Ir o contido principal

Este portal emprega cookies propias ou de terceiros con fins analíticos, así como ligazóns a portais de terceiros para poder compartir contido nas redes sociais. Pode obter máis información na política de cookies.

Máster Universitario en Dirección de Empresas (2ªed)

Modalidade
Presencial
Rama de coñecemento
Ciencias Sociais e Xurídicas
Ámbito de coñecemento
Ciencias económicas, administración y dirección de empresas, márquetin, comercio, contabilidad y tur
Centro(s)
Facultade de Ciencias Económicas e Empresariais
Avda. do Burgo, s/n, 15782
Santiago de Compostela
881811726 (Conserxaría)
881811504 (Decanato)
ecoade.decanato@usc.gal
Campus
Santiago de Compostela
Coordinador/a
Maria Bastida Dominguez
Contacto
master.mude.santiago@usc.gal

A través dunha metodoloxía participativa búscase que o estudantado adquira coñecementos avanzados en Dirección de Empresas e capacidade de aplicalos, á vez que desenvolve habilidades directivas. O máster ten tres orientacións curriculares: académica, profesional e investigadora.

  • Duración: 1 ano académico
    Código RUCT: 4311754
    Número de ECTS: 60
    Número prazas: 23

    Decano/a ou director/a do centro:
    XOAN RAMON DOLDAN GARCIA
    xoan.doldan@usc.es

    Coordinador-a do título:
    Maria Bastida Dominguez
    master.mude.santiago@usc.gal

    Linguas de uso:
    Castelán, Galego

    Universidade coordinadora:
    Universidade de Santiago de Compostela

    Universidade(s) participante(s):
    Universidade de Santiago de Compostela

    Data da autorización de implantación do título pola Xunta de Galicia:
    Decreto 434/2009 do 3 de decembro (DOG 15/12/2009)

    Data da última acreditación:
    03/06/2022

    O obxectivo do Máster Oficial en Dirección de Empresas do campus de Santiago (MBA) é dotar as/os estudantes das competencias directivas máis relevantes, proporcionándolles unha visión global e integradora das áreas funcionais da empresa, tanto dende unha perspectiva teórica como aplicada.
     
    O Máster Oficial en Dirección de Empresas do campus de Santiago (MBA) ten tres orientacións curriculares: académica, profesional e de investigación.
     
    A metodoloxía participativa empregada nas clases presenciais –análise de casos, resolución de exercicios, role-playing, cuestións de debate, presentacións-, xunto coa realización dun Traballo Fin de Máster e de Prácticas Obrigatorias –na orientación profesional-, contribúen a facilitar o éxito no mercado de traballo no ámbito da:

    •  Dirección de empresas
    •  Dirección estratéxica
    •  Consultaría e asesoramento de empresas
    •  Creación de empresas
    •  Xestión de operacións
    •  Xestión contable – financeira
    •  Xestión comercial
    •  Xestión de recursos humanos, etc.
  • Condicións de terminación:

    Obrigatorios 36
    Optativos 18
    Traballo Fin de Máster 6
    Total 60

    O Máster Oficial en Dirección de Empresas contempla dúas orientacións curriculares:

     Orientación académica
     Orientación profesional

    O alumnado da orientación profesional ten que realizar as prácticas externas optativas de 13,5 ECTS. O resto do alumnado obterá o título pola orientación académica.

  • A través dunha metodoloxía participativa búscase que o estudantado adquira coñecementos avanzados en Dirección de Empresas e capacidade de aplicalos, á vez que desenvolve habilidades directivas. O máster ten tres orientacións curriculares: académica, profesional e investigadora.

  • A finalidade do Máster Universitario en Dirección de Empresas é proporcionar ao alumnado unha formación avanzada de carácter académico especializado e multidisciplinar. Específicamente, persegue un dobre obxectivo:

    - En primeiro lugar, dotar ao alumnado das competencias directivas máis relevantes, proporcionándolle unha visión global e integradora das áreas funcionais da empresa, tanto desde unha perspectiva teórica como aplicada. E iso para dar resposta a un contorno crecentemente cambiante e globalizado que demanda titulados con capacidade para a dirección de empresas flexíbeis e innovadoras, así como coas competencias necesarias para o desenvolvemento dun proxecto de natureza empresarial.

    - En segundo termo, formar dun modo rigoroso investigadores interesados na realización dunha tese doutoral no campo da dirección de empresas.

  • Mobilidade

    A mobilidade dos/as estudantes está regulada a través do “Regulamento de intercambios interuniversitarios”. A través da Oficina de Relacións Exteriores xestiónanse programas de intercambio tanto nacionais (SICUE), como europeos (ERASMUS) e extracomunitarios (intercambios con países de América Latina ou países de fala inglesa):

    Portal Internacional

    Ademais, a facultade conta coa colaboración de varios profesores/as que actúan como coordinadores académicos, e cuxa función é tutorizar e asistir nas súas decisións académicas aos estudantes propios e de acollida.

    Prácticas

    A materia optativa Practicas en Empresa debe ser cursada obrigatoriamente polos alumnos/as que queiran obter o mestrado pola orientación profesional. Prográmanse no segundo cuatrimestre para que o alumnado xa dispoña da maior parte das competencias desenvolvidas nas materias obligatorias. O obxectivo fundamental é que o alumnado desenvolva competencias a través da súa inmersión nun contorno de traballo representativo do contexto profesional futuro.

    As actividades concretas a desempeñar variarán en función do posto e da organización (empresa ou institución) en que o alumno realice as prácticas, sempre vinculadas coas competencias estabélecidas. Cada curso académico farase público o listado das empresas e institucións coas que se asinaron convenios de colaboración.

  • O Traballo Fin de Máster consistirá na planificación, elaboración, presentación e defensa dun traballo orixinal no cal demostre as competencias adquiridas ao longo dos seus estudos do mestrado, baixo a tutela dun profesor/a do mestrado. Este traballo incluirá, como mínimo, tarefas de procura e revisión bibliográfica, lectura e integración de información, elaboración de esquemas, redacción, presentación e defensa do traballo final. Dependendo da temática que se aborde poderá incluír, ademais, unha parte empírica ou unha análise de casos.

    Para a planificación e elaboración do Traballo Fin de Máster e da súa defensa. o titor do TFM orientará e asesorá ao alumno sobre as fontes documentais a utilizar, o formato e a estrutura do do traballo, e, finalmente, sobre a súa posterior elaboración e presentación.

Os contidos desta páxina actualizáronse o 28.05.2025.