Skip to main content

III Cineforum: Empresa, Economía e Sociedade

Cartel explicativo coa programación dos filmes que se proxectarán en cada sesión e un código QR para acceder ao formulario de inscrición
Cartel explicativo coa programación dos filmes que se proxectarán en cada sesión e un código QR para acceder ao formulario de inscrición
A Facultade de Ciencias Económicas e Empresariais organiza esta actividade, que utiliza o cinema como ferramenta pedagóxica para aproximarse a temáticas empresariais, económicas e sociais. Ademais, está recoñecida con 1 crédito ECTS para todo o estudantado da USC

A terceira edición do Cineforum, que leva por título 'Empresa, Economía e Sociedade', desenvolverase ao longo deste curso 2024/2025, entre o 5 de novembro de 2024 e o 29 de abril de 2025.

As proxeccións terán lugar os martes ás 18.00 horas no Salón de Graos da Facultade de Ciencias Económicas e Empresariais e á súa finalización haberá un coloquio sobre o tema de cada un dos filmes.

A inscrición realízase a través da seguinte ligazón, rematando o prazo o próximo 4 de novembro. Esta actividade conta cun límite de 100 prazas, que serán asignadas por orde de inscrición, tendo preferencia o alumnado dos Graos en Economía e en ADE. Elaborarase unha listaxe de agarda coas persoas que non entren nas primeiras 100 inscritas, co obxecto de cubrir posibles renuncias.

A actividade está organizada desde o Decanato da Facultade de Ciencias Económicas e Empresariais. Os profesores encargados da súa coordinación son Adrián Dios Vicente e Raúl Rios Rodríguez, do Departamento de Economía Aplicada.

The contents of this page were updated on 10.28.2024.