Créditos ECTS Créditos ECTS: 3
Horas ECTS Criterios/Memorias Traballo do Alumno/a ECTS: 1275 Horas de Titorías: 75 Clase Expositiva: 225 Clase Interactiva: 300 Total: 1875
Linguas de uso Castelán, Galego
Tipo: Materia Ordinaria Máster RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Economía Financeira e Contabilidade
Áreas: Economía Financeira e Contabilidade
Centro Facultade de Ciencias Económicas e Empresariais
Convocatoria: Primeiro semestre
Docencia: Con docencia
Matrícula: Matriculable | 1ro curso (Si)
Análise do proceso de creación de empresas innovadoras baseadas no coñecemento xerado e desenvolvido na actividade investigadora, denominada xenericamente Empresas de Base tecnolóxica (EBTs). Ao longo dos temas do programa, farase un percorrido polas distintas etapas deste proceso, dende o nacemento das ideas ata a posta en marcha da empresa, pasando pola elaboración do plan de empresa e a busca de financiamento. Este proceso complétase co estudo de casos reais do ámbito universitario da USC.
1. MARCO CONCEPTUAL DAS EMPRESAS DE BASE TECNOLÓXICA (EBTs)
1.1 A Economía baseada no coñecemento.
1.2 A transferencia de coñecemento e a valorización da I + D
1.3 Acercamento conceptual, caracterización e beneficios das EBTs.
1.4 Claves para a creación de EBTs: da tecnoloxía á empresa.
2. A CADEA DE VALOR DA CREACIÓN DE EBTs
2.1. Detección da tecnoloxía e identificación da oportunidade de negocio
2.2. Negociación da transferencia de tecnoloxía: o contrato de licenza
2.3. Aprobación da creación da empresa e / participación na EBT
2.4. Proceso de constitución: localización da EBT. Trámites administrativas
2.5. Aspectos clave no desenvolvemento da EBT: financiamento, recursos humanos (o promotor/es, e o seu equipo) e seguimento da empresa
3. O MODELO E O PLAN DE NEGOCIOS
3.1. Modelos de negocio das EBTs
3.2. Metodoloxía de descrición do modelo de negocio
3.2.1. O Business model canvas
3.2.2. O lean canvas
3.3. O plan de empresa: definición, características, utilidade, contidos e estrutura.
3.3.1 Viabilidade comercial.
3.3.2 Viabilidade técnico-operativa.
3.3.3 Viabilidade económico-financeira.
4. ALTERNATIVAS FINANCEIRAS PARA EBTs
4.1 Particularidades do financiamento de EBTs
4.2 Fases no financiamento dunha EBT
4.3 Financiamento tradicional vs financiamento alternativo.
4.4 Financiamento informal: as 3F.
4.5 As Plataformas de Financiamento Colectivo
4.6 Business angels
4.7 O Capital Risco
4.8 O mercado de capitais
5. O ENTORNO COMO FACTOR DE ÉXITO: O ECOSISTEMA DE APOIO AS EBTs
5.1 Apoio á creación de empresas no ámbito público
5.2 Infraestruturas físicas: centros e parques tecnolóxicos, viveiros e incubadoras de empresas, espazos de coworking e hubs de innovación.
5.3 Redes de colaboración / cooperación: clusters, asociacionismo, plataformas dixitais, alianzas empresariais
5.4 Transferencia e emprendemento nas universidades: o caso da USC.
O material para a preparación da materia o proporcionará o profesor. A bibliografía que segue ten caracter complementario.
HOYOS IRUARRIZAGA, J. (2022): Plan financiero para start-ups, ESIC editorial.
RED OTRI (2017): “Creación de empresas de base tecnológica desde los centros públicos de investigación”. Documento CRUE.
RUANO, L.A. y VELASCO, R. (2021): Emprendimiento en el entorno digital. Alfaomega Marcombo.
VENCE y RODEIRO (cood) (2014): “Innovación y emprendimiento con base en las ciencias”, Vence y Rodeiro (coord.). Universidade de Santiago de Compostela.
• Capacidade para aplicar os coñecementos adquiridos en novos contornos no ámbito dunha xestión de empresas innovadoras.
• Capacidade para buscar información e analizar fontes estatísticas, documentais e bibliográficas de utilidade, interese e aplicación no estudo da creación e xestión de empresas innovadoras.
• Capacidade para comunicar a variados públicos especializados as conclusións obtidas nos devanditos informes.
• Deseñar, preparar e avaliar plans empresariais innovadores e de base tecnolóxica, así como realizar estudos e diagnósticos de consultoría avanzada en materia de innovación.
• Analizar o entorno específico dunha tecnoloxía na que xorden potenciais usos comerciais a partir dos resultados da investigación e, polo tanto, poden desenvolverse novas ideas de negocio que leven a unha empresa innovadora, así como os factores dos que pode depender o éxito ou a falla dela mesma
• Coñecer os instrumentos para apoiar a creación de EBTs, en particular, financeiros e no ámbito académico, é dicir, as spin offs universitarias.
O desenvolvemento das sesións terá lugar nos horarios de clase establecidos no calendario oficial. Nas clases (presenciais ou a través de equipos) combinaranse sesións expositivas e actividades prácticas dos estudantes, como comentarios sobre artigos relacionados co tema, análise e presentación de tarefas propostas e casos prácticos relacionados co ámbito da materia.
A participación activa e continuada nas clases e actividades propostas permitirá alcanzar os obxectivos da materia. A avaliación de as competencias adquiridas polo alumno nesta materia inclúe:
1. Tarefas propostas ao longo do curso: 40% (4 entregas, unha por cada un dos 4 primeiros temas)
2. Probas tipo test de coñecementos relacionados cos contidos da materia e aspectos abordados na aula ou seminarios organizados na materia (2 probas): 30%
3. Examen final: 30%. A realizar na data establecida no calendario oficial de exames. Con independencia de cal sexa a nota obtida nos dous apartados anteriores, é obrigatorio acudir a esta proba.
A materia é de 3 créditos ECTS (2 de clases teóricas, 1 de clases seminario) x 25 horas= 75 horas de traballo total.
Distribución proposta de horas:
TRABALLO PRESENCIAL NA AULA: 30 horas
Clases de lousa: 14
Clases prácticas ou de ordenador: 10
Titorías en grupo ou individuais: 4
Avaliación: 2
TRABALLO PERSOAL DO ALUMNO: 45 horas
Estudo autónomo individual ou en grupo: 27
Escritura de exercicios, conclusións ou outros traballos: 9
Lecturas recomendadas, preparación de presentacións orais, debates ou similar: 8
Exercicios de autoavaliación: 1
É recomendable ter coñecementos básicos no uso de folla de calculo (excel).
Mª Loreto Fernandez Fernandez
Coordinador/a- Departamento
- Economía Financeira e Contabilidade
- Área
- Economía Financeira e Contabilidade
- Teléfono
- 881811623
- Correo electrónico
- loreto.fernandez [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Titular de Universidade
Jose Andres Villamarin Taboada
- Departamento
- Economía Financeira e Contabilidade
- Área
- Economía Financeira e Contabilidade
- Correo electrónico
- joseandres.villamarin [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Asociado/a de Universidade LOU
Mércores | |||
---|---|---|---|
16:00-17:00 | Grupo /CLE_01 | Castelán | Aula 06 |
15.01.2025 16:00-18:00 | Grupo /CLE_01 | Aula 06 |
15.01.2025 16:00-18:00 | Grupo /CLIS_01 | Aula 06 |
23.06.2025 16:00-18:00 | Grupo /CLIS_01 | Aula 06 |
23.06.2025 16:00-18:00 | Grupo /CLE_01 | Aula 06 |