Ir o contido principal

Plan de Acción Titorial

A titorización do estudantado universitario é un dos compromisos dos estudos de Grao dentro do Espazo Europeo de Educación Superior (EEES).

A Facultade de Ciencias Económicas e Empresariais da USC conta cun Plan de Acción Titorial para as titulacións de Economía e ADE ao abeiro do que se organizan actividades, unhas colectivas e outras máis personalizadas, dirixidas a orientar o estudantado en diferentes aspectos da súa vida académica e do seu futuro profesional.

O Plan de Acción Titorial ten por obxectivos:

  • Facilitar a integración académica do estudantado no contexto universitario e fomentar a súa participación na vida universitaria e nos órganos de participación e xestión.
  • Orientar ao estudantado na dispoñibilidade e o uso dos recursos para a aprendizaxe.
  • Ofrecer apoio académico ao estudantado para configurar o seu proxecto académico e profesional.
  • Orientar ao estudantado sobre opcións de inserción laboral e formación continua.
  • Dotar aos profesores de información e recursos para afrontar as demandas do novo sistema educativo.

Orientación a estudantes de novo ingreso

  • Xornada de acollida e presentación da Facultade.
  • Presentación da Biblioteca Intercentros
  • Acompañamento a través do Programa de alumnos titores da USC. Este programa ten como obxectivos formar o alumnado seleccionado para que poida dar acollida aos estudantes de novo ingreso.

Orientación ao longo dos estudos

  • Sesión informativa sobre o TFG.
  • Sesión informativa sobre prácticas externas.
  • Sesión informativa sobre programas de mobilidade.
  • Programa de Apoio titorial extraordinario da USC para axudar aos estudantes a superar aquelas materias que lles presentan especiais dificultades.

Orientación para a toma de decisións ao finalizar os estudos

  • Conferencias sobre procura de emprego e emprendemento.
  • Sesión informátiva sobre oferta de formación de posgrado.

A normativa de avaliación do rendemento académico de USC permite establecer un sistema de apoio titorial extraordinario para axudar aos estudantes a superar aquelas materias que lles presenten especiais dificultades.

Poden solicitalo as/os estudantes matriculadas/os en calquera titulación, agás nas de posgrao, sempre que reúnan este requisitos:

1. Ter pendentes de superación para o remate dos estudos de título un máximo de 18 créditos ou tres materias (excluído o cómputo do traballo de fin de grao, as prácticas obrigatorias, as prácticas tuteladas e o prácticum)

2. Ter esgotadas 2 convocatorias, cando menos, en cada unha das materias que soliciten apoio.

Os contidos desta páxina actualizáronse o 08.03.2024.