | Aula 09 |