Créditos ECTS Créditos ECTS: 3
Horas ECTS Criterios/Memorias Traballo do Alumno/a ECTS: 51 Horas de Titorías: 3 Clase Expositiva: 9 Clase Interactiva: 12 Total: 75
Linguas de uso Castelán, Galego
Tipo: Materia Ordinaria Máster RD 1393/2007 - 822/2021
Centro Facultade de Xeografía e Historia
Convocatoria: Primeiro semestre
Docencia: Sen docencia (En extinción)
Matrícula: Non matriculable (Só plans en extinción)
1) Ofrecer unha formación especializada e avanzada no patrimonio cultural, abarcando os ámbitos da xestión e do marketing.
2) Proporcionar coñecementos e habilidades que garantan o desenvolvemento das competencias necesarias para resolver problemas no mercado laboral a partir dunha formación especializada e multidisciplinar.
3) Garantir que o alumnado adquira unha formación que lle permita desenvolver unha investigación de calidade.
4) Conseguir que os estudantes aprendan a aplicar a filosofía do marketing e a xestión a calquera organización que desempeñe a súa actividade no sector cultural.
Sesion 0: Patrimonio cultural e xestión.
0.1.- Introducción.
0.2.- Conceptos.
1.3.- Actos.
1.4.- Valores.
Sesión 1: A xestión cultural. Conceptos xerais
1.1. Conceptos
1.2. Os principios do patrimonio cultural e a súa cadea lóxica
1.3. A xestión integral do museo
1.4. O produto cultural
1. 5. O consumidor e a súa relación coa organización
Sesión 2: Xestión de marketing e comunicación de produtos culturais
2. 1. Introdución ao marketing cultural
2.2. A comunicación de produtos culturais
2. 3. Novas tecnoloxías da información e da comunicación
2. 4. A xestión estratéxica
Sesión 3: O público cultural e a oferta
3. 1. Entre o público e o privado
3. 2. O deseño do plan de desenvolvemento de audiencia
3. 3. O comportamento do consumidor cultural
3. 4. Segmentación e posicionamiento
3. 5. Política de prezos e promociones
Sesión 4: A xestión de espazos históricos: promoción e marketing
4. 1. Os modelos de promoción e marketing
4. 1. 1. Modelo tradicional
4. 1. 2. Marketing para a cultura
4. 1. 3. O patrocinio
4. 2. Información, planificación e control no proceso de promoción e captación de público
4. 2. 1. As ferramentas e instrumentos de promoción
4. 2. 2. O plan de comunicación
4. 2. 3. Estratexias e accións
Básica:
ALONSO RIVAS, J. (2004). El comportamiento del consumidor. Madrid: ESIC.
BALLART HERNÁNDEZ, J. (2008). Gestión del patrimonio cultural. Barcelona: Ariel.
QUEROL, M.A.. Manual de gestión del patrimonio cultural. Akal, 2020 (2 ed.)
Xeral:
BERMÚDEZ, A. (2004). Intervención en el patrimonio cultural: creación y gestión de proyectos. Madrid: Síntesis.
BONET, L., CASTEÑER, X., FONT, J. (2009). Gestión de proyectos culturales: análisis de casos. Barcelona: Ariel.
BUSTAMANTE, E. (2002). Comunicación y Cultura en la Era digital. Industrias, mercados y diversidad en España. Barcelona: Gedisa.
CAMERERO, C., GARRIDO, M. J. (2004). Marketing del Patrimonio Cultural. Madrid: Esic.
CUADRADO, M., BERENGER, G. (2002). El consumo de servicios culturales. Madrid: Esic.
CUADRADO, M., COLBERT, C. (2010). Marketing de las artes y de la cultura. Barcelona: Ariel.
IRIGOYEN CASTILLO, J.F. (2013). La trivialización de la gestión del patrimonio urbano. Gestión del patrimonio arquitectónico, cultural y medioambiental: Enfoques y casos prácticos / coord. por Gabino Ponce Herrero, Lucrecia Rubio Medina, 2013.
ORDUÑA-MALEA, E., CABRERA MÉNDEZ, M., Giménez Chornet, V. (2004). Gestión cultural: innovación y tendencias. Valencia: Tirant Humanidades, 2004.
ROSELLÓ I CERZUELA, D. (2007). Diseño y evaluación de proyectos culturales. Barcelona: Ariel.
Competencias básicas
- Capacidade para aplicar os coñecementos adquiridos na resolución de problemas en contornas novas ou pouco coñecidos, así como en contextos máis amplos e/ou multidisciplinares relacionados coa súa área de estudo.
- Adquisición das destrezas e habilidades necesarias para expresar as súas conclusións a públicos especializados e non especializados de xeito claro, razoada e sen ambigüedades.
- Desenvolvemento da habilidade para deseñar e gestionar proxectos, así como para traballar en equipos interdisciplinares.
- Incremento das destrezas de xestión, toma de decisións e motivación.
Competencias transversales
- Desenvolvemento de capacidades asociadas ao traballo en equipo: cooperación, liderado, creatividade e resolución de problemas.
- Adaptación aos cambios, demostrando a capacidade para aplicar novas tecnoloxías con espírito emprendedor.
- Incremento das habilidades de xestión da información e da resolución de problemas.
Competencias específicas
- Adquisición dos coñecementos suficientes para incorporarse ao ámbito profesional nas disciplinas impartidas no Máster.
- Comprensión dos coñecementos vinculados á xestión cultural
- Capacidade para tomar decisións de xestión e marketing en ámbitos de actividades culturais.
- Capacidade para deseñar ou implementar un plan de xestión cultural.
O curso desenvolverase no primeiro cuatrimestre.
Ó atoparse o título en proceso de extinción non haberá docencia presencial, nin expositiva nin interactiva.
Recursos do proceso ensino-aprendizaxe:
Presentacións en power-point.
Material elaborado polo profesorado que será facilitado ao alumnado a través do Campus Virtual.
Referencias bibliográficas de carácter técnico-profesional.
Páxinas Web institucionais, empresariais e profesionais.
Publicacións periódicas, informes e estatísticas que se proporcionarán no Campus Virtual.
A avaliación da aprendizaxe debe comprender tanto o proceso como o resultado obtido. O
rendemento do estudante na materia cursada depende, entre outros, da combinación de
dous factores: o esforzo realizado e a capacidade do propio estudiante.
O exame servirá para avalíar o resultado obtido.
A avaliación levará a cabo mediante unha proba final, que será teórica e práctica, terá un peso do 100% da valoración final. Nesta
proba deberá acadarse unha cualificación superior a 2 sobre 10. A devandita proba consistirá nun
exame tipo test a desenvolver a través da aula virtual nas aulas informaticas da facultade coas seguintes
característcas: 60 preguntas, navegación secuencial, 1 intento, 90 minutos de duración.
No caso de que algún estudante non puidese cumprir na oportunidade de maio cos
requisitos establecidos para a avaliación contínua, previa xustificación das razóns que o
impiden, fixaráselle o procedimento singularizado a través do cal poder cubrir esa parte da
cualificación final a través dos materiais, traballos e lecturas arbitrados polo profesor.
Devanditos materiais deberán ser entregados coa debida antelación para a súa
correspondente avaliación na aula virtual, cinco días antes da data fixada para a realización do
exame.
Este mesmo procedemento aplicarase a aqueles estudantes que non puidesen cumprir na
convocatoria de xullo cos requisitos establecidos para a avaliación contínua, sempre previa
xustificación das razóns que o impiden. Neste caso devanditos materiais de entregarán no
día e hora en que se fixou o exame de devandita convocatoria para a materia.
Dispensa:
O alumnado ao que lle sexa concedida dispensa de asistencia a clase (seguindo a Instrucción Nº 1/2017 da Secretaría Xeral sobre a dispensa de asistencia a clase en determinadas circunstancias), se avaliará cun exame final específico que suporá o 100% da cualificación.
Realización fraudulenta de exercicios ou probas:
Para os casos de realización fraudulenta de exercicios ou probas será de aplicación o recollido na Normativa de avaliación do rendemento académico dos estudantes e de revisión de cualificacións.
- Actividade formativa mediante horas de clases no aula
- Clases expositivas: 0 h.
- Clases interactivas: 0 h.
- Tutorías en grupo: 0 h.
- Tutorías individuais: 0 h.
- Exame e revisión: 3 h.
- Actividades autónomas dos estudantes: 75 h.
Recomendaciones para o estudo da asignatura
Os alumnos e as alumnas dispoñerán no aula virtual de todo o material necesario para o seguimiento da asignatura, así como documentación complementaria ás sesións expositivas.
Dado que non existe docencia presencial na aula, recoméndase ó alumnado que empregue as horas de titorías definidas polo profesor.
O material docente porase a disposición do alumnado a través do Campus Virtual da USC.
Esta materia só estará vixente durante o curso 2024-2025 antes da extinción do título.
Juan Manuel Monterroso Montero
- Departamento
- Historia da Arte
- Área
- Historia da Arte
- Teléfono
- 881812716
- Correo electrónico
- juanmanuel.monterroso [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Catedrático/a de Universidade