Ir o contido principal

Este portal emprega cookies propias ou de terceiros con fins analíticos, así como ligazóns a portais de terceiros para poder compartir contido nas redes sociais. Pode obter máis información na política de cookies.

Programa de Doutoramento en Enxeñaría para o Desenvolvemento Rural e Civil

Modalidade
Presencial
Rama de coñecemento
Enxeñaría e Arquitectura
Centro(s)
Escola de Doutoramento Internacional da USC
Avenida das Ciencias, 6, 15782
Santiago de Compostela
Campus
Lugo
Contacto
pd.desenvolvementoruralecivil@usc.es

Este programa de doutoramento pretende dotar á sociedade de profesionais especialistas do medio rural e da enxeñaría civil cunha adecuada capacidade de diagnose dos problemas existentes e cuns coñecementos para resolvelos desde a investigación aplicada propia do campo da Enxeñaría, facendo especial fincapé na investigación, desenvolvemento e transferencia de resultados. Con esta titulación dáse unha resposta a unha demanda crecente de profesionais e investigadores aplicados, xa que se pretende proporcionar aos estudantes unha formación científica e tecnolóxica avanzada e de calidade, contribuíndo así ao desenvolvemento rural e civil.

  • Duración: 3 anos académicos
    Código RUCT: 5600494
    Número prazas: 15

    Coordinador-a do título:
    Jorge Dafonte Dafonte
    jorge.dafonte@usc.es

    Universidade coordinadora:
    Universidade de Santiago de Compostela

    Universidade(s) participante(s):
    Universidade de Santiago de Compostela

    Data da autorización de implantación do título pola Xunta de Galicia:
    05/12/2013

    Data de publicación no BOE:
    11/03/2014

    Data da última acreditación:
    16/11/2021

    Códigos ISCED:
    (620) Agricultura,ganadería y pesca
    (623) Silvicultura
    (0819) Agricultura y ganadería (otros estudios)

    O Programa de Doutoramento "Enxeñaría para o Desenvolvemento Rural e Civil" ten como antecedente o Programa de Doutoramento do Departamento de Enxeñaría Agroforestal da Universidade de Santiago de Compostela, que obtivo a Mención cara á Excelencia para o período 2011-2014.

    No Programa están enmarcadas 14 liñas de investigación e 46 doutores apoiados polos grupos de investigación do Departamento de Enxeñaría Agroforestal. En concreto podemos mencionar as seguintes:

    Xestión Forestal. Proxectos e Planificación. Construción Rural Sostible. Xestión da Auga. Aforro e eficiencia Enerxética. Fotogrametría e teledetección. Enxeñaría civil e marítima. Deseño de produtos agrarios e alimentarios. Simulación Numérica en Estruturas. Xestión de frondosas autóctonas para tonelería. Mecanización Agraria. Enxeñaría da Produción de Leite.

    O Programa conta con convenios e colaboracións con entidades de investigación, o que asegura , tanto para doutores como doutorandos, unha potencial mobilidade en España e no estranxeiro.

    Esta titulación pretende dotar o medio rural de profesionais cunha adecuada capacidade de diagnose dos problemas existentes e coñecementos para resolvelos desde a investigación aplicada propia do campo da Enxeñaría, para contribuír ao desenvolvemento rural, facendo especial fincapé na investigación, desenvolvemento e transferencia de resultados.

    Consideramos que con esta titulación dáse unha resposta a unha demanda crecente de profesionais e investigadores aplicados, xa que se pretende proporcionar aos estudantes unha formación científica e tecnolóxica avanzada e de calidade

    O programa de doutoramento «Enxeñaría para o Desenvolvemento Rural e Civil» ten como antecedente o Programa de Doutoramento do Departamento de Enxeñaría Agroforestal da Universidade de Santiago de Compostela, que obtivo a Mención cara á Excelencia para o período 2011-2014. No Programa están enmarcadas 14 liñas de investigación e 46 doutores apoiados polos grupos de investigación do Departamento de Enxeñaría Agroforestal. En concreto podemos mencionar as seguintes: Xestión forestal. Proxectos e planificación. Construción rural sostible. Xestión da auga. Aforro e eficiencia enerxética. Fotogrametría e teledetección. Enxeñaría civil e marítima. Deseño de produtos agrarios e alimentarios. Simulación Numérica en estruturas. Xestión de frondosas autóctonas para tonelería. Mecanización agraria. Enxeñaría da produción do leite. O Programa conta con convenios e colaboracións con entidades de investigación, o que asegura, tanto para doutores como doutorandos, unha potencial mobilidade en España e no estranxeiro.

  • Xornadas de difusión de resultados de investigación

    • E4011A07

    Introducción a R

    • E4011A08

    Introducción á xeoestatística en R

    • E4011A09
  • O Programa de Doutoramento estableceu os seguintes complementos de formación para os seus potenciais alumnos en función da súa titulación de procedencia. A Comisión Académica do programa, para cada caso concreto, realizará a interpretación das seguintes normas xerais:

    • Máster Enxeñeiro Agrónomo, Máster Enxeñeiro de Camiños, Máster Canles e Portos, Máster Enxeñeiro Xeodesta e Máster Enxeñeiro de Montes: Ningún
    • Graduados en Enxeñeiro Agrícola, Graduados en Industrias Agroalimentarias, Graduados en Enxeñaría Civil, Graduados en Topografía e Xeomática, Graduados en Enxeñaría Forestal e do Medio Natural + Máster Oficial da rama de Enxeñaría: Ningún
    • Graduado en Enxeñaría Agrícola e do Medio Rural + Máster Oficial que NON sexa da rama de Enxeñaría: 6,0 ECTS do Módulo Tecnoloxía e Planificación do Medio Rural do Máster Enx. Agrónomo
    • Graduado en Enxeñaría en Industrias Agroalimentarias + Máster Oficial que NON sexa da rama de Enxeñaría: 6,0 ECTS do Módulo de Tecnoloxías Agroalimentarias do Máster Enx. Agrónomo
    • Graduado en Enxeñaría Forestal e do Medio Natural + Máster Oficial que NON sexa da rama de Enxeñaría: 6,0 ECTS do Módulo de Industrias e Enerxías Forestais do Máster Enx. Montes
    • Graduados en Topografía e Xeomática + Máster Oficial que NON sexa da rama de Enxeñaría: 6,0 ECTS do Módulo Especialidade en Agroenxeñaría do Máster Enx. Agrónomo
    • Graduados en Enxeñaría Civil + Máster Oficial que NON sexa da rama de Enxeñaría: 6.0 ECTS do Módulo Especialidade en Agroenxeñaría do Máster Enx. Agrónomo
    • Graduados noutras enxeñarías e arquitectura + Máster Oficial de Profesións Reguladas: Ningún
    • Graduados noutras enxeñarías e Arquitectura + Máster Oficial da rama de Enxeñaría: Ningún
    • Graduados noutras enxeñarías e Arquitectura + Máster Oficial que NON sexa da rama de Enxeñaría: 6,0 ECTS do Módulo Especialidade en Agroenxeñaría do Máster Enx. Agrónomo
    • Graduados en Ciencias Experimentais e Sociais + Máster Oficial da rama de Enxeñaría: 10,0 ECTS, con dúas posibilidades: A) 3 ECTS do Módulo de Tecnoloxía e Planificación do Medio Rural, 4 ECTS do Módulo de Tecnoloxía da Produción Vexetal e Animal, e 3 ECTS do Módulo de Industrias Agroalimentarias do Máster Enx. Agrónomo. B) 3 ECTS do Módulo en Industrias e Enerxías Forestais, 4 ECTS do Módulo en Planificación e Mellora Forestal, e 3 ECTS do Módulo de Incendios Forestais do Máster Enx. de Montes.
    • Graduados en Ciencias Experimentais e Sociais + Máster Oficial que Non sexa da rama de Enxeñaría: 15,0 ECTS con dúas posibilidades: A) 5 ECTS do Módulo de Tecnoloxías e Planificación do Medio Rural, 5 ECTS do Módulo en Produción Vexetal e Animal, 5 ECTS do Módulo en Tecnoloxías das Industrias Agroalimentarias do Máster Enx. Agrónomo. B) 5 ECTS do Módulo en Industria e Enerxías Forestais, 5 ECTS do Módulo en Planificación e Mellora Forestal, e 5 ECTS do Módulo en Incendios Forestais do Máster Enx. Montes
    • Graduados en Veterinaria + Máster Oficial na rama de Enxeñaría: 10,0 ECTS do Módulo Especialidade de Enxeñaría da Produción do Leite do Máster Enx. Agrónomo
    • Graduados en Veterinaria + Máster Oficial que Non sexa da rama de Enxeñaría: 15,0 ECTS do Módulo Especialidade de Enxeñaría da Produción do Leite do Máster Enx. Agrónomo

    Os complementos de formación realizaranse dentro das titulacións de Máster Enxeñeiro Agrónomo e Máster Enxeñeiro de Montes, impartidas na Escola Politécnica Superior, Campus de Lugo, da Universidade de Santiago de Compostela.

    A Comisión Académica do Programa de Doutoramento establecerá as materias de complementos de formación de acordo coa formación previa do estudante e os seus intereses investigadores, a partir do informe do titor asignado.

  • Esta titulación pretende dotar o medio rural de profesionais cunha adecuada capacidade de diagnose dos problemas existentes e coñecementos para resolvelos desde a investigación aplicada propia do campo da Enxeñaría, para contribuír ao desenvolvemento rural, facendo especial fincapé na investigación, desenvolvemento e transferencia de resultados.

    O Programa de Doutoramento "Enxeñaría para o Desenvolvemento Rural e Civil" ten como antecedente o Programa de Doutoramento do Departamento de Enxeñaría Agroforestal da Universidade de Santiago de Compostela, que obtivo a Mención cara á Excelencia para o período 2011-2014.

    No Programa están enmarcadas 14 liñas de investigación e 46 doutores apoiados polos grupos de investigación do Departamento de Enxeñaría Agroforestal. En concreto podemos mencionar as seguintes:

    Xestión Forestal. Proxectos e Planificación. Construción Rural Sostible. Xestión da Auga. Aforro e eficiencia Enerxética. Fotogrametría e teledetección. Enxeñaría civil e marítima. Deseño de produtos agrarios e alimentarios. Simulación Numérica en Estruturas. Xestión de frondosas autóctonas para tonelería. Mecanización Agraria. Enxeñaría da Produción de Leite.

    O Programa conta con convenios e colaboracións con entidades de investigación, o que asegura , tanto para doutores como doutorandos, unha potencial mobilidade en España e no estranxeiro.

    Esta titulación pretende dotar o medio rural de profesionais cunha adecuada capacidade de diagnose dos problemas existentes e coñecementos para resolvelos desde a investigación aplicada propia do campo da Enxeñaría, para contribuír ao desenvolvemento rural, facendo especial fincapé na investigación, desenvolvemento e transferencia de resultados.

    Consideramos que con esta titulación dáse unha resposta a unha demanda crecente de profesionais e investigadores aplicados, xa que se pretende proporcionar aos estudantes unha formación científica e tecnolóxica avanzada e de calidade

  • En canto ao perfil dos egresados, trátase dun doutor que, aínda que profundou nun aspecto moi concreto da investigación, adquiriu unha ampla formación e capacidades. Este profesional tivo a oportunidade de estar en contacto con métodos de investigación e grupos de traballo. Adquiriu competencias á hora da interpretación e análise de resultados e a súa difusión a través da redacción e presentación de diferentes traballos (comunicacións a congresos, artigos en revistas especializadas, libros ou capítulos de libro, patentes…). En definitiva, un profesional preparado para traballar na área con gran capacidade para analizar problemas nos campos agropecuario, forestal, ambiental, enxeñería civil e a enxeñería geomática, elaborar metodoloxías para a súa resolución e implementar solucións prácticas aos devanditos problemas, o que supón un gran valor engadido para a empresa ou institución na que se integre.
    Por tanto, poden integrarse en equipos de investigación e desenvolvemento ou en equipos de análises e asesoramento; e ocupar postos de mandos operativos, postos de dirección media e postos de alta dirección dentro da institución ou empresa.

    Actualmente os doutores que obtiveron o título de doutor neste programa de doutoramento están empregados en moi diversos sectores como profesores de universidade, como investigadores con contratos posdoutorais, traballo na administración pública, en organismos de investigación pública, en empresas, …

  • Para dar cobertura a todos os requirimentos da actividade investigadora, ademais dos recursos propios dos centros nos que desenvolven a súa actividade os doutorandos, a USC conta con unidades de carácter centralizado que prestan os seus servizos a departamentos e grupos de investigación entre os que cabe sinalar:

    A Biblioteca Universitaria que é unha unidade funcional concibida como un centro de recursos bibliográficos para a docencia, a investigación, o estudo e a aprendizaxe, ofrece servizos como os seguintes:

    • Bases de datos reunidas

    • Revistas electrónicas

    • Sumarios electrónicos

    • Servizo de préstamo interbibliotecario

    Na súa condición de arquivo histórico, o Arquivo Universitario constitúe unha unidade funcional de apoio á investigación e á docencia. Está constituído por fondos documentais propios ou en depósito.

    A Rede de Infraestruturas de Apoio á Investigación e ao Desenvolvemento Tecnolóxico (RIAIDT) é a estrutura organizativa que integra as infraestruturas instrumentais de uso común que prestan servizos de apoio á investigación da USC. O obxectivo da RIAIDT é darlle unha meirande unidade e operatividade aos recursos de apoio á investigación cos que conta a USC.

    A Área de Tecnoloxías da Información e a Comunicación (ATIC) da USC ten a misión de deseñar, planificar, xestionar, administrar e asegurar as infraestruturas e servizos baseados en tecnoloxías da información e comunicación (TIC) prestados á comunidade universitaria nos ámbitos da docencia, a investigación e a xestión administrativa.

    O respecto á diversidade e o desenvolvemento de políticas activas de incorporación e integración de estudantes con necesidades especiais son dous principios e liñas de actuación recollidos na Memoria de Responsabilidade Social da USC. A tal efecto, o Servizo de Participación e Integración Universitaria encárgase da coordinación, en colaboración cos distintos centros e entidades, e posta en marcha das actuacións necesarias para favorecer a igualdade entre todos os membros da comunidade universitaria.

    Outros recursos:

    Centro de tecnoloxías para a Aprendizaxe (CeTA)

    Redes de aulas de informática

    Área de xestión de infraestruturas

    Servizo de medios audiovisuais

    Servizo de prevención de riscos

    Unha descrición máis detallada dos recursos materiais está dispoñible no apartado 7 da Memoria do Título

  • Título Data de lectura Autoría Dirección
    MODELIZACIÓN DA ESTABILIDADE DIMENSIONAL E DA DENSIDADE DA MADEIRA DE BIDUEIRO PROCEDENTE DE GALICIA 31/03/2025 José Ángel Pulgar Lorenzo Guillermo Riesco Muñoz
    Unha metodoloxía holística para a planificación de proxectos de enerxía hidrocinética en rexións costeiras: Aplicación ó estuario do Shannon (Oeste de Irlanda) 16/12/2024 David Mateo Fouz Varela
    Produción de resina no Noroeste da Península Ibérica: Metodoloxía para a determinación do potencial produtivo integrada nun sistema de apoio á decisión. Mención doutoramento internacional, Tese por compendio de publicacións 20/03/2025 Oscar López Álvarez Manuel Francisco Marey Perez
  • Coordinador/a
    Jorge Dafonte Dafonte

    Secretario/a
    Manuel Francisco Marey Perez

    Vogais
    Enrique Rafael Arbones Maciñeira
    Ignacio Javier Diaz-Maroto Hidalgo
    Jose Manuel Pereira Gonzalez
    Juan Gabriel Alvarez Gonzalez
    Alberto Rojo Alboreca
    Manuel Ramiro Rodriguez Rodriguez
    María Elena Fernández Rodríguez
    María De La Luz Gil Docampo

Os contidos desta páxina actualizáronse o 01.08.2024.