Ir o contido principal

Este portal emprega cookies propias ou de terceiros con fins analíticos, así como ligazóns a portais de terceiros para poder compartir contido nas redes sociais. Pode obter máis información na política de cookies.

Máster Universitario en Xestión do Patrimonio Artístico e Arquitectónico, Museos e Mercado da Arte

  • En extinción
Modalidade
Presencial
Rama de coñecemento
Artes e Humanidades
Ámbito de coñecemento
Interdisciplinar.
Centro(s)
Facultade de Xeografía e Historia
Praza da Universidade, 1, 15703
Santiago de Compostela
881812585 (Conserxaría)
881812589 (Decanato)
zhisdeca@usc.gal
Campus
Santiago de Compostela
Coordinador/a
Fernando Pérez Rodríguez
Contacto
fernando.perez@usc.es

O máster proporciona formación ao seu alumnado para responder á crecente demanda de profesionais no estudo, investigación e xestión cultural vinculada coas cidades históricas, museos, mercado da arte, turismo e, en xeral, o patrimonio cultural de índole histórico-artístico. É un máster interuniversitario de 60 créditos coa universidade de Las Palmas de Gran Canaria.

  • Duración: 1 ano académico
    Código RUCT: 4314274
    Número de ECTS: 60
    Número prazas: 30

    Decano/a ou director/a do centro:
    MARCO VIRGILIO GARCIA QUINTELA

    Coordinador-a do título:
    Fernando Pérez Rodríguez
    fernando.perez@usc.es

    Linguas de uso:
    Castelán, Galego

    Universidade coordinadora:
    Universidade de Santiago de Compostela

    Universidade(s) participante(s):
    Universidade de Santiago de Compostela Universidade das Palmas de Gran Canaria

    Data da autorización de implantación do título pola Xunta de Galicia:
    Orde do 05/12/2013 (DOG 20/12/2013)

    Data de publicación no BOE:
    25/11/2014

    Data da última acreditación:
    03/06/2022

    Este máster pretende dar resposta á crecente demanda de profesionais capacitados nas tarefas de estudo, investigación e xestión cultural vinculadas coa cidade histórica, a historia da arte, os museos, o mercado, o turismo e, en xeral, o patrimonio cultural de índole histórico-artística e arquitectónica. Ten, fundamentalmente, unha orientación práctica e profesional de cara ao estudo do patrimonio móbel, a museoloxía e o mercado da arte. É un máster interuniversitario coa universidade de Las Palmas de Gran Canaria.

  • Obrigatorias: 12
    Optativas: 42
    Traballo fin de máster: 6
    Total: 60

    Este máster ten as seguintes especialidades:

    -Especialidade en Patrimonio Arquitectónico e Cidade Histórica 24.0 ECTS
    -Especialidade en Espazos de Conservación e Exhibición do Patrimonio Artístico 18.0 ECTS
    -Especialidade en Arte e Mercado 9.0 ECTS

    Para obter unha ou máis especialidades, o alumnado debe superar todas as materias do módulo correspondente; tamén pode cursar o máster sen obter ningunha especialidade elixindo as materias optativas libremente.

  • O máster proporciona formación ao seu alumnado para responder á crecente demanda de profesionais no estudo, investigación e xestión cultural vinculada coas cidades históricas, museos, mercado da arte, turismo e, en xeral, o patrimonio cultural de índole histórico-artístico. É un máster interuniversitario de 60 créditos coa universidade de Las Palmas de Gran Canaria.

  • Modalidade: criterios xerais

    Titulacións de acceso por orde de preferencia:

    1º Lic. ou Grao en Hª da Arte; en Historia; Humanidades; Arquitectura; Historia e Ciencias Musicais; Belas Artes; Estudos Superiores de Conservatorio de Música; Filoloxías; Documentación, e Tradución e Interpretación.

    2º Lic. ou Grao en Xeografía; Xeografía e Ordenación do Territorio; Comunicación Audiovisual; Xornalismo. Diplomatura, Lic. ou Grao en Turismo.

    Información actualizada en cada convocatoria de matrícula

  • Mobilidade

    A mobilidade dos/as estudantes está regulada a través do “Regulamento de intercambios interuniversitarios”. A través da Oficina de Relacións Exteriores xestiónanse programas de intercambio tanto nacionais (SICUE), como europeos (ERASMUS) e extracomunitarios (intercambios con países de América Latina ou países de fala inglesa): Portal Internacional

    Prácticas

    As prácticas en empresa poderán ser elixidas polo alumnado de forma optativa. Consistirán na realización de prácticas nunha empresa ou institución, durante 300 h para os efectos da obtención dun total de 12 créditos equivalentes. Terán unha duración aproximada de dúas semanas e realizarase habitualmente ao final do segundo cuadrimestre.

    Asignarase ao alumno un titor académico entre o Persoal Docente e Investigador do Centro, que fará un seguimento ao traballo realizado polo alumno e velará pola calidade da estancia realizada, e un titor externo na empresa, encargado de garantir as condicións apropiadas para a súa realización.

    Nestes momentos, a facultade de Xeografía e Historia ten asinados 28 convenios para a realización de prácticas con diversas entidades.

  • O traballo fin de máster consistirá na elaboración dun traballo de investigación no cal o alumnado poida demostrar as súas capacidades e competencias vinculadas co contido deste máster.

Os contidos desta páxina actualizáronse o 05.06.2024.