III Cineforum: Empresa, Economía e Sociedade
A terceira edición do Cineforum, que leva por título 'Empresa, Economía e Sociedade', desenvolverase ao longo deste curso 2024/2025, entre o 5 de novembro de 2024 e o 29 de abril de 2025.
As proxeccións terán lugar os martes ás 18.00 horas no Salón de Graos da Facultade de Ciencias Económicas e Empresariais e á súa finalización haberá un coloquio sobre o tema de cada un dos filmes.
A inscrición realízase a través da seguinte ligazón, rematando o prazo o próximo 4 de novembro. Esta actividade conta cun límite de 100 prazas, que serán asignadas por orde de inscrición, tendo preferencia o alumnado dos Graos en Economía e en ADE. Elaborarase unha listaxe de agarda coas persoas que non entren nas primeiras 100 inscritas, co obxecto de cubrir posibles renuncias.
A actividade está organizada desde o Decanato da Facultade de Ciencias Económicas e Empresariais. Os profesores encargados da súa coordinación son Adrián Dios Vicente e Raúl Rios Rodríguez, do Departamento de Economía Aplicada.