O TFG consistirá na elaboración dun traballo no que se acrediten os coñecementos, competencias e destrezas adquiridas durante os estudos realizados na titulación de Grao. Incluirá, como mínimo, tarefas de busca e revisión bibliográfica, lectura e integración de información, elaboración de información relevante, redacción e presentación.
O TFG supón a realización por parte de cada estudante, e de forma individual, dun traballo orixinal de entre 6.000 e 10.000 palabras.
Para realizar o TFG non se poden ter pendentes mais de 75 créditos, excluído o TFG.